Ir o contido principal
STG

O Campus Terra da USC organiza ‘workshops’ con empresas para definir perfís profesionais nos sectores lácteo, cárnico e gandeiro

El Campus Terra de la USC organiza ‘workshops’ con empresas para definir perfiles profesionales en los sectores lácteo, cárnico y ganadero
El Campus Terra de la USC organiza ‘workshops’ con empresas para definir perfiles profesionales en los sectores lácteo, cárnico y ganadero
Empresas dos sectores lácteo, cárnico e gandeiro visitaron este martes a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para participar en dous ‘workshops’ promovidos ao abeiro do Campus Terra da...
Lugo

Empresas dos sectores lácteo, cárnico e gandeiro visitaron este martes a Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para participar en dous ‘workshops’ promovidos ao abeiro do Campus Terra da USC e orientados a avanzar na definición de perfís profesionais con demanda entre o tecido empresarial.

 

Os vicerreitores de Coordinación e de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo da USC, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente, participaron xunto con máis dunha ducia de empresarios nestas sesións de traballo, a través das que Campus Terra da USC busca coñecer as dificultades para o recrutamento de profesionais adecuados en cada un dos eidos participantes.

 

O apuntamento e a análise das necesidades de formación susceptibles de mellora, especialización ou calquera outro tipo de cambio dentro dos respectivos cadros de persoal das empresas destes sectores que o Campus Terra da USC puidera axudar a solucionar mediante a formación continua constituíron outros dos asuntos abordados no marco destas sesións.

 

Estes encontros de traballo céntranse na oferta de servizos de I+D+i do Campus Terra da USC, así como na súa adecuación ás necesidades das empresas. Téntase coñecer máis de preto as necesidades actuais das empresas do sector en materia de investigación e servizos tecnolóxicos, a fin de avanzar deste xeito na progresiva colaboración das empresas coa USC nos distintos ámbitos de interese e, nomeadamente, cos centros do Campus Terra radicados en Lugo.

 

No primeiro dos ‘workshops’ celebrados este martes participaron diversas empresas do sector leiteiro, tales como Innolact, Lactalis, Feiraco, Leche Río, Queizuar e Queserías Prestes. Xa en quenda de tarde, na reunión de traballo que estará centrada nos eidos cárnico e gandeiro, estarán representadas as firmas Nutrimentos Deza (Nudesa), Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca), Aresa Agrícola, Torre de Núñez de Conturiz S.L. e Hypor España.

 

Os ‘workshops’ continuarán o vindeiro xoves 16, cando máis doutra ducia de empresas pertencentes ao ámbito forestal e alimentario visitarán a sede universitaria luguesa para participar en distintas sesións de traballo coa da dirección do Campus Terra da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.