Proxecto de deseño e instalación dun sistema de climatización mediante bomba de calor e estudo de viabilidade dunha instalación fotovoltaica nunha cabina de analizadores de calidade do aire.
Autoría
C.B.C.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)

Data da defensa
19.02.2026 10:15
19.02.2026 10:15
Resumo
Este Traballo Fin de Grao ten como obxectivo o deseño e a mellora do sistema de climatización dunha cabina de analizadores de calidade do aire pertencente a unha rede automática de control ambiental, así como a avaliación da viabilidade técnica e enerxética dunha instalación solar fotovoltaica asociada. A cabina alberga equipos de medida que requiren condicións térmicas estables para garantir a fiabilidade dos datos obtidos. Neste contexto, realizouse unha análise detallada da situación inicial e dos requisitos de funcionamento dos analizadores, establecendo como criterio de deseño o mantemento da temperatura interior dentro do rango de operación recomendado polos fabricantes. A partir destes requisitos, levouse a cabo o cálculo da carga térmica do recinto, tendo en conta as características xeométricas da cabina, a composición da súa envolvente, as condicións climáticas do emprazamento e as cargas internas xeradas polos equipos. En base aos resultados obtidos, proponse a instalación dun sistema de climatización mediante bomba de calor aire-aire, seleccionado en función da súa capacidade para cubrir as demandas térmicas calculadas, da súa eficiencia enerxética e da súa adecuación a un funcionamento continuo. Así mesmo, proponse unha instalación solar fotovoltaica destinada ao autoconsumo parcial da cabina, aproveitando un espazo dispoñible na contorna inmediata da instalación. O dimensionamento e a avaliación enerxética do sistema fotovoltaico realizáronse mediante simulación con ferramenta recoñecida, optimizando a orientación e a inclinación do xerador para maximizar a produción anual. O proxecto complétase coa elaboración da memoria técnica, os anexos de cálculo, os planos da instalación, o orzamento, o estudo básico de seguridade e saúde, o prego de condicións e a bibliografía correspondente.

Dirección
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Carballal Vázquez, Félix Cotitoría
JOVER RAMOS, AIDA (Titoría)
Carballal Vázquez, Félix Cotitoría
Tribunal
SEIJAS VAZQUEZ, JULIO ANTONIO (Presidente/a)
MARTINEZ AGEITOS, JOSE MANUEL (Secretario/a)
AMIAMA ARES, CARLOS (Vogal)

Endometriose e nutrición: estratexias dietéticas para mellorar a calidade de vida
Autoría
E.C.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
E.C.L.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
12.02.2026 17:00
12.02.2026 17:00
Resumo
A endometriose é unha enfermidade crónica, inflamatoria e que depende das hormonas caracterizada polo crecemento de tecido de tipo endometrial fóra do útero. A incidencia desta enfermidade alcanza ata o 10 % das mulleres en idade reprodutiva e o atraso no diagnóstico é próximo aos nove anos. Xunto coa dor pélvica e a infertilidade (ata o 50 %), obsérvanse con frecuencia manifestacións gastrointestinais (dor abdominal intensa, hábitos intestinais alterados, como diarrea ou estreñimento), que poden ser extremadamente debilitantes. Esta revisión examina a interacción entre a nutrición e a endometriose, destacando o papel de certos enfoques dietéticos como unha estratexia terapéutica complementaria. Certas estratexias nutricionais poden modular os síntomas relacionados co metabolismo dos estróxenos, o estrés oxidativo e a composición da microbiota, influíndo no ambiente inflamatorio asociado á endometriose. Un patrón dietético rico en antioxidantes, polifenois e fibra, xunto cunha inxesta axeitada de ácidos graxos poliinsaturados e vitaminas E, C e D, podería axudar a reducir a percepción da dor, mellorar a composición microbiana e diminuír a inflamación. Estes axustes na dieta non só son útiles para tratar a dor e a fertilidade, senón que tamén poderían axudar a limitar o crecemento das lesións e reducir a súa recorrencia. Polo tanto, o apoio nutricional, xunto cunha abordaxe multidisciplinar (xinecoloxía, psicoloxía, fisioterapia e nutrición), podería diminuír a dependencia da medicación e mellorar a calidade de vida dos pacientes.

