Intelixencia artificial na produción xornalística: creación e análise dun documental medioambiental xerado integramente con IA baixo supervisión humana
Autoría
L.A.D.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia

Data da defensa
15.09.2025 16:30
15.09.2025 16:30
Resumo
A Intelixencia Artificial (IA) está a revolucionar a nosa percepción e a maneira na que interactuamos coas tecnoloxías. Nun entorno xornalístico caracterizado por cambios rápidos e unha busca constante de innovación, é esencial explorar as amplas posibilidades que a IA ofrece. Aínda que está nunha fase inicial e principalmente se utiliza para tarefas sinxelas, cada vez máis medios de comunicación están a adoptar esta tecnoloxía nos seus procesos de traballo para mellorar a eficiencia e a calidade do seu contido. Este proxecto ten como obxectivo explorar de maneira profunda e profesional os límites e as oportunidades que a IA presenta para os xornalistas. Desde a automatización de tarefas como a recollida de información e a redacción dun reportaxe, ata a realización de tarefas máis complexas como a produción de vídeos e a narración de textos, todo iso enfocado nun tema informativo específico, como é o medio ambiente. Este enfoque práctico permite que o aprendizaxe acadado sexa directamente aplicable ao traballo diario dun xornalista, proporcionando ferramentas para mellorar a eficacia e a innovación na produción de contido informativo. En concreto, a través desta iniciativa abórdase de maneira exhaustiva a problemática crecente da contaminación mariña e os riscos que representa para a saúde humana, xa que os plásticos e microplásticos contaminantes ingresan na cadea alimentaria. Deste xeito, este enfoque non só ten como obxectivo informar ao público, senón tamén xerar conciencia sobre un tema crucial mediante a aplicación estratéxica e ética da IA no xornalismo moderno.

Dirección
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Titoría)
Tribunal
SIXTO GARCIA, JOSE (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
SIXTO GARCIA, JOSE (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Reducar a mirada: Alfabetización visual crítica na era da intelixencia artificial
Autoría
A.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
A.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
É evidente que a democratización das ferramentas dixitais transformou radicalmente o proceso de creación, distribución e consumo das imaxes, converténdoas nunha linguaxe propia que conseguiu redefinir a percepción da realidade. Este novo paradigma expón importantes desafíos críticos, xa que o incremento das imaxes manipuladas provoca unha profunda erosión da confianza visual. Ante esta realidade, xorde a necesidade urxente dunha alfabetización visual sólida que permita distinguir con eficacia entre o real e o artificial desde unha perspectiva crítica e reflexiva. A alfabetización visual, entendida como a capacidade de interpretar e producir imaxes de maneira crítica, leva desenvolvéndose desde os anos 60, incorporando progresivamente capas éticas, sociais e culturais cada vez máis complexas. Esta evolución sufriu unha forte aceleración coa chegada da intelixencia artificial xerativa, que difumina os límites entre o real e o simulado, cuestionando a veracidade fronte á verosimilitude. Nesta investigación, seguindo unha metodoloxía baseada na revisión sistemática da literatura, analízase o papel da accesibilidade tecnolóxica como axente clave na reconfiguración do proceso de produción e interpretación das imaxes. Así mesmo, proponse a necesidade dunha reeducación da mirada que implique unha relación crítica, ética e consciente co contido visual nunha sociedade saturada de estímulos audiovisuais. Esta reeducación será fundamental para garantir a credibilidade dos medios e sistemas de comunicación fronte á manipulación crecente, sen esquecer a importancia de establecer marcos normativos e éticos acordes cos retos actuais. Afrontar os desafíos da intelixencia artificial visual require protexer os valores fundamentais dunha comunicación verdadeira e transparente.

TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
TUÑEZ LOPEZ, JOSE MIGUEL (Titoría)
Tribunal
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Máis alá da velocidade: descubrindo o papel e a importancia dos datos nas retransmisións televisivas e na cobertura xornalística da Fórmula 1.
Autoría
R.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
R.B.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Este traballo de fin de máster analiza o papel e a importancia dos datos nas retransmisións televisivas e a cobertura xornalística da Fórmula 1, a principal competición automobilística e a serie deportiva anual máis seguida do mundo. A través dunha metodoloxía mixta, que combina entrevistas en profundidade a seis xornalistas especializados e unha análise de contido audiovisual, o estudo compara a súa presenza e función en distintos soportes -televisión, radio, prensa escrita e medios dixitais- e explora a evolución histórica da súa representación nas emisións televisivas. Os resultados evidencian que a crecente tecnificación da categoría propiciou un uso cada vez máis intensivo dos datos na cobertura xornalística, con especial protagonismo na prensa escrita, os medios dixitais e a televisión. Así mesmo, constátase un incremento sostido na presenza de datos nas retransmisións televisivas durante as dúas últimas décadas, cunha intensificación notable nos últimos dez anos. A análise tamén revela cambios no uso dos datos segundo a súa duración, momento de aparición na carreira, enfoque narrativo ou función explicativa, así como elementos que permaneceron estables ao longo do período estudado. ..............................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Vizoso García, Ángel Antonio (Titoría)
Tribunal
Silva Rodríguez, Alba (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)

