Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da literatura galega centrado nas súas principais obras, figuras, movementos e liñas creativas.
Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
Proporcionar información complementaria sobre o contexto social, cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.
Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da literatura galega.
Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no momento actual.
1. Introdución á periodoloxía da literatura galega
2. A literatura medieval
2.1. Contexto, cronoloxía e xéneros
2.2. O verso
2.3. A prosa
3. A literatura do século XIX
3.1. Contexto e periodización
3.2. Os Séculos Escuros
3.3. O Rexurdimento
4. A literatura dos séculos XX e XXI
4.1. A preguerra
4.2. A guerra e o exilio
4.3. A posguerra
4.4. A democracia
a) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AA. VV., Historia da Literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996.
Carballo Calero, R., Historia da literatura galega contemporánea, 1808-1936, Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981).
Pena, X. R., Historia da literatura galega. I, II e III, Vigo: Xerais, 2013, 2015 e 2016.
Tarrío Varela, A., Literatura Galega, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1994.
Vilavedra, D., Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999.
Villanueva Prieto, D. (coord.), Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña: Hércules de
Ediciones, 2000-2002.
VV. AA., Historia da Literatura Galega (online), http://literaturagalega.as-pg.gal/index.html
b) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades), www.cirp.es
Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Cantigas Medievais Galego-Portuguesas, https://cantigas.fcsh.unl.pt/
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
NOTA:
Nota:
Son ademais obras de lectura obrigatoria os seguintes textos:
Rosalía de Castro, Follas novas
Manuel Antonio, De catro a catro
Eduardo Blanco Amor, A esmorga
Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas
Escolmas preparadas pola profesora e dispoñíbeis na aula do Campus Virtual da USC, na carpeta ‘Materiais’ de cada bloque temático.
- Coñecemento e evolución da literatura galega.
- Comprensión das particularidades que caracterizan o discurso literario galego.
- Coñecemento dos textos máis representativos da literatura galega.
- Lectura e análise de textos.
- Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
- Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia
o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá
concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará
na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da
cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se
realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do
rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Xesus Nogueira Pereira
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811787
- Correo electrónico
- mariaxesus.nogueira [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| 10.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
| 20.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| NOGUEIRA PEREIRA, MARIA XESUS | Galego |
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |