Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega contemporánea a través de figuras, tendencias e textos relevantes.
- Estudar de maneira específica algunhas manifestacións literarias contemporáneas representativas de diferentes períodos e xéneros.
- Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega contemporánea e as confluencias e diferenzas coas literaturas do seu contorno.
- Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega contemporánea.
- Afondar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.
- Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1.- Introdución á Literatura Galega Contemporánea
1. 1.- Caracterización
1. 2.- Periodización
2.- O século XIX
2. 1.- O Rexurdimento
2. 2.- Rosalía de Castro
3.- Os séculos XX e XXI
3. 1.- Literatura de preguerra, guerra, posguerra e democracia
3. 2.- Castelao
3. 3.- Luís Pimentel
I. BIBLIOGRAFÍA
AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Blanco, C., Literatura galega da muller, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1991.
Blanco, C., Sexo e lugar, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).
Pena, X.R., Historia da Literatura Galega II, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2015.
Tarrío Varela, A., Literatura Galega (aportacións a unha historia critica), Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Rodríguez Fer, C., Poesía galega. Crítica e metodoloxía, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1989.
Rodríguez Fer, C., A literatura galega durante a guerra civil, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, D., Historia da literatura galega, Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de Ediciones, 2000-2002.
II. RECURSOS NA REDE
Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Dicionario de termos literarios. Equipo Glifo. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, www.cirp.es
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
Informes de Literatura http://www.cirp.es/rec2/informes/
III. OBRAS DE LECTURA OBRIGATORIA
Rosalía de Castro, Follas Novas.
Castelao, Cousas.
Luís Pimentel, Sombra do aire na herba.
- Coñecemento da evolución da literatura galega contemporánea.
- Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria galega contemporánea.
- Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega contemporánea.
- Capacidade de lectura e análise de textos contemporáneos.
- Coñecemento do gozo da lectura e da creación literaria.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
- Habilidade na transmisión e difusión da cultura e da literatura galega contemporánea.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase a través da cualificación obtida no exame final que valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase a través da cualificación obtida no exame final que valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Sesións teóricas e expositivas: 24
Sesións interactivas: 24
Sesións de avaliación: 4
Outras actividades: 30
Horas de traballo dirixido: 50
Horas de traballo autónomo: 40
Recoméndase a participación activa e a lectura dos textos acordados.
Non é preciso un dominio absoluto da lingua galega estándar para cursar a materia.
A profesora facilitará o proceso de mellora e aprendizaxe da lingua galega, a través da literatura, con información e material específicos para cada caso.
Carmen Blanco Garcia
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- carmen.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Ares Vazquez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 982821043
- Correo electrónico
- carme.ares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
| 17.01.2024 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 13 |
| 08.07.2024 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 11 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ARES VAZQUEZ, MARIA DEL CARMEN | Galego |
| Blanco Garcia, Carmen | Galego |