Ir o contido principal
STG
  • Investigar

Premio Fernando Calvet Prats para o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental

a
a
O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do CRETUS e do Departamento de Enxeñaría Química gaña o premio Fernando Calvet Prats por unha tecnoloxía para extraer estruvita das augas residuais a cal é un mineral moi apreciado na UE como fertilizante agrícola.

O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Centro Interdisciplinar de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS) vén de gañar o o premio ‘Fernando Calvet Prats’ a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía que concede a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain).

O equipo da USC que coordina Juan Manuel Garrido, e no que tamén participou a profesora da Universidade Adolfo Ibañez de Santiago de Chile Dafne Crutchik, desenvolveu un procedemento para a recuperación de fósforo en augas residuais. “A lexislación obriga a eliminalo nas estacións depuradoras -explica Garrido- pero é posible recuperalo e reutilizalo como substancia útil. Dentro dos compoñentes do fósforo destaca a estruvita, con elevado poder fertilizante para a agricultura”.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.06.2024.