Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Recoñecer que o exercicio da xestión cultural leva consigo unhas responsabilidades e uns deberes profesionais.
2. Adquirir un compromiso moral e social dende o sector profesional da cultura.
3. Proporcionar coñecementos sobre a dinámica da sociedade e cultura contemporáneas, conxugando sensibilidade social e unha perspectiva global e crítica, con especial atención á identidade e aos recursos socioculturais de cada rexión e ámbito local de incumbencia.
1. Conceptos previos.
2. A ética e xestión da produción cultural.
2.1 A cultura.
a. A cultura como portadora de identidade, valores e significado.
b. O global e o local: protección da diversidade cultural.
c. Interculturalidade e diálogo intercultural.
d. Cultura e cooperación ao desenvolvemento.
e. Cultura e medio. Desenvolvemento sostíbel.
2.2 A sociedade
a. Cultura, paz e valores democráticos.
b. Dereitos Humanos.
c. Participación da sociedade civil.
d. Solidariedade e cooperación internacional.
2.3 A profesión.
a. Responsabilidade social da xestión cultural.
b. Boas prácticas profesionais.
3. Estudos de casos.
Bibliografía básica:
• ASOCIACIÓN DE PROFESIONALES DE LA GESTIÓN CULTURAL DE CATALUÑA (1996), La gestión cultural: una nueva profesión en debate. Barcelona.
• ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA XESTIÓN CULTURAL: pensamentos sobre que facer coa cultura?
• BONET, L. (1995): La cultura contemporánea, un sector mercantilizado. Santiago de Compostela, Universitat de Barcelona.
• GARCÍA CANCLINO, N.; OTTONE, E. & BATISTA, M. (1997): La economía de la cultura iberoamericana. Madrid, De Cedeal y OEI.
• MARCÉ, X. & MARTINELL, A. (1995): Perfil y formación de gestores culturales en España. Madrid, Ministerio de Cultura.
• MARTÍN-BARBERO, J (2010): “Industrias culturales: modernidad e identidad” en Cuadernos de comunicación y cultura, nº 15.
• MARTINELL, A (2001): La gestión cultural: singularidad profesional y perspectivas de futuro. (Recopilación de textos). Disponible en: http://observatoriocultural.udgvirtual.udg.mx/repositorio /bitstream/handle/123456789/346/AlfonsoMartinell_GC.pdf?sequence=1&isAllowed=y
• MENÉNDEZ, C. & GUÉREZ, V. (eds.) (1994): La formación en gestión cultural. Secab-Colcultura, Colombia.
• MENÉNDEZ, C. & FARFAN, M. (eds.) (1995): El gestor cultural. Agente de cambio. Secab, OIE, Ministerio de Educación y Cultura de Ecuador.
• TAYLOR, Ch. (1994): Multiculturalismo y las políticas de reconocimiento. FCE, México.
Bibliografía complementaria:
• INCANOP (1997): Les professions de la cultura. Barcelona, Generalitat de Catalunya.
• NAISSBETT, J. (1990): Megatendencias 2000. Bogotá, Editorial Norma.
• UNESCO: Convención sobre la protección y la promoción de la diversidad de las expresiones culturales. París, 20 de octubre de 2005. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/ pf0000142919_spa
• UNESCO: Batería de Indicadores UNESCO en Cultura para el Desarrollo. Febrero 2011. (Borrador). Dispoñíbel en: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CLT/pdf/Co nv2005 _CDi ndicators_Analytical_ es.pdf
• UNESCO: Nuestra diversidad creativa: Informe de la Comisión Mundial de Cultura y Desarrollo. Dispoñíbel en: https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000105586_spa
• ZALLO, R. (1992): El mercado de la cultura: estructura económica y política de la comunicación. San Sebastián, Editorial Garos.
• ZALLO, R. (1988): Economía de la comunicación y la cultura. Madrid, Akal.
Os contidos desta materia contribuirán á adquisición das seguintes competencias propias do titulo:
a) Básicas e Xerais:
CG2 – Que o alumnado sexa capaz de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma professional e posúa as competências que normalmente se demostran a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
CG3 – Que o alumnado sexa capaz de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grado de Ciencias da Cultura e Difusión Cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CG4 – Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
B) Específicas:
CE3 - Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
CE9 - Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
A metodoloxía a seguir será a seguinte: despois dunha presentación xeral do tema por parte do profesorado, serán marcadas as lecturas que deberán ser traballadas polo alumnado individualmente ou en grupo, para ser debatidas nas sesión interactivas, que servirán para propiciar o desenvolvemento das competencias sinaladas, consolidando a comprensión dos contidos e resolvendo as dúbidas. Tanto nas sesións teóricas coma nas prácticas, para fomentar a participación na clase do alumnado, serán propostos debates acerca dos contidos do programa e, no seu caso, de noticias dos medios de comunicación, textos, etc., que resulten oportunos.
A avaliación será continua, sen proba final.
A distribución do peso da cualificación será de 40% para a actividade presencial, que consistirá na participación en clase e un comentario de texto, e 60% para os traballos que se requiran. Para a segunda oportunidade, manteranse os criterios de avaliación da primeira oportunidade.
Tódalas actividades poderán ser realizadas de xeito presencial ou a través da aula virtual, de modo que non se require ningún procedemento específico para o alumnado con dispensa de asistencia ás clases recoñecida (Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral).
Por outra banda, o alumnado que, por motivos xustificados, non poida asistir a varias das clases seguirá un sistema de titorías individualizado a partir do exposto neste programa, que se concretará a principios de curso, debendo realizar un traballo final que será entregado a finais do cuadrimestre.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Traballo presencial:
Sesións expositivas: 24 horas.
Sesións de seminario: 24 horas.
Titorías, avaliación e outras: 03 horas.
Avaliación: 02 horas.
Total horas de traballo presencial: 53 horas.
Traballo persoal:
Estudo e preparación das aulas: 35 horas.
Traballos de curso: 25 horas.
Lecturas de bibliografía e materiais: 22 horas.
Preparación de exames e outros: 15 horas.
Total horas de traballo persoal: 97 horas.
Beatriz Fernandez Herrero
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Martes | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Xoves | ||
| 11:00-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 12 |
| 17.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 28.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ HERRERO, BEATRIZ | Castelán |