Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte
Áreas: Historia da Arte
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- O obxectivo básico desta materia é que o estudante se familiarice cos distintos movementos presentes na arte contemporánea, as súas características básicas e a cultura na que xorden.
- Por mor disto, esixirase que os estudantes comprendan o cambio de paradigma que supón a arte contemporánea fronte á historia anterior.
- Que saiban enmarcar a obra de arte nos contextos históricos nos que se xestou e relacionala con outras formas de expresión cultural.
- Coñecer as distintas técnicas artísticas utilizadas ao longo de época contemporánea e saber deducir como estas condicionan e actúan sobre a obra de arte.
- Que o alumno/a adquira os fundamentos metodolóxicos e críticos básicos que lle permitan introducirse no exercicio da actividade investigadora.
ANOS CORENTA E CINCUENTA
A abstracción americana e europea na posguerra.
Arte Pop e Neo Dada.
O estilo internacional en arquitectura.
ANOS SESENTA E SETENTA
Minimalismo, posminimalismo e povera.
Land art e arte site-specific.
Arte conceptual e crítica institucional.
A performance e a arte feminista.
ANOS OITENTA E NOVENTA
O retorno da pintura fronte aos novos usos da fotografía e a arte activista.
A globalización e o paradigma relacional nos noventa.
A posmodernidade, os arquitectos estrela e o seu declive.
Lectura obligatoria:
- ALIAGA, Juan Vicente: A batalla dos xéneros. Santiago de Compostela, CGAC, 2007.
Bibliografía básica:
- BOIS, Yve-Alain; BUCHLOH, Benjamin; FOSTER, Hal y KRAUSS, Rosalind: Arte desde 1900: modernidad, antimodernidad, posmodernidad. Madrid, Akal, 2006.
- CROW, Thomas: El arte moderno en la cultura de lo cotidiano [1996]. Madrid, Akal, 2002.
- GREENBERG, Clement: Arte y cultura. Ensayos críticos [1961]. Gustavo Gili, Barcelona, 1980.
- RORIMER, Anne: New Art in the 60s and 70s. Redefining Reality. Londres, Thames and Hudson, 2001.
Bibliografía complementaria:
- ALBERRO, Alex y STIMSON, Blake (eds.): Conceptual Art: A Critical Anthology. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 1999.
- ALBERRO, Alex: Conceptual Art and the Politics of Publicity. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 2004.
- BERGER, Christian (ed.): Conceptualism and Materiality. Matters of Art and Politics. Londres, Brill, 2019.
- BOURRIAUD, Nicolas: Relational Aesthetics. Dijon, Les presses du réel, 1998.
- BUCHLOH, Benjamin: “El arte conceptual de 1962 a 1969: de la estética de la administración a la crítica de las instituciones” [1990], publicado originalmente en KRAUSS, Rosalind et. al. (eds.): October. The Second Decade, 1986-1996. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 1997.
- BUCHLOH, Benjamin H. D.: Neo-Avant-Garde and Culture Industry: Essays on European and American Art from 1955 to 1975. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 2003.
- BUCHMANN, Sabeth; MICHALKA, Matthias y KRAUSS, Karola: To Expose, to Show, to Demonstrate, to Inform, to Offer: Artistic Practices Around 1990. Colonia, Walther Konig, 2016.
- BUTLER, Cornelia (ed.): Wack! Art and the Feminist Revolution. Los Angeles y Cambridge, Massachusetts, The Museum of Contemporary Art y The MIT Press, 2007.
- CAMNITZER, Luis: Didáctica de la liberación. Arte conceptualista en Latinoamérica. Murcia, Cendeac, 2009.
- CROW, Thomas: The Long March of Pop. Art, Music, and Design (1930-1995). Yale University Press, 2015.
- FOSTER, Hal: The Return of the Real. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 1996.
- FLAM, Jack: Robert Smithson: Collected Writings. Los Angeles, London, Berkeley, University of California Press, 1996.
- GOLDSTEIN, Anne y RORIMER, Ann (eds.): Reconsidering the Object of Art: 1965-1975. Los Ángeles, The Museum of Contemporary Art, 1995.
- GRAW, Isabelle: High Price. Art Between the Market and Celebrity Culture. Berlin, Sternberg Press, 2009.
