A Vozes: creación dun medio nativo dixital galego especializado no ámbito cultural
Autoría
R.S.C.
Grao en Xornalismo
R.S.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 17:15
10.09.2024 17:15
Resumo
O auxe de Internet e das redes sociais modificaron o xeito de consumir información das xeracións máis novas como a xeración Z. Na actualidade, esta xeración adoita informarse por medio de dispositivos móbiles e as redes sociais, aínda que estas persoas seguen sen sentirse representadas nos medios de comunicación tradicionais. Por iso, este Traballo de Fin de Grao pretende crear un medio nativo dixital especializado en cultura galega, tendo este idioma como lingua vehicular, con eixe central en Instagram e con posibilidade de acceso a unha web. A cultura galega é ampla, variada e rica e, nos últimos anos, presentou un gran auxe da man de novos creadores de cultura. Por iso, este novo medio, que recibe o nome de A Vozes, concíbese como un espazo onde outorgarlle voz e lugar a artistas noveis da cultura galega, concretamente nos campos de literatura, música e cinema.

Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
O futuro do xornalismo de investigación a través dos documentais true crime das plataformas de contido baixo demanda: Caso Netflix
Autoría
L.A.D.
Grao en Xornalismo
L.A.D.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 10:15
02.07.2024 10:15
Resumo
Os documentais true crime convertéronse nunha das maiores apostas das plataformas de contido baixo demanda. Non obstante, a gran calidade cinematográfica das producións non asegura que detrás exista o selo xornalístico. Este estudo analiza unha mostra de dez documentais de Netflix de produción española e estadounidense para determinar se estas pezas poden ser consideradas xornalismo de investigación ou son produtos só para o entretemento. Para iso, fíxose unha análise de contido mediante unha serie de táboas clasificatorias en base as características do xornalismo de investigación. Tamén se analizou a súa valoración pública en dúas bases de datos, IMDb e Filmaffinity, para completar a análise e comparación entre os países da mostra: España e Estados Unidos. Os resultados indican que os documentais cumpren cos requisitos dunha peza de investigación ao proporcionar información inédita, utilizar unha gran variedade de fontes e contextualizar tanto os antecedentes como a situación actual dos feitos. O estudo complétase con catro entrevistas en profundidade a expertos que achegan valor á investigación e permiten entender aspectos clave como a estandarización imposta pola plataforma e a viabilidade futura do xénero. Tendo en conta os gustos cambiantes da audiencia e a repetición de patróns nos true crime, as fontes suxiren que é necesario reducir a produción deste tipo de contido para recuperar a orixinalidade e innovar nas fórmulas narrativas.

QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Casas García, Hermenegildo José (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)

Xornalismo en Tiktok: estudo de caso dos medios españois El Mundo, Cadena Ser y RTVE
Autoría
T.D.B.
Grao en Xornalismo
T.D.B.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
18.06.2024 09:00
18.06.2024 09:00
Resumo
O nacemento da Internet transformou por completo os patróns de creación e difusión de contido nos medios de comunicación, dando lugar ao xornalismo dixital. Coa creación da rede, os xornalistas e os medios tiveron que adaptarse ás novas metodoloxías, formatos e técnicas de traballo, á vez que tratan de satisfacer as necesidades dunha sociedade que demanda: rapidez comunicativa, interactividade e conexión constante. Ademais de adaptarse aos espazos web, na última década tiveron que axustarse á crecente importancia das redes sociais, creando perfís onde comparten a información que publican. TikTok é unha rede social adicada principalmente ao entretemento creada en 2017. Nos últimos anos moitos medios decidiron comezar a traballar na aplicación para atraer a un público máis novo e activo, ademais de ofrecer información de forma máis dinámica, ao alcance de todo o mundo. Este estudo ten como obxectivo coñecer as iniciativas que puxeron en marcha na plataforma os medios de comunicación El Mundo, Cadena SER e RTVE, a través dun análise do contido publicado por estas contas durante o mes de febreiro de 2024.

LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)

Xornalismo de guerra: Técnicas e función nos conflicto de Ucraína e Palestina
Autoría
M.V.C.P.
Grao en Xornalismo
M.V.C.P.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 10:15
25.06.2024 10:15
Resumo
A corresponsalía de guerra é unha das ramas xornalísticas máis valoradas e perigosas. A importancia da figura do fotoxornalista de guerra radica en situarse sobre o terreo para informar dun conflito, poñendo en risco a súa vida para analizar, interpretar e informar ao resto da pobación sobre o que sucede en países como Ucraína e Palestina. O uso das imaxes nestes conflitos non só axuda a informar e contribúe á toma de decisión políticas, senón que tamén funciona para empatizar coas vítimas e achegarse a elas. Polo tanto, o presente traballo ten como fin analizar 94 fotografías de ambos conflitos, publicadas en El País e AL-Jazeera, para coñecer como estes medios presentan un punto de vista dende diferentes posicións informativas.

BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
SOENGAS PEREZ, JOSE (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
SOENGAS PEREZ, JOSE (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
Os medios de comunicación como ferramenta para a formación e difusión da ideoloxía franquista
Autoría
A.C.B.
Grao en Xornalismo
A.C.B.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 17:00
25.06.2024 17:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao é unha análise sobre o papel dos medios de comunicación durante a época da ditadura franquista en España. Mediante o estudo das publicación do NO-DO, de Radio Nacional Española e do Diario ABC establecerei se serviron de axuda e foron unha ferramenta para a formación e difusión da ideoloxía franquista ou, en caso contrario, se non foi así.

RICO BOQUETE, EDUARDO (Titoría)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RICO BOQUETE, EDUARDO (Vogal)

O tratamento do fenómeno terrorista na prensa: un estudo comparativo de El País e ABC
Autoría
M.D.Q.
Grao en Xornalismo
M.D.Q.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
Durante máis de 60 anos España viviu baixo a ameaza de diversos grupos terroristas, entre eles, o protagonista do proxecto, ETA. Para poder entender cal era o funcionamento da banda armada é necesario expoñer como xurde, evoluciona e se disolve. A pegada que deixou na sociedade é tan grande que os medios de comunicación aínda lle dan cobertura mediática, non obstante, non é a mesma que durante a década dos 70 e 80, período con máis asasinatos e atentados. A través dunha análise de contido dos xornais ABC e El País búscase explicar o tratamento informativo do fenómeno terrorista en función da liña editorial de cada diario.

BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)

Comunicacións encubertas no márketing de influencers
Autoría
M.P.R.
Grao en Xornalismo
M.P.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
20.06.2024 09:30
20.06.2024 09:30
Resumo
A publicidade existe desde tempos inmemoriais. A súa evolución e desenvolvemento constante son incuestionables, polo que a súa presenza nas redes sociais é inevitable. O sector comercial adaptouse ao medio dixital espremendo os seus principais protagonistas, os influencers. Trátase de figuras xeralmente nativas das redes, capaces de influír e marcar tendencia nos espectadores. Así nace o márketing de influencers, unha técnica de comunicación en redes a través do emprego de creadores de contido. O presente Traballo de Fin de Grao explora o uso da publicidade en redes sociais a través dos influencers. Ademais, analiza as estratexias empregadas e cuestiona a lexitimidade das accións utilizadas para promocionar en función da normativa vixente e a deontoloxía. De forma analítica, realizouse un seguimento e recolección de publicacións dos creadores de contido máis influentes de España. Para afondar no asunto, incorporouse información facilitada por expertos en comunicación audiovisual e publicidade, ademais de vivencias de influencers e o testemuño dunha axencia de representación. Os resultados apuntan á falta de compromiso dos influencers coa súa audiencia e á necesaria actualización da lexislación española.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)

La Chaqueta Cinéfila: divulgación do xornalismo cinematográfico en Instagram e TikTok
Autoría
A.R.V.
Grao en Xornalismo
A.R.V.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
08.07.2024 11:30
08.07.2024 11:30
Resumo
La Chaqueta Cinéfila é un medio de comunicación dixital especializado no xornalismo cinematográfico. Este proxecto ten como obxectivo principal achegarse ás novas xeracións e á comunidade cinéfila mediante a publicación de vídeos de curta duración e infografías en redes sociais, concretamente nas plataformas Instagram e TikTok. Os contidos publicados inclúen recomendacións de películas, reseñas, críticas e novas relevantes do sector cinematográfico, empregando unha linguaxe informativa pero á vez sinxela e próxima para lograr captar a atención dun público novo e diverso.
La Chaqueta Cinéfila é un medio de comunicación dixital especializado no xornalismo cinematográfico. Este proxecto ten como obxectivo principal achegarse ás novas xeracións e á comunidade cinéfila mediante a publicación de vídeos de curta duración e infografías en redes sociais, concretamente nas plataformas Instagram e TikTok. Os contidos publicados inclúen recomendacións de películas, reseñas, críticas e novas relevantes do sector cinematográfico, empregando unha linguaxe informativa pero á vez sinxela e próxima para lograr captar a atención dun público novo e diverso.
Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)

A creación dun podcast sobre sportwashing: Oriente tingue de negro o fútbol
Autoría
R.L.O.
Grao en Xornalismo
R.L.O.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
27.06.2024 12:00
27.06.2024 12:00
Resumo
Este proxecto propón o desenvolvemento dun podcast temático sobre o sportwashing, ou dito doutro xeito, como diferentes países utilizan o deporte para lavar a súa imaxe pública ante o mundo. Para reducilo aínda máis, centrarémonos en dous países: Qatar e Arabia Saudita; e o deporte será o fútbol. O podcast pretende ofrecer á audiencia contidos leais, veraces e con información contrastada nun exercicio de xornalismo de investigación de gran calidade para demostrar que se poden facer grandes pezas xornalísticas a través dunha das plataformas actualmente en auxe, o podcast.

SOENGAS PEREZ, JOSE (Titoría)
SOENGAS PEREZ, JOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SOENGAS PEREZ, JOSE (Vogal)

O tratamento informativo do deporte galego. O caso da axenda da TVG
Autoría
A.M.B.
Grao en Xornalismo
A.M.B.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
11.09.2024 12:00
11.09.2024 12:00
Resumo
A televisión pública de Galicia adoita ser unha das referentes á hora de falar sobre o deporte local. Non son poucas as persoas nin as institucións que recoñecen a esta canle como un dos medios que máis confía no desenvolvemento e na visibilidade dos deportistas a través do seu tratamento informativo. O obxectivo deste traballo é comprobar ata que punto chega a aposta da TVG polo deporte galego e facer unha comparación con outras canles mediante a exploración da súa axenda mediática. Por medio dunha análise de contido sobre os distintos produtos ofertados e sobre a programación das dúas canles do grupo presentes na TDT, facendo énfase na información dos telexornais, este estudo persegue a meta de coñecer en que medida é realidade esta aposta, abranguendo, ademais, temáticas como o deporte feminino, os deportes minoritarios ou a opinión da audiencia.

REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)

Videoclip narrativo sobre a saúde mental
Autoría
C.G.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
C.G.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
05.02.2024 12:00
05.02.2024 12:00
Resumo
No trasfondo da sociedade contemporánea, onde as narrativas visuais e sonoras teñen un impacto significativo, xurde Silencios Rotos, unha curta musical que se aventure no intrincado terreo da saúde mental. Nun intento por ir máis aló da estigmatización e do descoñecemento que rodea ás enfermidades mentais, este traballo de fin de grao en Comunicación Audiovisual mergúllase na experiencia da ansiedade, iluminando a súa complexidade a través dunha amalgama de música, actuación e cinematografía. A elección de abordar a ansiedade como tema central non é casual, é un reflexo da crecente importancia de abrir un diálogo sincero e reflexivo sobre a saúde mental na sociedade actual. A través da protagonista, unha moza apaixonada pola gravación de vídeo e os videoxogos, buscamos trascender as barreiras do estigma e explorar as múltiples capas emocionais que componen a experiencia da ansiedade. Este proxecto non só aspira a entreter, senón a ser un catalizador para o entendemento e a empatía. Cada nota musical, cada secuencia visual e cada palabra pronunciada busca tecer un tapiz narrativo que non só descubra as distintas fases da ansiedade, senón tamén destaque a importancia de falar abertamente sobre a saúde mental. Silencios Rotos non é só unha curta musical, é un esforzo por arroxar luz sobre unha realidade ás veces eclipsada, convidando á audiencia a reflexionar sobre a importancia de escoitar e comprender as complexidades da mente humana

VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
Ideación e deseño dunha serie transmedia
Autoría
A.B.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.B.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 11:00
03.07.2024 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao (TFG) céntrase na creación e realización dunha serie web transmedia chamada Dramas dunha adolescente universitaria. Este proxecto inclúe todos os pasos que se seguiron para desenvolver o primeiro capítulo, desde a concepción inicial ata a gravación definitiva. A partir disto, detállase o proceso de pensar e crear o guión, incluíndo a creación de personaxes, historias e diálogos, así como os contidos xerados para a expansión da serie a través das distintas redes sociais. Abranguen as distintas fases da preprodución do proxecto, como son o elenco escollido para cada personaxe, a exploración de localizacións, así como os aspectos loxísticos entre os que se inclúen o orzamento, a programación da gravación do primeiro capítulo e o financiamento que se levou a cabo para o mesmo. Ademais, tamén se realiza un plan para a promoción da webserie con vistas á súa estrea. O TFG finaliza cunha conclusión sobre os coñecementos obtidos, e a relevancia dunha correcta planificación na creación de contido audiovisual.

NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
A memoria das pedras. Creación dunha curta de ficción con integración de elementos de animación
Autoría
P.G.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
P.G.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 19:30
12.09.2024 19:30
Resumo
A presente memoria ten como finalidade explicar o proceso de creación da curta A memoria das pedras, a cal se levou a cabo no marco dun traballo práctico grupal de fin de grao co obxectivo de aplicar a aprendizaxe adquirida na titulación cursada, desenvolver novas habilidades e elaborar unha base sólida para que o proxecto tivese un percorrido futuro. Así pois, este se engloba nos denominados filmes híbridos ao combinar imaxe real con animación 2D como medio para representar a conexión entre o mundo real e o das lembranzas, explorando así a temática da memoria abordada dende a ficción e a técnica da rotoscopia como medio expresivo.

MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Creación dun podcast divulgativo. “Matadoiro: unha historia na cidade de Compostela”.
Autoría
M.C.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.C.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
09.09.2024 09:00
09.09.2024 09:00
Resumo
O obxectivo deste traballo é a realización completa dos cinco capítulos dun podcast true crime con estilo divulgativo, titulado “Matadoiro: unha historia real na cidade de Compostela”. O proceso abordou todas as fases necesarias para levar a cabo o proxecto, dende a exploración e guionización adaptada dunha historia real, pasando pola produción e a edición de audio para acadar unha maior calidade no traballo, ata un exercicio de publicación coa imaxe, e distintos elementos visuais. No proceso tamén se realizou unha pequena investigación sobre o podcast como medio e o xénero true crime presente no medio actual.

PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Vogal)

Carallada Filmes: desenvolvemento dunha produtora de videoclips galega para artistas emerxentes
Autoría
C.A.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
C.A.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao desenvolve o plan de empresa de “Carallada Filmes”, unha produtora audiovisual cuxa proposta de valor reside na especialización, xa que se enfoca na creación de videoclips para artistas emerxentes, resultando ser unha das escasas empresas galegas dedicadas exclusiva ou maioritariamente á creación deste formato. Os videoclips poden publicarse como medio de promoción da música dun artista, como medio de expresión artística ou como ambos. O presente traballo investiga a evolución do videoclip dende a súa creación, ademais de examinar o funcionamento e estado da industria musical, especialmente a nivel nacional e autonómico, debido á súa íntima relación coa industria do videoclip. Realízase un estudo en profundidade dos mercados nos cales se insire a empresa, o mercado do videoclip e o mercado das produtoras audiovisuais, co fin de analizar a súa viabilidade, ademais de observar o traballo da competencia e a opinión da clientela potencial. Así mesmo, apórtase un produto piloto mostra do traballo da empresa e relátase o proceso de creación deste, diferenciando entre as fases de preprodución, rodaxe e posprodución.

RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Elaboración dun proxecto audiovisual de non ficción: o proceso de creación de Testemuñas dunha illa
Autoría
N.E.M.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
N.E.M.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
Traballo de Fin de Grao baseado na creación dunha obra audiovisual en galego, concretamente unha peza de Non-Ficción. Trátase dun documental protagonizado polos habitantes da Illa de Arousa que relatan as súas vivencias en relación coa construción da súa ponte no ano 1985. Unha efeméride da que se conmemorará no ano 2025 o seu 40 aniversario. O obxectivo desta produción audiovisual é recoller e plasmar a historia e memorias da nosa terra, neste caso centrándonos na Illa e a súa evolución, e así difundir o coñecemento da terra e cultura costeira galega. As principais vías de difusión serían redes sociais e festivais, e ademais, con motivo do 40 aniversario, o Concello podería estar interesado na nosa obra como ferramenta para dar a coñecer a historia.

RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
A memoria das pedras. Creación dunha curta de ficción con integración de elementos de animación
Autoría
M.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 19:30
12.09.2024 19:30
Resumo
A presente memoria ten como finalidade explicar o proceso de creación da curta A memoria das pedras, a cal se levou a cabo no marco dun traballo práctico grupal de fin de grao co obxectivo de aplicar a aprendizaxe adquirida na titulación cursada, desenvolver novas habilidades e elaborar unha base sólida para que o proxecto tivese un percorrido futuro. Así pois, este se engloba nos denominados filmes híbridos ao combinar imaxe real con animación 2D como medio para representar a conexión entre o mundo real e o das lembranzas, explorando así a temática da memoria abordada dende a ficción e a técnica da rotoscopia como medio expresivo.
A presente memoria ten como finalidade explicar o proceso de creación da curta A memoria das pedras, a cal se levou a cabo no marco dun traballo práctico grupal de fin de grao co obxectivo de aplicar a aprendizaxe adquirida na titulación cursada, desenvolver novas habilidades e elaborar unha base sólida para que o proxecto tivese un percorrido futuro. Así pois, este se engloba nos denominados filmes híbridos ao combinar imaxe real con animación 2D como medio para representar a conexión entre o mundo real e o das lembranzas, explorando así a temática da memoria abordada dende a ficción e a técnica da rotoscopia como medio expresivo.
Dirección
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Carallada Filmes: desenvolvemento dunha produtora de videoclips galega para artistas emerxentes
Autoría
M.V.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.V.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao desenvolve o plan de empresa de “Carallada Filmes”, unha produtora audiovisual cuxa proposta de valor reside na especialización, xa que se enfoca na creación de videoclips para artistas emerxentes, resultando ser unha das escasas empresas galegas dedicadas exclusiva ou maioritariamente á creación deste formato. Os videoclips poden publicarse como medio de promoción da música dun artista, como medio de expresión artística ou como ambos. O presente traballo investiga a evolución do videoclip dende a súa creación, ademais de examinar o funcionamento e estado da industria musical, especialmente a nivel nacional e autonómico, debido á súa íntima relación coa industria do videoclip. Realízase un estudo en profundidade dos mercados nos cales se insire a empresa, o mercado do videoclip e o mercado das produtoras audiovisuais, co fin de analizar a súa viabilidade, ademais de observar o traballo da competencia e a opinión da clientela potencial. Así mesmo, apórtase un produto piloto mostra do traballo da empresa e relátase o proceso de creación deste, diferenciando entre as fases de preprodución, rodaxe e posprodución.
Este Traballo de Fin de Grao desenvolve o plan de empresa de “Carallada Filmes”, unha produtora audiovisual cuxa proposta de valor reside na especialización, xa que se enfoca na creación de videoclips para artistas emerxentes, resultando ser unha das escasas empresas galegas dedicadas exclusiva ou maioritariamente á creación deste formato. Os videoclips poden publicarse como medio de promoción da música dun artista, como medio de expresión artística ou como ambos. O presente traballo investiga a evolución do videoclip dende a súa creación, ademais de examinar o funcionamento e estado da industria musical, especialmente a nivel nacional e autonómico, debido á súa íntima relación coa industria do videoclip. Realízase un estudo en profundidade dos mercados nos cales se insire a empresa, o mercado do videoclip e o mercado das produtoras audiovisuais, co fin de analizar a súa viabilidade, ademais de observar o traballo da competencia e a opinión da clientela potencial. Así mesmo, apórtase un produto piloto mostra do traballo da empresa e relátase o proceso de creación deste, diferenciando entre as fases de preprodución, rodaxe e posprodución.
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Elaboración dun proxecto audiovisual de non ficción: o proceso de creación de Testemuñas dunha illa
Autoría
B.D.Q.
Grao en Comunicación Audiovisual
B.D.Q.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
Traballo de Fin de Grao baseado na creación dunha obra audiovisual en galego, concretamente unha peza de non ficción. Trátase dun documental protagonizado polos habitantes da Illa de Arousa que relatan as súas vivencias en relación coa construción da súa ponte no ano 1985. Unha efeméride da que se conmemorará no ano 2025 o seu 40 aniversario. O obxectivo desta produción audiovisual é recoller e plasmar a historia e memorias da terra galega, neste caso centrándonos na Illa e a súa evolución, e así difundir o coñecemento da cultura e da vida costeira en Galicia. As principais vías de difusión serían redes sociais e festivais, e ademais, con motivo do 40 aniversario, o Concello podería estar interesado na nosa obra como ferramenta para dar a coñecer a súa historia.
Traballo de Fin de Grao baseado na creación dunha obra audiovisual en galego, concretamente unha peza de non ficción. Trátase dun documental protagonizado polos habitantes da Illa de Arousa que relatan as súas vivencias en relación coa construción da súa ponte no ano 1985. Unha efeméride da que se conmemorará no ano 2025 o seu 40 aniversario. O obxectivo desta produción audiovisual é recoller e plasmar a historia e memorias da terra galega, neste caso centrándonos na Illa e a súa evolución, e así difundir o coñecemento da cultura e da vida costeira en Galicia. As principais vías de difusión serían redes sociais e festivais, e ademais, con motivo do 40 aniversario, o Concello podería estar interesado na nosa obra como ferramenta para dar a coñecer a súa historia.
Dirección
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Afeminadas. A reivindicación da feminidade a través do terror
Autoría
C.L.B.I.
Grao en Comunicación Audiovisual
C.L.B.I.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
26.06.2024 11:45
26.06.2024 11:45
Resumo
Este traballo trátase da memoria de proxecto da Fashion Film “Afeminadas”, na que se analizan todas as fases necesarias para a súa realización: desenvolvemento, preprodución, rodaxe, posprodución e distribución e promoción. Esta peza é unha reflexión arredor da feminidade e unha reivindicación da expresión da mesma a través da explotación de recursos do xénero do terror e do videoarte.

Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Neira Cruz, Xose Antonio (Vogal)

Cómo comunica VOX en Instagram? Unha análise a través da súa ideoloxía
Autoría
M.R.A.
Grao en Xornalismo
M.R.A.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.06.2024 11:00
19.06.2024 11:00
Resumo
O obxectivo principal que persegue este proxecto é o de descubrir, grazas ó estudo da documentación necesaria, o núcleo ideolóxico do grupo político de VOX, así como estudar a comunicación que dito grupo realiza a través do seu Instagram. O método empleado para a consecución de este obxectivo pasa por unha revisión da literatura para coñecer os aspectos máis teóricos, e dun análise de contido, que busca coñecer as particularidades do mensaxe da formación a través da rede social. En base ó estudado, descubrimos que VOX é un partido de dereita radical, con catro pilares básicos: o nacionalismo, o nativismo, o autoritarismo e a defensa dos valores tradicionais. En cuanto ó Instagram, presentan un contido moi coidado e elaborado. Hai un manexo da rede e saben como chegar a súa audiencia. Isto queda reflexado nos datos: de entre tódolos grupos políticos españois, son o partido con maior número de seguidores na plataforma dixital.

Arte en Compostela: proposta informativa para estudantes da USC a través das redes
Autoría
S.M.G.
Grao en Xornalismo
S.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 12:00
12.09.2024 12:00
Resumo
Este traballo inscríbese na área do ciberxornalismo móbil, ou práctica de xornalismo dixital en dispositivos móbiles intelixentes. A natureza dos instrumentos dixitais permite utilizar o ciberespazo para transmitir información, usando a interactividade propia do hipertexto, os contidos multimedia e a memoria nas redes (Díaz Noci, 2008). O uso do móbil posibilita a realización de novos contidos xornalísticos a través de canles diferentes e o achegamento a audiencias que son refractarias a outras canles de comunicación, ou que simplemente son nativos dixitais e o seu principal medio de comunicación son as redes sociais. Compostelarte_ é un medio nativo dixital que pretende achegar aos estudantes universitarios de Santiago de Compostela ás actividades artísticas que teñen lugar en galerías de arte, bibliotecas, museos e librerías da cidade, contidos habitualmente afastados das áreas de interese dos nosos compañeiros universitarios, ben polos lugares nos que estas levan a cabo ou ben polo tipo de eventos que se realizan nelas. Proponse crear unha canle de comunicación dixital a través dunha das redes sociais máis empregadas polos universitarios, Instagram, e producir unha información relevante que aumente as visitas dos estudantes a exposicións, presentacións de libros e citas culturais en xeral.

SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Deepfakes e a fin do “ver para crer”: a influencia da intelixencia artificial na desinformación
Autoría
M.R.R.
Grao en Xornalismo
M.R.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
08.07.2024 12:00
08.07.2024 12:00
Resumo
No panorama mediático actual, a desinformación tamén se apropia do audiovisual. Nese contexto emerxen os deepfakes, definidos como arquivos de audio, vídeo ou imaxe xerados a través de intelixencia artificial (IA) que manipulan ou imitan de maneira realista a información, facendo que semelle verídica e enganando ao receptor ao presentarse como contido auténtico e real. Este estudo ten como obxectivo analizar o fenómeno dos deepfakes, abarcando a súa orixe, evolución, ferramentas que permiten a súa creación e verificación. A través dunha análise detallada das aplicacións existentes de xeración audiovisual, unha investigación exploratoria sobre as buscas do termo en Google Trends e unha análise formal e cualitativa de dez deepfakes presentes en plataformas de verificación españolas, búscase ofrecer unha comprensión integral deste fenómeno, destacando tanto o seu potencial coma os peligros asociados ao seu mal uso.

Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)

A Publicidade de influencers: proposta de avances na autorregulación.
Autoría
R.A.R.
Grao en Xornalismo
R.A.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
20.06.2024 09:30
20.06.2024 09:30
Resumo
O marketing de influencia é xa unha das formas de facer publicidade máis importante, porén, conleva certas irregularidades nas súas prácticas que xa foron identificadas por moitos expertos. Tras anos de prácticas fóra do marco legal, a autorregulación en España abriu as posibilidades de regular a actividade dos influencers a través do Código de Conducta de Influencers na publicidade de Autocontrol (2020), despois incluiríanse estes perfís como prestadores dun servizo audiovisual, denominándoos ‘usuarios de especial relevancia’ dentro da Ley Xeral de Comunicación Audiovisual (2022) e en 2024 culminaríase o proceso publicando un decreto específico para a regulación destes usuarios. Este traballo pretende aportar propostas de mellora para o ámbito da autorregulación, en base a estas novedades lexislativas e ás carencias e necesidades de especificar a regulación en canto a quen son estes usuarios, a identificación publicitaria, as súas obrigas éticas e a difusión da deontoloxía a estes usuarios, así como ás axencias que con eles traballan.

Booktubers en España: rutinas e prácticas comunicativas en BookTube
Autoría
S.B.V.
Grao en Xornalismo
S.B.V.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
20.06.2024 09:30
20.06.2024 09:30
Resumo
Coa aparición das novas tecnoloxías, a consumición de contidos de entretemento e informativos cambiou drasticamente, sobre todo polo feito de estar ligada co acceso a internet e plataformas dixitais, como é o caso de YouTube. Entre os fenómenos máis notables desta transformación atópase BookTube, unha comunidade en liña formada por creadores de contido literarios, comunmente chamados booktubers, que se dedican a compartir recensións e recomendacións de libros dirixíndose principalmente a unha audiencia nova. Este traballo de fin de grao presenta unha análise do contido detallado dos cinco booktubers máis influentes de España, seleccionados en base á súa actividade, o número de subscritores e a relevancia do seu contido. A través del, preténdese comprender o impacto destes creadores de contido, as súas estratexias comunicativas e como contrubúen á promoción e difusión de lectura entre os mozos. Os resultados revelan que os booktubers teñen unha influencia significativa nas súas audiencias a través das recomendacións literarias e o fomentar o debate e a interacción na plataforma. Así, o estudo conclúe con que estes influencers literarios desempeñan un papel crucial na mediación cultural contemporánea, utilizando plataformas dixitais para a difusión de contido literario.

Raíces no foco: fotografía documental do folklore galego
Autoría
D.V.Y.D.L.C.
Grao en Xornalismo
D.V.Y.D.L.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
18.06.2024 11:00
18.06.2024 11:00
Resumo
A fotografía documental etnográfica é unha ferramenta que permite capturar o que somos como sociedade, desde os seus inicios como elemento auxiliar nos estudos antropolóxicos ata hoxe en día como rama oficial da fotografía permitiu difundir tradicións e formas de vida. A música e baile tradicional son elementos que adquiren cada vez mais popularidade en Galicia, alzándose como elementos centrais da identidade cultural dos galegos, a súa preservación e transmisión nunca foi sinxela, por iso o proxecto audiovisual en formato de foto-vídeo Raíces en foco documenta o proceso de recollida, preservación e transmisión da música e baile da comunidade autónoma a través do grupo Brincadeira cuyo repertorio se basea nun traballo de campo de recollida ao longo de toda a xeografía galega .

Eleccións autonómicas galegas do 18F de 2024: Análise da campaña electoral en X, Telegram e Whatsapp
Autoría
H.P.R.
Grao en Xornalismo
H.P.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.06.2024 09:00
19.06.2024 09:00
Resumo
A comunicación política a través de X, Telegram e Whatsapp é unha ferramenta amplamente utilizada polos diferentes partidos políticos máis destacados e os seus correspondentes líderes. Esta investigación pretende analizar as mensaxes publicadas polos principais candidatos a través das mencionadas redes sociais e de mensaxería durante a campaña electoral correspondente aos comicios celebrados na Comunidade Autónoma de Galicia o 18 de febreiro de 2024. Así, realizamos unha análise cuantitativa e cualitativa sobre os datos que ofrecen as mensaxes emitidas nestas plataformas e as respostas que, en caso de telas, obteñen. Para complementar a investigación realizáronse diferentes entrevistas e un grupo de discusión. Algunhas das conclusións obtidas son a ausencia xeneralizada de conversación entre políticos e o resto de usuarios, ademais de corroborar a falta de uso para expoñer os programas electorais.

GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GARCIA OROSA, BERTA (Vogal)

Canto estás disposto a arriscar? Radiografía do xogo en España
Autoría
R.C.L.
Grao en Xornalismo
R.C.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
21.06.2024 11:30
21.06.2024 11:30
Resumo
Nestre traballo preséntase Canto estás disposto a arriscar? Radiografía do xogo en España, unha serie de tres reportaxes que teñen como obxectivo a conformación dunha investigación global arredor do fenómeno do xogo, tanto do presencial como do xogo en liña. A través do xornalismo multimedia, que permite a combinación dunha longa lista de elementos e a interacción do usuario cos mesmos, constrúense unas narrativas individuas que a súa vez conflúen nunha historia colectiva. Este texto, que é o resultado de meses de documentación no eido do xornalismo dixital e do xornalismo especializado, expón e explica a metodoloxía da que se fixo uso para a posta en marcha da reportaxe. O traballo consistiu na producción, redacción e difusión de tres longas reportaxes sobre os diferentes aspectos do xogo, facendo fincapé naqueles estratos sociais máis desprotexidos e indefensos ante o imparable avance da mentalidad xogadora implantada na sociedade

Investigación de xénero a través da imaxe: o impacto das decisións técnicas nos roles de xénero
Autoría
A.V.F.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.V.F.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
27.06.2024 10:00
27.06.2024 10:00
Resumo
Este traballo trata sobre como as decisións técnicas desde a dirección e realización cinematográfica son diferentes á hora de filmar a personaxes masculinos e femininos coa intención de reforzar unha visión patriarcal que, ademais, se lles impón aos espectadores. A través da análise de nove películas galardoadas co premio a Mellor Película dos Oscar, intentarase comprobar o alcance destes recursos e o xeito no que son utilizados.
Este traballo trata sobre como as decisións técnicas desde a dirección e realización cinematográfica son diferentes á hora de filmar a personaxes masculinos e femininos coa intención de reforzar unha visión patriarcal que, ademais, se lles impón aos espectadores. A través da análise de nove películas galardoadas co premio a Mellor Película dos Oscar, intentarase comprobar o alcance destes recursos e o xeito no que son utilizados.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
Entre a ficción e o ensaio: creación e produción da webserie Ecos dun Verán
Autoría
I.T.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
I.T.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 11:45
03.07.2024 11:45
Resumo
Elaboración en equipo dunha webserie que mestura ficción e ensaio, dividido en catro capítulos, así como do seu teaser e dossier. Trátase o proxecto dende a súa ideación ata a súa compleción, pasando por tódalas etapas dun proceso de creación audiovisual. A serie trata o tema da autopercepción utilizando un material de arquivo ficticio para presentar dúas versións diferentes da mesma persoa, unha delas ofrecendo unha reinterpretación deste arquivo en ton ensaístico, permitindo afondar de maneira explícita nesta temática. Cada episodio busca representar diferentes facetas da protagonista, que acaba reflexionando sobre a súa identidade.

CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
Antes do almorzo: Realización multicámara en vivo dunha obra de teatro.
Autoría
L.F.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
L.F.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
21.06.2024 12:00
21.06.2024 12:00
Resumo
Antes do almorzo (anexo 14) céntrase na realización multicámara en vivo da obra de teatro Before Breakfast, do dramaturgo norteamericano Eugene O´Neill, na que se fusionan as artes escénicas e o audiovisual. O obxectivo do presente traballo de fin de grao radica en crear unha amalgama de ambas disciplinas comparando as sinerxías e as diferenzas de cada medio co obxectivo de producir unha peza audiovisual. Así mesmo, preténdese estudar a técnica de realización multicámara en directo co propósito de explorar as posibilidades do teatro filmado e levar á practica o aprendido durante os catro anos de carreira. O proceso abarca dende a investigación e adaptación do guión, á planificación e produción da obra, así como unha visión de futuro do proxecto.
Antes do almorzo (anexo 14) céntrase na realización multicámara en vivo da obra de teatro Before Breakfast, do dramaturgo norteamericano Eugene O´Neill, na que se fusionan as artes escénicas e o audiovisual. O obxectivo do presente traballo de fin de grao radica en crear unha amalgama de ambas disciplinas comparando as sinerxías e as diferenzas de cada medio co obxectivo de producir unha peza audiovisual. Así mesmo, preténdese estudar a técnica de realización multicámara en directo co propósito de explorar as posibilidades do teatro filmado e levar á practica o aprendido durante os catro anos de carreira. O proceso abarca dende a investigación e adaptación do guión, á planificación e produción da obra, así como unha visión de futuro do proxecto.
Dirección
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
A memoria das pedras. Creación dunha curta de ficción con integración de elementos de animación
Autoría
A.H.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.H.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 19:30
12.09.2024 19:30
Resumo
A presente memoria ten como finalidade explicar o proceso de creación da curta A memoria das pedras, a cal se levou a cabo no marco dun traballo práctico grupal de fin de grao co obxectivo de aplicar a aprendizaxe adquirida na titulación cursada, desenvolver novas habilidades e elaborar unha base sólida para que o proxecto tivese un percorrido futuro. Así pois, este se engloba nos denominados filmes híbridos ao combinar imaxe real con animación 2D como medio para representar a conexión entre o mundo real e o das lembranzas, explorando así a temática da memoria abordada dende a ficción e a técnica da rotoscopia como medio expresivo.
A presente memoria ten como finalidade explicar o proceso de creación da curta A memoria das pedras, a cal se levou a cabo no marco dun traballo práctico grupal de fin de grao co obxectivo de aplicar a aprendizaxe adquirida na titulación cursada, desenvolver novas habilidades e elaborar unha base sólida para que o proxecto tivese un percorrido futuro. Así pois, este se engloba nos denominados filmes híbridos ao combinar imaxe real con animación 2D como medio para representar a conexión entre o mundo real e o das lembranzas, explorando así a temática da memoria abordada dende a ficción e a técnica da rotoscopia como medio expresivo.
Dirección
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Deseño e produción dun proxecto de webserie en galego
Autoría
M.D.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.D.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 13:30
12.09.2024 13:30
Resumo
Tralas cámaras é un falso documental sobre unha escola de interpretación. Neste documento recóllese todo o proceso detrás da realización desta webserie de comedia. Dende a escritura do guión, o desenvolvemento da fase de produción, a súa rodaxe, o proceso de postprodución desta e a proposta de difusión e promoción.
Tralas cámaras é un falso documental sobre unha escola de interpretación. Neste documento recóllese todo o proceso detrás da realización desta webserie de comedia. Dende a escritura do guión, o desenvolvemento da fase de produción, a súa rodaxe, o proceso de postprodución desta e a proposta de difusión e promoción.
Dirección
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Vogal)

Nó-las dúas: a videcreación a través da correspondencia fílmica
Autoría
I.R.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
I.R.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 10:15
03.07.2024 10:15
Resumo
A orixe da correspondencia fílmica deixou unha pegada na historia da cinematografía, permitindo aos autores explorar e compartir as súas vivencias e emocións a través das súas cartas e imaxes. Nó-las dúas é un traballo que mestura a fotografía, a música e a correspondencia fílmica, establecendo un vínculo entre todas estas disciplinas artísticas: a amizade de dúas universitarias na cidade de Santiago de Compostela. Este proxecto reivindica a importancia da influencia que exercen en nós os espazos que habitamos, o benestar cunha mesma e como as lembranzas constrúen quen somos.
A orixe da correspondencia fílmica deixou unha pegada na historia da cinematografía, permitindo aos autores explorar e compartir as súas vivencias e emocións a través das súas cartas e imaxes. Nó-las dúas é un traballo que mestura a fotografía, a música e a correspondencia fílmica, establecendo un vínculo entre todas estas disciplinas artísticas: a amizade de dúas universitarias na cidade de Santiago de Compostela. Este proxecto reivindica a importancia da influencia que exercen en nós os espazos que habitamos, o benestar cunha mesma e como as lembranzas constrúen quen somos.
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Afeminadas. A reivindicación da feminidade a través do terror
Autoría
C.S.P.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
C.S.P.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
26.06.2024 11:45
26.06.2024 11:45
Resumo
Este traballo trátase da memoria de proxecto da Fashion Film “Afeminadas”, na que se analizan todas as fases necesarias para a súa realización: desenvolvemento, preprodución, rodaxe, posprodución e distribución e promoción. Esta peza é unha reflexión arredor da feminidade e unha reivindicación da expresión da mesma a través da explotación de recursos do xénero do terror e do videoarte.
Este traballo trátase da memoria de proxecto da Fashion Film “Afeminadas”, na que se analizan todas as fases necesarias para a súa realización: desenvolvemento, preprodución, rodaxe, posprodución e distribución e promoción. Esta peza é unha reflexión arredor da feminidade e unha reivindicación da expresión da mesma a través da explotación de recursos do xénero do terror e do videoarte.
Dirección
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Neira Cruz, Xose Antonio (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Neira Cruz, Xose Antonio (Vogal)
Memoria da webserie documental MaRisa
Autoría
A.O.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.O.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
MaRisa (2024) é unha webserie encadrada dentro do xénero documental que ofrece unha aproximación á vida da protagonista e nai do director, María Luisa Santiago Campaña (1966;2021). A peza divídese en capítulos ordenados cronoloxicamente que narran e explican as diferentes etapas da súa existencia, chegando incluso, no último deles, a describir a súa falta. Por mor do seu falecemento, son empregadas entrevistas aos seus familiares e amigos xunto co cine doméstico capaz de aportar a veracidade do que se está a contar, compoñer a narración e xerar un discurso de nostalxia e ausencia ao longo de toda a obra. Nesta liña, no presente documento exponse a importancia da reciclaxe e preservación do metraxe atopado, pois axuda a recordar a través das emocións a unha persoa que xa non está, poñela en valor tras o paso do tempo e dala a coñecer para todos aqueles que non tiveran a oportunidade de facelo.

TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Vogal)

ATABEY: a empresa que transformará dixitalmente a alimentación saudable y sostible
Autoría
O.I.N.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
O.I.N.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 12:00
03.07.2024 12:00
Resumo
Hoxe en día a maioría das empresas de alimentación e hostalería empregan as redes sociais como método de publicidade para dar a coñecer os seus produtos e servizos de forma máis próxima e orgánica. O problema xorde cando por descoñecemento ou falta de tempo, o contido que crean acaba sendo plano e pouco profesional. Desta maneira, o presente traballo propón a creación e desenvolvemento de Atabey, unha empresa de márketing dixital especializada no sector alimentario-hostaleiro cun selo de identidade moi marcado; a alimentación saudable e sostible. Á súa vez, levará a cabo unha investigación sobre os conceptos teóricos fundamentais para a súa posta en marcha, como a análise de estratexias de márketing dixital do sector, o deseño da imaxe corporativa e o branding, a identificación e segmentación da audiencia e os desafíos que poidan xurdir no proceso como a competencia empresarial e en liña, e a necesidade de transmitir autenticidade, orixinalidade e valores.
Hoxe en día a maioría das empresas de alimentación e hostalería empregan as redes sociais como método de publicidade para dar a coñecer os seus produtos e servizos de forma máis próxima e orgánica. O problema xorde cando por descoñecemento ou falta de tempo, o contido que crean acaba sendo plano e pouco profesional. Desta maneira, o presente traballo propón a creación e desenvolvemento de Atabey, unha empresa de márketing dixital especializada no sector alimentario-hostaleiro cun selo de identidade moi marcado; a alimentación saudable e sostible. Á súa vez, levará a cabo unha investigación sobre os conceptos teóricos fundamentais para a súa posta en marcha, como a análise de estratexias de márketing dixital do sector, o deseño da imaxe corporativa e o branding, a identificación e segmentación da audiencia e os desafíos que poidan xurdir no proceso como a competencia empresarial e en liña, e a necesidade de transmitir autenticidade, orixinalidade e valores.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Creación dunha revista como produto transmedia
Autoría
S.C.V.
Grao en Comunicación Audiovisual
S.C.V.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:45
12.09.2024 18:45
Resumo
Pulso Magazine é unha revista que funciona coma un produto transmedia que emprega diversas plataformas dixitais e redes sociais para estender o seu contido e ampliar a experiencia do público. A continuación analizarase toda a investigación previa para a realización deste produto, profundizando na definición e no alcance do concepto transmedia, da natureza das revistas e da súa evolución social e cultural. Analízanse ademais os conceptos de xornalista cultural, contracultura, medios sociais e a súa dixitalización, creación de fanzines e o seu impacto na actualidade. O estudo aborda estes elementos todos e como contribuíron ao auxe dos produtos transmedia dixitais e á creación de comunidades no entorno dixital contemporáneo.
Pulso Magazine é unha revista que funciona coma un produto transmedia que emprega diversas plataformas dixitais e redes sociais para estender o seu contido e ampliar a experiencia do público. A continuación analizarase toda a investigación previa para a realización deste produto, profundizando na definición e no alcance do concepto transmedia, da natureza das revistas e da súa evolución social e cultural. Analízanse ademais os conceptos de xornalista cultural, contracultura, medios sociais e a súa dixitalización, creación de fanzines e o seu impacto na actualidade. O estudo aborda estes elementos todos e como contribuíron ao auxe dos produtos transmedia dixitais e á creación de comunidades no entorno dixital contemporáneo.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Curta de animación limitada dixital 2D
Autoría
B.T.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
B.T.S.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
02.02.2024 12:00
02.02.2024 12:00
Resumo
Este traballo de fin de grao, pertencente á modalidade práctica, ten por obxectivo explorar a viabilidade de producir unha curta de animación dixital 2D con recursos maiormente de acceso libre e por conta individual, de cara a proxectar o densevolvemento futuro dunha web serie. No documento presentase o proceso completo de preprodución, produción e postprodución de Personillas en…A Pista, unha breve peza de animación inspirada na estética e técnicas da animación “limitada”, estilada por estudios como UPA, Hanna-Barbera ou o anime xaponés. Aprendeuse a animar en 2D co Grease Pencil de Blender, programa de animación e modelaxe 3D gratuíto e de marcada vocación multidisciplinar.

CRISTAL: un filme ensaio por e para a xuventude
Autoría
A.S.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.S.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 09:30
03.07.2024 09:30
Resumo
CRISTAL: un filme ensaio por e para a xuventude é un retrato da realidade xuvenil. Poñemos o foco sobre o noso entorno e círculos máis cercanos para crear a nosa propia historia, fóra das formas de representación audiovisuais que xiran en torno a denominada “xeración de cristal”. Sentimos demasiado? Que dificultades atopamos no noso camiño de (de)construción? Que rol desempeñan os espazos que habitamos? Como se forman os nosos vínculos?
CRISTAL: un filme ensaio por e para a xuventude é un retrato da realidade xuvenil. Poñemos o foco sobre o noso entorno e círculos máis cercanos para crear a nosa propia historia, fóra das formas de representación audiovisuais que xiran en torno a denominada “xeración de cristal”. Sentimos demasiado? Que dificultades atopamos no noso camiño de (de)construción? Que rol desempeñan os espazos que habitamos? Como se forman os nosos vínculos?
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
O tratamento informativo no conflicto árabe-israelí: un estudo de caso da UE
Autoría
S.R.T.
Grao en Xornalismo
S.R.T.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
20.06.2024 10:00
20.06.2024 10:00
Resumo
O Consello da Unión Europea e o Consello Europeo son institucións chave para o desenvolvemento da Unión Europea. Esta investigación céntrase en como estes organismos manexan a cobertura mediática das súas accións durante o primeiro mes do conflito árabe-israelí, recentemente reactivado o pasado 7 de outubro de 2023. Para este procedemento analizaranse pezas xornalísticas oficiais, como comunicados de prensa, conferencias e reunións entre líderes, publicadas por estas institucións, co fin de avaliar o seu tratamento e enfoque neste contexto. Tamén se pretende contemplar a preocupación e o impacto das publicacións da UE na cidadanía galega con relación ao conflito.
O Consello da Unión Europea e o Consello Europeo son institucións chave para o desenvolvemento da Unión Europea. Esta investigación céntrase en como estes organismos manexan a cobertura mediática das súas accións durante o primeiro mes do conflito árabe-israelí, recentemente reactivado o pasado 7 de outubro de 2023. Para este procedemento analizaranse pezas xornalísticas oficiais, como comunicados de prensa, conferencias e reunións entre líderes, publicadas por estas institucións, co fin de avaliar o seu tratamento e enfoque neste contexto. Tamén se pretende contemplar a preocupación e o impacto das publicacións da UE na cidadanía galega con relación ao conflito.
Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
Ondas de Aquí: Catro décadas de radio municipal en Galicia
Autoría
C.J.G.G.
Grao en Xornalismo
C.J.G.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
08.07.2024 13:00
08.07.2024 13:00
Resumo
Ondas de Aquí é unha reportaxe multimedia que ten por obxecto revisar a situación das radios municipais que funcionan en Galicia, partindo dos seus inicios en 1980 coa posta en marcha da efémera Radio As Mariñas, en Oleiros, e seguindo coa creación do colectivo EMUGA e doutras decenas de emisoras nos diferentes concellos da comunidade. O proxecto incluíu unha actualización da listaxe das emisoras en activo, cunha serie de datos sobre o seu funcionamento que permiten entender a realidade actual destes medios de comunicación. Para isto, pártese de diferentes listas de emisoras e realizáronse máis de 30 entrevistas, tanto presenciais, como telefónicas ou por correo electrónico a responsables de emisoras ou persoal dos diferentes concellos. En casos seleccionados, estas entrevistas graváronse en vídeo para poder incluír na reportaxe multimedia dun xeito máis visual. O resultado do proxecto é un portal web que serve para entender a importancia destes medios nos seus respectivos concellos. Tamén para comprobar que cada unha das emisoras funciona dun xeito particular, se ben comparten o obxectivo de elaborar un produto de proximidade e tamén problemáticas como a falta de persoal, que limita a cantidade de programación propia.

Los Celajes. A identidade cultural de Fuerteventura
Autoría
M.D.P.M.N.
Grao en Xornalismo
M.D.P.M.N.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
16.09.2024 16:00
16.09.2024 16:00
Resumo
Este documento presenta Los Celajes, unha revista especializada en información cultural, centrada, ademais, nun territorio concreto, a illa de Fuerteventura, en Canarias. Trátase dun proxecto multimedia que conta coa súa propia páxina web na que se presentan algúns dos perfís que compoñen a estructura artística en diferentes espazos de Fuerteventura. Los Celajes utiliza perfís en redes sociais, concretamente em Instagram, Facebook e TikTok, para compartir os artículos da web e publicacións de fotografía e vídeo adecuadas ás características de cada unha das plataformas. Explícanse os procesos de creación de Los Celajes como novo medio de comunicación, dende o nacemento de idea, ata a documentación, a grabación, a edición, a redacción e a publicación. Este traballo analiza o xornalismo especializado, cultural e dixital, a súas definicións, características e evolución ata chegar a ser o que coñecemos hoxe. Tres disciplinas que se combinan e complementan ofreciendo as posibilidades de elaboración dun proxecto das características de Los Celajes.

Mareando o Xogo: Un medio de comunicación sobre o fútbol da Costa da Morte a través da voz das propias xogadoras
Autoría
L.R.M.
Grao en Xornalismo
L.R.M.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 10:15
02.07.2024 10:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado consiste na elaboración dun medio de comunicación na rede social Instagram, enfocado no fútbol feminino na Costa da Morte, denominado Mareando o Xogo. Este proxecto de carácter hiperlocal, xa que se trata dunha zona xeográfica moi concreta, nace como resposta á escasa visibilidade que aínda sofre a muller futbolista nos medios, especialmente no fútbol costeiro. Ante este baleiro de información, Mareando o Xogo ten como obxectivo ser o altofalante das xogadoras sendo un espazo cómodo e de confianza no que poidan expresarse libremente. Para conseguir os propósitos, farase uso das novas tecnoloxías e dos novos formatos, aproveitando o amplo alcance das redes sociais, que se consolidaron como o medio informativo máis empregado pola sociedade actualmente. Mareando o Xogo conta con catro seccións principais: Pasa a Pelota, Fóra de Xogo, Un día nas botas de... e Parada Técnica, coas cales se busca dar a coñecer como viven elas o fútbol e tamén poder chegar a coñecer máis da súa vida e delas fóra dos terreos de xogo.

LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
O xornalismo feminista en España: evolución e desenvolvemento
Autoría
M.T.C.
Grao en Xornalismo
M.T.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 09:30
02.07.2024 09:30
Resumo
O avance do movemento feminista durante o século XIX cristalizouse nunha serie de acontecementos que transformaron a sociedade española. Un dos principais fitos que marcaron o devir da realidade social e cultural da España decimonónica foi a irrupción da muller nos medios de comunicación. O nacemento de La Pensadora Gaditana, fundado en 1763 por Beatriz Cienfuegos, constituíu a inauguración do xornalismo feminista, unha corrente que propiciou a apertura de novos espazos de reflexión dentro da profesión e a incorporación de novas perspectivas no quefacer informativo. Amazonas: avance y revolución en el periodismo é unha reportaxe que pretende indagar os cambios que se produciron no xornalismo feminista desde a súa orixe, así como profundar nos desafíos actuais a través da revisión documental e unha serie de entrevistas que expoñerán a perspectiva de diferentes profesionais adscritas a este campo da comunicación.

FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Secretario/a)

R.M.R.M.

Elaboración de produtos xornalísicos multimedia: A Romaría Gzeta
Autoría
A.L.S.
Grao en Xornalismo
A.L.S.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
Nun escenario social e cultural no que as representacións artísticas identitarias, a busca de pertenza ou a reivindicación do territorio se consolidan coma unha contrareacción a fenómenos coma a globalización, a nostalxia e a reivindicación das expresións da cultura tradicional semellan consolidarse como saída a esa necesidade de definir a personalidade en sociedade. Nos últimos tempos tense comezado a falar da “modernización da cultura tradicional” como forma de reinterpretar a cultura popular e achegala ás linguaxes actuais para, con isto, poder introducila a novos públicos.Para reflexionar sobre todas estas cuestións e darlle voz a algúns dos proxectos que lideran este movemento nace como Traballo de Fin de Grao A Romaría Gzeta. Unha reportaxe multimedia que pretende construír unha alegoría do que podería ser unha romaría tradicional se se definira desde os códigos do presente. Isto serve para demostrar, ao mesmo tempo, que a transformación resulta transversal a todas as disciplinas culturais e se está a consolidar coma un fenómeno sociolóxico no que inflúen factores sociais, culturais e antropolóxicos. Todo isto mentres se analiza como estes ciclos de transformación resultaron constantes ao longo da historia e, por tanto, non hai tanto que afaste á sociedade desa chamada “cultura tradicional”.

O papel do deporte na concepción nacional: o caso do Real Club Celta de Vigo
Autoría
X.B.C.
Grao en Xornalismo
X.B.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 11:00
10.09.2024 11:00
Resumo
O fútbol é, posiblemente, a actividade máis estendida a nivel global de toda a historia da humanidade. Creado no Reino Unido no século XIX, este xogo evolucionou ata os nosos días dun xeito extraordinario a nivel social, ata o punto de establecerse como unha linguaxe internacional que traspasa fronteiras por todo o globo. Esta condición converte ao fútbol nun elemento practicamente inherente á evolución dalgunhas sociedades contemporáneas, e serve de termómetro para moitas cuestións que nos atinxen a nivel comunitario e vital. Unha desas cuestións non é outra que a xeopolítica. Malia a crecente tendencia a intentar separarmos o fútbol das cuestións políticas, o certo é que isto non é posible. O propio feito de que as competicións se organicen a nivel nacional ou internacional xa deixa claro o impacto que ten a política na conformación deste deporte, sendo a manifestación dos sentimentos nacionais un dos elementos que máis se poden apreciar nestes eventos. O fútbol non deixa de ser unha representación do sentir popular. Esta investigación parte coa idea de poder comprender como o fútbol, en tanto que fenómeno de masas, ten a capacidade para afianzar os sentimentos nacionais e de pertenza cara a un territorio ou unha comunidade determinada, concretamente analizando a capacidade que ten o Real Club Celta de Vigo con respecto a Galicia como nación. Para a súa execución, lévanse a cabo diferentes técnicas de investigación cualitativas, entre as que se inclúen entrevistas a voces autorizadas dentro da esfera social activa do club; unha revisión bibliográfica das orixes da institución e as súas conexións estruturais co galeguismo e demais cuestións políticas de interese na investigación, así como traballo de campo arredor do club, tanto a nivel institucional como a nivel comunitario.

Eu Contigo
Autoría
A.A.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.A.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
15.02.2024 11:00
15.02.2024 11:00
Resumo
Eu Contigo trátase dun conxunto de guións que conforman unha mini serie teen. Está formada polo capítulo piloto, do que elaboramos un producto audiovisual que serve como mostra do que queremos propoñer; e catro capítulos máis, dos que presentamos dous deles rematados. Eu Contigo fai que nos envolvamos nas vidas de catro protagonistas: Alba, Carmen, María e Hugo; estudantes en Santiago de Compostela. Eles mesmos móstrannos desde o seu punto de vista os problemas que viven no seu día a día e cómo eles os intentan solucionar ou cómo conviven con eles.

El cuerpo que existe más que yo. Desarrollo de una obra audiovisual alrededor del archivo personal.
Autoría
E.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
E.G.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 11:45
03.07.2024 11:45
Resumo
El cuerpo que existe más que yo é unha curta baseada no material de arquivo que reflexiona sobre as relacións e a nostalxia a través do movemento subcultural da Ruta del Bacalao. Utilizando unha liña informativa, analiza a súa historia e referentes, demostrando a vangarda e variedade artística en Valencia durante a década dos oitenta. Paralelamente, a voz narrativa articula unha segunda liña poética, que reflexiona sobre a nostalxia e as relacións líquidas na actualidade. A través da combinación de ambas, a obra crea unha perspectiva interxeracional acerca do recordo, a memoria e a súa idealización.
El cuerpo que existe más que yo é unha curta baseada no material de arquivo que reflexiona sobre as relacións e a nostalxia a través do movemento subcultural da Ruta del Bacalao. Utilizando unha liña informativa, analiza a súa historia e referentes, demostrando a vangarda e variedade artística en Valencia durante a década dos oitenta. Paralelamente, a voz narrativa articula unha segunda liña poética, que reflexiona sobre a nostalxia e as relacións líquidas na actualidade. A través da combinación de ambas, a obra crea unha perspectiva interxeracional acerca do recordo, a memoria e a súa idealización.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
Almas no Camiño: unha viaxe transmedia a través das lendas do Camiño.
Autoría
T.S.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
T.S.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 09:30
03.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado consiste nun proxecto transmedia ambientado no Camiño de Santiago e estrutúrase a partir de tres eixos: unha webserie, un podcast e un blog. O emprego das lendas e historias que habitan no Camiño de Santiago serán a base sobre a que se sustenten os tres eixos do proxecto transmedia, aportando visibilidade á Vía da Prata, unha das rutas que presenta unha menor afluencia de peregrinos. Para transmitir a historia usaránse estes tres eixos de formas distintas, adecuándonos ás características transmedia. A webserie, sendo a parte adicada ao entretemento, será o lugar no que se desenvolva a historia de forma lineal. Coa utilización do podcast daremos saída a unha parte educativa e cultural onde o oínte poderá aprender sobre o Camiño de Santiago, así como a historia dos lugares polos que transita. Por último, o blog servirá como unha versión actualizada dun caderno de bitácora unindo aos lectores coas reflexións da nosa protagonista. A través do emprego dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a natureza convertirase nunha parte esencial do proxecto.

BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Nó-las dúas: a videocreación a través da correspondencia fílmica
Autoría
C.G.F.
Grao en Comunicación Audiovisual
C.G.F.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 10:15
03.07.2024 10:15
Resumo
A orixe da correspondencia fílmica deixou unha pegada na historia da cinematografía, permitindo aos autores explorar e compartir as súas vivencias e emocións a través das súas cartas e imaxes. Nó-las dúas é un traballo que mestura a fotografía, a música e a correspondencia fílmica, establecendo un vínculo entre todas estas disciplinas artísticas: a amizade de dúas universitarias na cidade de Santiago de Compostela. Este proxecto reivindica a importancia da influencia que exercen en nós os espazos que habitamos, o benestar cunha mesma e como as lembranzas constrúen quen somos.
A orixe da correspondencia fílmica deixou unha pegada na historia da cinematografía, permitindo aos autores explorar e compartir as súas vivencias e emocións a través das súas cartas e imaxes. Nó-las dúas é un traballo que mestura a fotografía, a música e a correspondencia fílmica, establecendo un vínculo entre todas estas disciplinas artísticas: a amizade de dúas universitarias na cidade de Santiago de Compostela. Este proxecto reivindica a importancia da influencia que exercen en nós os espazos que habitamos, o benestar cunha mesma e como as lembranzas constrúen quen somos.
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Entre a ficción e o ensaio: Creación e produción da webserie Ecos dun Verán
Autoría
M.R.D.L.T.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.R.D.L.T.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 11:45
03.07.2024 11:45
Resumo
Elaboración en equipo dunha webserie que mestura ficción e ensaio, dividido en catro capítulos, así como do seu teaser e dossier. Trátase o proxecto dende a súa ideación ata a súa compleción, pasando por tódalas etapas dun proceso de creación audiovisual. A serie trata o tema da autopercepción utilizando un material de arquivo ficticio para presentar dúas versións diferentes da mesma persoa, unha delas ofrecendo unha reinterpretación deste arquivo en ton ensaístico, permitindo afondar de maneira explícita nesta temática. Cada episodio busca representar diferentes facetas da protagonista, que acaba reflexionando sobre a súa identidade.
Elaboración en equipo dunha webserie que mestura ficción e ensaio, dividido en catro capítulos, así como do seu teaser e dossier. Trátase o proxecto dende a súa ideación ata a súa compleción, pasando por tódalas etapas dun proceso de creación audiovisual. A serie trata o tema da autopercepción utilizando un material de arquivo ficticio para presentar dúas versións diferentes da mesma persoa, unha delas ofrecendo unha reinterpretación deste arquivo en ton ensaístico, permitindo afondar de maneira explícita nesta temática. Cada episodio busca representar diferentes facetas da protagonista, que acaba reflexionando sobre a súa identidade.
Dirección
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
A Verdade: Creación e produción dunha curtametraxe de ficción
Autoría
V.G.V.
Grao en Comunicación Audiovisual
V.G.V.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
20.06.2024 11:00
20.06.2024 11:00
Resumo
A día de hoxe unha das formas e entretemento máis populares é o True Crime. O Sensacionalismo e en moitos casos a falta de prácticas éticas fai que sexa un xénero complexo e digno de análise. Este traballo nace da necesitade de explorar en profundidade seus límites, aproveitando os mecanismos que ofrece par realizar unha crítica que incorpora a perspectiva de xénero e obxectivos de desenvolvemento sostíbel. Para conseguir iso, realizamos a preprodución, produción e postprodución dunha curtametraxe orixinal en formato de falso documental que ofrece un punto de vista diferente sobre o True Crime e a súa deontoloxía
A día de hoxe unha das formas e entretemento máis populares é o True Crime. O Sensacionalismo e en moitos casos a falta de prácticas éticas fai que sexa un xénero complexo e digno de análise. Este traballo nace da necesitade de explorar en profundidade seus límites, aproveitando os mecanismos que ofrece par realizar unha crítica que incorpora a perspectiva de xénero e obxectivos de desenvolvemento sostíbel. Para conseguir iso, realizamos a preprodución, produción e postprodución dunha curtametraxe orixinal en formato de falso documental que ofrece un punto de vista diferente sobre o True Crime e a súa deontoloxía
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Vogal)
A Verdade: Creación e produción dunha curtametraxe de ficción
Autoría
S.L.N.
Grao en Comunicación Audiovisual
S.L.N.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
20.06.2024 11:00
20.06.2024 11:00
Resumo
A día de hoxe unha das formas de entretemento máis populares é o True Crime. O sensacionalismo e en moitos casos a falta de prácticas éticas fai que sexa un xénero complexo e digno de análise. Este traballo nace da necesidade de explorar en profundidade seus límites, aproveitando os mecanismos que ofrece para realizar unha crítica que incorpora a perspectiva de xénero e Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel. Para conseguir iso, realizamos a preprodución, producción e postprodución dunha curtametraxe orixinal en formato de falso documental que ofrece un punto de vista diferente sobre o True Crime e a súa deontoloxía.
A día de hoxe unha das formas de entretemento máis populares é o True Crime. O sensacionalismo e en moitos casos a falta de prácticas éticas fai que sexa un xénero complexo e digno de análise. Este traballo nace da necesidade de explorar en profundidade seus límites, aproveitando os mecanismos que ofrece para realizar unha crítica que incorpora a perspectiva de xénero e Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel. Para conseguir iso, realizamos a preprodución, producción e postprodución dunha curtametraxe orixinal en formato de falso documental que ofrece un punto de vista diferente sobre o True Crime e a súa deontoloxía.
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Vogal)
Hate-watch: é realmente odio? Recepción e consumo negativo na era dixital contemporánea
Autoría
R.C.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
R.C.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 13:00
12.09.2024 13:00
Resumo
Ao longo dos últimos anos, percibiuse certa tendencia online de consumir determinados contidos a modo de burla ou para rir deles. Isto é o fenómeno que vai ser suxeito de estudo nesta investigación, o Hate-watch. Moitos críticos e estudosos realizaron investigacións arredor do que significaba ser un fan ao longo dos anos e, máis recentemente, de que significaba ser un antifan. Estes conceptos forman parte da cultura de Internet xunto a outros que tamén se converteron en moi relevantes, como é o cringe e a viralidade. Nesta investigación buscarase comprender numerosos fenómenos de Internet así como que é o que realmente dicta se es fan ou non es fan, achegándonos ao aspecto de disfrute que parece ir da man de facer Hate-watch. Este estudo realizarase dende numerosas perspectivas. Por un lado, desde a dos fan studies, quen van a asentar as bases indagando no punto de vista académico o que significa ser fan. Tamén se terá en conta a perspectiva persoal que podo aportar eu como usuario online e consumidora de Hate-watch. A seguinte perspectiva é a de público real e actual. Empregaranse tres metodoloxías, entrevistas estruturadas, enquisa online e estudo de caso para analizar posibles patróns de comportamento que os usuarios presentan. O obxectivo principal é dar a coñecer este novo modo de consumo e comprobar se está máis presente nas vidas do usuario promedio do que podemos inicialmente pensar.

