Ir o contido principal
STG

Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo

Correspóndelle a representación do reitor no Campus de Lugo e a coordinación neste campus das actuacións de promoción, dinamización, titulacións, investigación, docencia, servizos e xestión administrativa, en coordinación coas restantes vicerreitorías. Así mesmo, é responsable da coordinación e o desenvolvemento do plan estratéxico do Campus de Lugo.

Montserrat Valcarcel

Breve currículum vítae

Montserrat Valcárcel Armesto (O Incio, 1971), doutora e enxeñeira agrónoma pola Universidade de Santiago de Compostela (1999). É profesora titular de universidade no Departamento de Enxeñaría Agroforestal e desenvolve a súa actividade docente na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría en Lugo. Foi secretaria académica e encargada dos Asuntos Económicos e as Infraestruturas da EPS de Enxeñaría. Tamén exerceu de presidenta da Comisión da Biblioteca e foi membro ou secretaria doutras comisións do centro.

A súa actividade investigadora está centrada na xestión da auga, con dúas teses dirixidas e máis de 50 artigos publicados. Por outra banda, forma parte dun grupo de innovación docente que está composto por profesorado universitario de moi diversas áreas científico-técnicas e científico-sociais. Neste grupo veñen realizando desde 2013 diversas actividades para contribuír ao fomento das vocacións científicas no alumnado preuniversitario (campamento científico Campus de Verán XuvenCiencia) e para establecer unha relación máis estreita entre a comunidade científica e a sociedade (Xornadas XuvenCiencia para profesorado e XuvenCiencia na Aula).

Tamén forma parte do grupo Proxéctate en Galego, que organiza os Encontros de Lúa Chea.

Adxuntas/os

Adxunta á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Investigación, Transferencia e Innovación

M.ª Elvira López Mosquera

Enderezo
Edificio CACTUS. Campus Universitario. 27002 Lugo
Teléfonos
982 822 880
Email
vr.lugo.adinvest@usc.gal

Adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos

Jesús Varela Zapata

Enderezo
Pazo de Montenegro. Praza Pío XII, 3. 27001 Lugo
Teléfonos
982 821 508
Email
vr.lugo.adcultura@usc.gal

Persoal

Secretaría

Olga Taboada Fontao

Teléfonos
982 820 001
Email
vr.lugo@usc.gal

Posto base

Luisa Vázquez García

Teléfonos
982 821 505
Email
vr.lugo.adinvest@usc.gal
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.01.2022.