Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia contribúe á consecución de tres OBXECTIVOS XERAIS que aparecen na memoria da titulación.
1. O primeiro deles está relacionado coa adquisición de contidos:
Familiarizar ao estudante cos diferentes sectores que inciden no desenvolvemento da cultura humana, tanto no pasado como na actualidade: as canles, soportes e mecanismos de difusión cultural (desde os documentos escritos aos medios audiovisuais), as linguas naturais (nas súas vertentes oral e escrita), etc., preparándoo para iniciar o desempeño de actividades profesionais relacionadas co mundo da cultura.
2. O segundo persegue a experimentación de certos procedementos:
Estimular a creatividade para dar respostas adecuadas aos problemas formulados e fomentar o gusto pola innovación a partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
3. O terceiro, e último, ten como finalidade o fomento de actitudes positivas:
Respectar a diversidade étnica, lingüística e cultural, e valorar a necesidade de conservar toda esa diversidade.
Ao mesmo tempo, os principais OBXECTIVOS ESPECÍFICOS que singularizan esta materia con relación a todas as demais do currículo son:
1. Proporcionar coñecementos ao alumnado que lle permitan comprender e analizar o ámbito cultural e as diversas formas de comunicación e interacción no mundo global.
2. Desenvolver o dominio de técnicas e métodos para a análise do funcionamento dos diferentes patróns comunicativos nas interaccións interculturais.
3. Facilitar a comprensión dos procesos de produción e interpretación propios da interacción entre falantes de diversas linguas e culturas en contextos variados (escolar, sanitario, administrativo, etc.).
4. Proporcionar recursos para xestionar a complexidade e diversidade lingüística e resolver conflitos ligados ao contacto de linguas e ao choque de diferentes patróns comunicativos
nas relacións interpersoais.
5. Iniciar aos estudantes na aplicación dos coñecementos pragmáticos a ámbitos profesionais como a mediación intercultural e a planificación comunicativa de empresas e institucións.
TEMA 1. As principais dimensións da comunicación intercultural: a comunicación verbal e non verbal en diferentes culturas. Posta en valor da eficacia comunicativa.
TEMA 2. Actos de fala. Tipos de actos ilocutivos. A indirección na comunicación intercultural.
TEMA 3. Interpretación e inferencia. O principio de cooperación e as máximas conversacionais. A universalidade do principio de cooperación.
TEMA 4. Cortesía. Diferencias comunicativas e valores socioculturais.
TEMA 5. A xestión da conversa en contextos multilingües e interculturais. As quendas de fala.
TEMA 6. Aplicacións da Pragmática intercultural. Novos perfís profesionais: a figura do mediador intercultural.
Bibliografía básica:
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
Bibliografía complementaria:
1. Introducións á pragmática
HUANG, Yan (ed.) (2017): The Oxford Handbook of Pragmatics. Oxford University Press
LEECH, Geoffrey N. (1983): Principles of Pragmatics. London: Longman. Tradución española de Felipe Alcántara Iglesias: Principios de Pragmática. Logroño: Universidad de La Rioja. 1998.
LEVINSON, Stephen C. (1983): Pragmatics. Cambridge: Cambridge University Press. Tradución española de África Rubiés Mirabet: Pragmática. Barcelona: Teide. 1989.
MOESCHLER, Jacques & Anne Reboul (1999): Diccionario enciclopédico de pragmática. Madrid: Arrecife.
ÖSTMAN, Jan-Ola and Jef VERSCHUEREN (2010): Handbook of pragmatics. .Amsterdam: J. Benjamins
PAYRATÓ, Lluís (2018): Introducción a la pragmática: una perspectiva sobre el lenguaje en acción. Madrid: Síntesis
REYES, Graciela (1995): El abecé de la pragmática. Madrid: Arco Libros.
VERSCHUEREN, Jef (1999): Understanding Pragmatics. London: Arnold. Tradución española de Elisa Baena Pedraza & Marta Lacorte: Para entender la Pragmática. Madrid: Gredos. 2002.
2. Introducións á comunicación intercultural
ASANTE, Molefi Kete et alii (eds.) (2008): The Global Intercultural Communication Reader. New York: Routledge.
BRAVO, Diana & Antonio BRIZ (eds.) (2004): Pragmática sociocultural: estudios sobre el discurso de cortesía en español. Barcelona: Ariel
CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
RAGA GIMENO, Francisco (2005): Comunicación y cultura. Propuestas para el análisis transcultural de las interacciones comunicativas cara a cara. Madrid/Frankfurt: Iberoamericana/Vervuert.
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SENFT; Gunter, Jan-Ola ÖSTMAN & Jef VERSCHUEREN (eds.) (2009): Culture and Language Use. Amsterdam: John Benjamins.
SPENCER-OATEY, Helen (ed.) (2008): Culturally Speaking. Culture, Communication and Politeness Theory. London: Bloomsbury. 2ª ed.
Competencias xerais
G2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro das áreas das Humanidades e da Cultura.
G4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias específicas
E1 Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender as distintas compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico.
E3 Comprender razoadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferencias culturais.
E9 Adquirir a capacidade e o espírito emprendedor que propicien a creación e impulso de proxectos culturais, comunicativos e educativos.
