Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Aproximación ao coñecemento e organización dos arquivos.
- Aprendizaxe das técnicas de análise dos documentos de
arquivo e do uso dos instrumentos de descripción arquivística.
- Dotar ao alumno das habilidades e competencias necesarias na búsqueda e selección dos documentos de arquivo.
- Achegar ao alumno á dixitalización e difusión dos documentos de arquivo.
- Iniciar ao alumno no coñecemento do documento electrónico.
Bloque I: A Arquivística e os arquivos.
1. Definición de arquivo e Arquivística. Ciencias auxiliares da
Arquivística.
2. As funcións dos arquivos. Tipos de arquivos.
3. O fluxo documental: do arquivo de oficiña ao arquivo histórico.
Bloque II: Os documentos de arquivo: a súa clasificación, organización e descripción.
4. O concepto de documento. Os documentos de arquivo.
5. A clasificación, organización e descripción dos documentos de arquivo.
6. A instalación e conservación dos arquivos e os seus fondos.
7. O documento electrónico.
Bloque III: O acceso á documentación.
8. O acceso á documentación: consulta, búsqueda e
difusión.
Bloque IV: O persoal de arquivos
9. O perfil profesional do arquiveiro: coñecementos e perspectivas laborais.
Bloque V: Arquivos españois.
10. O sistema arquivístico español.
11. O sistema arquivístico galego.
Bloque VI: Os arquivos e as novas tecnoloxías
12. Os arquivos no entorno dixital: webs e redes sociais.
13. A dixitalización dos fondos arquivísticos.
- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994
- Ballesteros San-José, Plácido; Rodríguez Clavel, José Ramón: Los archivos de las diputaciones: qué son y cómo se tratan. Gijón, 2010
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se aplican. Gijón, 2011
- Blasco Díaz, José Luis; Fabra Valls, Modesto J.: El documento electrónico. Aspectos jurídicos, tecnológicos y archivísticos. Castelló de la Plana, 2008
- Conde Villaverde, María Luisa: Manual de tratamiento de archivos administrativos. Madrid, 1992
- Cordón Arroyo, Ana María: Empresas documentales de gestión de archivos: estudio, análisis y descripción de servicios. Gijón, 2004
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- Idem: Qué es un archivero. Gijón, 2009
- Idem: Archivística. Gestión de documentos y administración de archivos. Madrid, 2012
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Gallego Domínguez, Olga: Manual de archivos familiares. Madrid, 1993
- Gallego Domínguez, Olga y López Gómez, Pedro: Introducción na Arquivística. A Coruña, 1985
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Ibáñez Montoya, Joaquín: Los archivos: cómo construirlos. Gijón, 2008
- Iglésias Franch, David: La fotografía digital en los archivos. Qué es y cómo se trata. Gijón, 2008
- La terminología de la archivística. Joaquín García Palacios (coord.). Gijón, 2010
- Laso Ballesteros, Ángel: Los archivos provinciales: qué son y cómo se tratan. Gijón, 2009
- Lodolini, Elio: Archivística: principios y problemas. Madrid, 1993
- López Gómez, Pedro: Organización de los fondos de los archivos históricos provinciales. Madrid, 1994
- López Gómez, Pedro; Gallego Domínguez, Olga: El documento de archivo: un estudio. A Coruña, 2007
- López Gómez, Pedro: La formación de los archiveros españoles en el siglo XX: una mirada retrospectiva. Ourense, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord.): Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Madrid, 2011
- Marín Martínez, Tomás y otros: Paleografía y Diplomática. Madrid, 2002
- Mauri Martí, Alfred; Perpinyà Morera, Remei: Estudiar archivística: dónde y por qué. Gijón, 2008
- Mesa de Trabajo Sobre Organización de Archivos Municipales: Arquivos municipais, proposta de cadro de clasificación de fondos. Santiago de Compostela, 1998
- Núñez Fernández, Eduardo: Organización y gestión de archivos. Gijón, 1999
- Pinto Molina, Manuel: El resumen documental: principios y métodos. Madrid, 1992
- Riesco Terrero, Ángel y otros: Introducción a la Paleografía y Diplomática general. Madrid, 1999
- Romero Tallafigo, Manuel: Archivística y archivos: soportes, edificio y organización. Carmona, 1997
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Sierra Valentí, Eduardo: "El expediente administrativo. Esbozo de tipología documental." En: Boletín de la Anabad, XXIX, 2, 1979, pp. 61-74
- Tamayo, Alberto: Archivística, diplomática y sigilografía. Madrid, 1996
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
- Vázquez Murillo, Manuel: Manual de selección documental. Carmona, 1995
- Vives, Josep (coord.): Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona, 2009
Dentro das competencias que se desenrolan nesta materia, cómpre sinalar as seguintes:
a) Dentro das competencias xerais, os/as alumnos/-as que cursan esta esta materia deberían posuir coñecementos nas áreas de Humanidades e da Cultura como resultado da súa formación secundaria, ter a capacidade de asumir e interpretar os principios desta materia a fin de resolver as actividades que se lles plantexen e ter desenrolado unhas habilidades que lles permitan afrontar esta materia cun alto grado de autonomía.
b) Dentro das competencias transversais, esta materia ensinará aos/ás alumnos/-as a maneira de usar correctamente a terminoloxía técnica e específica desta materia e, en consecuencia, unha redacción correcta dos exercicios plantexados. E de paso tamén amosará ao/á alumno/-a a importancia das novas tecnoloxías para esta materia.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
Nesta modalidade semipresencial este proceso de titorización e de contacto entre o docente e o alumnado realizarase a través da aula virtual da materia e a través de MSTeams.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| 09.01.2024 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
| 19.06.2024 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |