Ir o contido principal
STG

USC en Transición, a única experiencia universitaria presentada no primeiro encontro ibérico sobre estas iniciativas

USC en Transición, a única experiencia universitaria presentada no primeiro encontro ibérico sobre estas iniciativas
USC en Transición, a única experiencia universitaria presentada no primeiro encontro ibérico sobre estas iniciativas

A Universidade de Santiago presentou estes días en Zarzalejo (Madrid) a súa experiencia USC en Transición, a única universitaria presentada no I Encontro Ibérico de Iniciativas en Transición celebrado en (Madrid) no que ademais se propuxo a creación dunha Rede Ibérica de Iniciativas en Transición. Na actualidade existen máis de cen proxectos en transición de moi diversa índole en barrios, pobos e cidades de España. Actuacións como os hortos comunitarios, os obradoiros participativos, as moedas locais ou a autosuficiencia enerxética están a converterse en puntos de encontro para moitas persoas que apostan por cambiar o seu modelo de vida, integrándose en grupos en transición que traballan en diversas accións pola sustentabilidade. A Transición na USC A USC foi a primeira universidade española en adoptar, en 2011, un proceso de transición, contando para iso co impulso e a coordinación da Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC e o asesoramento do grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental, ademais da colaboración da Sociedade Galega de Educación Ambiental. No curso 2012 o programa continúa coa posta en marcha de novas iniciativas, entre as que destaca a creación de hortos comunitarios. Aos xa existentes na Residencia Universitaria Burgo das Nacións de Santiago e na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, súmase agora o Colexio Maior Fonseca coa construción dun pequeno horto no xardín.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.04.2012.