Competencias transversais
T2 Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
T3 Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais,fundamento do contido da materia. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da profesorae será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvementodas competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas estarán dedicadas á realización de exercicios prácticos baseados fundamentalmente na análise exhaustiva de diversas situaciónscomunicativas e a proposta de alternativas de mellora da eficacia comunicativa.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario parao desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado fóra das horas de clase prestarase especial atención á lectura, a escritura e o comentario, para potenciar as súascapacidades comunicativas e a súa capacidade de aprendizaxe autónoma.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre a profesora e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas tanto nas sesións expositivas como nas interactivas.
1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Realizarase por avaliación continua: o 50% da cualificación corresponderá ás actividades programadas e realizadas durante o curso. O 50% restante corresponderá á realización do exame final na data establecida oficialmente pola Facultade de Humanidades.
As tarefas que se deben realizar e as competencias que se avalían con estes dous instrumentos son:
PRIMEIRO INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN: ACTIVIDADES PROGRAMADAS E REALIZADAS DURANTE O CURSO (50%)
TAREFAS
1. Asistir e participar activamente nas clases (2 puntos).
Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións expositivas e interactivas, e participar activamente e con interese nas mesmas, para obter apuntuación máxima global do apartado.
2. Realizar fóra das sesións presenciais cinco comentarios pragmáticos doutras tantas situacións de comunicación intercultural (3 puntos).
COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN CON AMBAS AS DÚAS TAREFAS
(1) Participación activa do alumnado nas clases presenciais.
(2) Capacidade para traballar de xeito cooperativo nas sesións interactivas.
(3) Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
(4) Aproveitamento das lecturas obrigatorias.
(5) Capacidade para detectar e resolver conflitos comunicativos.
(6) Adecuación expresiva dos escritos: respecto das normas ortográficas e das cuestións básicas de formato.
A avaliación continua implica a realización paulatina de actividades ao longo de todo o curso, de modo que todas as tarefas programadas terán unha data límite de entrega. Aínda así, a profesora poderá aceptar puntualmente tarefas subidas á aula virtual fóra de prazo sempre que haxa unha razón que xustifique o atraso na entrega. Nestas situacións, para evitar agravios comparativos cos compañeiros que si cumpriron os prazos, o traballo será cualificado de 0 a 7 puntos.
SEGUNDO INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN: EXAME FINAL (50%)
TAREFA
Realizar unha proba escrita formada por un comentario pragmático dunha situación comunicativa intercultural no que o alumnado poida demostrar que domina de xeito práctico todos os contidos tratados ao longo do curso (actos de fala, principio de cooperación, principio de cortesía, secuencias do diálogo e toma de quendas), sempre desde un enfoque intercultural.
COMPETENCIAS QUE SE AVALÍAN CON ESTA TAREFA
(1) Dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
(2) Aproveitamento das lecturas obrigatorias.
(3) Capacidade para detectar e resolver conflitos comunicativos.
(4) Adecuación expresiva (respecto das normas ortográficas e morfosintácticas da lingua utilizada).
2. SEGUNDA OPORTUNIDADE
Efectuarase exclusivamente a través dun exame que incluirá cuestións teóricas e prácticas (correspondentes ás sesións expositivas e ás sesións interactivas). Por tanto, o 100% da puntuación dependerá do resultado obtido nesa proba. O exame realizarase na data establecida pola Secretaría da Facultade para a segunda oportunidade.
3. ALUMNADO REPETIDOR
Deberá seguir o mesmo sistema de avaliación que se acaba de describir previamente (avaliación continua na primeira oportunidade e exame final nasegunda oportunidade).
4. ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Os estudantes que teñan concedida polo Decanato a dispensa de asistencia a clase e, polo tanto, non poidan seguir a avaliación continua, poderán avaliarse de toda a materia mediante un exame tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade (en ambos os dous casos o exame suporá o 100% da cualificación: 0-10 puntos).
5. ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL
O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo á profesora, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo deParticipación e Integración Universitaria):http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
6. MOI IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións": https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20110721/AnuncioG2018-190711-…
Como consta na Memoria da titulación, está previsto que o alumnado dedique un total de 112,5 horas a esta materia, das que 45 corresponden a traballo presencial na aula e 67,5 a traballo autónomo e preparatorio.
A carga da actividade presencial desenvolverase en 2,5 horas semanais, e repartiranse a partes iguais as sesións expositivas e as sesións interactivas, tal e como se indica a continuación:
1. Sesións expositivas: 18 horas. A estas 18 horas expositivas corresponden 22,5 horas non presenciais que se deben dedicar ao estudo e asimilación de contidos.
2. Sesións interactivas: 18 horas. Están vinculadas coas tarefas non presenciais que deben ser realizadas fóra das horas lectivas: 20 horas.
3. Sesións de titoría programada: 2,25 horas. A estas corresponde unha carga non presencial de 15 horas que deben ser dedicadas á realización de lecturas recomendadas.
4. Sesións de avaliación: 5 horas. A estas 5 horas presenciais corresponden unhas 10 horas de preparación non presencial.
5. Outras actividades: 1,75 horas presenciais.
-Asistir participativamente ás clases e titorías.
-Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua, respectando as datas de entrega das distintas tarefas.
-Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
Montserrat Souto Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982824778
- Correo electrónico
- montserrat.souto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 12 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 05.06.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| 12.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| SOUTO GOMEZ, MONTSERRAT | Castelán |