Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 297.4 Horas de Titorías: 2 Clase Interactiva: 0.6 Total: 300
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Prácticas Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral, Lóxica e Filosofía da Ciencia
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Obx. 1.: Que os/as estudantes apliquen os coñecementos adquiridos nas diversas materias da titulación na realización dunha actividade profesional.
Obx. 2: Familiarizar aos/as estudantes co mundo laboral.
Obx. 3: Estimular aos estudantes a procurar saídas profesionais en entornos distintos do ensino.
As actividades concretas a desenvolver nas PAE indicaranse no plan formativo de cada unha das prácticas publicado xunto coa convocatoria, segundo o acordado coa institución ou empresa coa se estableceu o correspondente convenio de colaboración.
Non hai.
A) Relación da PAE coas competencias básicas do título
Comp. 1 Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
Comp. 2: Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
Comp. 3: Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
Comp. 4: Que na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
B) Transversais
Comp. 1: Instrumentais: capacidade de comprensión e interpretación de discursos complexos (escritos e orais), análise e síntese, traballo conceptual. Capacidade para a exposición e comunicación oral e escrita. Capacidade de xestión da información. Resolución de problemas. Toma de decisións.
Comp. 2: Persoais: curiosidade e actividade intelectuais non restrinxidas á filosofía. Capacidade para desenvolverse en contextos culturais e sociais diversos. Boa disposición para as relacións interpersoais, o diálogo intelectual e o traballo cooperativo. Razoamento crítico e compromiso democrático.
Comp. 3: Sistémicas: capacidade para a aprendizaxe autónoma. Receptividade e capacidade de resposta ante novas situacións. Creatividade. Coñecemento doutras culturas e costumes. Iniciativa e espírito emprendedor. Motivación pola calidade. Especial sensibilidade cara a problemas de igualdade medioambientais.
Unha vez efectuada e resolta a convocatoria das PAE e asignadas as prazas, cada estudante deberá contactar co/a titor/a académico e co/a titor/a externo co fin de concretar o traballo a realizar e determinar o período das PAE que, segundo as necesidades da empresa/institución, podería estenderse ate o 1 de setembro de cada ano, incluíndo, polo tanto, o período non lectivo. Os/as estudantes de 4º curso deben ter en conta que é imprescindible ter completado o número de créditos correspondentes ás materias do Grao (incluíndo a materia de prácticas) para poder matricularse no TFG.
O/a estudante, o titor/a académico e titor/a da entidade colaboradora asinarán por triplicado o ANEXO ao convenio de colaboración entre a USC e a empresa/institución para a realización das PAE. Un exemplar asinado debe quedar en poder do/a estudante, outro da empresa/institución colaboradora e outro debe ser depositado no Decanato da Facultade de Filosofía.
O/a titor/a da entidade colaboradora e o/a estudante acordarán o horario de cada estudante durante o período de realización das PAE.
O/a titor/a da entidade colaboradora será responsable de explicarlle a cada estudante as características do traballo, de orientalo/a no seu desenvolvemento e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir un informe final das PAE.
O/A alumno/a, unha vez rematadas as PAE na empresa ou entidade colaboradora, debe presentar unha Memoria Final de prácticas por correo electrónico dende a fonte institucional do alumno/a (correo rai.usc) na Secretaría do Decanato da Facultade nun prazo non superior a 15 días naturais dende a data de finalización da realización das prácticas, así como enviala en PDF por correo electrónico no mesmo prazo á/ao seu/súa titor/a académico/a. A Memoria Final terá unha extensión mínima de 3.000 palabras e máxima de 5.000, e deberá conter, cando menos, a seguinte información:
a) Datos persoais do/a estudante.
b) Entidade colaboradora onde realizou as prácticas, localización e período de realización.
c) Descrición precisa das tarefas desenvolvidas, indicando, se é o caso, a qué seccións ou departamentos da entidade estivo asignado/a.
d) Valoración das tarefas desenvolvidas en relación cos coñecementos e competencias adquiridos nos estudos universitarios.
e) Relación, se fose o caso, de problemas e incidencias e explicación do procedemento seguido para a súa resolución.
f) Identificación das achegas que, en materia de aprendizaxe, supuxeron as prácticas.
g) Valoración de conxunto da experiencia das prácticas e suxestións de mellora.
A) Traballo presencial do alumno/a:
- 135 h presenciais na institución/empresa onde realiza as PAE
B) Traballo persoal do alumno/a
- 15 h para elaborar o informe final das PAE
Recomendacións de cara á avaliación das PAE
1) Manter ao longo do período de realización das PAE unha comunicación fluída co/a titor/a externo/a e co titor/a académico/a.
2) Elaboración dunha memoria final que describa de xeito detallado as actividades realizadas e inclúa unha valoración de conxunto da actividade desenvolvida na institución ou empresa.
Recomendacións para o aproveitamento das PAE
1) Coñecemento da/s materia/s relacionadas coa actividade que se desenvolverá nas PAE.
2) Boa disposición para o traballo e para as relacións interpersoais baixo parámetros de profesionalidade.
3) Desenvolver unha actitude proactiva e colaborativa, favorecedora do traballo en equipa.
Maria Xesus Vazquez Lobeiras
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812514
- Correo electrónico
- mxv.lobeiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luis Modesto Garcia Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- 881812526
- Correo electrónico
- luisg.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Javier Barcia Gonzalez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812513
- Correo electrónico
- j.barcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a laboral fixo/a
Martin Pereira Fariña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Teléfono
- 881812525
- Correo electrónico
- martin.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Francisco Conde Soto
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812515
- Correo electrónico
- francisco.conde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Oscar Parcero Oubiña
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812519
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yolanda Martinez Suarez
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Guadalupe Jimenez Esquinas
- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Teléfono
- 881812532
- Correo electrónico
- guadalupe.jimenez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| CONDE SOTO, FRANCISCO | Galego |
| GARCIA SOTO, LUIS MODESTO | Galego |
| JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| PARCERO OUBIÑA, OSCAR | Galego |
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER | Castelán |
| CONDE SOTO, FRANCISCO | Galego |
| GARCIA SOTO, LUIS MODESTO | Galego |
| JIMENEZ ESQUINAS, GUADALUPE | Galego |
| MARTINEZ SUAREZ, YOLANDA | Galego |
| PARCERO OUBIÑA, OSCAR | Galego |
| PEREIRA FARIÑA, MARTIN | Galego |
| VAZQUEZ LOBEIRAS, MARIA XESUS | Galego |