Ir o contido principal
STG

Os centros universitarios do Campus Terra da USC duplican a taxa de estudantes internacionais no último lustro

Los centros universitarios del Campus Terra de la USC duplican   la tasa de estudiantes internacionales en el último lustro
Los centros universitarios del Campus Terra de la USC duplican la tasa de estudiantes internacionales en el último lustro
Os centros universitarios do Campus Terra da USC rexistraron no presente curso 2015-16 a matrícula de 140 estudantes procedentes do estranxeiro. Esta cifra duplica a de hai un lustro, segundo...
Lugo

Os centros universitarios do Campus Terra da USC rexistraron no presente curso 2015-16 a matrícula de 140 estudantes procedentes do estranxeiro. Esta cifra duplica a de hai un lustro, segundo precisou o vicerreitor Javier Bueno, e converte Lugo na cuarta sede universitaria galega, logo das de Santiago, A Coruña e Vigo, cun maior número de alumnos estranxeiros, por diante dos campus de Pontevedra (101 estudantes foráneos), Ourense (61) e Ferrol (44).

 

As estatísticas revelan que o 12% dos 1.176 novos estudantes matriculados este curso no Campus Terra da USC teñen nacionalidade estranxeira, unha porcentaxe que se mantén respecto a do pasado exercicio académico.

 

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas, con 48 estudantes estranxeiros, é  o centro do campus máis internacional, seguido da EPS (29), Veterinaria (25), Ciencias (21), Humanidades (13), Formación do Profesorado (2) e Relacións Laborais (2). Respecto dos países de procedencia do alumnado estranxeiro do campus lugués, México é o que ten unha representación máis ampla con 75 estudantes. Séguenlle Brasil (19), Italia (18), Arxentina (6), Colombia (5), Francia (4), Chile (3), Reino Unido (3), Alemaña (2), Arxelia (2), Irlanda (1), Rusia (1) e Siria (1).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.