Composición e uso da cámara nos videoxogos
Autoría
A.M.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.M.L.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:00
12.09.2024 18:00
Resumo
Uhna parte importante do proceso de desenvolvemento de videoxogos é aquela enfocada ó diseño da cámara virtual. Algúns títulos presentan unha composición de cámara moi cinematográfica, con certa influencia e similitude coa composición de planos que podemos ver na linguaxe audiovisual de series ou películas. Por iso, este traballo busca investigar acerca da influencia da teoría da linguaxe cinematográfica dentro do deseño e composición das cámaras dos videoxogos e cuestionar cómo de cercanas atópanse estas dúas disciplinas artísticas e culturais. Para iso, créase un marco teórico onde se recopile información relevante en materia de: composición e planificación cinematográfica, deseño de cámaras virtuais en xogos e xéneros máis relevantes dentro da industria do videoxogo. Posteriormente se selecciona una mostra dos xogos mellor valorados e enmarcados en cada xénero según a clasificación de Vandal e se analiza o uso que se fai da cámara en base a estes parámetros. Nas conclusións poderemos comprobar que a maior parte das configuracións da cámara virtual responden á necesidade de buscar eficiencia e inmersión, deixando a un segundo plano de relevancia o sentido artístico da súa composición.

O Corpiño: Preprodución, produción e posprodución dunha curtametraxe documental
Autoría
B.N.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
B.N.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
O CORPIÑO é unha curtametraxe de corte etnográfico centrada no fenómeno do Corpiño, un santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín), coñecido popularmente como santuario dos exorcismos, no que se celebra anualmente unha singular e moi concorrida romaría. A través da recompilación de testemuñas de persoas con diversos perfís: veciños, ex-ofrecidos, confrades, antropólogos, xornalistas... explora a historia e tradición tanto do santuario coma da romaría. Ademais, pon en valor o aspecto profano da festa popular e dá voz á denuncia veciñal sobre a representación mediática sensacionalista do Corpiño. O proxecto xorde dunha inquedanza persoal e convértese nunha investigación académica, co obxectivo de ofrecer, a través da creación documental, unha visión polifacética do devandito fenómeno cultural. O traballo escrito inclúe un relato detallado do proceso de creación da peza audiovisual, dende as primeiras labores de documentación e investigación ata a súa posprodución.
O CORPIÑO é unha curtametraxe de corte etnográfico centrada no fenómeno do Corpiño, un santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín), coñecido popularmente como santuario dos exorcismos, no que se celebra anualmente unha singular e moi concorrida romaría. A través da recompilación de testemuñas de persoas con diversos perfís: veciños, ex-ofrecidos, confrades, antropólogos, xornalistas... explora a historia e tradición tanto do santuario coma da romaría. Ademais, pon en valor o aspecto profano da festa popular e dá voz á denuncia veciñal sobre a representación mediática sensacionalista do Corpiño. O proxecto xorde dunha inquedanza persoal e convértese nunha investigación académica, co obxectivo de ofrecer, a través da creación documental, unha visión polifacética do devandito fenómeno cultural. O traballo escrito inclúe un relato detallado do proceso de creación da peza audiovisual, dende as primeiras labores de documentación e investigación ata a súa posprodución.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Almas no camiño
Autoría
A.F.I.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.F.I.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 09:30
03.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado consiste nun proxecto transmedia ambientado no Camiño de Santiago e estrutúrase a partir de tres eixos: unha webserie, un podcast e un blog. O empregodas lendas e historias que habitan no Camiño de Santiago serán a base sobre a que se sustenten os tres eixos do proxecto transmedia, aportando visibilidade á Vía da Prata, unha das rutas que presenta unha menor afluencia de peregrinos. Para transmitir a historia usaránse estes tres eixos de formas distintas, adecuándonos ás características transmedia. A webserie, sendo a parte adicada ao entretemento, será o lugar no que se desenvolva a historia de forma lineal. Coa utilización do podcast daremos saída a unha parte educativa e cultural onde o oínte poderá aprender sobre o Camiño de Santiago, así como a historia dos lugares polos que transita. Por último, o blog servirá como unha versión actualizada dun caderno de bitácora unindo aos lectores coas reflexións da nosa protagonista. A través do emprego dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a natureza convertirase nunha parte esencial do proxecto.

Análise da comunicación dixital dos partidos políticos
Autoría
S.P.L.
Grao en Xornalismo
S.P.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
09.09.2024 09:00
09.09.2024 09:00
Resumo
A comunicación política a través de X, Telegram e Whatsapp é unha ferramenta amplamente utilizada polos diferentes partidos políticos máis destacados e os seus correspondentes líderes. Esta investigación pretende analizar as mensaxes publicadas polos principais candidatos a través das mencionadas redes sociais e de mensaxería durante a campaña electoral correspondente aos comicios celebrados na Comunidade Autónoma de Galicia o 18 de febreiro de 2024. Así, realizamos unha análise cuantitativa e cualitativa sobre os datos que ofrecen as mensaxes emitidas nestas plataformas e as respostas que, en caso de telas, obteñen. Para complementar a investigación realizáronse diferentes entrevistas e un grupo de discusión. Algunhas das conclusións obtidas son a ausencia xeneralizada de conversación entre políticos e o resto de usuarios, ademais de corroborar a falta de uso para expoñer os programas electorais.
A comunicación política a través de X, Telegram e Whatsapp é unha ferramenta amplamente utilizada polos diferentes partidos políticos máis destacados e os seus correspondentes líderes. Esta investigación pretende analizar as mensaxes publicadas polos principais candidatos a través das mencionadas redes sociais e de mensaxería durante a campaña electoral correspondente aos comicios celebrados na Comunidade Autónoma de Galicia o 18 de febreiro de 2024. Así, realizamos unha análise cuantitativa e cualitativa sobre os datos que ofrecen as mensaxes emitidas nestas plataformas e as respostas que, en caso de telas, obteñen. Para complementar a investigación realizáronse diferentes entrevistas e un grupo de discusión. Algunhas das conclusións obtidas son a ausencia xeneralizada de conversación entre políticos e o resto de usuarios, ademais de corroborar a falta de uso para expoñer os programas electorais.
Dirección
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GARCIA OROSA, BERTA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GARCIA OROSA, BERTA (Vogal)
A cobertura periodística de sucesos: o caso de Diana Quer
Autoría
S.V.G.
Grao en Xornalismo
S.V.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 09:45
12.09.2024 09:45
Resumo
O propósito central desta investigación é analizar a cobertura periodística da desaparición de Diana Quer en A Pobra do Caramiñal abarcando o período temporal comprendido dende o momento da súa desaparición o día 22 de agosto de 2016 ata o descubrimento do seu cadáver o 31 de decembro de 2017. Para iso realizouse un estudo de caso enfocado nas versións dixitais de La Voz de Galicia e El País e un análise de contido das pezas publicadas por ambos medios. Este estudo pretende examinar como cada medio abordou o caso de Diana Quer, considerando como se cubriu o evento, que fontes se utilizaron, o enfoque temático de cada peza informativa, a frecuencia das publicacións e a posible presenza dun tratamento sensacionalista. Ao comparar as coberturas de La Voz de Galicia e El País, o análise pretende ofrecer unha visión clara das diferenzas e similutes na forma en que se tratou este suceso na prensa dixital. A importancia deste estudo radica en comprobar o tratamento que os medios de comunicación realizan ante un caso considerado de gran impacto social.

Seghadores
Autoría
A.G.F.
Grao en Xornalismo
A.G.F.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
03.07.2024 09:00
03.07.2024 09:00
Resumo
Seghadores nace coa intención de achegar unha visión diferente da Guerra Civil Española. Esta peza audiovisual narra a historia de Rogelio Arca Rivas, un mozo veciño da comarca de Cerdedo-Cotobade, que os seus 20 anos a Guerra Civil dá con el mentres residía en Madrid. Non dubidaría nin un só segundo en alistarse ás filas da CNT e a FAI, loitando en nome da liberdade do pobo español. Tres anos narrados e recolleitos no seu diario de guerra, un pequeno documento ao que, grazas a el, hoxe coñecemos a historia do señor Arca e as súas camiñadas polas terras de España desde 1936 ata 1939.

Aproximación ao estudo da conformación da opinión pública. O caso da saúde mental e o seu tratamento na prensa escrita galega
Autoría
E.M.G.
Grao en Xornalismo
E.M.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 16:00
10.09.2024 16:00
Resumo
Esta investigación desenvolveuse co obxectivo principal de determinar se os medios de comunicación xeralistas promoven o estigma relacionado coa saúde mental. Para isto, escolléronse os tres xornais máis lidos en Galicia (La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Progreso) e analizouse o contido da súa sección de sociedade durante os dous primeiros meses de 2014, 2018 e 2024. Ademais, identificáronse as temáticas máis recorrentes nas noticias, coa intención de ver cales eran as máis repetidos nos tres xornais analizados. As conclusións principais indicaron que non existe unha promoción do estigma ligado á saúde mental, aínda que se observou un tratamento escaso e pouco detallado dos trastornos mentais e outros temas relacionados.
Esta investigación desenvolveuse co obxectivo principal de determinar se os medios de comunicación xeralistas promoven o estigma relacionado coa saúde mental. Para isto, escolléronse os tres xornais máis lidos en Galicia (La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El Progreso) e analizouse o contido da súa sección de sociedade durante os dous primeiros meses de 2014, 2018 e 2024. Ademais, identificáronse as temáticas máis recorrentes nas noticias, coa intención de ver cales eran as máis repetidos nos tres xornais analizados. As conclusións principais indicaron que non existe unha promoción do estigma ligado á saúde mental, aínda que se observou un tratamento escaso e pouco detallado dos trastornos mentais e outros temas relacionados.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Rosalía, unha viaxe ao humano
Autoría
E.S.C.
Grao en Xornalismo
E.S.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
18.06.2024 09:00
18.06.2024 09:00
Resumo
A artista española Rosalía revolucionou a industria da música española nos últimos anos con tres álbums conceptuais, rompedores pola súa natureza híbrida de xéneros musicais e innovadores no panorama musical internacional. O presente traballo é un percorrido ao detalle pola esencia dos tres álbums, o traballo e a dedicación detrás da construción dunha artista desde as súas orixes e o impacto social que esta xerou. Unha reportaxe que percorre en formato cronolóxico temas como a morte e o duelo co seu primeiro álbum Los Ángeles; o amor cortés, os celos e o desamor co Mal Querer e a transformación, o xogo e a liberdade con Motomami. Para entender máis a fondo a esencia de cada un dos seus traballos e a implicación cultural que significan, preséntase un Traballo de fin de Grao cuxo formato é a reportaxe multimedia onde se realiza unha mirada humana e á vez especializada con persoas próximas en moitos casos á propia artista (músicos, titores, comunicadores) ademais de todo iso inclúense imaxes, análises musicais e estéticas, referencias aos antigos que evoca a artista. O principal obxectivo deste traballo é mostrar a calidade da obra da artista no seu conxunto, resaltar o seu grao de implicación en cada álbum conceptual e ver a evolución no seu conxunto, pois en apenas sete anos revolucionou gran parte da industria musical. Desta maneira, convídase o lector a percorrer unha viaxe a través da emoción, a disciplina e a transcendencia que a artista mostrou.

Simulación e polémica na narrativa do fútbol actual
Autoría
A.V.R.
Grao en Xornalismo
A.V.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
18.06.2024 10:00
18.06.2024 10:00
Resumo
O fútbol foi e é o deporte con mais aficionados en España. Actualmente, un sector importante do xornalismo adícase a ofrecer diariamente información e relatar os sucesos relacionados coas estrellas do balompé. Isto provoca que cando en partidos hai decisións arbitrais polémicas, así como escándalos dentro das organizacións ou dos propios clubes, as noticias alcancen unha dimensión mediática onde se converten nun tema de opinión pública. Federacións de fútbol con corruptos, cargos arbitrales recibindo sobresoldos por clubes, violencia racista nos campos... A pesar de avanzar socialmente nas últimas décadas, en España siguen vivíndose situacións aberrantes a todos os niveis do noso fútbol. O periodismo, aínda que non está a vivir unha época dourada, segue tratando a este deporte como a súa -nena bonita-, contribuíndo á relevancia social que ten a sociedade e alimentando un negocio que manexa unha cifras millonarias moi altas. Por outro lado, o intrusismo na profesión vese moi representado no gremio fútbolero, xa que en tertulias ou debates non é extraño que haxa máis membros con pasado dentro do deporte que propios periodistas. Esta situación ahonda na degradación da profesión, así como as características intrínsecas do oficio que non permite realizar un traballo sosegado debido ás necesidade demandadas polos oíntes/espectadores/lectores.

GALINDO ARRANZ, FERMIN (Titoría)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
A comunicación das tendencias de moda feminina na actualidade
Autoría
S.O.G.
Grao en Xornalismo
S.O.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 11:00
02.07.2024 11:00
Resumo
En detrimento das tradicionais revistas de moda, na era dixital actual as redes sociais constitúen un medio fundamental mediante o que se comunican e consomen as tendencias de moda. En particular, Instagram erixiuse como unha plataforma esencial na que megainfluencers e macroinfluencers desenvolven un papel clave na difusión das últimas tendencias. A comunicación de moda na actualidade deixou de lado os extensos artigos nos que se explicaba a moda e as tendencias do momento. Agora apóstase pola difusión da moda a través de carruseis de fotos e reels curtos que constitúen elementos visuais e dinámicos. Estes formatos buscan chamar a atención para cativar a unha audiencia afeita á saturación de contido dixital. No presente traballo realizarase unha análise de contido que abarcará a dez megainfluencers, dez macroinfluencers e dez tendencias. Este enfoque permitirá comparar as diferentes estratexias de comunicación levadas a cabo por ambos os tipos de influencers, ademais de recompilar datos relativos á dinámica de comunicación das tendencias na actualidade. O estudo revela significativas diferenzas no número de publicacións e tendencias compartidas polos dous tipos de influencers. Ademais, non todas as influencers consideradas ‘de moda’ adícanse activamente á comunicación desta.

Estudo comparativo da actividade de catro clubs galegos de fútbol en redes sociais
Autoría
M.C.L.
Grao en Xornalismo
M.C.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 18:00
10.09.2024 18:00
Resumo
As redes sociais xurdiron como as vías de comunicación máis populares. Isto non pasou inadvertido para os clubs de fútbol, que centran as súas estratexias comunicativas nestas plataformas. Este estudo analiza como empregan estas canles os catro clubs de fútbol galegos con máis repercusión en Internet: R.C. Celta de Vigo, Deportivo de La Coruña, Racing Club de Ferrol e C.D. Lugo. A mostra total é de máis de 3.700 publicacións nos seus perfís de X, Facebook, Instagram, YouTube e TikTok. Analizáronse diversas métricas e os formatos empregados co obxectivo de coñecer que institucións manexan mellor estas redes e cal é a forma idónea para publicar en cada unha. Tamén se fixeron entrevistas aos xestores das redes destes clubs. Os resultados amosan unha aposta clara polos contidos visuais, potenciando a imaxe e o vídeo. X é a plataforma con maior intensidade de publicacións e Instagram, a que máis interaccións xera. O Celta é o club que mellor medio de interaccións por publicación ten, o Dépor destaca polos resultados máis consistentes en todas as redes, mentres que o C.D. Lugo amosa os datos máis pobres. As entrevistas confirman que os clubs promoven unha defensa da cultura valores galegos.

RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Elaboración dun proxecto audiovisual de non ficción: o proceso de creación de Testemuñas dunha illa
Autoría
G.A.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
G.A.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
Traballo de Fin de Grao baseado na creación dunha obra audiovisual en galego, concretamente unha peza de non ficción. Trátase dun documental protagonizado polos habitantes da Illa de Arousa que relatan as súas vivencias en relación coa construción da súa ponte no ano 1985. Unha efeméride da que se conmemorará no ano 2025 o seu 40 aniversario. O obxectivo desta produción audiovisual é recoller e plasmar a historia e memorias da terra galega, neste caso centrándonos na Illa e a súa evolución, e así difundir o coñecemento da cultura e da vida costeira en Galicia. As principais vías de difusión serían redes sociais e festivais, e ademais, con motivo do 40 aniversario, o Concello podería estar interesado na nosa obra como ferramenta para dar a coñecer a súa historia.
Traballo de Fin de Grao baseado na creación dunha obra audiovisual en galego, concretamente unha peza de non ficción. Trátase dun documental protagonizado polos habitantes da Illa de Arousa que relatan as súas vivencias en relación coa construción da súa ponte no ano 1985. Unha efeméride da que se conmemorará no ano 2025 o seu 40 aniversario. O obxectivo desta produción audiovisual é recoller e plasmar a historia e memorias da terra galega, neste caso centrándonos na Illa e a súa evolución, e así difundir o coñecemento da cultura e da vida costeira en Galicia. As principais vías de difusión serían redes sociais e festivais, e ademais, con motivo do 40 aniversario, o Concello podería estar interesado na nosa obra como ferramenta para dar a coñecer a súa historia.
Dirección
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Creación dun concepto visual para o deseño artístico dunha longametraxe onírica experimental.
Autoría
J.F.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
J.F.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 10:15
03.07.2024 10:15
Resumo
No Traballo de Fin de Grao (TFG), co título Creación dun concepto visual para o deseño artístico dunha longametraxe onírica experimental, lévase a cabo a elaboración dun dossier artístico sobre unha película orientada á figura de drag queen nun entorno ficticio e onírico. Nesta proposta artística, atópanse todas as áreas que existen á hora de tratar esta disciplina, desde o vestiario ata a escenografía, pasando pola maquillaxe e perruquería. Trátase dun enfoque totalmente novo e innovador baseado no transcurso de accións situadas nun espazo fantástico onde se poden crear cousas moi diferentes ó que se ve na vida real: o que non se pode ver de xeito material e está só no imaxinario popular pode ter infinitas interpretacións, por iso, a creatividade non concibe ningún tipo de límite neste proxecto. Ó longo deste documento, pódense ver as propostas para todas as disciplinas implicadas na dirección de arte, onde cada unha delas está directamente vinculada coa anterior e coa seguinte, creando deste xeito un conxunto cohesionado e coherente.
No Traballo de Fin de Grao (TFG), co título Creación dun concepto visual para o deseño artístico dunha longametraxe onírica experimental, lévase a cabo a elaboración dun dossier artístico sobre unha película orientada á figura de drag queen nun entorno ficticio e onírico. Nesta proposta artística, atópanse todas as áreas que existen á hora de tratar esta disciplina, desde o vestiario ata a escenografía, pasando pola maquillaxe e perruquería. Trátase dun enfoque totalmente novo e innovador baseado no transcurso de accións situadas nun espazo fantástico onde se poden crear cousas moi diferentes ó que se ve na vida real: o que non se pode ver de xeito material e está só no imaxinario popular pode ter infinitas interpretacións, por iso, a creatividade non concibe ningún tipo de límite neste proxecto. Ó longo deste documento, pódense ver as propostas para todas as disciplinas implicadas na dirección de arte, onde cada unha delas está directamente vinculada coa anterior e coa seguinte, creando deste xeito un conxunto cohesionado e coherente.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
Lopez Gomez, Antia Maria (Vogal)
Creación dunha revista como produto transmedia
Autoría
E.C.R.
Grao en Comunicación Audiovisual
E.C.R.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:45
12.09.2024 18:45
Resumo
Pulso Magazine é unha revista que funciona coma un produto transmedia que emprega diversas plataformas dixitais e redes sociais para estender o seu contido e ampliar a experiencia do público. A continuación analizarase toda a investigación previa para a realización deste produto, profundizando na definición e no alcance do concepto transmedia, da natureza das revistas e da súa evolución social e cultural. Analízanse ademais os conceptos de xornalista cultural, contracultura, medios sociais e a súa dixitalización, creación de fanzines e o seu impacto na actualidade. O estudo aborda estes elementos todos e como contribuíron ao auxe dos produtos transmedia dixitais e á creación de comunidades no entorno dixital contemporáneo.
Pulso Magazine é unha revista que funciona coma un produto transmedia que emprega diversas plataformas dixitais e redes sociais para estender o seu contido e ampliar a experiencia do público. A continuación analizarase toda a investigación previa para a realización deste produto, profundizando na definición e no alcance do concepto transmedia, da natureza das revistas e da súa evolución social e cultural. Analízanse ademais os conceptos de xornalista cultural, contracultura, medios sociais e a súa dixitalización, creación de fanzines e o seu impacto na actualidade. O estudo aborda estes elementos todos e como contribuíron ao auxe dos produtos transmedia dixitais e á creación de comunidades no entorno dixital contemporáneo.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Memoria da curtametraxe Entre contos e realidades
Autoría
A.S.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.S.P.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 11:00
03.07.2024 11:00
Resumo
Entre contos e realidades preséntase como unha curtametraxe de non ficción que emprega o material doméstico recollido polos meus pais como punto de partida para profundizar sobre as infancias de persoas pertencentes ao colectivo LGBTIQ. Desde a propia experiencia persoal, combinada coa testemuña doutras persoas, reflexiona sobre termos como “saír do armario”, a identidade, as relacións familiares dentro destas situacións e a propia autoaceptación contraria a estereotipos herdados dende a infancia e vixentes na actualidade. Establece unha visión crítica aos diferentes aspectos que rodean estas infancias, desde o entorno familiar ata o propio colectivo. Empregando un ton íntimo e cunha estética semellante á dun conto, este ensaio fílmico pretende destacar a inocencia e vulnerabilidade presente na infancia de calquera persoa, sen ser as persoas do colectivo unha excepción disto. O traballo escrito inclúe o marco teórico da peza, a memoria cos procesos e decisións artísticas e técnicas e unha proposta de distribución da peza.

O mar é o meu chan: curtametraxe documental sobre os inicios do surf en Galicia.
Autoría
J.V.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
J.V.G.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 16:30
12.09.2024 16:30
Resumo
O mar é o meu chan é unha curtametraxe documental que nace co obxectivo de recuperar e difundir a memoria colectiva do grupo de pioneiros do surf da cidade da Coruña. O descubrimento de novas rompentes, a creación do primeiro taller de táboas de Galicia e a constitución dunha comunidade entorno ao surf forman parte do legado que este grupo nos deixou aos surfistas actuais. A través dos seus testemuños e de material de arquivo fotográfico e audiovisual, O mar é o meu chan narra os dez primeiros anos do surf na Coruña. O presente traballo recolle os obxectivos e xustificación da peza, un marco teórico e a memoria do proceso de elaboración do documental.
O mar é o meu chan é unha curtametraxe documental que nace co obxectivo de recuperar e difundir a memoria colectiva do grupo de pioneiros do surf da cidade da Coruña. O descubrimento de novas rompentes, a creación do primeiro taller de táboas de Galicia e a constitución dunha comunidade entorno ao surf forman parte do legado que este grupo nos deixou aos surfistas actuais. A través dos seus testemuños e de material de arquivo fotográfico e audiovisual, O mar é o meu chan narra os dez primeiros anos do surf na Coruña. O presente traballo recolle os obxectivos e xustificación da peza, un marco teórico e a memoria do proceso de elaboración do documental.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
O Corpiño: Preprodución, produción e posprodución dunha curtametraxe documental
Autoría
A.R.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
A.R.M.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 17:15
12.09.2024 17:15
Resumo
O CORPIÑO é unha curtametraxe de corte etnográfico centrada no fenómeno do Corpiño, un santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín), coñecido popularmente como santuario dos exorcismos, no que se celebra anualmente unha singular e moi concorrida romaría. A través da recompilación de testemuñas de persoas con diversos perfís: veciños, ex-ofrecidos, confrades, antropólogos, xornalistas... explora a historia e tradición tanto do santuario coma da romaría. Ademais, pon en valor o aspecto profano da festa popular e dá voz á denuncia veciñal sobre a representación mediática sensacionalista do Corpiño. O proxecto xorde dunha inquedanza persoal e convértese nunha investigación académica, co obxectivo de ofrecer, a través da creación documental, unha visión polifacética do devandito fenómeno cultural. O traballo escrito inclúe un relato detallado do proceso de creación da peza audiovisual, dende as primeiras labores de documentación e investigación ata a súa posprodución.
O CORPIÑO é unha curtametraxe de corte etnográfico centrada no fenómeno do Corpiño, un santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín), coñecido popularmente como santuario dos exorcismos, no que se celebra anualmente unha singular e moi concorrida romaría. A través da recompilación de testemuñas de persoas con diversos perfís: veciños, ex-ofrecidos, confrades, antropólogos, xornalistas... explora a historia e tradición tanto do santuario coma da romaría. Ademais, pon en valor o aspecto profano da festa popular e dá voz á denuncia veciñal sobre a representación mediática sensacionalista do Corpiño. O proxecto xorde dunha inquedanza persoal e convértese nunha investigación académica, co obxectivo de ofrecer, a través da creación documental, unha visión polifacética do devandito fenómeno cultural. O traballo escrito inclúe un relato detallado do proceso de creación da peza audiovisual, dende as primeiras labores de documentación e investigación ata a súa posprodución.
Dirección
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Titoría)
Tribunal
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
PEREZ PEREIRO, MARTA (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
O fenómeno I’m just a girl: esencialismo de xénero e incitación ao consumo en redes sociais
Autoría
M.P.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
M.P.A.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 16:30
12.09.2024 16:30
Resumo
Ao longo dos últimos anos creceu de forma visible na rede a inclinación a falar da experiencia feminina. Tanto coa intención de crear etiquetas nas que encaixar diferentes tendencias de consumo disfrazadas de diferentes tipos de chica como coa de establecer que é o que realmente define a identidade feminina, centos de enunciados e trends que orbitan ao redor destas ideas invadiron as redes sociais. Este traballo nace da intención de identificar os atributos que caracterizan este fenómeno e de verificar que a hiperfeminidade e a concepción tradicional da experiencia feminina teñen moita influencia nos discursos hoxe en día hexemónicos sobre a identidade feminina. A través da análise cualitativa e cuantitativa de contidos asociados ao fenómeno coñecido como girl internet, e apoiándose nas tradicións dos estudos culturais e de xénero, este texto busca evidenciar que eses discursos chegan á súa audiencia, en moitas ocasións, de forma velada da man da incitación ao consumo capitalista.
Ao longo dos últimos anos creceu de forma visible na rede a inclinación a falar da experiencia feminina. Tanto coa intención de crear etiquetas nas que encaixar diferentes tendencias de consumo disfrazadas de diferentes tipos de chica como coa de establecer que é o que realmente define a identidade feminina, centos de enunciados e trends que orbitan ao redor destas ideas invadiron as redes sociais. Este traballo nace da intención de identificar os atributos que caracterizan este fenómeno e de verificar que a hiperfeminidade e a concepción tradicional da experiencia feminina teñen moita influencia nos discursos hoxe en día hexemónicos sobre a identidade feminina. A través da análise cualitativa e cuantitativa de contidos asociados ao fenómeno coñecido como girl internet, e apoiándose nas tradicións dos estudos culturais e de xénero, este texto busca evidenciar que eses discursos chegan á súa audiencia, en moitas ocasións, de forma velada da man da incitación ao consumo capitalista.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Presidente/a)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Secretario/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)
Almas no Camiño: unha viaxe transmedia a través das lendas do Camiño.
Autoría
L.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
L.M.C.
Grao en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
03.07.2024 09:30
03.07.2024 09:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grado consiste nun proxecto transmedia ambientado no Camiño de Santiago e estrutúrase a partir de tres eixos: unha webserie, un podcast e un blog. O emprego das lendas e historias que habitan no Camiño de Santiago serán a base sobre a que se sustenten os tres eixos do proxecto transmedia, aportando visibilidade á Vía da Prata, unha das rutas que presenta unha menor afluencia de peregrinos. Para transmitir a historia usaránse estes tres eixos de formas distintas, adecuándonos ás características transmedia. A webserie, sendo a parte adicada ao entretemento, será o lugar no que se desenvolva a historia de forma lineal. Coa utilización do podcast daremos saída a unha parte educativa e cultural onde o oínte poderá aprender sobre o Camiño de Santiago, así como a historia dos lugares polos que transita. Por último, o blog servirá como unha versión actualizada dun caderno de bitácora unindo aos lectores coas reflexións da nosa protagonista. A través do emprego dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a natureza convertirase nunha parte esencial do proxecto.
O presente Traballo de Fin de Grado consiste nun proxecto transmedia ambientado no Camiño de Santiago e estrutúrase a partir de tres eixos: unha webserie, un podcast e un blog. O emprego das lendas e historias que habitan no Camiño de Santiago serán a base sobre a que se sustenten os tres eixos do proxecto transmedia, aportando visibilidade á Vía da Prata, unha das rutas que presenta unha menor afluencia de peregrinos. Para transmitir a historia usaránse estes tres eixos de formas distintas, adecuándonos ás características transmedia. A webserie, sendo a parte adicada ao entretemento, será o lugar no que se desenvolva a historia de forma lineal. Coa utilización do podcast daremos saída a unha parte educativa e cultural onde o oínte poderá aprender sobre o Camiño de Santiago, así como a historia dos lugares polos que transita. Por último, o blog servirá como unha versión actualizada dun caderno de bitácora unindo aos lectores coas reflexións da nosa protagonista. A través do emprego dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) a natureza convertirase nunha parte esencial do proxecto.
Dirección
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
RODRIGUEZ CASTRO, MARTA (Titoría)
Tribunal
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Castello Mayo, Enrique (Presidente/a)
BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
Fantasía e o demais: unha reportaxe multimedia sobre a cultura drag en Galicia
Autoría
P.H.P.
Grao en Xornalismo
P.H.P.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
03.07.2024 09:30
03.07.2024 09:30
Resumo
Fantasía e o demais é unha reportaxe multimedia que busca dar a coñecer a cultura drag en Galicia, un formato e unha temática pouco explotadas polos medios de comunicación. O relato abarca desde as orixes da disciplina a nivel mundial, pasando polo contexto español ata chegar ao galego, aínda nunha situación de descoñecemento, minorización e prexuízos pese ao éxito actual noutros lugares. A través de sete protagonistas que viven de primeira man o panorama descóbrense en profundidade as problemáticas existentes e as distintas propostas que se levan a cabo, á vez que se ofrece un retrato cercano e natural do presente e o futuro do drag galego.
Fantasía e o demais é unha reportaxe multimedia que busca dar a coñecer a cultura drag en Galicia, un formato e unha temática pouco explotadas polos medios de comunicación. O relato abarca desde as orixes da disciplina a nivel mundial, pasando polo contexto español ata chegar ao galego, aínda nunha situación de descoñecemento, minorización e prexuízos pese ao éxito actual noutros lugares. A través de sete protagonistas que viven de primeira man o panorama descóbrense en profundidade as problemáticas existentes e as distintas propostas que se levan a cabo, á vez que se ofrece un retrato cercano e natural do presente e o futuro do drag galego.
Dirección
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Análise da cobertura das eleccións xerais españolas do 23X nos medios de comunicación do Reino Unido
Autoría
N.M.A.L.
Grao en Xornalismo
N.M.A.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 11:45
25.06.2024 11:45
Resumo
O seguinte traballo ten como principal obxectivo estudar a cobertura mediática británica do proceso electoral español do 23X. Para iso, levouse a cabo unha investigación cuantitativa baseada na técnica do análise de contido aplicada ás pezas periodísticas vencelladas cos comicios e o posterior proceso de formación de gobernó publicadas nas páxinas web de The Times, The Guardian, The Telegraph e a BBC. As variables empregadas baseáronse na cuantificación de parámetros como o volumen de pezas publicadas, a súa dispersión no tempo, o seu xénero, temática e a potencial condición de freelance, corresponsal ou enviado especial dos seus autores. Asimesmo, establecéronse unha serie de parámetros inspirados nas tendencias da cobertura electoral británica observadas por Deacon e Harmer (2019): personalización, presidencialización, negatividad e framing. Os resultados da análise evidencian, entre outros factores, ínfimos niveis de personalización no enfoque xeral das pezas analizadas, un alto grao de presidencialización centrado nas figuras de Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feijóo como representantes do Goberno e a oposición, unha taxa de negatividade do 85% nas publicación pertencentes á mostra e unha clara prevalencia do encuadre de xogo estratéxico sobre o temático.

TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
El silencio de la locura: Unha reportaxe multimedia sobre a historia do antigo sanatorio psiquiátrico de Toén (Ourense)
Autoría
A.M.G.S.
Grao en Xornalismo
A.M.G.S.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
03.07.2024 10:15
03.07.2024 10:15
Resumo
'El silencio de la locura' é unha reportaxe multimedia sobre a historia do antigo psiquiátrico de Toén (Ourense). O produto céntrase en relatar o pasado, presente e futuro dun sanatorio que chegou a converterse nunha referencia a nivel nacional. Tras innumerables saqueos y dez anos en ruinas os seus plan máis inmediatos básanse en converterse nun centro de referencia de formación en innovación de incendios forestais a nivel europeo. Neste proxecto realízase un percorrido pola evolución da psiquiatría, do tratamento dos pacientes e do estigma social que sofren as enfermidades mentais dende que hai recordo.
'El silencio de la locura' é unha reportaxe multimedia sobre a historia do antigo psiquiátrico de Toén (Ourense). O produto céntrase en relatar o pasado, presente e futuro dun sanatorio que chegou a converterse nunha referencia a nivel nacional. Tras innumerables saqueos y dez anos en ruinas os seus plan máis inmediatos básanse en converterse nun centro de referencia de formación en innovación de incendios forestais a nivel europeo. Neste proxecto realízase un percorrido pola evolución da psiquiatría, do tratamento dos pacientes e do estigma social que sofren as enfermidades mentais dende que hai recordo.
Dirección
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Análise da evolución da cobertura mediática en casos de desaparición e asasinato: Estudo dos dereitos de personalidade vs. o dereito á información nos casos das mozas de Alcàsser e as irmáns Anna e Olivia
Autoría
G.F.N.
Grao en Xornalismo
G.F.N.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 11:00
25.06.2024 11:00
Resumo
O tratamento informativo en casos de desaparición e asasinato é un tema que, dentro do xornalismo, xera un gran debate sobre como levalo a cabo. Como é natural, non sempre se cubriron da mesma maneira este tipo de acontecementos, polo que, neste Traballo de Fin de Grao, unha das principais cuestións que se vai tratar é como evolucionou a cobertura mediática neste tipo de sucesos. Para isto, optouse por escoller un dos casos máis emblemáticos da historia da prensa, sendo este o das nenas de Alcàsser (1992), e outro que consternou a toda unha sociedade, o das irmáns Anna e Olivia. Á súa vez, a outra cuestión relevante que concirne a este traballo son os dereitos da personalidade e o dereito á información recollidos como dereitos fundamentais na Constitución española. Estudiarase e avaliarase como os medios respectaron ou violaron ditas normas, abordando tamén a ética xornalística.

AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
AMMERMAN YEBRA, JULIA (Titoría)
Tribunal
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Presidente/a)
FERNANDEZ LOMBAO, TANIA (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
Reportaxe multimedia: A memoria histórica en Boimorto
Autoría
M.A.B.T.
Grao en Xornalismo
M.A.B.T.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 09:45
10.09.2024 09:45
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG), que leva por nome Reportaxe multimedia: A memoria histórica en Boimorto, amosa a importancia do xornalismo na labor de conservación e difusión da memoria histórica. Mediante a realización dunha reportaxe multimedia titulada Morreu o boi, non a memoria, dáselle visibilidade a un dos milleiros de casos de represión durante a Guerra Civil. En Galicia o período de conflito tivo características distintas respecto ao resto do Estado, non existiu enfrontamento directo senón que a opresión se exerceu doutro xeito, na meirande parte dos casos mediante paseos. O eixo central da reportaxe é o acontecido con doce homes represaliados en Boimorto, o municipio coruñés con máis concelleiros asasinados. A través das lembranzas dos familiares, dos datos oficiais da época, de investigacións académicas posteriores, etc. reconstrúese o acontecido, procurase un por que e dignifícase a memoria das vítimas. En conclusión, este traballo porá en valor a responsabilidade social da profesión ademais de contribuír ao coñecemento sobre a relevancia do pasado nun presente.
O presente Traballo de Fin de Grao (TFG), que leva por nome Reportaxe multimedia: A memoria histórica en Boimorto, amosa a importancia do xornalismo na labor de conservación e difusión da memoria histórica. Mediante a realización dunha reportaxe multimedia titulada Morreu o boi, non a memoria, dáselle visibilidade a un dos milleiros de casos de represión durante a Guerra Civil. En Galicia o período de conflito tivo características distintas respecto ao resto do Estado, non existiu enfrontamento directo senón que a opresión se exerceu doutro xeito, na meirande parte dos casos mediante paseos. O eixo central da reportaxe é o acontecido con doce homes represaliados en Boimorto, o municipio coruñés con máis concelleiros asasinados. A través das lembranzas dos familiares, dos datos oficiais da época, de investigacións académicas posteriores, etc. reconstrúese o acontecido, procurase un por que e dignifícase a memoria das vítimas. En conclusión, este traballo porá en valor a responsabilidade social da profesión ademais de contribuír ao coñecemento sobre a relevancia do pasado nun presente.
Dirección
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Estudo comparativo da actividade de catro clubs galegos de fútbol en redes sociais
Autoría
A.L.B.
Grao en Xornalismo
A.L.B.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 18:00
10.09.2024 18:00
Resumo
As redes sociais xurdiron como as vías de comunicación máis populares. Isto non pasou inadvertido para os clubs de fútbol, que centran as súas estratexias comunicativas nestas plataformas. Este estudo analiza como empregan estas canles os catro clubs de fútbol galegos con máis repercusión en Internet: R.C. Celta de Vigo, Deportivo de La Coruña, Racing Club de Ferrol e C.D. Lugo. A mostra total é de máis de 3.700 publicacións nos seus perfís de X, Facebook, Instagram, YouTube e TikTok. Analizáronse diversas métricas e os formatos empregados co obxectivo de coñecer que institucións manexan mellor estas redes e cal é a forma idónea para publicar en cada unha. Tamén se fixeron entrevistas aos xestores das redes destes clubs. Os resultados amosan unha aposta clara polos contidos visuais, potenciando a imaxe e o vídeo. X é a plataforma con maior intensidade de publicacións e Instagram, a que máis interaccións xera. O Celta é o club que mellor medio de interaccións por publicación ten, o Dépor destaca polos resultados máis consistentes en todas as redes, mentres que o C.D. Lugo amosa os datos máis pobres. As entrevistas confirman que os clubs promoven unha defensa da cultura valores galegos.
As redes sociais xurdiron como as vías de comunicación máis populares. Isto non pasou inadvertido para os clubs de fútbol, que centran as súas estratexias comunicativas nestas plataformas. Este estudo analiza como empregan estas canles os catro clubs de fútbol galegos con máis repercusión en Internet: R.C. Celta de Vigo, Deportivo de La Coruña, Racing Club de Ferrol e C.D. Lugo. A mostra total é de máis de 3.700 publicacións nos seus perfís de X, Facebook, Instagram, YouTube e TikTok. Analizáronse diversas métricas e os formatos empregados co obxectivo de coñecer que institucións manexan mellor estas redes e cal é a forma idónea para publicar en cada unha. Tamén se fixeron entrevistas aos xestores das redes destes clubs. Os resultados amosan unha aposta clara polos contidos visuais, potenciando a imaxe e o vídeo. X é a plataforma con maior intensidade de publicacións e Instagram, a que máis interaccións xera. O Celta é o club que mellor medio de interaccións por publicación ten, o Dépor destaca polos resultados máis consistentes en todas as redes, mentres que o C.D. Lugo amosa os datos máis pobres. As entrevistas confirman que os clubs promoven unha defensa da cultura valores galegos.
Dirección
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
A influencia da Teoría feminista las Políticas Públicas de Igualdade na Galicia Contemporánea
Autoría
R.B.G.
Grao en Xornalismo
R.B.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.06.2024 11:30
19.06.2024 11:30
Resumo
O obxecto deste traballo é observar como a teoría feminista da historia recente e os prexuízos de xénero influíron na implantación das políticas públicas de Igualdade en Galicia. Para iso, realizouse unha revisión da evolución das reivindicacións feministas históricas, tendo en conta o contexto social no que se produciron, un estudo da evolución do papel da muller no ámbito público, desde o seu control social e político, ata a consecución da Igualdade dende o androcentrismo. Trátase de comprender os puntos de partida e os eixos fundamentais para a consecución da igualdade de xénero na actualidade, así como as condicións socioculturais que sesgan e inflúen na toma de decisións dos actores. Como a desigualdade de clases, o contexto educativo, social e xeográfico nas reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres. Tamén se estudará a construción da muller como suxeito político nun ámbito creado por e para os homes, así como os retos que isto supón na procura de equidade e modelos de referencia.
O obxecto deste traballo é observar como a teoría feminista da historia recente e os prexuízos de xénero influíron na implantación das políticas públicas de Igualdade en Galicia. Para iso, realizouse unha revisión da evolución das reivindicacións feministas históricas, tendo en conta o contexto social no que se produciron, un estudo da evolución do papel da muller no ámbito público, desde o seu control social e político, ata a consecución da Igualdade dende o androcentrismo. Trátase de comprender os puntos de partida e os eixos fundamentais para a consecución da igualdade de xénero na actualidade, así como as condicións socioculturais que sesgan e inflúen na toma de decisións dos actores. Como a desigualdade de clases, o contexto educativo, social e xeográfico nas reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres. Tamén se estudará a construción da muller como suxeito político nun ámbito creado por e para os homes, así como os retos que isto supón na procura de equidade e modelos de referencia.
Dirección
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
Proxecto: creación dunha revista de moda e lifestyle de ámbito autonómico
Autoría
L.F.C.
Grao en Xornalismo
L.F.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 18:45
10.09.2024 18:45
Resumo
No presente Traballo de Fin de Grao atopamos o proceso de creación dunha revista de moda e lifestyle impresa e de ámbito autonómico, desde a idea ata a materialización da mesma. Pártese dunha investigación previa sobre o deseño editorial e faise un repaso histórico polas revistas desta temática, abarcando a presenza destas publicacións na comunidade galega actualmente. O primeiro número de BRINKO é froito deste proxecto. A primeira revista impresa en galego, que pretende ser unha ventá para a industria da moda e da arte existente en Galicia, con especial foco nos novos creadores. Entrevistas, editoriais fotográficas, artigos de opinión e, en xeral, contidos de análise e en profundidade sobre a escena cultural emerxente, enchen as páxinas desta nova publicación independente.

