Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
- Adquirir nocións conceptuais relativas aos dereitos humanos, os seus valores inherentes, a súa fundamentación, a súa filosofía e a súa historia.
- Reflexionar e debater acerca das características esenciais dos dereitos humanos.
- Estudar e coñecer o funcionamento dos órganos de protección dos dereitos humanos, avaliando fortalezas, debilidades e carencias.
- Establecer un marco de reflexión e diálogo sobre os actuais desafíos dos dereitos humanos.
- Brindar ferramentas para a elaboración de propostas de implementación, protección e garantías dos dereitos humanos no exercicio da actividade profesional das persoas graduadas en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
1. Nocións e conceptos básicos.
2. Textos principais dos Dereitos Humanos.
3. Alcance e avance dos Dereitos Humanos.
4. Sistemas de protección dos Dereitos Humanos.
5. Os Dereitos Humanos no século XXI.
Bibliografía básica:
• BALLESTEROS, X. (1992), Derechos humanos: concepto, fundamento, sujetos. Madrid, Tecnos.
• BIDART CAMPOS, G. & RISSO, G.I. (2005): Los derechos humanos del siglo XXI. La revolución inconclusa. Bos Aires, Ediar.
• HUESA VINAIXA, R. (coord.) (2008): Derechos humanos, responsabilidad internacional y seguridad colectiva. Madrid, Marcial Pons.
• IGNATIEFF, M. (2003): Los derechos humanos como política e ideolatría. Barcelona, Paidós.
• PÉREZ LUÑO, A. E. (coord.) (1996): Derechos humanos y constitucionalismo ante el tercer milenio. Madrid, Marcial Pons.
Bibliografía complementaria:
• ESCOBAR FERNÁNDEZ, C. (dir.) (2009): Los derechos humanos en la sociedad internacional del siglo XXI. Madrid, MAEC-Escuela Diplomática.
• FARIÑAS DULCE, M. J. (1997): Los derechos humanos: desde la perspectiva sociológica-jurídica a la actitud postmoderna. Madrid, Dykinson.
• JIMÉNEZ, E. P. (1997): Los derechos humanos de la tercera generación: medio ambiente, derechos del usuario y el consumidor, acción de amparo-jurisprudencia. Bos Aires, Ediar.
• MARTÍNEZ DE PISÓN, J. (1997): Derechos humanos: historia, fundamento y realidad. Barcelona, Egido.
• MARZAL, A. (ed.) (2002): Los derechos humanos en la Unión Europea. Barcelona, J. M. Bosch.
• MAYOR ZARAGOZA, F. (1998): Los derechos humanos en el siglo XXI. París, Unesco/Barcelona, Icaria.
• NACIONES UNIDAS: Los derechos humanos hoy: una prioridad de las Naciones Unidas. New York, Departamento de Información Pública de las Naciones Unidas.
• SÁNCHEZ, V. M. (dir.) (2008): Los derechos humanos en el siglo XXI. Continuidad y cambios. Barcelona, Huygens.
Os contidos desta materia contribuirán á adquisición das seguintes competencias propias do titulo:
a) Básicas:
CB2 – Que o alumnado sexa capaz de aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de forma profesional e posúa as competencias normalmente demostradas por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas na súa área de estudio.
CB3 – Que o alumnado sexa capaz de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
b) Xerais:
CG4- Que o alumnado sexa capaz de comunicar información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
c) Específicas:
CE3 - Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
Sendo unha materia sen docencia, o alumnado deberá preparala de xeito autónomo a través dos materiais que ten ao seu dispor na aula virtual. Poderá consutar coa profesora calquera dúbida no horario de titorías
A materia avaliarase a través do examen fixado no calendario oficial da Facultade de Humanidades
Tempo necesario para a preparación do exame
Beatriz Fernandez Herrero
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 982824742
- Correo electrónico
- beatriz.fernandez.herrero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 28.05.2024 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 12 |
| 02.07.2024 12:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 12 |