Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquisición dunha visión global da literatura francesa dende o comenzo do seculo XIX ata os nosos días, baseada na lectura e no estudo de textos literarios
1. O ROMANTISMO.
2. STHENDAL
3. O PARNASO. BAUDELAIRE E A MODERNIDADE
4. O REALISMO E O NATURALISMO
5. O SIMBOLISMO
6. PROUST
7. O DADAISMO E O SURREALISMO
8. CELINE
9. O EXISTENCIALISMO
10. A NOVA NOVELA
11. O TEATRO DO ABSURDO
12. A FRANCOFONÍA.
EXEMPLOS DE LECTURA: unha a escoller para o traballo final.
SAND, La Mare au diable
STHENDAL, Le Rouge et le Noir
FLAUBERT, Mme. Bovary
PROUST, Un amour de Swann
SARTRE, Les mots
SARRAUTE, Les Fruits d'or
CAMUS, L'étranger
BECKETT, En attendant Godot
SELECCIÓN DE ESCRITORES/AS FRANCÓFONOS/AS.
BANCQUART, M.C., CAHNE, P., Littérature Française du XXe. siècle., PUF, 1992
MICHEL, A., BECKER, C. et al., Littérature française du XIX siècle, PUF, 1993
VAN THIEGEM,PH, Le Romantisme Français, Paris, PUF, 1971.
PEYRE, H., Qu´est-ce que le symbolisme? PUF, 1974.
NADEAU, M., Histoire du Surréalisme, Paris, Seuil, 1964.
MELANÇON, M., Albert Camus, analyse de sa pensée, Fribourg, 1976.
CASANOVA, P., Beckett l´abstracteur, Paris, Seuil, 1997.
A materia pretende que o alumno teña unha visión de conxunto da Literatura Francesa dos séculos XIX y XX.
Os alumnos, en función da súa competencia lingüística nesa lingua, e cando se crea conveniente, poderán ler as obras nas súas correspondentes tradución ao galego ou castelan.
Competencias básicas e xerais : CG1, CG2, CG3, CG4, CG5
Competencias transversais : CT 1, CT2,, CT3
Competencias específicas : CE4, CE5.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
É recomendable a consulta de obras de referencia que sirvan para complementar o desenvolvemento dos temas.
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GONZALEZ REY, MARIA ISABEL | Galego |