QUIAN PAMPIN, ALBERTO Cotitoría
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO Cotitoría
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Percepción da Opinión Pública sobre a Intelixencia Artificial: Análise dos Discursos Elaborados nos Medios de Comunicación
Autoría
L.O.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
L.O.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
05.02.2024 09:00
05.02.2024 09:00
Resumo
Desde que se acuñou en 1956 na conferencia de Dartmouth, o termo «intelixencia artificial» está a ser obxecto de múltiples definicións. Podería sintetizarse como a capacidade das máquinas para realizar tarefas que antes só podía executar a mente humana (Boden, 2017). Ata o momento, o corpus bibliográfico que aborda o estudo da intelixencia artificial aplicada á comunicación centrouse na automatización na elaboración de noticias, nos procesos de documentación, produción e distribución de información e no uso desta tecnoloxía para evitar a desinformación. En cambio, hai poucos estudos enfocados na cobertura mediática da intelixencia artificial, fóra das primeiras aproximacións presentadas por De Lara (2022). Dado que os discursos elaborados polos medios de comunicación ao redor desta nova tecnoloxía son un factor chave na configuración das apreciacións da masa social, o propósito desta investigación é elaborar un estudo baseado nunha análise de contido da axenda mediática española complementado con entrevistas en profundidade a expertos e xornalistas e grupos de discusión con estudantes para determinar as potencialidades e puntos débiles desta cobertura.
Desde que se acuñou en 1956 na conferencia de Dartmouth, o termo «intelixencia artificial» está a ser obxecto de múltiples definicións. Podería sintetizarse como a capacidade das máquinas para realizar tarefas que antes só podía executar a mente humana (Boden, 2017). Ata o momento, o corpus bibliográfico que aborda o estudo da intelixencia artificial aplicada á comunicación centrouse na automatización na elaboración de noticias, nos procesos de documentación, produción e distribución de información e no uso desta tecnoloxía para evitar a desinformación. En cambio, hai poucos estudos enfocados na cobertura mediática da intelixencia artificial, fóra das primeiras aproximacións presentadas por De Lara (2022). Dado que os discursos elaborados polos medios de comunicación ao redor desta nova tecnoloxía son un factor chave na configuración das apreciacións da masa social, o propósito desta investigación é elaborar un estudo baseado nunha análise de contido da axenda mediática española complementado con entrevistas en profundidade a expertos e xornalistas e grupos de discusión con estudantes para determinar as potencialidades e puntos débiles desta cobertura.
Dirección
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GARCIA OROSA, BERTA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GARCIA OROSA, BERTA (Vogal)
Desenvolvemento dunha obra audiovisual sobre a evolución do rural a través de arquivo fotográfico
Autoría
C.A.F.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
C.A.F.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
02.07.2024 11:45
02.07.2024 11:45
Resumo
Que historias gardan as fotografías que sacaban os nosos avós? Como era a vida nos lugares que retrataban? A través destas premisas nace o proxecto Ciudá de ladrillo, unha curtametraxe documental que ten como obxectivo comparar o pasado na aldea ourensá de Pieles a través das fotografías e recordos das súas veciñas, á vez que se realiza un retrato da despoboación no rural galego. O paso do tempo maniféstase nas persoas e nas súas lembranzas, pero tamén nas pedras que constrúen cada lugar. A través do arquivo podemos achegarnos a tempos pasados, de aí a importancia de coñecelo, conservalo e preservalo. É por iso que, partindo da realización da peza, se inclúe unha revisión bibliográfica sobre o valor da fotografía familiar e o arquivo persoal, moitas veces esquecido e desatendido, así como as posibilidades que ten este tipo de material á hora de ser reutilizado para a creación de novas pezas audiovisuais.
Que historias gardan as fotografías que sacaban os nosos avós? Como era a vida nos lugares que retrataban? A través destas premisas nace o proxecto Ciudá de ladrillo, unha curtametraxe documental que ten como obxectivo comparar o pasado na aldea ourensá de Pieles a través das fotografías e recordos das súas veciñas, á vez que se realiza un retrato da despoboación no rural galego. O paso do tempo maniféstase nas persoas e nas súas lembranzas, pero tamén nas pedras que constrúen cada lugar. A través do arquivo podemos achegarnos a tempos pasados, de aí a importancia de coñecelo, conservalo e preservalo. É por iso que, partindo da realización da peza, se inclúe unha revisión bibliográfica sobre o valor da fotografía familiar e o arquivo persoal, moitas veces esquecido e desatendido, así como as posibilidades que ten este tipo de material á hora de ser reutilizado para a creación de novas pezas audiovisuais.
Dirección
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Casas García, Hermenegildo José (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Casas García, Hermenegildo José (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Tratamento da política local nos medios de comunicación de Chantada no 2023
Autoría
E.R.A.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
E.R.A.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
05.07.2024 13:00
05.07.2024 13:00
Resumo
Este traballo de investigación ten como obxectivo indagar no tratamento informativo da política local que se fai nos medios de comunicación que cobren a localidade chantadina e a súa vida política. Para iso, o período de estudo analizado comprende dúas etapas diferenciadas no devir político, por unha parte a comunicación en período preelectoral (dende o 17 de febreiro, cen días antes das eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023) e así mesmo, en período non electoral, tomando para o análise deste caso o tratamento dos medios durante os meses de novembro e decembro do mesmo ano, 2023. Este traballo pretende, pois, analizar a presenza dos partidos políticos, tanto a nivel de representación institucional como de acción de goberno ou política local, nos diferentes medios que cobren a información de Chantada (Lugo), lugar onde se centra a investigación. O obxectivo é estudar as relacións entre forzas políticas e a súa representación nos medios.
Este traballo de investigación ten como obxectivo indagar no tratamento informativo da política local que se fai nos medios de comunicación que cobren a localidade chantadina e a súa vida política. Para iso, o período de estudo analizado comprende dúas etapas diferenciadas no devir político, por unha parte a comunicación en período preelectoral (dende o 17 de febreiro, cen días antes das eleccións municipais celebradas o 28 de maio de 2023) e así mesmo, en período non electoral, tomando para o análise deste caso o tratamento dos medios durante os meses de novembro e decembro do mesmo ano, 2023. Este traballo pretende, pois, analizar a presenza dos partidos políticos, tanto a nivel de representación institucional como de acción de goberno ou política local, nos diferentes medios que cobren a información de Chantada (Lugo), lugar onde se centra a investigación. O obxectivo é estudar as relacións entre forzas políticas e a súa representación nos medios.
Dirección
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Vogal)
Elaboración dun videoclip, promoción en redes sociais e creación dun evento de presentación con realidade aumentada en forma de videomapping
Autoría
M.V.L.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
M.V.L.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
21.06.2024 12:30
21.06.2024 12:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao consiste na produción do videoclip do tema ‘Se rompe’ (2024), canción dos artistas Rodriterrible e Dreea, cunha estratexia de promoción centrada nas redes sociais, sobre todo en TikTok e Instagram, e a presentación oficial do videoclip nun evento ao estilo dunha listening party, que inclúe un videomapping para expandir a experiencia narrativa de ‘Se rompe’. A memoria amosa o proceso completo de produción deste vídeo musical, cos detalles e complicacións que xurdiron durante o seu desenvolvemento. Explica os conceptos principais deste traballo, senta unhas bases teóricas para entender o contido, aporta as referencias que se empregaron e describe todas as tarefas realizadas para levar a término o videoclip, a súa estratexia de redes e o videomapping.
Este Traballo de Fin de Grao consiste na produción do videoclip do tema ‘Se rompe’ (2024), canción dos artistas Rodriterrible e Dreea, cunha estratexia de promoción centrada nas redes sociais, sobre todo en TikTok e Instagram, e a presentación oficial do videoclip nun evento ao estilo dunha listening party, que inclúe un videomapping para expandir a experiencia narrativa de ‘Se rompe’. A memoria amosa o proceso completo de produción deste vídeo musical, cos detalles e complicacións que xurdiron durante o seu desenvolvemento. Explica os conceptos principais deste traballo, senta unhas bases teóricas para entender o contido, aporta as referencias que se empregaron e describe todas as tarefas realizadas para levar a término o videoclip, a súa estratexia de redes e o videomapping.
Dirección
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
MENDEZ FERNANDEZ, ROI (Vogal)
A comunicación en redes sociais da extrema dereita: análise dos contidos de Vox, pseudo-medios e creadores de contido españois no contexto das eleccións xerais do 2023
Autoría
X.R.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
X.R.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
25.06.2024 09:30
25.06.2024 09:30
Resumo
As redes sociais emerxeron e consolidáronse nas sociedades contemporáneas como un escenario fundamental para a interacción política, converténdose en espazos propicios para a difusión de discursos e axendas ideolóxicas. A transformación que supuxeron afecta tamén á propia democracia, propiciando un espazo onde a participación, o debate e a difusión de contidos ten influencia tanto nos procesos electorais como na saúde mesma do sistema. A extrema dereita é, neste sentido, unha das correntes que mellor soubo capitalizar este novo contexto dixital, expandindo a súa mensaxe a través de tres esferas: a institucional, a pseudo-mediática e a da creación de contidos. Para levar a cabo a presente análise, bótase man da triangulación metodolóxica, combinando técnicas de análise cualitativas e cuantitativas. Primeiramente, realízase unha exploración dos contidos publicados por Vox no 2023 e, en segundo lugar, abórdanse as publicacións dos actores das outras esferas no contexto das eleccións do 23-X. Ademais, empréganse ferramentas para examinar a interacción e difusión destes contidos en redes sociais, así como o crecemento das canles en cuestión. Finalmente, complementan os resultados anteriores unha serie de entrevistas que permiten constatar a existencia duns patróns temáticos e unhas estratexias comunicativas concretas. Os resultados evidencian unha comunicación cohesionada por parte da extrema dereita española, cun discurso onde destacan as críticas ao goberno ou o cuestionamento do propio sistema electoral. Aprécianse, neste sentido, elementos que coinciden entre os diferentes actores a nivel de ideoloxía, de actividade en liña, de tratamento e estilo ou de discurso, pero tamén outras características que os diferencian e que permiten falar, precisamente, da coexistencia das tres esferas sinaladas. A través destas mensaxes, en definitiva, a extrema dereita busca polarizar o debate público e erosionar a confianza nas institucións democráticas e nos propios medios de comunicación.

Vencellos: Interpretando a arte
Autoría
L.C.G.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
L.C.G.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
02.07.2024 11:45
02.07.2024 11:45
Resumo
Neste traballo preséntase Vencellos, unha revista dixital cultural especializada nas sete belas artes (pintura, arquitectura, escultura, danza, música, literatura e cine). O proxecto represéntase nunha web interactiva e, a través dunha narrativa multimedia combinando reportaxes, vídeos curtos e fotografías, preténdese dar a coñecer a sete artistas da comunidade galega que teñen unha nova concepción ou interpretación de cada disciplina e da arte en xeral. Este texto analiza as tendencias actuais no xornalismo dixital e no xornalismo cultural especializado para describir como se pode levar á práctica esta metodoloxía nun proxecto multimedia. Detállase como se levou a cabo un traballo de produción, gravación, edición e maquetaxe para, finalmente, publicar unha revista dixital que serve de vencello entre creadores, afeccionados da arte e un público amplo. Ademais, tendo en conta as tendencias actuais e a facilidade de difusión que permiten as redes sociais, tamén se empregou Instagram para dar a coñecer a iniciativa e crear comunidade.
Neste traballo preséntase Vencellos, unha revista dixital cultural especializada nas sete belas artes (pintura, arquitectura, escultura, danza, música, literatura e cine). O proxecto represéntase nunha web interactiva e, a través dunha narrativa multimedia combinando reportaxes, vídeos curtos e fotografías, preténdese dar a coñecer a sete artistas da comunidade galega que teñen unha nova concepción ou interpretación de cada disciplina e da arte en xeral. Este texto analiza as tendencias actuais no xornalismo dixital e no xornalismo cultural especializado para describir como se pode levar á práctica esta metodoloxía nun proxecto multimedia. Detállase como se levou a cabo un traballo de produción, gravación, edición e maquetaxe para, finalmente, publicar unha revista dixital que serve de vencello entre creadores, afeccionados da arte e un público amplo. Ademais, tendo en conta as tendencias actuais e a facilidade de difusión que permiten as redes sociais, tamén se empregou Instagram para dar a coñecer a iniciativa e crear comunidade.
Dirección
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
SIXTO GARCIA, JOSE (Vogal)
A muller como directora e guionista: unha análise da súa evolución e impacto na industria cinematográfica española (2013-2022)
Autoría
G.R.D.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
G.R.D.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
12.09.2024 18:45
12.09.2024 18:45
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao busca analizar a evolución da participación das mulleres como directoras e guionistas durante o período 2013-2022 na industria cinematográfica española. Para levar a cabo a investigación empregouse unha triangulación metodolóxica combinando análise cuantitativa e cualitativa. Na parte cuantitativa, estudouse a proporción de mulleres nos roles de dirección e guión atendendo á produción cinematográfica española e á súa presencia en salas, premios e festivais. A parte cualitativa inclúe entrevistas semiestruturadas con directoras e guionistas (n=10), proporcionando unha visión empírica do sector cinematográfico que apoia ditos datos. Os resultados amosan un lento pero progresivo aumento da presenza de mulleres na industria durante os últimos anos, determinado polo impacto dos movementos feministas e das políticas públicas de fomento da participación das profesionais femeninas en postos de poder e creación de contidos dentro do sector. Con todo, aínda persisten importantes barreiras e desigualdades en termos de acceso e recoñecemento. Conclúese que é necesario continuar promovendo políticas igualitarias que fomenten a contribución e visibilidade de mulleres cineastas, circunstancia vital para a construción dun cine plural e inclusivo.

O acceso aos arquivos en España: a Lei de segredos oficiais como obstáculo ao traballo xornalístico
Autoría
A.R.L.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
A.R.L.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
10.09.2024 09:15
10.09.2024 09:15
Resumo
Nada da ditadura franquista, hai 56 anos, a Lei de Segredos Oficiais é, actualmente, un dos aspectos máis anacrónicos da lexislación española. Sen reflectir ningún límite temporal para a desclasificación de documentos, sitúa a España como referente do escurantismo, cunha Mesa do Congreso que prolongou máis de oitenta veces o prazo de emendas á proposta do Partido Nacionalista Vasco (PNV) para modificar a Lei. É este labirinto parlamentario só froito da propia actividade e configuración política? Hai verdadeira vontade de parir en España un sistema que garanta o acceso público á información de forma automática ao pasar un determinado período de tempo? Este traballo recolle as peticións de investigadores e historiadores para modificar a Lei de Segredos Oficiais, así como as súas críticas fundamentadas á opacidade das institucións en asuntos clave para a saúde democrática. Tamén, recompila os últimos datos de acceso a información pública, na primeira década tras a entrada en vigor da Lei de Transparencia e Bo Goberno; así como os intentos, errados e en curso, de desclasificar arquivos históricos. Se quen ten a información ten o poder… que potestade real ten a cidadanía?

Lopez Gomez, Antia Maria Cotitoría
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Lopez Gomez, Antia Maria Cotitoría
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Novos formatos para a transmisión de información deportiva
Autoría
M.R.C.
Grao en Xornalismo
M.R.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
16.09.2024 16:30
16.09.2024 16:30
Resumo
Coa revolución tecnolóxica dos últimos anos, o xornalismo deportivo foi unha das profesións que máis cambiou, xa que se comezou a experimentar con novos formatos en plataformas diferentes ás convencionais. Estes cambios crearon incerteza na profesión polo que se pretende buscar os causantes destes cambios e coñecer como é o traballo dentro de novas iniciativas en plataformas diferentes. Para iso, realizouse un estudo de caso de tres iniciativas: PostUnited, La Media Inglesa e NicoAbadTV. Tamén se realizaron entrevistas a profesionais detrás destes proxectos. Ademais, esta investigación pretende determinar se realmente a tecnoloxía é a única responsable deste cambio na profesión.
Coa revolución tecnolóxica dos últimos anos, o xornalismo deportivo foi unha das profesións que máis cambiou, xa que se comezou a experimentar con novos formatos en plataformas diferentes ás convencionais. Estes cambios crearon incerteza na profesión polo que se pretende buscar os causantes destes cambios e coñecer como é o traballo dentro de novas iniciativas en plataformas diferentes. Para iso, realizouse un estudo de caso de tres iniciativas: PostUnited, La Media Inglesa e NicoAbadTV. Tamén se realizaron entrevistas a profesionais detrás destes proxectos. Ademais, esta investigación pretende determinar se realmente a tecnoloxía é a única responsable deste cambio na profesión.
Dirección
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
O fútbol e a súa nova xerga matemática, La Liga 23/24
Autoría
P.D.D.
Grao en Xornalismo
P.D.D.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
18.06.2024 11:00
18.06.2024 11:00
Resumo
O xornalismo de precisión ou xornalismo de datos converteuse nun aspecto clave dentro do xornalismo deportivo. Tanto as crónicas en papel, como as retransmisións ou os programas de radio centran gran parte do seu contido na análise estatística da disciplina deportiva que estean a tratar. Os datos forman parte do deporte desde hai moitos anos, pero a aparición do Big Data e de novas tecnoloxías para a recollida destes provocaron unha gran explosión e incremento da relevancia deste tipo de información numérica. Neste traballo coñeceremos como foi evolucionando o xornalismo deportivo de datos, observaremos cales son as principais métricas que se empregan e como se recollen, e finalmente mostrarase un estudo sobre o tempo efectivo na liga de fútbol española, unha cuestión que recibiu un gran protagonismo nos últimos anos e que se pode explicar á perfección a través dos datos.