CAMIÑA GARCIA, MARIA MERCEDES (Titoría)
RODRÍGUEZ VIEYTES, MARÍA MERCEDES Cotitoría

RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Vogal)

Insuficiencia pancreática exocrina no adulto: causas principais, diagnóstico, tratamento e recomendacións dietéticas
Autoría
I.C.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
I.C.C.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
12.02.2026 17:00
12.02.2026 17:00
Resumo
A insuficiencia pancreática exocrina (IPE) é unha condición caracterizada por unha secreción ou actividade pancreática exocrina inadecuada e deficiente debida a alteracións na produción, transporte ou interacción con nutrientes a nivel intestinal. Maniféstase de forma clínica cunha sintomatoloxía que inclúe esteatorrea, pérdida importante de peso e alteracións bioquímicas relacionadas coa malabsorción de micronutrientes liposolubles e lípidos. Entre as causas principais da insuficiencia pancreática exocrina en adultos cabe destacar a pancreatite crónica, e en menor medida, a presencia de tumores pancreáticos e os procedementos de resección pancreática. Na infancia e adolescencia a súa causa principal é a fibrose quística. A insuficiencia pancreática exocrina non só está infradiagnosticada, senón que ademáis o tratamento que se leva a cabo non é sempre o máis adecuado. Por todo isto, neste traballo realizouse unha revisión da bibliografía científica recente sobre as causas principais da insuficiencia pancreática exocrina na idade adulta, o seu diagnóstico e tratamento e, en derradeiro lugar, que recomendacións dietéticas hai que ter en consideración á hora de normalizar o estado nutricional do individuo e aliviar síntomas.

BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Vogal)
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Vogal)
Biomateriais baseados en nanocelulosa para envasado activo de alimentos.
Autoría
R.C.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
R.C.P.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
Entre os principais factores que contribúen á perda da calidade e da vida útil dos alimentos atópase o proceso de oxidación. Neste contexto, o desenvolvemento de sistemas de envasado activo capaces de ofrecer unha protección antioxidante sostida representa unha estratexia de interese dentro da industria alimentaria, especialmente cando se empregan materiais de orixe renovable e biocompatibles. Neste traballo desenvólvense films de celulosa bacteriana con quitosano e un complexo antioxidante (C45) para avaliar o seu potencial no envasado activo. Estudouse tanto a actividade antioxidante do complexo como a súa capacidade de liberación. Así mesmo, avaliouse a biocompatibilidade do sistema mediante ensaios de viabilidade celular in vitro. Os resultados mostraron unha elevada actividade antioxidante do complexo, que se mantén tras a súa incorporación na matriz polimérica, así como durante a súa liberación progresiva ao medio. Os experimentos in vitro confirmaron a ausencia de citotoxicidade e a compatibilidade biolóxica. En xeral, observouse unha sinerxia entre estes elementos que deu lugar a films seguros. A pesar de tratarse dun prototipo a escala de laboratorio, os datos obtidos permiten ser optimistas respecto ao potencial deste material para o envasado activo de alimentos, sendo necesario continuar a investigación sobre o seu comportamento en matrices alimentarias reais e a súa posible escalabilidade a nivel industrial.

LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
CAZON DIAZ, PATRICIA Cotitoría
LUZARDO ALVAREZ, ASTERIA MARIA (Titoría)
CAZON DIAZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Presidente/a)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Secretario/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Vogal)

