Ir o contido principal
STG
  • USC Vida

Isabel Vidal distinguida co Excellence Award in Mentoring da International Society of Automation.

A profesora ven de ser distinguida co Excellence Award in Mentoring da International Society of Automation á labor desenvolvida coa International Society of Automation-Student Section University of Santiago de Compostela dende o ano 2009.

Trátase dun premio ao traballo desenvolvido coa Sociedade Internacional de Automatización-Sección Estudiantil Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2009 sen interrupción: un proxecto de liderado e soft skills xunto coa intensificación da formación tecnolóxica para a automatización de procesos e actividades das mulleres- in-STEM, que foi proposta coa firme convicción de que as universidades deben desempeñar un papel proactivo na futura promoción profesional dos seus titulados. Estes premios son recoñecidos formalmente na Gala da Conferencia de Automatización e Liderado (Colorado Springs, 2023). A nominación de Mentoring é promovida e avalada por profesionais do sector e votada por un comité internacional.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 14.07.2023.