O Cinema que Ven, medio autóctono para redes especializadas en crítica cinematográfica
Autoría
D.F.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
D.F.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
15.09.2025 17:15
15.09.2025 17:15
Resumo
O Cinema que Ven é un medio nativo para redes de crítica cinematográfica desenvolto en Instagram que suxire unha renovación metodolóxica do campo, integrando a análise fílmico coa experiencia emocional do espectador non especializado. Partindo de entrevistas centradas nunha pregunta inicial -Cal é a túa película favorita e por que?-, o proxecto constrúe un modelo híbrido que articula o testemuño afectivo con ferramentas da teoría cinematográfica. Rompe coas lóxicas tradicionais ao recoñecer no gusto persoal un punto de entrada lexítimo para pensar o cinema como fenómeno cultural. O obxectivo editorial é democratizar a crítica cinematográfica, subliñando que a emoción, lonxe de ser unha resposta puramente subxectiva, constitúe unha ferramenta lexítima e válida para a análise. Este enfoque convida a considerar que o cinema non só contémplase, senón que se lembra, vívese e compártese, fomentando unha reflexión que é inclusiva e auténtica. Así, búscase propiciar un espazo no que o cinema sexa comprendido non só como un produto cultural, senón tamén como un vehículo para a introspección e o diálogo. Así mesmo, o proxecto pretende proporcionar ferramentas aos usuarios que fomenten o pensamento crítico e a reflexión colectiva en torno ao cinema como fenómeno cultural, estético e social, co propósito de expandir e enriquecer a experiencia do acto de ver. Paralelamente, aspira a recomendar unha ampla variedade de películas, entendendo que un dos horizontes máis valiosos desta proposta é precisamente xerar entusiasmo e motivar aos usuarios para descubrir novas obras cinematográficas. Este traballo de fin de máster (TFM) enmárcase dentro da categoría de produto. A primeira parte consiste nun marco teórico que aborda o estudo do xornalismo especializado, o xornalismo cultural, os medios nativos dixitais e a crítica cinematográfica, co fin de fundamentar o desenvolvemento do produto. Na segunda parte, aplícanse estratexias de deseño, planificación de proxectos e design thinking para a ideación e execución do proxecto proposto.

Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
Tribunal
SIXTO GARCIA, JOSE (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
SIXTO GARCIA, JOSE (Presidente/a)
TENREIRO UZAL, CIBRAN (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
OU ké!: A creación dun medio nativo en redes no contexto da cidade de Ourense
Autoría
I.I.I.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
I.I.I.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 16:30
16.09.2025 16:30
Resumo
OU ké! é un medio dixital de xornalismo político transmedia con sede en Ourense cuxo propósito esencial reside en achegar a política local e autonómica a un público de 18 a 40 anos que habitualmente se sente alleo aos fluxos informativos convencionais. Para iso emprega formatos audiovisuais e dinamicas propias das redes sociais: debates en directo en Youtube; cápsulas pedagóxicas en Instagram e TikTok; e tertulias xuvenís que dan voz á mocidade. Combina rigor informativo e entretemento con obxectivos claros: sensibilizar a audiencia sobre procesos electorais, fomentar unha participación crítica e atopar modelos de sustentabilidade que garantan a súa independencia e continuidade. Xa sexa co patrocinio do mesmo medio de comunicación como exercendo de produtora audiovisual para terceiros Co medre do proxecto as temáticas dos contidos tamén se diversifican a fin de atraer audiencias novas. Ademais da política, eixo fundamental do proxecto, fálase de eventos culturais, debates socioculturais e entrevistas a persoas do mundo do cine, música e outras artes en Galicia. O deporte, a través do formato Maniotas, converteuse nun xeito de contar historias persoais de esforzo e superación. Dando voz a deportistas, da cidade de Ourense e a súa contorna, das disciplinas e categorías máis diversas. A linguaxe clara, os formatos fácilmente consumibles e a súa presenza en diversas plataformas sociais fan deste un proxecto con ambición de chegar a un público consumidor de contido en redes que xa teña deixado de lado boa parte da dinámica dos medios tradicionais. Sen dar nada por explicado, chegando aos que sinten que ninguén lles quixo explicar nada.

NEGREIRA REY, MARIA CRUZ Cotitoría
Silva Rodríguez, Alba (Titoría)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Vogal)

A estratexia de comunicación da cultura tradicional chinesa sobre TIK TOK
Autoría
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
13.02.2025 10:00
13.02.2025 10:00
Resumo
este estudo toma como obxeto de investigación a plataforma TikTok para analizar as súa estratexias e o impacto que ten na difusión da cultura tradicional china. a través dunha análise exhaustiva de casos e contados, examínanse as formas de creación de vídeos, a participación activa dos usuarios e os efectos de difusión que os vídeos relacionados coa cultura tradicional logran nesta plataforma. Este estudo destaca que uhna das principias características dos vídeos curtos é a rapidez coa que captan a atención do espectador e o sea formato visualmente atractivo. cando estas vantaxes se combinan co mecanismo de recomendación algorítmica de TikTok, facilítase de maneira efectiva a globalización da cultura tradicional china. este fenómeno permite que uhna ampla variedade de contidos relacionados con tradicións e costumes chinesas sexan accesibles para audiencias internacionales, incrementando a visibilidad e a apreciación global pola cultura china. a pesar destes logros, o estudo identifica retos no proceso de difusión, un dos problemas máis importantes é a simplificación excesiva do contido. pola natureza dos vídeos curtos, os creadores vén obrigados a presentar conceptos complexos de maneira rápida, e ás veces, superficial.Isto pode derivar nunca representación parcial ou inexacta das tradicións. ademais, as diferenzas culturais entre creadores e audiencias internacionais poden xerar malentendidos, especialmente cando falta contexto ou explicacións axeitadas sobre as tradicións presentadas. isto pode levar a interpretacións erróneas ou a reforzar estereotipos que afectan a percepción global da cultura china.

Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Neira Cruz, Xose Antonio (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Silva Rodríguez, Alba (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
Silva Rodríguez, Alba (Secretario/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Vogal)
Investigación sobre estratexias para a comunicación internacional da cultura chinesa nos vídeos de YouTube de Li Ziqi
Autoría
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Y.L.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 17:15
16.09.2025 17:15
Resumo
Este estudo toma a canle de YouTube de Liziqi como un caso típico para explorar o mecanismo e a eficacia da comunicación intercultural en contidos de vídeo curtos chineses. A investigación emprega unha abordaxe de métodos mixtos e analízaa desde tres dimensións: produción de contido, retroalimentación da audiencia e eficacia da comunicación. No nivel de produción de contido, obsérvanse e analízanse sistematicamente 129 vídeos para identificar cinco tipos de contido principais: produción de alimentos, termos e festivais solares, artesanía tradicional, traballo feminino e narrativas de amor familiar. As características de produtividade do contido tamén se avalían en función de indicadores como a duración do vídeo, a variedade de temas e a orixinalidade. No nivel de retroalimentación da audiencia, recóllense 19.500 comentarios en inglés que recibiron moita atención. Usando técnicas de procesamento da linguaxe natural de Python, análise de sentimentos emocionais, extracción de palabras frecuentes e construción de redes semánticas, combinadas con etnografía en liña, o estudo examina as respostas emocionais, a cognición cultural e a identificación de valores do público estranxeiro. No nivel de eficacia da comunicación, os indicadores cuantitativos como o número de subscricións, as visualizacións de vídeos e os gústames intégranse cunha avaliación cualitativa da capacidade de establecer a axenda para crear un sistema de avaliación multidimensional. O estudo conclúe que os vídeos de Liziqi, coa súa estética visual única, as súas estratexias narrativas cotiás e o seu contido culturalmente rico, crean con éxito unha paisaxe mediática idealizada da China rural, evocando resonancia emocional e imaxinación cultural en audiencias globais. Esta práctica de comunicación non só rompe barreiras culturais, senón que tamén innova vías para a comunicación cultural internacional de China. O marco teórico e os métodos analíticos propostos neste estudo ofrecen novas perspectivas para a investigación sobre a comunicación intercultural na era dixital e proporcionan referencias prácticas para implementar a estratexia de globalización de China.

Por que está disposta a pagar a audiencia? Unha análise da relación entre a percepción de valor e os modelos de financiación en medios dixitais
Autoría
A.L.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
A.L.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
A seguinte investigación ten como obxectivo analizar as actitudes, percepcións e comportamentos da audiencia respecto ao pago por contidos informativos dixitais, atendendo ás variacións segundo o perfil de usuario, o tipo de contido ou o modelo de financiamento dos medios, así como as súas estratexias de fidelización e xeración de valor engadido para o lector. Ao mesmo tempo, búscase entender como os diferentes modelos de financiamento afectan a cuestións como a credibilidade dos medios de comunicación e a percepción da independencia editorial. Para iso, levouse a cabo unha investigación de tipo mixto empregando a enquisa como técnica cuantitativa e o grupo focal para a súa complementación cualitativa. A mostra da enquisa baseouse en 101 respostas de persoas maiores de 18 anos residentes na xeografía galega, tratando de recoller unha visión diversa e representativa do consumo informativo. Ademais, o grupo focal pretendía centrar a súa atención na percepción do público novo consumidor de medios de comunicación. Os resultados da análise evidencian, entre outras cuestións, unha confianza maioritaria cara aos modelos de subscrición e unha desconfianza crecente cara ás subvencións públicas, entendidas como unha forma de control político que pode condicionar a autonomía dos contidos. Tamén se observa que as vantaxes premium non son un dos factores que máis inflúen na decisión de pagamento e que cuestións máis abstractas, como o prestixio ou a traxectoria profesional do medio, xogan un papel importante, aínda que non resulta concluínte a relación entre o formato impreso e o prestixio percibido.

Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Rodríguez Castro, Marta (Titoría)
Tribunal
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
NEGREIRA REY, MARIA CRUZ (Secretario/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Vogal)
Mitos e lendas galegas: proxecto de podcast
Autoría
F.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
F.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
15.09.2025 18:00
15.09.2025 18:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster presenta Fogatas Recónditas, un proxecto de podcast xornalístico e narrativo centrado na exploración e divulgación dos mitos e lendas da cultura galega. A través dunha primeira tempada de cinco episodios, os xornalistas Federico Marchiori (de Italia) e Sergio Moino (de Venezuela) embárcanse nunha viaxe por Galicia para descubrir e analizar relatos ancestrais como a Santa Compaña, as Meigas, as Lavandeiras, o Samhain e a Raíña Lupa. O proxecto adopta un formato híbrido que combina a ficción sonora inmersiva, a investigación xornalística rigorosa e unha análise intercultural, establecendo pontes entre o folclore galego e as tradicións dos países de orixe dos autores. Un dos piares fundamentais de Fogatas Recónditas é a súa aposta pola innovación tecnolóxica para poñer en valor o patrimonio oral galego. O proxecto integra o uso de intelixencia artificial xenerativa en múltiples facetas: desde a creación de guións e a xeración de imaxes para a identidade visual, ata o deseño de efectos de son e a modificación de voces para dar vida aos personaxes das lendas. Así mesmo, o proxecto explora a expansión transmedia do seu universo narrativo, desenvolvendo un bot conversacional para Telegram, @MeigaSabela_Bot, que interactúa coa audiencia adoptando a personalidade dunha meiga. Co obxectivo de fomentar unha comunidade de oíntes activa e fidelizada, a iniciativa incorpora unha colección de NFTs (Tokens Non Funxibles) chamada Reliquias de Fogatas Recónditas. Estes activos dixitais, concibidos como artefactos narrativos, ofrécense de xeito exclusivo aos subscritores, converténdoos en coleccionistas e partícipes da historia. O podcast, deseñado para adaptarse aos novos hábitos de consumo dixital, distribúese gratuitamente nas principais plataformas de audio. En definitiva, Fogatas Recónditas non só busca preservar a tradición oral galega, senón que tamén se posiciona como un laboratorio de narrativas dixitais, demostrando o potencial do formato sonoro como ferramenta de divulgación cultural e sentando as bases para un formato que podería estenderse a outras rexións no futuro.

BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA (Vogal)

S.A.M.

O Inmenso Liego
Autoría
A.P.H.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
A.P.H.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
15.09.2025 18:45
15.09.2025 18:45
Resumo
O Inmenso Liego é un documental social e antropolóxico que explora en profundidade o fenómeno do despoboamento rural na provincia de Soria, unha das zonas máis afectadas por este proceso no interior de España. A través dunha mirada sensible, o proxecto penétrase na realidade cotiá dos habitantes dos pobos sorianos, visibilizando as súas loitas, esperanzas e formas de resistencia fronte ao abandono institucional e ao desarraigamento. Cun enfoque participativo e observacional, o documental dá voz ás persoas afectadas por esta realidade, permitindo que os seus propios testemuños e vivencias constrúan unha narrativa colectiva, honesta e profundamente humana. Non se trata só de mostrar cifras ou diagnósticos, senón de contar historias persoais que revelan o impacto emocional, cultural e social do despoboamento. A obra propón así unha lectura crítica, pero tamén empática, dunha problemática que transcende o local e que se reflicte en moitas rexións rurais de Europa e o mundo. A proposta audiovisual combina ferramentas do xornalismo, a etnografía visual e os linguaxes da arte contemporáneo para ofrecer unha representación rigorosa e comprometida coas comunidades retratadas. A súa estética coidada, a súa montaxe pausada e a súa aposta por escóitaa activa constrúen unha experiencia inmersiva que interpela ao espectador desde a reflexión e a sensibilidade. O Inmenso Liego exponse como o punto de partida dun proxecto transmedia máis amplo, concibido como un arquivo vivo, colaborativo e en permanente construción. Este arquivo recolle memorias, fotografías, cartas, sons e outros materiais achegados polas propias comunidades rurais de Soria, xerando así un espazo de diálogo e resistencia cultural fronte ao esquecemento. Máis que un simple documental, é unha invitación para repensar o vínculo entre territorio, identidade e futuro.

Avaliación da accesibilidade en medios dixitais españois para audiencias invidentes
Autoría
M.S.P.O.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
M.S.P.O.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 17:15
16.09.2025 17:15
Resumo
Nas sociedades democráticas contemporáneas, o acceso á información constitúe un dereito fundamental, estreitamente vencellado coa participación activa da cidadanía na vida pública. Neste contexto, os medios de comunicación, especialmente na súa vertente dixital, desempeñan un papel crucial na garantía deste dereito. A súa responsabilidade non se limita unicamente á difusión de contidos veraces e plurais, senón tamén á obriga de asegurar que dita información sexa accesible para todas as persoas, incluídas aquelas que presentan discapacidade visual. Nun mundo crecente e profundamente dixitalizado como é o actual, a accesibilidade nos diversos contidos que se ofertan é algo fundamental. Para as persoas cegas ou con baixa visión, un entorno web e dixital accesible resulta imprescindible, xa que depende do uso de tecnoloxías de asistencia como os lectores de pantalla NVDA e JAWS en Windows, ou o VoiceOver nos dispositivos de Apple. Porén, a pesar da existencia de marcos normativos nacionais e internacionais que esixen o cumprimento de estándares como as Pautas de Accesibilidade para o Contido Web (WCAG), diversos estudos e informes, como os elaborados pola Fundación ONCE ou traballos académicos sobre a accesibilidade xornalística, revelan unha fenda importante entre as esixencias legais e a realidade práctica dos medios dixitais. Neste contexto, o presente traballo proponse realizar unha análise exploratoria e crítica do nivel de accesibilidade que presentan os sitios web e aplicacións móbiles dos principais xornais de España e Galicia. Ademais, incluiranse tamén emisoras de radio seleccionadas, así como plataformas audiovisuais baixo demanda, nas que se avaliará non só a accesibilidade da interface, senón tamén a dispoñibilidade de recursos como a audiodescrición nas series e películas. A través desta investigación preténdese identificar boas prácticas, sinalar deficiencias existentes e, de ser necesario, propoñer melloras concretas que favorezan unha experiencia informativa e cultural verdadeiramente inclusiva. En definitiva, trátase de avaliar a accesibilidade real dos principais medios de comunicación dixitais en España desde a perspectiva das persoas con discapacidade visual, analizando tanto os aspectos técnicos como a experiencia de usuario. Só mediante a implementación efectiva de medidas inclusivas se poderá garantir o dereito pleno á información e á participación cidadá de todos os colectivos, sen excepción.

RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Ruada Gastronómica: Espazo web para a promoción e fortalecemento da gastronomía tradicional galega arredor da celebración
Autoría
S.P.T.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
S.P.T.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
13.02.2025 11:00
13.02.2025 11:00
Resumo
Ruada Gastronómica nace como un proxecto de difusión da gastronomía galega co que se pretende achegar a cultura gastronómica galega á mocidade de Galicia. Para isto crearonse contidos informativos e de entretemento cos que tratar diversos aspectos da gastronomía galega como receitas tradicionais, establecementos de restauración ou eventos gastronómicos, entre outros. Este proxecto está composto por un espazo web, no que se profundiza en todos os temas tratados, e unha conta de Instagram, na que se presentan microcontidos cos que acadar a atención do noso público obxectivo e invitar á participación, dado que a esencia deste proxecto é a colaboración, aprender e compartir de gastronomía nun entorno amigable. O principal obxectivo a acadar con este proxecto é promover e fortalecer a gastronomía e a cultural culinaria galega entre a xente nova, impulsando así a interxeneración do saber gastronómico. Para conseguir este gran obxectivo, antes propoñémonos unha serie de pasos a acadar: - Fomentar un punto de encontro interxeracional a través de receitas, recopilando e compartiendo as receitas que nos ensinaron os noso maiores. - Elaborar unha canle de información sobre gastronomía galega a través da que o conxunto da cidadanía poida estar ao día dos eventos gastronómicos de Galicia. Promover o talento culinario e a cociña moderna orixinaria da tradicción culinaria. - Achegar á xente nova á tradición e a historia que rodea á gastronomía galega. Todo isto pretendese facer de xeito ameno, amigable e de forma colaborativa a través dunha linguaxe multimedia coa que crear contidos atractivos e de fácil consumo para o noso público obxectivo.

Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
GARCIA OROSA, BERTA (Presidente/a)
Vázquez Herrero, Jorge (Secretario/a)
Silva Rodríguez, Alba (Vogal)
Emprego de novas narrativas no tratamento de conflitos bélicos
Autoría
A.Q.O.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
A.Q.O.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 18:00
16.09.2025 18:00
Resumo
A cobertura de conflitos bélicos adquiriu unha relevancia sen precedentes debido ao momento histórico no que nos atopamos na actualidade, intre no que acadamos o pico de conflitos activos dende a Segunda Guerra Mundial que, segundo o último informe del Institute for Economics and Peace, son 56. A globalización da información, xunto co acceso inmediato ás noticias a través de plataformas dixitais, modificou profundamente a forma na que estes sucesos son comunicados e chegan ao público xeral. Este estudo encárgase de analizar como os correspondentes de guerra, ou simplemente xornalistas enviados a zonas nas que xorden este tipo de situacións, seleccionan e constrúen narrativas xornalísticas ao informar sobre conflitos centrándose nas dúas guerras máis cubertas polos medios españois durante os últimos meses: a guerra entre Rusia e Ucraína e o conflito entre Israel e Palestina. Por medio da análise de pezas xornalísticas de medios de comunicación representativos e consultados pola sociedade e tamén as testemuñas de profesionais da información adicados a este tipo de traballo, preténdese acadar unha visión máis específica da situación que viven e a forma na que os medios traballan con este tipo de sucesos tan delicados. Ademais, analiza o papel das organizacións non gobernamentais (ONG) e medios alternativos que lograron situarse como actores na construción de narrativas e percepción pública dos conflitos a través das redes sociais. Os achados permiten comprender mellor a construción e difusión de información sobre conflitos bélicos aportando datos sobre a evolución do xornalismo de guerra na era dixital.

Estrategias de Instagram para medios gallegos: Diseño de un modelo de negocio para optimizar la presencia audiovisual
Autoría
M.G.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
M.G.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
16.09.2025 19:30
16.09.2025 19:30
Resumo
O presente Traballo de Fin de Máster de proxecto desenvolve GramPress Creative, unha consultora dixital especializada en estratexias audiovisuais para medios de comunicación locais en Galicia, con foco na plataforma Instagram e na creación dunha páxina web profesional. O proxecto xorde como resposta aos desafíos que afrontan os medios tradicionais no seu proceso de transformación dixital, especialmente en contornos locais onde os recursos e a capacidade de innovación adoitan ser limitados. Neste contexto, GramPress Creative propón un modelo de negocio innovador que integra auditorías de perfís dixitais, deseño de contido visual, xestión estratéxica de redes sociais, campañas puntuais de alto impacto e formación especializada para equipos de redacción. O obxectivo principal é mellorar a visibilidade, o alcance e a conexión cos públicos dixitais, mantendo e reforzando a identidade xornalística, os valores informativos e o arraigamento territorial de cada medio. Ao longo do traballo, deseñouse unha proposta integral de valor, que inclúe un plan de difusión, a creación dunha web corporativa, un perfil profesional en Instagram como mostra viva dos servizos ofrecidos, e a execución de casos piloto que permiten validar o concepto mediante a súa aplicación práctica. Así mesmo, preséntanse estimacións financeiras detalladas, unha análise dos recursos humanos e técnicos necesarios, unha avaliación do retorno do investimento (ROI), e un plan de continxencia que garante a sostibilidade operativa ante distintos escenarios. Os resultados evidencian tanto a viabilidade económica como a estratéxica do proxecto, así como o seu potencial para favorecer a adaptación dixital dos medios locais galegos. GramPress Creative concíbese como un modelo replicable e escalable, baseado na innovación visual, o compromiso social e a proximidade territorial, contribuíndo así ao fortalecemento do ecosistema mediático galego nun entorno dixital cada vez máis dinámico e competitivo.

SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
SIXTO GARCIA, JOSE (Titoría)
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Nàstic-Málaga: Acariñando a gloria
Autoría
R.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
R.R.M.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 11:30
07.07.2025 11:30
Resumo
Neste traballo preséntase Nàstic-Málaga: Acariñando a gloria, unha reportaxe multimedia que narra en profundidade e con emotividade a final da fase de ascenso a Segunda División perdida polo Club Gimnàstic de Tarragona no último suspiro, concretamente no tempo engadido da prórroga. Esta derrota, dolorosa e inesperada para os afeccionados tarraconenses, marca un punto de inflexión na tempada 2023/24 do equipo e serve como eixo narrativo dunha historia que vai máis aló do simple resultado deportivo. A reportaxe preséntase a través dunha páxina web deseñada para ofrecer unha experiencia interactiva e envolvente. Ao longo desta, explícanse outros feitos similares que sucederon en tempadas anteriores, resaltando a tendencia histórica de oportunidades perdidas, o que outorga unha dimensión máis ampla e contextual ao desenlace da campaña. Tamén, resúmese con detalle a fase regular do Nàstic durante a tempada 2023/24, con especial énfase nos momentos decisivos que permitiron ao equipo alcanzar os playoffs. A narrativa céntrase particularmente nos catro partidos disputados nesta fase de ascenso, culminando na emotiva final contra o Málaga Cf. A historia cóntase desde unha perspectiva emocional e persoal, recollendo os testemuños e sensacións tanto dos afeccionados do Nàstic como de xornalistas locais. A reportaxe combina elementos multimedia como fotografías, vídeos e hipertextos, xunto a xéneros xornalísticos como a crónica, a reportaxe clásica e a entrevista en profundidade, para achegar unha visión completa e próxima ao usuario. Así mesmo, incorpora recursos literarios, como o uso da narrativa emocional, que enriquecen o relato e conectan co lector de maneira máis íntima, ofrecendo así unha experiencia inmersiva, conmovedora e reflexiva sobre a paixón, o sentimento de pertenza e o sufrimento no fútbol.

A diglosia entre o castelán e o galego nos artigos de opinión de La Voz de Galicia
Autoría
P.R.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
P.R.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
15.09.2025 19:30
15.09.2025 19:30
Resumo
Este traballo de fin de máster analiza a situación de diglosia entre o castelán e o galego a través do estudo dos artigos de opinión publicados os martes e domingos no xornal La Voz de Galicia ao longo do ano 2023. Un dos principais obxectivos foi examinar a relación entre os temas sociolingüísticos e os medios de comunicación, tomando este xornal como referente debido ao seu peso dentro do contexto galego, ao ser o medio con maior difusión e influencia na comunidade autónoma bilingüe de Galicia. A investigación estrutúrase a partir dunha aproximación teórica baseada en achegas da sociolingüística, da análise do discurso e dos estudos sobre medios de comunicación, campos que converxen na comprensión da forma en que se reflicte a realidade lingüística nun medio de gran alcance. Para comprobar as hipóteses formuladas arredor da posible existencia de diglosia neste espazo comunicativo, realizouse unha análise cuantitativa que consistiu na recompilación sistemática dos artigos do corpus seleccionado, identificando o idioma empregado en cada caso. Os resultados obtidos puxeron de manifesto un claro predominio do castelán, tanto en termos numéricos como no tratamento dos temas abordados, o que confirma a presenza dunha situación de diglosia. Ademais, realizouse unha análise cualitativa aplicada a unha mostra significativa de artigos centrados na temática sociolingüística, empregando ferramentas da análise crítica do discurso. Esta última fase permitiu observar con maior detalle as opinións e posicionamentos dalgúns autores sobre a realidade lingüística galega, evidenciando as ideoloxías subxacentes aos discursos publicados.

“Un porrón con…”, un podcast para a xente nova
Autoría
C.R.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
C.R.R.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 18:45
16.09.2025 18:45
Resumo
O panorama xornalístico actual afronta unha era de constante adaptación e cambio. A tecnoloxía avanzou a pasos axigantados e, coa irrupción das novas plataformas e as redes sociais, os hábitos de consumo mudaron e o xornalismo dixital gañou enteiros. Este proxecto, integramente dixital, fai uso destas novas tendencias na produción, xestión e difusión do coñecemento para adaptarse a este novo entorno comunicativo existente. Un porrón con… (https://linktr.ee/unporroncon) é un proxecto que nace a raíz de historias persoais que van ser contadas a través da creación dun podcast en galego con temática de viaxes. Este estrutúrase ao redor de entrevistas con persoas que xa protagonizaron estancias internacionais vinculadas a oportunidades formativas, profesionais ou culturais, tales como programas de idiomas, bolsas, estancias predoutorais ou actividades relacionadas con fitos académicos como os pasos de ecuador. O obxectivo principal pon o seu foco en inspirar e informar os oíntes sobre estas opcións reais e reforzar a idear de que calquera persoa pode acceder a estas vivencias no estranxeiro, á vez que se fomenta o uso do galego como lingua vehicular do podcast, tanto na súa elaboración como na súa difusión e promoción. O traballo aborda todas as fases de creación dun podcast: conceptualización, creación de marca, identidade visual, produción, gravación, edición e a correspondente difusión e promoción, adaptadas ás principais plataformas de escoita de podcast e ás redes sociais máis relevantes para o público obxectivo, ademais da análise das métricas e os resultados obtidos. En resumo, este podcast posiciónase como unha ferramenta útil, próxima e innovadora, que conecta coa xente nova e ofrece vivencias reais de xente que experimentou estadías internacionais grazas a programas formativos, bolsas ou oportunidades.

