Ir o contido principal
STG

Preinscrición nos Graos (curso 2024-25)

Para iniciar estudos en titulacións de grao debes facer a preinscrición nos prazos e seguindo o procedemento establecido pola Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

A solicitude de preinscrición para iniciar estudos oficiais de grao é única e obrigatoria para realizar estudos en calquera das universidades públicas de Galicia. Nela relacionaranse os graos e centros aos cales se desexa acceder segundo unha rigorosa orde de preferencia, que comezará coa de maior interese. A devandita orde será vinculante durante todo o proceso de admisión.

Na solicitude debes relacionar os graos e os centros aos cales desexas acceder segundo a túa orde de preferencia, que comezará cos de maior interese. Esta orde será vinculante durante todo o proceso de admisión.

  • Dentro do prazo de preinscrición, poderás realizar as modificacións que desexes e consideres necesarias.
  • Podes facer a solicitude de acceso ou preinscrición cumprimentando este formulario a través da aplicación informática NERTA.
  • Se non tes os teus datos persoais ou académicos na aplicación de NERTA, debes rexistrarte previamente. Consulta estas instrucións para alumnado sen datos en NERTA.
  • Tamén se pode realizar a preinscrición nun LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación) en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Preinscrición para o acceso e Matrícula

Preinscrición anticipada
Persoas tituladas de anos anteriores e estudantado con Bacharelato ou FP superado en anos anteriores e que non se examinaron en 2024

12 xuño - 1 xullo (ata ás 14:00h.

Preinscrición da Convocatoria Ordinaria
Todas as cotas, agás persoas tituladas en xuño/xullo de 2024

19 xuño - 1 xullo (ata ás 14:00h.

Prazo límite para que o estudantado poidan comunicar erros na gravación de datos (especialmente os erros nas cualificacións) 4 de xullo
(ata ás 14:00h.
Preinscrición para persoas tituladas en xuño/xullo de 2024 14 a 26 xullo (ata ás 14:00h.)
Preinscrición da Convocatoria Extraordinaria (persoas que non solicitaron na ordinaria) 17 a 22 xullo (ata ás 14:00h)
Solicitude de Admisión (Prescrición) para alumnado que realizou as ABAU, en setembro, fóra da C.A. de Galicia. Será convocado do 2 ao 5 de outubro. 23 a 27 setembro (ata ás 14:00h.)
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.06.2024.