Cativas da pluma: Un estudo da representación feminina na prensa escrita do franquismo
Autoría
B.Q.R.
Grao en Xornalismo
B.Q.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
20.06.2024 10:30
20.06.2024 10:30
Resumo
A representación da muller nos medios de comunicación e especialmente da prensa escrita durante a ditadura franquista caracterizouse polo emprego de estratexias de propaganda persuasivas, que buscaban construír unha identidade feminina baseadas nos valores falanxistas e católicos. A Sección Feminina e a Igrexa católica foron as principais encargadas de difundir uns principios que trataban de presentar unha muller anxelical, coidadora do fogar, perfecta nai e esposa, sempre en liña cos principios do Movemento. Profúndase en como a propaganda e a censura mediática contribuíron a consolidar unha mensaxe contraposta da muller, xa que esta preséntase sempre como un ser imperfecto, subordinado ao home e suxeito a roles tradicionais, pero á súa vez mitifícase a súa figura dentro do réxime debido á súa capacidade de procreación. Ademais, sinálase como a linguaxe e as formalidades léxicas utilizadas nos xornais reflectían e reforzaban esta xerarquía social de xénero, o cal foi analizado a través da revisión de cincuenta cabeceiras pertencentes ao diario O Pobo Gallego, de gran repercusión e gran aliado do franquismo durante os seus anos de mandato.

Cobertura Informativa do Conflito Palestino-Israelí nas Televisións Occidentais e Árabes
Autoría
P.F.C.
Grao en Xornalismo
P.F.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 11:00
25.06.2024 11:00
Resumo
Nesta investigación de TFG analízase a cobertura realizada polas principais corporacións mediáticas occidentais (CNN, BBC, RTVE) e árabes (Al Jazeera) sobre o conflito palestino-israelí, así como os medios públicos de Israel (KAN) e Palestina (PBC). Búscase observar diferenzas no posicionamento dos contidos entre medios ou webs da mesma compañía, contrastes á hora de informar sobre accións ou individuos, o nivel de profundización das noticias e a diversidade de fontes empregadas. Tamén as posibles correlacións entre as entidades e diversas variables que as poidan influír. Para iso examínanse cinco fitos representativos do conflito acaecidos desde o 7 de outubro. O estudo execútase en dúas fases. Na primeira analízase a cantidade de información dispoñible, a facilidade de acceso a esta e a presenza, ou non, de apartados específicos. Na segunda estúdase o enfoque, terminoloxía, profundización, variedade de fontes e os contidos audiovisuais integrados. Apréciase como algunhas corporacións facilitan, en maior medida, o acceso a información sobre a contenda a sociedades afastadas dos conflitos que ás próximas. Tamén se aprecia como certos medios non informan sobre algúns acontecementos mentres outros pasan por alto probas relevantes.

TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
Fieiras Ceide, César Cotitoría
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
Fieiras Ceide, César Cotitoría
Tribunal
SOENGAS PEREZ, JOSE (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
SOENGAS PEREZ, JOSE (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
Elaboración dun podcast que trate as distintas realidades de persoas víctimas de exclusión social por mor da etnia, relixión, sexo e/ou identidade sexual.
Autoría
V.A.S.V.
Grao en Xornalismo
V.A.S.V.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
25.06.2024 09:30
25.06.2024 09:30
Resumo
O panorama actual dentro do xornalismo social é complexo, xa que factores modernos como, a inmediatez informativa, produciron certo declive de especializacións do sector xornalístico que precisan unha cobertura informativa máis ampla e distendida. Ademais, o podcasting, como formato de referencia na actualidade mediática enfréntase a un entorno completamente colapasado e sobreinformado. Dentro deste panorama actual do xornalismo social e o podcasting xorde o proxecto Anónimas?, un pódcast social que aborda diferentes tipos de discriminación que sofren certos colectivos e comunidades en situación de vulnerabilidade. Determinouse que, para que este proxecto fose completo, veraz e transversal, os episodios serían temáticos, é decir, abordaríase a discriminación dende diferentes ángulos da sociedade actual. Trátase dun TFG de produto. A primeira parte do traballo consta dun marco contextual sobre xornalismo especializado e, mais concretamente sobre o xornalismo social, e o fenómeno do podcasting que serve para enmarcar o produto que se desenvolve na segunda, é dicir, un pódcast de temática social no que se abordarán diferentes tipos de discriminación ao longo das tempadas. Ademais, configúrase a planificación dunha estratexia mediática en redes sociais para difundir o proxecto.

Vichy, un medio sobre a moda en Galicia a través de TikTok e Instagram
Autoría
A.C.P.
Grao en Xornalismo
A.C.P.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
08.07.2024 11:00
08.07.2024 11:00
Resumo
O proxecto sobre xornalismo de moda en Galicia presentado é un medio presente nas redes sociais TikTok (@vichynews) e Instagram (@vichynewss). Vichy é o nome deste medio, o cal se dirixe á Xeración Z, e, en especial, a aquelas persoas interesadas na moda. A motivación principal deste proxecto é poder coñecer máis información sobre a industria da moda en Galicia a través dos deseñadores e marcas que forman parte dela. Conectar coa audiencia a través dun contido rechamante e entretido foi un factor clave para este medio. Exáltase a estética como un factor fundamental á hora de crear un medio sobre moda actualizado co que se consiga conectar coa audiencia nas redes sociais. Xerouse un contido xornalístico especializado con entrevistas a fontes de primeira man creando un proxecto de calidade que se sustenta nas redes sociais para poder chegar a un público que as utiliza como principal ferramenta para informarse.
O proxecto sobre xornalismo de moda en Galicia presentado é un medio presente nas redes sociais TikTok (@vichynews) e Instagram (@vichynewss). Vichy é o nome deste medio, o cal se dirixe á Xeración Z, e, en especial, a aquelas persoas interesadas na moda. A motivación principal deste proxecto é poder coñecer máis información sobre a industria da moda en Galicia a través dos deseñadores e marcas que forman parte dela. Conectar coa audiencia a través dun contido rechamante e entretido foi un factor clave para este medio. Exáltase a estética como un factor fundamental á hora de crear un medio sobre moda actualizado co que se consiga conectar coa audiencia nas redes sociais. Xerouse un contido xornalístico especializado con entrevistas a fontes de primeira man creando un proxecto de calidade que se sustenta nas redes sociais para poder chegar a un público que as utiliza como principal ferramenta para informarse.
Dirección
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
«ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas», un podcast divulgativo sobre a vida e mailo poder das mulleres galegas na Baixa Idade Media
Autoría
I.R.M.
Grao en Xornalismo
I.R.M.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 16:45
10.09.2024 16:45
Resumo
A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No caso do estudo da Historia de Galicia, destaca o labor dunha serie de expertos que incorporan esta tendencia nos seus traballos a respecto do período medieval. Unidas estas dúas realidades en auxe, proponse un podcast divulgativo dirixido á Xeración Z que achegue unha aproximación ás convencións sociais e á vida cotiá das mulleres dos tres estamentos sociais da Galicia medieval a través da selección de cinco perfís femininos e mais dun relato adaptado das súas biografías.
A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No caso do estudo da Historia de Galicia, destaca o labor dunha serie de expertos que incorporan esta tendencia nos seus traballos a respecto do período medieval. Unidas estas dúas realidades en auxe, proponse un podcast divulgativo dirixido á Xeración Z que achegue unha aproximación ás convencións sociais e á vida cotiá das mulleres dos tres estamentos sociais da Galicia medieval a través da selección de cinco perfís femininos e mais dun relato adaptado das súas biografías.
Dirección
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Vázquez Herrero, Jorge (Presidente/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Feirantas: Ideación e creación dun medio dixital e cultural sobre Santiago de Compostela
Autoría
L.G.M.
Grao en Xornalismo
L.G.M.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
Nos últimos anos, o panorama mediático transformouse a gran velocidade, estando este cambio propiciado en parte polo nacemento do xornalismo dixital. A aparición dos medios nativos e non nativos dixitais supuxo que esta pasase a ser unha área de estudo frecuente, xunto a outros temas como a especialización xornalística ou o o xornalismo móbil. E é neste contexto no que nace Feirantas: un medio de comunicación nativo dixital e multiplataforma, especializado en cultura e centrado na área de Santiago de Compostela. Con este proxecto, o que se pretende é servir de altofalante a aqueles artistas emerxentes que habitualmente non teñen un oco nos medios convencionais. Ademais, buscamos difundir a cultura desta cidade a través das redes sociais con códigos adaptados a cada unha das plataformas empregadas: Instagram, TikTok, YouTube, Spotify e unha páxina web, elixidas de xeito consciente para conseguir chegar deste xeito ao noso público obxectivo, a Xeración Z. Polo tanto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo recoller todo o proceso de creación do proxecto, dende a fase de ideación ata a posta en marcha, concluíndo ca análise dos resultados obtidos e incluíndo tamén a exposición do contexto mediático onde se sitúa Feirantas.

Plataformas dixitais e creadores de contido: Twitch vs. YouTube
Autoría
J.M.P.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
J.M.P.P.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
11.09.2024 17:00
11.09.2024 17:00
Resumo
Dentro do complexo panorama de plataformas dixitais que actúan como intermediarias entre creadores de contido e audiencias para a produción de entretemento audiovisual na internet, dúas delas sitúanse como as líderes absolutas nos seus respectivos campos. Mentres que Youtube mantén o seu posto como o sitio web preferido dos internautas para a subida e consumo de vídeos, a aparición da plataforma Twitch, orientada á transmisión de vídeos en directo, revolucionouno todo, especialmente tras a pandemia do covid-19. Malia que inicialmente ambos os sitios web xurdiron cunha función inherentemente diferenciada, o certo é que a rivalidade resulta feroz. Os creadores de contido debátense constantemente como xestionar a súa actividade entre ambas as plataformas mentres intentan descubrir cal é a máis beneficiosa para eles e para os seus respectivos públicos á hora de sobrevivir no competitivo panorama da creación de contido audiovisual. Ante a devandita situación, este traballo ten por obxectivo analizar en profundidade ambas as plataformas, Youtube e Twitch, valorando as súas diferentes características co fin de realizar unha comparativa entre as dúas e establecer que é o que cada unha pode ofrecer aos creadores. Así, estudaranse aspectos como as súas respectivas vías de monetización, as súas autorregulacións ou as súas posibilidades de interacción coa audiencia. Do mesmo xeito, preténdese definir os factores que poden influír na migración entre páxinas, especialmente considerando o auxe de creadores que abandonaron Youtube en favor de Twitch.

Análise estética e formal da obra de Rainer Werner Fassbinder
Autoría
D.S.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
D.S.R.
Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual
Data da defensa
09.09.2024 11:00
09.09.2024 11:00
Resumo
Con este proxecto propuxémonos analizar a obra do director alemán Rainer W. Fassbinder a través de tres das súas películas (As amargas bágoas de Petra von Kant, Un ano con trece lúas e Querelle). Fassbinder, unha figura crave do novo cinema alemán xunto a outros como Werner Herzog e Wim Wenders, é coñecido pola súa extensa filmografía e a súa exploración da morbosidade e da distribución do poder nas relacións humanas. O seu estilo de vida excéntrico e pesimista, xunto co seu enfoque obsesivo, convertérono nun referente de culto no cinema subversivo. O noso traballo pretende contribuír á teoría existente sobre Fassbinder, apoiando ideas previas e explorando novas perspectivas. Utilizaremos bibliografía específica e escritos académicos para comprender mellor as súas películas. Primeiro, estableceremos os fundamentos teóricos e metodolóxicos que guiarán a nosa análise. Continuaremos abordando a construción fílmica do espazo, a escenografía e a influencia dramatúrgica. Exploraremos a artificialidade atribuída á súa filmografía, o método dos intérpretes e a interacción coa música. Tamén examinaremos a composición e disposición das imaxes, así como os motivos recorrentes e a intertextualidad nas tres películas. Finalmente, presentaremos as nosas conclusións, verificando a nosa hipótese inicial e citando todas as fontes consultadas nun anexo final de referencias.

CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Titoría)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
CASTRO DE PAZ, JOSE LUIS (Vogal)

Proxecto da creación dun cibermedio multimedia de moda histórica contemporánea baseado nas redes sociais: A Hucha
Autoría
T.P.P.
Grao en Xornalismo
T.P.P.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
03.07.2024 11:00
03.07.2024 11:00
Resumo
No ecosistema de medios en galego, tanto os tradicionais coma os dixitais, non existe un medio de comunicación de moda participativo que acolla o abano de temas que dá a moda histórica contemporánea. A moda, por si mesma, é un suxeito de estudo marxinado e condenado pola súa asociación con valores negativos, como a vaidade e o capricho; tamén pola súa relación coa feminidade. Ademais, trátase dun suxeito acaparado por grandes cabeceiras históricas, como Vogue ou Harper’s Bazaar, que sempre relatan a moda da actualidade. Este medio tenta contar a moda dende un prisma máis diverso e interseccional, onde todo o mundo ten cabida, non só os adiñeirados ou as persoas normativas. Por iso, así mesmo como este é o proxecto do primeiro medio de estudo e divulgación da moda histórica en galego, é tamén o primeiro de España. Os obxectivos son poñer en valor a moda e a súa historia a través das redes sociais e, con axuda da cocreación, dar voz a realidades que escapan de calquera foco mediático. Neste texto detállase toda a revisión bibliográfica en cibermedios, xornalismo especializado en moda e a súa divulgación. Tamén se detalla todo o labor feito nas plataformas de internet, o deseño e a posta en acción dun cibermedio baseado nas redes sociais. E este é o resultado: A Hucha, un cibermedio de moda baseado en tres redes sociais de carácter participativo e divulgativo.

