Ir o contido principal
STG

Matrícula

Se a titulación en que estás admitido/a se imparte na USC, debes formalizar a matrícula. Antes de iniciar o proceso consulta a guía visual. Vaiche ser de utilidade para tramitar a túa matrícula.

Se a titulación en que estás admitido/a se imparte na USC, debes formalizar a matrícula. Antes de iniciar o proceso consulta a Guía visual da matrícula, vaiche ser de utilidade para tramitar a túa matrícula.

Se no proceso de matrícula tiveches algunha incidencia técnica, podes contactar telefonicamente (881 811 000 - 55555) ou a través do correo electrónico (cau [at] usc.gal (cau[at]usc[dot]gal)) co persoal do Centro de Atención ao Usuario.

Debes elixir as opcións:

  1. Matrícula

  2. Grao

  3. Inicio

Váiseche solicitar o número do teu documento de identidade (DNI etc.) e a túa data de nacemento.

O programa recuperará os datos persoais da túa preinscrición. Se desexas cambiar algún dato, debes facelo antes de premer a opción de gravar.

Onde che solicita «Domicilio durante o curso», se aínda non sabes onda vas residir durante o curso, debes poñer nos dous apartados o enderezo do domicilio familiar. Cando xa teñas un domicilio definitivo para o curso, poderás modificar estes datos.

A titulación que vas cursar xa che sae seleccionada por defecto

Neste apartado debes indicar se tes algún tipo de exención ou se tes pensado solicitar unha bolsa.

Na propia pantalla podes consultar en que casos tes dereito á exención ou subvención de taxas.

Se vas solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación, márcao aínda que nese momento aínda non a solicitases.

Se es solicitante de bolsa, non aboarás neste momento o importe da matrícula: só tes que pagar as taxas de secretaría.

No caso de que o Ministerio de Educación che denegue a bolsa, deberás aboar a matrícula nos 15 días hábiles posteriores á data en que che sexa comunicada a resolución do Ministerio de Educación.

Se es estudante de 1.º curso, deberás matricularte en 60 créditos.

Na maioría das titulacións iso equivale a todas as materias de 1.º curso, por tanto, neste caso non podes elixir as materias e simplemente deberás premer «seguinte» e aceptar.

Se o grao que desexas cursar oferta máis de 60 créditos, deberás elixir entre varias materias optativas.

Le con atención a información que che facilita a aplicación e elixe as materias optativas que desexes cursar. Ten en conta que o total de créditos debe ser de 60, agás nas titulacións de dobre grao.

Debes indicar como desexas aboar o prezo do teu grao.

Hai varias modalidades de pagamento:

  • Ingreso bancario/efectivo. Debes imprimir dúas copias co importe e aboar este en calquera das oficinas das entidades bancarias que figuran na parte inferior da folla de matrícula (Abanca, Caixa Rural Galega, La Caixa ou Banco Santander). Non é necesario entregar ningunha copia na universidade. Garda a túa copia selada polo banco.

  • Domiciliación bancaria. Debes introducir o número da conta onde desexas que se che cargue o importe. Debes ser titular ou cotitular da conta.

  • Tarxeta de débito ou crédito. Introduce o número da tarxeta, de crédito ou de débito, onde desexas que se che cargue o importe.

Marca a opción de pagamento. Se desexas acollerte á modalidade de pago fraccionado, deberás domiciliar o pago. Non se admitirá o pago fraccionado en efectivo nin con tarxeta.

Os prazos de pago son os seguintes:

  • Nun só prazo, debes facer o ingreso nos 10 días hábiles seguintes á realización da matrícula.

  • Fraccionado, en 3 prazos:

    • 1.º prazo: 50 % nos 10 días seguintes á realización da matrícula.

    • 2.º prazo: 25 % nos primeiros 10 días de decembro.

    • 3.º prazo: 25 % nos primeiros 10 días de marzo.

Para finalizar o proceso de matrícula, a efectos estatísticos, debes cubrir os datos requirido.

Cando remates o proceso de matrícula, a aplicación informática vaiche indicar:

  1. O lugar e a documentación que debes entregar ou remitir por correo postal no prazo de 10 días. Imprime esta pantalla.

  2. A ligazón para imprimires as túas credenciais de usuario.

  3. O resgardo da túa matrícula. Se elixiches a opción de pago en efectivo, xeraranse dúas copias, unha para o banco e outra para ti. Se elixiches calquera outra opción de pago, xerarase unha única copia. Imprímea como documento acreditativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.08.2024.