A difusión de noticias nos vídeos curtos de Douyin: análise de tres contas informativas en eventos virales
Autoría
Y.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Y.S.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 18:00
16.09.2025 18:00
Resumo
No contexto dos novos medios, os vídeos curtos de Douyin convertéronse rapidamente nunha plataforma crave para a difusión de información en China, grazas ás súas características de alta interactividade, frecuencia intensa e formato fragmentado. Este fenómeno atraeu a participación activa de medios nacionais, medios locais e contas de medios independentes. Os usuarios non só acceden á información a través destes vídeos, senón que tamén xeran unha dinámica activa de expresión e retroalimentación nas seccións de comentarios. Este estudo adopta un enfoque de estudo de casos e análises de contido, seleccionando tres contas representativas en Douyin: CCTV News (medio nacional), DaXiangXinWen (medio local) e XinWenJie (influencer de noticia). Centrouse en dez categorías de eventos noticiosos de alta relevancia social durante o primeiro semestre de 2025 (como cultura e entretemento, políticas económicas, desastres naturais, exames educativos, emerxencias internacionais, dereitos civís, problemas sociais, saúde pública, ciencia e tecnoloxía, e xustiza). Recompiláronse 30 víideos curtos con alto nivel de interacción e os 50 comentarios máis destacados por número de “gústame”, totalizando 1360 comentarios analizados. Neste estudo levou a cabo unha análise léxica dos comentarios mediante unha segmentación e etiquetaxe gramatical do texto, co fin de identificar substantivos e adxectivos relevantes. Posteriormente, utilizouse o módulo Counter da biblioteca collections de Python para calcular a frecuencia de aparición de cada termo e extraer así as palabras máis frecuentes. Dado que a análise realizouse en chinés, algúns adxectivos poden presentar desviacións semánticas ao ser traducidos ao español. Mediante a análise comparativa dos estilos narrativos, as estratexias lingüísticas, o uso de etiquetas e os patróns de interacción do público, o estudo explora como diferentes tipos de medios adaptan os seus contidos ao ecosistema algorítmico de Douyin. Os resultados mostran que as tres contas representan tres roteiros distintos de difusión: autoridade institucional, proximidade local e emocionalidad narrativa, reflectindo así a diversidade de estratexias mediáticas e a complexa relación entre contido, plataforma e usuarios.

Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Vázquez Herrero, Jorge (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Vogal)
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Rodríguez Castro, Marta (Secretario/a)
QUIAN PAMPIN, ALBERTO (Vogal)
Deepfakes na comunicación política: Achegamento teórico e estudo empírico con mocidade.
Autoría
S.T.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
S.T.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
16.09.2025 20:15
16.09.2025 20:15
Resumo
Esta investigación ten como obxectivo analizar o estado actual da produción académica sobre deepfakes aplicados á comunicación política, así como explorar a capacidade de detección destes contidos por parte da poboación nova nativa dixital. Adoptouse unha metodoloxía mixta que combina, por unha banda, unha revisión sistematizada da literatura científica nas bases de datos Scopus e Web of Science, e por outra, unha proba empírica de detección de deepfakes aplicada a unha mostra de 112 persoas de entre 18 e 30 anos. A enquisa incluíu diversas variables co fin de identificar posibles factores asociados ao rendemento. Os resultados mostran un rendemento positivo na proba de detección, onde o 88,4 % dos participantes identificou correctamente os vídeos. Non obstante, non se observaron correlacións significativas coas variables analizadas. Isto suxire que a ameaza que supoñen os deepfakes é transversal e non afecta unicamente a determinados perfís. A partir destes achados, refórzase a necesidade de actualizar a alfabetización mediática, incorporando competencias relacionadas coa intelixencia artificial, así como de reivindicar o papel do xornalismo de verificación como barreira fronte á desinformación audiovisual. Finalmente, advírtese sobre a perda de fiabilidade do formato vídeo como proba informativa, dada a súa crecente vulnerabilidade ante a manipulación dixital.

GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
Pascual Presa, Noel Cotitoría
GARCIA OROSA, BERTA (Titoría)
Pascual Presa, Noel Cotitoría
Tribunal
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
LOPEZ GARCIA, XOSE (Presidente/a)
PEREZ SEIJO, SARA (Secretario/a)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Vogal)
Fai a túa comunicación: vías alternativas de información e a súa adaptación á era dixital.
Autoría
D.V.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
D.V.C.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 10:30
07.07.2025 10:30
Resumo
Desde os primeiros pasos e experimentos dos medios comunicativos modernos no século XX, houbo un afán tanto comunitario como didáctico detrás do funcionamento destas plataformas. A medida que estes medios se profesionalizan, as canles de comunicación que mantiveron ese papel comunitario continuaron operando fóra dos campos da información comercial, adoptando o papel de emisoras informativas alternativas. Dedicados a compartir información desde todos os ámbitos posibles, os medios alternativos comezaron a difundir contidos fóra do radio comercial ocupado polos grandes conglomerados informativos. As emisoras e editoriais alternativas dedicábanse a compartir unha nova cara da información dun xeito precario, ás veces rozando a cuestión legal. Durante o século XX, estes medios loitaron contra unha multitude de adversidades, pero coa chegada de Internet, a súa natureza cambiou radicalmente. Con esta nova forma de comunicación que a aplicación de Internet supuxo para os medios tradicionais, as canles alternativas experimentaron novas formas de traballar, manterse e chegar a novos recunchos do mundo, creando novas comunidades. Neste traballo realizouse unha comparación de estudos de caso para ver como evolucionaron estes medios alternativos ao longo da súa existencia e, a continuación, analizar os seus cambios coa introdución de Internet como elemento esencial en todas as áreas funcionais destes medios informativos. A través deste estudo de caso, resólvense obxectivos e hipóteses baseándose nun marco teórico para comprender a historia destes medios e poder analizar a súa evolución, o seu presente e o seu probable futuro.