Xogando polo cambio: innovación no xornalismo social a través dos newsgames
Autoría
L.N.C.
Grao en Xornalismo
L.N.C.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
02.07.2024 09:30
02.07.2024 09:30
Resumo
A recente aparición de novas fórmulas e produtos xornalísticos ampliou o abano de posibilidades que poden empregar os profesionais do sector para transmitir a información e as historias que pretenden contar. O obxectivo desta investigación é comprobar se as características diferenciais dos newsgames favorecen a transmisión de temas propios do xornalismo social. Para acadar o obxectivo principal do traballo, o estudo baséase na análise dos resultados do exame dun conxunto de pezas que forman parte dos newsgames de temática social, entrevistas aos seus creadores e a opinión dunha mostra da poboación sobre a súa percepción sobre iso. Así mesmo, preténdese comprobar que o formato en cuestión aumenta o grao de inmersión dos xogadores e ofrécelles novas posibilidades de participación.
A recente aparición de novas fórmulas e produtos xornalísticos ampliou o abano de posibilidades que poden empregar os profesionais do sector para transmitir a información e as historias que pretenden contar. O obxectivo desta investigación é comprobar se as características diferenciais dos newsgames favorecen a transmisión de temas propios do xornalismo social. Para acadar o obxectivo principal do traballo, o estudo baséase na análise dos resultados do exame dun conxunto de pezas que forman parte dos newsgames de temática social, entrevistas aos seus creadores e a opinión dunha mostra da poboación sobre a súa percepción sobre iso. Así mesmo, preténdese comprobar que o formato en cuestión aumenta o grao de inmersión dos xogadores e ofrécelles novas posibilidades de participación.
Dirección
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Casas García, Hermenegildo José (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Casas García, Hermenegildo José (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
O xornalismo e os medios dixitais en Turquía: unha análise do tratamento informativo das eleccións locais do 31 de marzo de 2024
Autoría
C.A.B.
Grao en Xornalismo
C.A.B.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
21.06.2024 09:00
21.06.2024 09:00
Resumo
O tratamento informativo en países sen unha democracia plena resulta complexo para os profesionais dos medios de comunicación. Neste traballo realízase unha investigación centrada no estudo do seguimento das noticias publicadas durante as eleccións locais dunha Turquía na que a posición de Erdogan atópase en dúbida. Mediante unha análise de contido das noticias publicadas en cinco dos medios dixitais máis lidos no país nese espazo temporal e tras a realización de entrevistas a profesionais do ámbito xornalístico e político, revélanse as tendencias na cobertura mediática do país e destácanse as diferenzas entre os medios controlados polo goberno e independentes.
O tratamento informativo en países sen unha democracia plena resulta complexo para os profesionais dos medios de comunicación. Neste traballo realízase unha investigación centrada no estudo do seguimento das noticias publicadas durante as eleccións locais dunha Turquía na que a posición de Erdogan atópase en dúbida. Mediante unha análise de contido das noticias publicadas en cinco dos medios dixitais máis lidos no país nese espazo temporal e tras a realización de entrevistas a profesionais do ámbito xornalístico e político, revélanse as tendencias na cobertura mediática do país e destácanse as diferenzas entre os medios controlados polo goberno e independentes.
Dirección
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
Reportaxe multimedia: Combatendo o -ismo da idade
Autoría
X.O.M.
Grao en Xornalismo
X.O.M.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 12:45
12.09.2024 12:45
Resumo
Na actualidade, as sociedades presentan unha característica común que, cos anos se volveu cada vez máis notoria: o envellecemento poboacional. Debido aos estereotipos arraigados, este fenómeno derivou nunha constante práctica discriminatoria cara ás persoas maiores: o idadismo. No presente traballo, preténdese, a través dunha reportaxe multimedia, amosar unha realidade silenciada e esquecida por parte dos medios de comunicación. Nela, recóllense entrevistas e testemuñas de persoas que, unha vez chegadas á idade de xubilación, mantéñense como activos sociais.
Na actualidade, as sociedades presentan unha característica común que, cos anos se volveu cada vez máis notoria: o envellecemento poboacional. Debido aos estereotipos arraigados, este fenómeno derivou nunha constante práctica discriminatoria cara ás persoas maiores: o idadismo. No presente traballo, preténdese, a través dunha reportaxe multimedia, amosar unha realidade silenciada e esquecida por parte dos medios de comunicación. Nela, recóllense entrevistas e testemuñas de persoas que, unha vez chegadas á idade de xubilación, mantéñense como activos sociais.
Dirección
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
O narcotráfico en Galicia: Análise do perfil dos narcotraficantes, influencias políticas e tratamento mediático
Autoría
E.M.N.
Grao en Xornalismo
E.M.N.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
19.06.2024 17:15
19.06.2024 17:15
Resumo
Galicia presenta unha longa historia ligada ao contrabando de tabaco, unha actividade que terminou derivando nos anos 90 no tráfico de drogas, converténdose así nunha das portas de entrada para a droga en Europa e tratándose dun fenómeno que perdura ata a actualidade. A presente investigación mergúllase nos incios do narcotráfico en Galicia e a súa propia historia, así como nos momentos máis importantes que contribuíron a loitar contra o narcotráfico. Ofrécese unha análise dos narcotraficanes galegos, as soadas relacións entre narcotraficantes e contrabandistas galegos coa política, ademáis do tratamento mediático do narcotráfico. Preténdese concienciar dun fenómeno que presenta unha gran magnitude hoxe en día, e do importante papel que representan os medios de comunicación para lograr o cambio.
Galicia presenta unha longa historia ligada ao contrabando de tabaco, unha actividade que terminou derivando nos anos 90 no tráfico de drogas, converténdose así nunha das portas de entrada para a droga en Europa e tratándose dun fenómeno que perdura ata a actualidade. A presente investigación mergúllase nos incios do narcotráfico en Galicia e a súa propia historia, así como nos momentos máis importantes que contribuíron a loitar contra o narcotráfico. Ofrécese unha análise dos narcotraficanes galegos, as soadas relacións entre narcotraficantes e contrabandistas galegos coa política, ademáis do tratamento mediático do narcotráfico. Preténdese concienciar dun fenómeno que presenta unha gran magnitude hoxe en día, e do importante papel que representan os medios de comunicación para lograr o cambio.
Dirección
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO (Vogal)
A soidade na época da conectividade
Autoría
X.F.I.
Grao en Xornalismo
X.F.I.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 13:15
12.09.2024 13:15
Resumo
“La soledad en la era de la conectividad” é un foto reportaxe multimedia que pretende dar luz e poñer o foco sobre unha problemática creciente na sociedade actual: a soledade. Esta epidemia silenciosa é cada vez máis común e segundo os últimos estudos disparouse desde a pandemia por Covid-19. Pese a vivir na época máis conectada da historia (grazas ás redes sociais, internet e os sistemas de telecomunicacións estamos globalmente conectados) a realidade é que os sentimentos de soidade aumentan. Ten isto algo que ver con Internet e as redes sociais? Son parte do problema ou da solución? Afecta por igual a todas as idades? Que nos pode axudar e que nos perxudica máis? Ao longo da reportaxe e mediante fotografías, vídeos, testemuñas e entrevistas abárcase a soidade desde todas as súas ramas e perspectivas.
“La soledad en la era de la conectividad” é un foto reportaxe multimedia que pretende dar luz e poñer o foco sobre unha problemática creciente na sociedade actual: a soledade. Esta epidemia silenciosa é cada vez máis común e segundo os últimos estudos disparouse desde a pandemia por Covid-19. Pese a vivir na época máis conectada da historia (grazas ás redes sociais, internet e os sistemas de telecomunicacións estamos globalmente conectados) a realidade é que os sentimentos de soidade aumentan. Ten isto algo que ver con Internet e as redes sociais? Son parte do problema ou da solución? Afecta por igual a todas as idades? Que nos pode axudar e que nos perxudica máis? Ao longo da reportaxe e mediante fotografías, vídeos, testemuñas e entrevistas abárcase a soidade desde todas as súas ramas e perspectivas.
Dirección
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
Feirantas: Ideación e creación dun medio dixital e cultural sobre Santiago de Compostela
Autoría
I.G.L.
Grao en Xornalismo
I.G.L.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 12:00
10.09.2024 12:00
Resumo
Nos últimos anos, o panorama mediático transformouse a gran velocidade, estando este cambio propiciado en parte polo nacemento do xornalismo dixital. A aparición dos medios nativos e non nativos dixitais supuxo que esta pasase a ser unha área de estudo frecuente, xunto a outros temas como a especialización xornalística ou o o xornalismo móbil. E é neste contexto no que nace Feirantas: un medio de comunicación nativo dixital e multiplataforma, especializado en cultura e centrado na área de Santiago de Compostela. Con este proxecto, o que se pretende é servir de altofalante a aqueles artistas emerxentes que habitualmente non teñen un oco nos medios convencionais. Ademais, buscamos difundir a cultura desta cidade a través das redes sociais con códigos adaptados a cada unha das plataformas empregadas: Instagram, TikTok, YouTube, Spotify e unha páxina web, elixidas de xeito consciente para conseguir chegar deste xeito ao noso público obxectivo, a Xeración Z. Polo tanto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo recoller todo o proceso de creación do proxecto, dende a fase de ideación ata a posta en marcha, concluíndo ca análise dos resultados obtidos e incluíndo tamén a exposición do contexto mediático onde se sitúa Feirantas.
Nos últimos anos, o panorama mediático transformouse a gran velocidade, estando este cambio propiciado en parte polo nacemento do xornalismo dixital. A aparición dos medios nativos e non nativos dixitais supuxo que esta pasase a ser unha área de estudo frecuente, xunto a outros temas como a especialización xornalística ou o o xornalismo móbil. E é neste contexto no que nace Feirantas: un medio de comunicación nativo dixital e multiplataforma, especializado en cultura e centrado na área de Santiago de Compostela. Con este proxecto, o que se pretende é servir de altofalante a aqueles artistas emerxentes que habitualmente non teñen un oco nos medios convencionais. Ademais, buscamos difundir a cultura desta cidade a través das redes sociais con códigos adaptados a cada unha das plataformas empregadas: Instagram, TikTok, YouTube, Spotify e unha páxina web, elixidas de xeito consciente para conseguir chegar deste xeito ao noso público obxectivo, a Xeración Z. Polo tanto, o presente Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo recoller todo o proceso de creación do proxecto, dende a fase de ideación ata a posta en marcha, concluíndo ca análise dos resultados obtidos e incluíndo tamén a exposición do contexto mediático onde se sitúa Feirantas.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
O sportwashing e a súa análise nas publicacións dos medios de comunicación nacionais e internacionais
Autoría
B.G.A.
Grao en Xornalismo
B.G.A.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
21.06.2024 12:15
21.06.2024 12:15
Resumo
A pesar de tratarse dunha práctica xa existente no século pasado, nos últimos anos popularizouse o concepto sportwashing debido a certas políticas dalgúns estados no que tratan de lograr mellorar a súa imaxe pública e establecerse no panorama internacional mediante o uso do deporte. O obxectivo desta investigación, na que se analizan informacións sobre esta temática nos medios nacionais e internacionais e realízanse entrevistas a profesionais da comunicación, consiste en coñecer as características deste tipo de noticias, diferenciar as tendencias informativas de cada país, comprender o contexto no que se producen e as dificultades na elaboración destas publicacións para os xornalistas.
A pesar de tratarse dunha práctica xa existente no século pasado, nos últimos anos popularizouse o concepto sportwashing debido a certas políticas dalgúns estados no que tratan de lograr mellorar a súa imaxe pública e establecerse no panorama internacional mediante o uso do deporte. O obxectivo desta investigación, na que se analizan informacións sobre esta temática nos medios nacionais e internacionais e realízanse entrevistas a profesionais da comunicación, consiste en coñecer as características deste tipo de noticias, diferenciar as tendencias informativas de cada país, comprender o contexto no que se producen e as dificultades na elaboración destas publicacións para os xornalistas.
Dirección
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Titoría)
Tribunal
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Vogal)
O sexismo nas informacións musicais dentro da prensa xeralista, o caso de Rosalía e C Tangana
Autoría
I.G.S.
Grao en Xornalismo
I.G.S.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
11.09.2024 11:00
11.09.2024 11:00
Resumo
Este traballo consiste nunha análise de contido cualitativa das informacións sobre música de 3 dos principais medios xeralistas españois (El País, La Vanguardia e El Mundo) para descubrir se hai diferenzas no tratamento informativo entre homes e mulleres neste ámbito, o chamado como sexismo, e se a prensa xeralista trata con rigor temas culturais, como neste caso é a música. Para descubrilo, escolléronse como obxecto de estudo dous dos artistas españois máis mediáticos e importantes (a nivel de impacto, crítica e números) nos últimos anos, Rosalía e C Tangana, e analizáronse as noticias publicadas durante os anos 2018, 2021, 2022 e 2023, cando os artistas lanzaron novos traballos musicais. A investigación centrouse na análise individual das noticias recompiladas pero tamén se tiveron en conta parámetros do conxunto global das informacións.
Este traballo consiste nunha análise de contido cualitativa das informacións sobre música de 3 dos principais medios xeralistas españois (El País, La Vanguardia e El Mundo) para descubrir se hai diferenzas no tratamento informativo entre homes e mulleres neste ámbito, o chamado como sexismo, e se a prensa xeralista trata con rigor temas culturais, como neste caso é a música. Para descubrilo, escolléronse como obxecto de estudo dous dos artistas españois máis mediáticos e importantes (a nivel de impacto, crítica e números) nos últimos anos, Rosalía e C Tangana, e analizáronse as noticias publicadas durante os anos 2018, 2021, 2022 e 2023, cando os artistas lanzaron novos traballos musicais. A investigación centrouse na análise individual das noticias recompiladas pero tamén se tiveron en conta parámetros do conxunto global das informacións.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
A polarización política e os medios de comunicación: como as teorías da comunicación explican a creación de opinións extremas en Galicia
Autoría
A.L.I.
Grao en Xornalismo
A.L.I.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 10:00
12.09.2024 10:00
Resumo
A polarización política é un fenómeno de notable crecemento nos últimos anos. Ante este progresivo distanciamento entre as posicións ideolóxicas da poboación, o presente estudo pretende analizar que papel xogan os medios de comunicación neste suceso. Para elo, o método empregado baséase, en primeiro lugar, na revisión de distintas teorías da comunicación; e, en segundo lugar, no estudio das respostas obtidas dun cuestionario cuxo fin é coñecer a conduta de consumo informativo dos individuos. Nesta investigación recorreuse a unha triangulación metodolóxica, pois analizáronse os datos obtidos do cuestionario realizado, fundamentándoos nas teorías da disonancia cognitiva, da espiral do silencio, da Axenda-Setting e do framing. Os resultados evidencias que a actividade dos medios e a conduta de consumo inflúen nas opinións políticas das persoas, de acordo coas teorías revisadas.
A polarización política é un fenómeno de notable crecemento nos últimos anos. Ante este progresivo distanciamento entre as posicións ideolóxicas da poboación, o presente estudo pretende analizar que papel xogan os medios de comunicación neste suceso. Para elo, o método empregado baséase, en primeiro lugar, na revisión de distintas teorías da comunicación; e, en segundo lugar, no estudio das respostas obtidas dun cuestionario cuxo fin é coñecer a conduta de consumo informativo dos individuos. Nesta investigación recorreuse a unha triangulación metodolóxica, pois analizáronse os datos obtidos do cuestionario realizado, fundamentándoos nas teorías da disonancia cognitiva, da espiral do silencio, da Axenda-Setting e do framing. Os resultados evidencias que a actividade dos medios e a conduta de consumo inflúen nas opinións políticas das persoas, de acordo coas teorías revisadas.
Dirección
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
REDONDO NEIRA, FERNANDO (Vogal)
Análise do tratamento mediático do VIH/sida na prensa española (2022-2024)Análise do tratamento mediático do VIH/sida na prensa española (2022-2024)
Autoría
A.N.P.
Grao en Xornalismo
A.N.P.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
11.09.2024 09:45
11.09.2024 09:45
Resumo
A epidemia da sida comezou nos 80 e millóns de persoas seguen a vivir co VIH. Durante os primeiros anos houbo na poboación xeral unha gran ansiedade causada polo descoñecemento sobre a súa causa e transmisión. Os medios de comunicación xogaron un papel relevante na evolución da epidemia e en ocasións contribuíron a manter este descoñecemento, axudando ademais á construción da percepción social do VIH e dos prexuízos que existían cara as persoas que se infectaban, principalmente a homofobia. Cos avances científicos e sociais o tratamento mediático foi evolucionando. Este Traballo de Fin de Grao analiza as informacións relacionadas co VIH/sida publicadas entre abril de 2022 e marzo de 2024 en tres medios españois: El País, La Vanguardia e El Mundo, co obxectivo de coñecer cales son as cuestións que máis interesan aos medios no relacionado con este virus. Para iso, este estudo aplica unha análise de contido de carácter cuantitativo, para o que se deseñou unha ficha de análise composta por nove variables. Os resultados amosan que hai variedade temática e de perspectivas e un interese notable no ámbito cultural.
A epidemia da sida comezou nos 80 e millóns de persoas seguen a vivir co VIH. Durante os primeiros anos houbo na poboación xeral unha gran ansiedade causada polo descoñecemento sobre a súa causa e transmisión. Os medios de comunicación xogaron un papel relevante na evolución da epidemia e en ocasións contribuíron a manter este descoñecemento, axudando ademais á construción da percepción social do VIH e dos prexuízos que existían cara as persoas que se infectaban, principalmente a homofobia. Cos avances científicos e sociais o tratamento mediático foi evolucionando. Este Traballo de Fin de Grao analiza as informacións relacionadas co VIH/sida publicadas entre abril de 2022 e marzo de 2024 en tres medios españois: El País, La Vanguardia e El Mundo, co obxectivo de coñecer cales son as cuestións que máis interesan aos medios no relacionado con este virus. Para iso, este estudo aplica unha análise de contido de carácter cuantitativo, para o que se deseñou unha ficha de análise composta por nove variables. Os resultados amosan que hai variedade temática e de perspectivas e un interese notable no ámbito cultural.
Dirección
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
PEREZ SEIJO, SARA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Vogal)
A Soidade na época da conectividade
Autoría
M.A.S.
Grao en Xornalismo
M.A.S.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
12.09.2024 13:15
12.09.2024 13:15
Resumo
“La soledad en la era de la conectividad” é un foto reportaxe multimedia que pretende dar luz e poñer o foco sobre unha problemática creciente na sociedade actual: a soledade. Esta epidemia silenciosa é cada vez máis común e segundo os últimos estudos disparouse desde a pandemia por Covid-19. Pese a vivir na época máis conectada da historia (grazas ás redes sociais, internet e os sistemas de telecomunicacións estamos globalmente conectados) a realidade é que os sentimentos de soidade aumentan. Ten isto algo que ver con Internet e as redes sociais? Son parte do problema ou da solución? Afecta por igual a todas as idades? Que nos pode axudar e que nos perxudica máis? Ao longo da reportaxe e mediante fotografías, vídeos, testemuñas e entrevistas abárcase a soidade desde todas as súas ramas e perspectivas.
“La soledad en la era de la conectividad” é un foto reportaxe multimedia que pretende dar luz e poñer o foco sobre unha problemática creciente na sociedade actual: a soledade. Esta epidemia silenciosa é cada vez máis común e segundo os últimos estudos disparouse desde a pandemia por Covid-19. Pese a vivir na época máis conectada da historia (grazas ás redes sociais, internet e os sistemas de telecomunicacións estamos globalmente conectados) a realidade é que os sentimentos de soidade aumentan. Ten isto algo que ver con Internet e as redes sociais? Son parte do problema ou da solución? Afecta por igual a todas as idades? Que nos pode axudar e que nos perxudica máis? Ao longo da reportaxe e mediante fotografías, vídeos, testemuñas e entrevistas abárcase a soidade desde todas as súas ramas e perspectivas.
Dirección
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
SILVA RODRIGUEZ, ALBA (Vogal)
A prensa do corazón española en TikTok: análise e desenvolvemento
Autoría
L.Q.R.
Grao en Xornalismo
L.Q.R.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
09.09.2024 09:00
09.09.2024 09:00
Resumo
A irrupción de TikTok como plataforma de creación de contido supuxo o seno de novas oportunidades comunicativas para os medios de comunicación e os creadores de contido. Sen ser excepción, aqueles especializados no corazón viron tamén o potencial da aplicación para se acercar a novas audiencias e posicionarse dentro do mercado grazas á facilidade da aplicación para a viralización do contido. Este Traballo de Fin de Grado realiza unha análise de contido de carácter cuantitativo, con que coñecer en profundidade cómo é a adaptación dos medios de comunicación especializados en prensa do corazón e as diferencias, no caso de habelas, cos creadores de contido con proxectos propios, e servirá de base para o desenvolvemento de @coraZonZeta, un perfil na plataforme que busca optimizar os recursos e ferramentas que a plataforma pon a disposición do usuario.
A irrupción de TikTok como plataforma de creación de contido supuxo o seno de novas oportunidades comunicativas para os medios de comunicación e os creadores de contido. Sen ser excepción, aqueles especializados no corazón viron tamén o potencial da aplicación para se acercar a novas audiencias e posicionarse dentro do mercado grazas á facilidade da aplicación para a viralización do contido. Este Traballo de Fin de Grado realiza unha análise de contido de carácter cuantitativo, con que coñecer en profundidade cómo é a adaptación dos medios de comunicación especializados en prensa do corazón e as diferencias, no caso de habelas, cos creadores de contido con proxectos propios, e servirá de base para o desenvolvemento de @coraZonZeta, un perfil na plataforme que busca optimizar os recursos e ferramentas que a plataforma pon a disposición do usuario.
Dirección
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Vogal)
Personalidades deportivas: Os mellores futbolistas da nosa historia
Autoría
S.C.A.
Grao en Xornalismo
S.C.A.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 10:00
10.09.2024 10:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao realiza un estudo tempada a tempada sobre as personalidades máis destacadas do fútbol español desde o inicio do século XX ata a tempada 1955/56, ano en que nace a Copa de Europa, feito que coincide coa chegada da televisión a España en 1956. A análise realizarase soamente acerca da carreira como futbolista dos distintos protagonistas, excluíndo así calquera outro mérito relacionado con outros postos como o de árbitro, directivo ou adestrador. O estudo ten como obxectivo distinguir ás principais figuras do fútbol nacional, aquelas que se converteron en estrelas antes da aparición da televisión e cuxa historia non tivo tanta transcendencia como a doutros futbolistas posteriores. Os resultados mostran como o fútbol español viviu outra época dourada durante as décadas de 1920 e 1930, así como un gran retroceso na posguerra. Por outra banda, tamén mostra unha gran predominancia por parte de xogadores pertencentes ao Athletic Club de Bilbao, o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid Club de Fútbol.
Este Traballo de Fin de Grao realiza un estudo tempada a tempada sobre as personalidades máis destacadas do fútbol español desde o inicio do século XX ata a tempada 1955/56, ano en que nace a Copa de Europa, feito que coincide coa chegada da televisión a España en 1956. A análise realizarase soamente acerca da carreira como futbolista dos distintos protagonistas, excluíndo así calquera outro mérito relacionado con outros postos como o de árbitro, directivo ou adestrador. O estudo ten como obxectivo distinguir ás principais figuras do fútbol nacional, aquelas que se converteron en estrelas antes da aparición da televisión e cuxa historia non tivo tanta transcendencia como a doutros futbolistas posteriores. Os resultados mostran como o fútbol español viviu outra época dourada durante as décadas de 1920 e 1930, así como un gran retroceso na posguerra. Por outra banda, tamén mostra unha gran predominancia por parte de xogadores pertencentes ao Athletic Club de Bilbao, o Fútbol Club Barcelona e o Real Madrid Club de Fútbol.
Dirección
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Titoría)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
GALINDO ARRANZ, FERMIN (Vogal)
Periodismo deportivo e eventos deportivos a través de Twicht e YouTube
Autoría
D.R.G.
Grao en Xornalismo
D.R.G.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
27.06.2024 11:00
27.06.2024 11:00
Resumo
A influencia do xornalismo deportivo nas novas plataformas como YouTube e Twitch transformou a paisaxe tanto para os medios de comunicación como para os profesionais da comunicación. Estas tendencias emerxentes crearon oportunidades laborais significativas. Os xornalistas que se aventuran nestas plataformas atopan unha maior liberdade creativa en comparación cos medios tradicionais. Ademais, poden interactuar máis directamente coa súa audiencia a través de comentarios, subscricións, doazóns e reaccións. Tamén xurdiron novas formas de comunicación, como as transmisións en directo e os podcasts, como opcións viables. Comezamos a investigación cunha aproximación histórica ao xornalismo deportivo, observando os cios que tivo ata a actualidade, seguido de unhas nocións básicas do funcionamento de YouTube e Twitch e o impacto e cambios que produciron tanto no xornalismo deportivo como nas retransmisións deportivas, baseándonos en fontes documentais, persoais e datos.
A influencia do xornalismo deportivo nas novas plataformas como YouTube e Twitch transformou a paisaxe tanto para os medios de comunicación como para os profesionais da comunicación. Estas tendencias emerxentes crearon oportunidades laborais significativas. Os xornalistas que se aventuran nestas plataformas atopan unha maior liberdade creativa en comparación cos medios tradicionais. Ademais, poden interactuar máis directamente coa súa audiencia a través de comentarios, subscricións, doazóns e reaccións. Tamén xurdiron novas formas de comunicación, como as transmisións en directo e os podcasts, como opcións viables. Comezamos a investigación cunha aproximación histórica ao xornalismo deportivo, observando os cios que tivo ata a actualidade, seguido de unhas nocións básicas do funcionamento de YouTube e Twitch e o impacto e cambios que produciron tanto no xornalismo deportivo como nas retransmisións deportivas, baseándonos en fontes documentais, persoais e datos.
Dirección
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Neira Cruz, Xose Antonio (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Neira Cruz, Xose Antonio (Vogal)
A cobertura dos informes de Save the Children: como posicionar un contido nos medios
Autoría
G.A.C.V.
Grao en Xornalismo
G.A.C.V.
Grao en Xornalismo
Data da defensa
10.09.2024 09:00
10.09.2024 09:00
Resumo
Este traballo examina como Save the Children, unha organización non gobernamental que traballa polos dereitos da infancia, difunde os seus informes facendo uso de efectivas estratexias como a rexionalización e a fragmentación do contido para conseguir un posicionamento sólido nos medios de comunicación e lograr unha cobertura mediática robusta das súas narrativas. Así mesmo, explora como a organización utiliza estes materiais como ferramentas estratéxicas para influír na política. Utilizando un marco teórico baseado nas teorías do establecemento da axenda, o framing e o priming, analízase a implementación das técnicas de comunicación mencionadas e como estas maximizan o impacto mediático e político da organización. A través dun estudo detallado que avaliación da cobertura mediática dos informes de Save the Children, durante un período de tres meses, este traballo destaca como estas estratexias non só capturan a atención nun ciclo de noticias efémero, senón que tamén fomentan unha maior comprensión e acción sobre problemas significativos a longo prazo. Este enfoque resulta ser un modelo eficaz para outras organizacións que buscan influír nas políticas públicas e asegurar un cambio sostible.
Este traballo examina como Save the Children, unha organización non gobernamental que traballa polos dereitos da infancia, difunde os seus informes facendo uso de efectivas estratexias como a rexionalización e a fragmentación do contido para conseguir un posicionamento sólido nos medios de comunicación e lograr unha cobertura mediática robusta das súas narrativas. Así mesmo, explora como a organización utiliza estes materiais como ferramentas estratéxicas para influír na política. Utilizando un marco teórico baseado nas teorías do establecemento da axenda, o framing e o priming, analízase a implementación das técnicas de comunicación mencionadas e como estas maximizan o impacto mediático e político da organización. A través dun estudo detallado que avaliación da cobertura mediática dos informes de Save the Children, durante un período de tres meses, este traballo destaca como estas estratexias non só capturan a atención nun ciclo de noticias efémero, senón que tamén fomentan unha maior comprensión e acción sobre problemas significativos a longo prazo. Este enfoque resulta ser un modelo eficaz para outras organizacións que buscan influír nas políticas públicas e asegurar un cambio sostible.
Dirección
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Titoría)
Tribunal
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
VIZOSO GARCIA, ANGEL ANTONIO (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Vogal)
CRISTAL: un filme ensaio por e para a xuventude
Autoría
M.V.C.