Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Teoría da Literatura e Literatura Comparada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1- Incentivar o visionado e lectura crítica de producións artísticas audiovisuais.
2- Proporcionar os medios necesarios para familiarizar aos alumnos coa crítica dentro do campo audiovisual.
3- Coñecer os mecanismos de composición e escritura que faciliten a produción dos textos audiovisuais.
4- Propoñer a Literatura Comparada como marco teórico axeitado para a consideración dos productos artísticos intermediais.
5- Dominar a terminoloxía dos distintos códigos implicados nas obras de arte obxecto de análise.
1- Introdución teórica. O concepto de arte e outros conceptos de índole estética. Interartisticidade e intermedialidade.
2- Teoría e historia da fotografía. Relacións interartísticas
3- A arte cinematográfica. Orixes e evolución histórica. Relacións interartísticas.
4- Teatro, música, ópera e danza. O musical
Sinálanse con asterisco as obras da Bibliografía básica
ALBRIGHT, D., Music speaks. On the language of Opera, Dance and Song, University of Rochester Press, 2009.
ALONSO PÉREZ, S. (ed.), Música y literatura : estudios comparativos y semiológicos, Madrid, Arco Libros, 2002.
BENJAMIN, W., "Pequeña historia de la fotografía" (1931). Traducción aL castellano de Jesús Aguirre, en Discursos interrumpidos, I. Madrid, Taurus, 1973, 61-85.
*BENJAMIN, W., "Das Kunstwerk im Zeitalter seiner technischen Reproduzierbarkeit", Gesammelte Schriften, vol. I. Fráncfort: Surhkamp, 1935,[Traducción al castellano de Jesús Aguirre, "La obra de arte en la época de sus reproductibilidad técnica", en Discursos interrumpidos, I. Madrid: Taurus, 1973, 15-57].
*BARTHES, R. La Chambre claire. París, Du Seuil, (1980). [Traducción ao galego de María Azucena Vázquez Lamazares e François Gauthier Lapierre, A cámara clara. Reflexión sobre a fotografía, Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 2003].
BARTHES, R., "Réthorique de l'image", Oeuvres Complètes,II, 1964, 573-589.
BATTA, András, Ópera, Barcelona, Könemann, 2005.
BOBES NAVES, Mª del C., Semiología de la obra dramática, Marid, Taurus, 1997, 2ª ed.
*BOURDIEU, P., et al., Un art moyen. Essai sur les usages sociaux de la photographie, París, Les Éditions de Minuit, 1965.
CARMONA, R., Cómo se comenta un texto fílmico, Madrid, Cátedra, 1993.
*CASAS, A. (coord.), Elementos de crítica literaria. Vigo, Xerais, 2004.
*CHATMAN, S., Historia y discurso. La estructura narrativa en la novela y el cine, Madrid, Taurus, 1990.
FISCHER-LICHTER, E., Semiótica del teatro, Madrid, Arco Libros, 1999.
FREUD, S., Psicoanálisis del arte, Madrid, Alianza, 1970.
*GAUDREAULT, A. e F. JOST, El relato cinematográfico, Barcelona, Paidós, 1995.
GENETTE, G., Figuras III, Barcelona, Lumen, 1989.
GOETHE, J.W., Ensayos sobre arte y literatura, Málaga, Universidad de Málaga, 2000.
GUBERN, R., Medios icónicos de masas, Madrid, Historia 16, 1997.
*GUBERN, R., Historia del cine, Barcelona, Lumen, 2006.
GUILLÉN, C., Entre lo uno y lo diverso. Introducción a la literatura comparada, Barcelona, Crítica, 1985.
IGLESIAS SIMÓN, P., De las tablas al celuloide: travases discursivos del teatro al cine prifmitivo y al cine clásico de Hollywood, Madrid, Fundamentos, 2007.
KOWZAN, T., El signo y el teatro, Madrid, Arco, 1997.
KOWZAN, T., Literatura y espectáculo, Madrid, Taurus, 1992.
LOTMAN, Y., Semiótica de la cultura: Y. M. Lotman y Escuela de Tartu, Madrid, Cátedra, 1979.
LOTMAN, Y., Estructura del texto artístico, Madrid, Istmo, 1978.
MCKEE, R., El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones, Barcelona, Alba Editorial, 2002.
MANN, Th., Ensayos sobre música, teatro y literatura, Barcelona: Alba, 2002.
MARTÍN LÓPEZ, C., La trilogía Da Ponte-Mozart. De Sevilla a Europa, Sevilla, Fundación José Manuel Lara, 2007.
MONEGAL, A., Literatura y pintura, Madrid, Arco Libros, 2000.
PAVIS, P., Diccionario de teatro, Barcelona, Paidós, 1984.
*SONTAG, S., On Photography (1973), [Traducción de Carlos Gardini, Sobre la fotografía. Barcelona: Edhasa, 1981].
SPANG, K., Teoría del drama. Lectura y análisis de la obra teatral, Pamplona, EUNSA, 1991.
*TATARKIEWICZ, W., Historia de seis ideas, Madrid, Alianza, 2002.
VAN DER HOOGEN, E., El ABC de la ópera, Madrid, Taurus, 2005.