Vixilancia epidemiolóxica de antibiorresistencias en plantas de tratamento de augas
Autoría
M.F.Q.
Grao en Bioquímica (2ªed)
M.F.Q.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
A resistencia aos antimicrobianos (RAM) representa unha das principais ameazas para a saúde pública global e un desafío prioritario desde o enfoque “One Health”. Neste contexto, as estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) desempeñan un papel clave na ecoloxía da RAM, ao actuar como puntos de converxencia e diseminación ambiental de bacterias resistentes e xenes de resistencia. O obxectivo deste estudo foi caracterizar molecularmente 25 illados de Escherichia coli obtidos entre 2024 e 2025 a partir de efluentes de tres EDAR da Área Sanitaria V (Oviedo, Principado de Asturias). Os resultados evidenciaron unha elevada diversidade poboacional, con predominio do filogrupo B2 (32 %), seguido do filogrupo A (24 %). Destaca a detección do complexo clonal pandémico ST131 no 32 % dos illados, maioritariamente pertencentes ao clado C2 (75 %), incluíndo os serotipos O25b:H4-B2 e O16:H5-B2. Así mesmo, o 32 % dos illados clasificouse como ExPEC/UPEC, o que evidencia un elevado potencial patoxénico. En canto á resistencia antimicrobiana, observouse unha alta prevalencia de xenes de betalactamasas de espectro estendido (BLEE) (60 %), principalmente blaCTX-M-1 e blaCTX-M-9, así como de carbapenemasas de alto impacto clínico (48 %), destacando blaOXA-48 e blaNDM. A análise xenómica do illado O16:H5-B2-ST131 permitiu identificar o clonotipo CH40-41 e o xene emerxente blaCTX-M-27, asociado a infeccións humanas. Estes resultados confirman que as EDAR actúan como reservorios críticos e de dispersión ambiental de clons de alto risco, evidenciando a circulación persistente de liñaxes de E. coli multirresistentes e potencialmente patóxenos de orixe humana na área sanitaria estudada. Estes achados subliñan a necesidade de implementar programas de vixilancia xenómica en augas tratadas, como ferramenta clave para a mitigación de riscos sanitarios e ambientais dentro de estratexias baseadas no enfoque “One Health”.

MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
MORA GUTIERREZ, AZUCENA DEL CARMEN (Titoría)
GARCIA MENENDEZ, VANESA Cotitoría
Tribunal
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Presidente/a)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Secretario/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Vogal)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Presidente/a)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Secretario/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Vogal)
Estudo de novas formulacións de hidroxeles naturais útiles na rexeneración de lesións condrais de cartilaxe articular humano.
Autoría
P.G.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
P.G.S.
Grao en Bioquímica (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:30
19.02.2026 10:30
Resumo
A cartilaxe articular é un tecido especializado, avascular e con escasa capacidade de rexeneración, o que favorece a aparición de lesións condrais e patoloxías dexenerativas como a artrose. As limitacións dos tratamentos convencionais impulsaron o desenvolvemento de novas estratexias baseadas na medicina rexenerativa, entre as que destaca o uso de biomateriais capaces de imitar o microambiente da matriz extracelular. Neste contexto, os hidroxeles de orixe natural representan unha alternativa prometedora debido á súa elevada biocompatibilidade e semellanza estrutural cos tecidos. O obxectivo da investigación foi avaliar a citotoxicidade, biocompatibilidade e capacidade de liberación e difusión de hidroxeles naturais formulados a partir de alxinato de sodio e carboximetilquitosano, co fin de valorar a súa aplicabilidade na rexeneración de lesións condrais da cartilaxe articular humana. Para iso, deseñáronse hidroxeles en dúas concentracións poliméricas que foron caracterizados mediante ensaios de viabilidade celular e estudos de difusión e liberación. En conxunto, os resultados obtidos indican que os hidroxeles formulados presentan propiedades adecuadas como biomateriais, posicionándose como candidatos prometedores para futuras aplicacións en medicina rexenerativa.

