Ir o contido principal
STG

Unha tese do Campus Terra da USC analiza a implantación do muxido robotizado nas explotacións leiteiras galegas

Una tesis del Campus Terra de la USC analiza la implantación del ordeño robotizado en las explotaciones lecheras gallegas
Una tesis del Campus Terra de la USC analiza la implantación del ordeño robotizado en las explotaciones lecheras gallegas
O investigador do departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Ángel Castro Ramos, leu este xoves a súa tese de doutoramento titulada 'Repercusións...
Lugo

O investigador do departamento de Enxeñaría Agroforestal da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, Ángel Castro Ramos, leu este xoves a súa tese de doutoramento titulada 'Repercusións técnicas, laborais e sociais da implantación do muxido robotizado nas explotacións leiteiras galegas', dirixida polos profesores da USC, Jose Manuel Pereira González e Javier Bueno. A investigación de Castro aborda por primeira vez a implantación dos sistemas de muxido robotizado (SMR) nas explotacións leiteiras galegas para determinar as súas características.

 

Concretamente, nesta tese conseguiuse establecer unha tipoloxía de explotacións baseada no grao de satisfacción dos gandeiros que instalaron un SMR, así como a capacidade que o sistema ten en cada explotación baixo as actuais condicións de traballo, a fiabilidade de funcionamento dos sistemas de detección de mastite dos SMR e adicionalmente, a frecuencia dos patóxenos específicos e finalmente a diferenza respecto a parámetros de calidade de leite dende dous anos antes da introdución do SMR ate 4 anos despois.

 

As explotacións onde os SMR cubriron totalmente as expectativas foron aquelas con mellores resultados en termos de calidade de vida e tempo libre. Estas explotacións tiñan un SMR que era xestionado por gandeiros con experiencia previa en sistemas informatizados de xestión. As variables número de vacas e fluxo de leite tiveron unha maior influencia na produción de leite por SMR que os muxidos por vaca e os rexeites. Os SMR nas explotacións leiteiras galegas poderían ter un incremento de vacas por SMR sen prexudicar o rendemento no muxido; deste xeito, a cantidade de leite obtido por robot anualmente podería incrementarse, o que faría posible recuperar os custes do sistema máis cedo.

 

Por outra banda, a sensibilidade e especificidade medias dos sistemas de detección de mastite dos SMR foron similares as de outras rexións co mesmo sistema de muxido pero máis baixas que as que ofrece o Test de California. A relativa maior prevalencia dos patóxenos atopados indica unha limpeza e desinfección inadecuada das partes do robot que entran en contacto directo coa vaca. Con respecto a isto observouse un incremento significativo na acterioloxía en tanque durante os primeiros tres meses despois da introdución do SMR, así como uns valores de células somáticas en tanque tamén significativamente maiores durante o primeiro ano despois da instalación. Non obstante, estes valores diminuíron co tempo, e a medida que os gandeiros se afixeron á xestión dos novos equipos, un nivel de calidade do leite aceptable puido ser acadado.       

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.