VILLANUEVA, D., El comentario del texto narrativo: cuento y novela, Madrid, Marenostrum, 2006.
*VOGLER, C., El viaje del escritor, Barcelona, Robinbook, 2002.
- Tomar conciencia da natureza híbrida e da complexidade da obra de arte interartística.
- Desenvolver un hábito de consumo crítico dos discursos interartísticos e obter as ferramentas necesarias para a súa análise.
- Adquirir a capacidade e flexibilidade necesarias para exportar ferramentas e metodoloxía dun sistema artístico a outro.
- Ser consciente, ao mesmo tempo, da existencia de límites neste tipo de prácticas comparatísticas e saber sinalalos.
- Ser capaz de elaborar textos de relación interartística.
- Facilitarase nas clases a adquisición por parte do alumno dunha terminoloxía básica e xeral que posibilite a comprensión e expresión na análise dos textos.
- O alumno fará as lecturas obrigatorias especificadas pola profesora por cada tema da materia, á parte dos textos de comentario.
- As distintas actividades propostas na clase e na plataforma virtual axudarán a desenvolver o hábito de achegamento crítico e analítico aos textos, que serán escollidos e ordenados pedagoxicamente. Reflectirán distintas direccións e posibilidades de análise e interpretación, especialmente no referido a textos pertencentes a sistemas non verbais. O marco metodolóxico xeral será o referido á poética, á retórica, á semiótica, á lingüística pragmática e aos estudios interartísticos e intermediales.
- O traballo "on line" programado para o alumno esixe a lectura de textos, o seguimento e control de aprendizaxe, a elaboración de traballos, e o visionado de textos audiovisuais.
Nesta materia aplicarase o sistema de avaliación continua, especialmente no que concirne ao progreso do alumnado nas habilidades críticas.
A cualificación final dependerá da realización das seguintes actividades que se especifican coa súa porcentaxe:
- Participación en clase (de poder asistir a ela), foros, cuestionarios e outras actividades puntuais na aula virtual: 5%
- Primeira tarefa: Comentario dun texto u obra interartística e outras cuestións relativas ao tema 2: 15%
- Segunda tarefa: Comentario dun texto u obra interartística e outras cuestións vinculadas ao tema 3: 20%
- Traballo final: Creación ou estudo dun texto interartístico con exposición escrita e oral (telemática de non poder realizarse con presencia física): 30%
- Tarefa final: Comentario dun texto interartístico elixido pola profesora e outras cuestións relativas a todo o programa: 30%
Na segunda oportunidade requírese a realización de todas as tarefas e, de ser o caso, a reelaboración das tarefas non superadas.
Estes mismos criterios de avaliación e as porcentaxes rexen para os alumnos repetidores.
Para os casos de realización fraudulenta de calquera actividade avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
- Independentemente da valoración dos contidos e estratexias de análise e comentario aprendidos ao longo do curso, serán requisitos para aprobar a materia a corrección gramatical e ortográfica e a propiedade léxica da expresión, así como a coherencia lóxica nos discursos desenvolvidos.
Quedan excluídos da obriga de asistencia ás clases quen obteñan unha dispensa oficial de asistencia notificada polo Decanato da Facultade. No seu caso o exame final constituirase en elemento único de avaliación, se ben profesorado e alumnado afectado poden concretar de mutuo acordo algunha alternativa que contemple de forma complementaria a entrega dalgún traballo.
As horas de estudo e de traballo persoal distribuiranse á discreción do alumnado tendo en conta as actividades de diversa índole que deben mostrar o progreso no proceso de aprendizaxe, especialmente aquelas que, como as tarefas principais, teñen como obxectivo valorar a capacidade de análise e interpretación de textos relacionados coas distintas artes e medios que figuran nos contidos. O tempo dedicado a outras actividades como a lectura e reflexión sobre textos literarios e teórico-críticos; o visionado de textos audiovisuais, e outros materiais subidos á aula virtual, así como as titorías telemáticas ou presenciais quedan tamén á discreción do alumnado. Inclúense tamén neste marco temporal as clases presenciais no caso de ter a vontade ou a posibilidade de asistir a elas.
Desenvolver unha competencia alta na lectura, comprensión e interpretación da obra literaria.
Achegarse á oferta cultural en disciplinas non exclusivamente literarias. Recoméndase realizar visitas a museos, asistencia a concertos e representacións teatrais e musicais, exposicións, etc.
Recoméndase o seguimento diario do estudo da materia, a lectura serena e profunda dos textos da clase, da aula virtual e das obras que figuran na bibliografía, especialmente das recomendadas, e o uso oportuno de todas as canles comunicativas co profesor e coas fontes de aprendizaxe. En particular aconséllase ao alumnado o aproveitamento máximo das horas de titoría (léase o que ao respecto das titorías se indica nas "Observacións".
No aproveitamento do programa desta materia é moi estimábel unha competencia lectora rica tanto nun sentido cuantitativo como cualitativo (multixenérica, multicultural, etc.).
Para o casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas sera de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Silvia Alonso Perez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Teoría da Literatura e Literatura Comparada
- Correo electrónico
- silvia.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 15 |
| 29.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 03.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ALONSO PEREZ, SILVIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ALONSO PEREZ, SILVIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ALONSO PEREZ, SILVIA | Castelán |