Ir o contido principal
STG

Investigadores do Campus Terra lideran un proxecto europeo para mellorar a calidade da cervexa

Investigadores del Campus Terra lideran un proyecto europeo para mejorar la calidad de la cerveza
Investigadores del Campus Terra lideran un proyecto europeo para mejorar la calidad de la cerveza
Os profesores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Javier José Cancela e Xesús Pablo González, lideran un consorcio internacional integrado...
Lugo

Os profesores do Departamento de Enxeñaría Agroforestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Javier José Cancela e Xesús Pablo González, lideran un consorcio internacional integrado por 8 partners de Portugal, Francia, Reino Unido, Alemaña, Croacia, Eslovenia e Chequia que foi seleccionado entre os catro finalistas dun programa europeo de I+D+i no eido da seguridade e sustentabilidade alimentaria. Ao devantido programa presentáronse un total de 39 candidaturas. A proposta liderada polos dous investigadores do Grupo de Proxectos e Planificación (Proepla) da USC e integrantes da Rede Igsea e na que tamén están implicados os principais lobbies e centros de investigación europeos no ámbito do lúpulo e da cervexa, pretende acometer un estudo e análise integral de todos os parámetros que inciden no cultivo do lúpulo e que tamén afectan ás características organolépticas da cervexa, como produto resultante.

 

Máis información no Xornal da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.