lowpro. Magazine: Revista para Instagram sobre música e cultura urbana
Autoría
H.V.B.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
H.V.B.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia
Data da defensa
07.07.2025 09:30
07.07.2025 09:30
Resumo
Este Traballo de Fin de Máster de produto presenta lowpro. Magazine, un proxecto de revista dixital dirixida a Instagram sobre música e cultura urbana contemporánea. A finalidade deste medio é dar visibilidade, desde unha perspectiva de respecto e coñecemento, a todos aqueles perfís creativos que, a pesar non recibir a atención necesaria en portadas nin titulares doutros medios, o seu traballo resulta esencial no desenvolvemento do panorama cultural urbano. Estes son: produtores, DJs, deseñadores, fotógrafos, promotores, colectivos ou clubs. Do mesmo xeito, lowpro. Magazine propón unha lectura crítica e contextualizada dos movementos culturais urbanos, co obxectivo de comprender a súa influencia directa na cultura pop e nas escenas creativas actuais. O presente documento recolle todas as fases do desenvolvemento do proxecto, desde a súa conceptualización e planificación estratéxica ata a súa execución, avaliación e análise de viabilidade futura. A metodoloxía aplicada baséase nun enfoque de xestión por etapas específicas e na posta en marcha do medio, facendo uso de ferramentas do ámbito da comunicación e creación dixital, realizando a produción e publicación de tres formatos clave en tres liñas diferenciadas: entrevistas a figuras relevantes do panorama urbano, vídeos divulgativos en formato reel e recomendacións de lanzamentos musicais recentes. Desde o lanzamento oficial da conta @lowpro.magazine o 3 de marzo de 2025, compartíronse un total de trece publicacións que lograron alcanzar preto de 19.000 contas únicas e superar as 50.000 visualizacións acumuladas en total. Estas cifras permitiron validar o interese da comunidade e, ademais, recoller interaccións orgánicas con perfís verificados e creativos clave da escena urbana, fortalecendo o seu posicionamento como medio emerxente e con criterio propio. Este proxecto demostra o potencial real dun medio independente, construído a partir dunha proposta editorial coidada, unha identidade visual coherente e unha narrativa cultural comprometida. Gracias á súa misión vinculada coa cultura e á súa traballada proposta gráfica, lowpro. Magazine non só aspira a consolidarse como un espazo de referencia no ecosistema dixital, senón tamén a propoñer novas formas de comunicar o urbano dende o rigor, a sensibilidade e cunha perspectiva de futuro.

Estudio Analítico de “Tiktok” y “YouTube” en el mercado chino
Autoría
X.Z.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
X.Z.
Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento
Data da defensa
16.09.2025 11:15
16.09.2025 11:15
Resumo
Han transcurrido más de ocho años desde que el fundador chino Yiming Zhang lanzó la aplicación “TikTok” en septiembre de 2016. Una de las principales controversias que ha rodeado a esta plataforma es la percepción común de que “TikTok” es una réplica idéntica de “YouTube”. El objetivo de este estudio es, en primer lugar, analizar las diferencias y similitudes fundamentales entre ambas aplicaciones mediante un enfoque histórico, comunicativo y multimedia, con el fin de ofrecer una perspectiva más crítica y objetiva. En segundo lugar, se busca explorar las percepciones de dos poblaciones distintas, española y china, especialmente entre la generación joven, frente a estos puntos de comparación, tratando de identificar las causas que originan dichas percepciones. Esta trabajo fin de master analiza comparativamente las plataformas TikTok y YouTube, partiendo del surgimiento de su comparación debido al creciente protagonismo de ambas en el ecosistema digital. Se plantean objetivos generales y específicos que guían la investigación, así como una hipótesis que busca ser verificada a través del estudio. En el marco teórico se abordan los antecedentes, el desarrollo y la situación actual de cada plataforma, permitiendo comprender su evolución y posicionamiento. A partir de ello, se profundiza en sus similitudes y diferencias, considerando aspectos como el formato de contenido, la audiencia, el modelo de negocio y la interacción con los usuarios. La metodología empleada incluye técnicas de recolección y análisis de datos cuantitativos cuya interpretación se presenta en el análisis estadístico. Finalmente, se lleva a cabo una discusión crítica de los resultados obtenidos, relacionándolos con la hipótesis inicial y proponiendo conclusiones relevantes para el estudio del impacto y la transformación de los medios digitales.

RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
RIVAS DE ROCA GARCIA, RUBEN RAFAEL (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ VAZQUEZ, ANA ISABEL (Presidente/a)
Vizoso García, Ángel Antonio (Secretario/a)