Díaz Prado, Silvia M. Cotitoría
BARCIA VIEITEZ, RAMIRO (Titoría)
Díaz Prado, Silvia M. Cotitoría
Tribunal
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Presidente/a)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Secretario/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Vogal)
VERA RODRIGUEZ, MANUEL (Presidente/a)
RUIZ RIQUELME, ALEJANDRO IVAN (Secretario/a)
ALVARIÑO ROMERO, REBECA (Vogal)
Guía alimentaria para o manexo nutricional do hipotiroidismo: aplicación práctica da evidencia científica
Autoría
L.P.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
L.P.P.
Grao en Nutrición Humana e Dietética
Data da defensa
12.02.2026 17:00
12.02.2026 17:00
Resumo
O presente Traballo de Fin de Grao presenta unha revisión da literatura científica máis relevante sobre o hipotiroidismo, co obxectivo de sintetizar a evidencia actual relativa ao tratamento nutricional e, a partir dela, elaborar unha guía alimentaria orientada á práctica clínica. A revisión inclúe artigos científicos, revisións sistemáticas e guías clínicas, e aborda os principais mecanismos fisiopatolóxicos implicados na disfunción tiroidea e na autoinmunidade, co fin de contextualizar o papel da nutrición dentro do abordaxe integral da enfermidade. Analízanse intervencións nutricionais relacionadas co balance enerxético, a calidade dos macronutrientes e o estado nutricional, destacando a influencia dos hidratos de carbono, das proteínas e das graxas no metabolismo tiroideo. Así mesmo, examínase a relevancia de minerais e vitaminas implicados na síntese hormonal, no metabolismo e na modulación inmunitaria, xunto con patróns dietéticos e factores que poden afectar á absorción e á eficacia da levotiroxina, así como a interacción do eixe intestino tiroide e o papel da microbiota intestinal. O traballo culmina coa elaboración dunha guía alimentaria dirixida ao manexo nutricional do hipotiroidismo, baseada na evidencia científica recollida e orientada á súa aplicación práctica, destacando a importancia da individualización e dun enfoque multidisciplinar como complemento ao tratamento farmacolóxico.

CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
CARDELLE COBAS, ALEJANDRA (Titoría)
REGAL LÓPEZ, PATRICIA Cotitoría
Tribunal
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Vogal)
RAMIL NOVO, LUIS ALBERTO (Presidente/a)
PEÑA CRECENTE, ROSA MARIA (Secretario/a)
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO (Vogal)
Proxecto de deseño dun sistema de calefacción e ACS mediante o uso dunha bomba de calor e placas solares térmicas para unha vivenda unifamiliar situada en O Val, Narón
Autoría
S.R.G.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
S.R.G.
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (2ªed)
Data da defensa
19.02.2026 10:15
19.02.2026 10:15
Resumo
O obxetivo do presente proxecto é realizar eo deseño dunha instalación de calefacción e ACS nunha vivenda unifamiliar ubicada na localidade de O Val, Narón. Para isto, como sistema de calefacción realizarase a instalación dun chan radiante utilizando como fonte de alimentación un sistema de aerotermia mediante unha bomba de calor. Por outro lado, para cubrir a demanda ACS, instalaranse uns paneis solares térmicos que actuarán como apoio á bomba de calor sendo esta a fonte de enerxía principal. O desenvolvemento deste proxecto levarase a cabo aplicando a normativa e lexislación vixente, además das recomendacións técnicas dos organismos. Para comezar, determinarase, mediante unha serie de cálculos, a demanda térmica da vivenda, que nos permitirá seleccionar os equipos adecuados para proporcionar enerxía. Seguindo o procedemento de cálculo se dimensionarán os equipos secundarios, sendo estes, a rede de tuberías e os sistemas de conexión entre circuitos, necesarios para o correcto funcionamento da instalación. Cos datos obtidos, realizarase un proceso de selección, realizando unha búsqueda polas distintas casas comerciais, para escoller o equipo adecuado para o sistema. Seguidamente, unha vez obtida toda a información técnica, realizarase a organización das obras, para coñecer o tempo que tardará en executarse a instalación. Por último, elaboraranse os documentos seguintes: Prego de condicións, EBSS, presupuesto, plan de control de calidade e plan de xestión de residuos. Todos eles son necesarios para que o proxecto se leve a cabo da forma máis adecuada.

LU CHAU, THELMO ALEJANDRO (Titoría)
González Rodríguez, Jorge Cotitoría