- GREENBERG, Clement: The Collected Essays and Criticism (4 vols.). The University of Chicago Press, Chicago y Londres, 1986-1993.
- GUILBAUT, Serge: De cómo Nueva York robó la idea de arte moderno. Madrid, Mondadori, 1990.
- KWON, Miwon: One Place After Another. Site-Specific Art and Locational Identity. Cambridge, Massachusetts, MIT Press, 2002.
- LAILACH, Michael: Land Art. Colonia, Taschen, 2007.
- LIPPARD, Lucy: Seis años: la desmaterialización del objeto artístico de 1966 a 1972. Madrid, Akal, 2004.
- LLANO NEIRA, Pedro de: La transformación ideológica de la crítica formalista de Clement Greenberg: del materialismo al liberalismo (1939-1974). Universidad de Santiago de Compostela, Tesis Doctoral, 2009.
- MARZO, Jorge Luis Marzo y MAYAYO, Patricia: Arte en España, 1939-2015. Ideas, prácticas, políticas. Madrid, Cátedra, 2015.
- POTTS, Alex: The Sculptural Imagination. Figurative, Modernist, Minimalist. New Haven y Londres, Yale University Press, 2000.
- WALLIS, Brian (ed.): Rock My Religion: Writings and Art Projects 1965-1990/Dan Graha
Xerais:
- Desenvolver a capacidade de localizar, avaliar e sintetizar información de referencia.
- Planificar o propio traballo.
- Adquirir gradualmente autonomía no proceso de aprendizaxe como parte do proceso de integración no medio profesional.
Específicas:
- Desenvolver unha metodoloxía científica propia da historia da arte contemporáneo e utilizar as ferramentas historiográficas e teóricas máis adecuadas.
- Saber manexar un vocabulario adecuado ás esixencias da reflexión e o razoamento crítico ao redor da obra de arte contemporánea.
- Desenvolver competencias expresivas e de comunicación a nivel escrito e oral.
- Habituarse a traballar en equipo e colaborar.
- Comprender o funcionamento do campo profesional: as súas institucións, axentes, recursos, etc…
O desenvolvemento da docencia da materia realizarase de acordo cos contidos do programa e constará dos seguintes elementos:
- Clases expositivas: sesións de 2 h baseadas no formato da lección maxistral nas que se explicarán os distintos temas que figuran no programa co apoio de imaxes e recursos multimedia.
- Clases interactivas: nelas os estudantes realizarán comentarios de texto e de materiais audiovisuais, postos á súa disposición polo profesor no campus virtual, organizaranse seminarios, programaranse visitas a exposicións e desenvolveranse traballos academicamente dirixidos, en grupos reducidos, sobre temas da materia.
- Prácticas de campo:
Práctica 1.- Duración 1 día. Previsión 2 autobuses. Visita á rede de Museos de Vigo: MARCO, Quiñones de León, Museo do Mar e O Castro. Data tentativa a determinar dacordo coa concesión da axuda para o desprazamento.
Práctica 2.- Duración 1 día. Previsión 2 autobuses. Visita ao Museo do Castro de Viladonga, Monasterio de Meira, Mondoñedo (Museo e Catedral, Museo da Imprenta), Sargadelos. Data tentativa a determinar dacordo coa concesión da axuda para o desprazamento"
- Tutorización personalizada para solucionar dúbidas relacionadas coas explicacións teóricas ou cos exemplos de análises abordadas nas prácticas.
Nas clases expositivas e interactivas explicaranse aqueles aspectos que se consideren máis relevantes das materias que aparecen na sección de contidos, sendo en todo caso a totalidade do contido do programa obxecto de avaliación. Na dinámica das clases fomentarase a participación dos alumnos e tentarase fomentar o pensamento crítico con respecto aos contidos.
TIPO DE DOCENCIA, TOTAL HORAS/MATERIA
Doc. Expositiva ........................... 32
Doc. Interactiva ........................... 16
Titorización personalizada .......... 3
Realizarase a partir da suma dos seguintes valores:
- Exame: conta 60% na cualificación final
- Participación en clases interactivas: 20%
- Traballo de grupo: 20%
A proba escrita (exame final) supoñerá o 60% da cualificación definitiva da materia. As clases prácticas, seminarios e traballos (docencia interactiva) supoñerán o 40% da cualificación definitiva distribuída en; 20% (traballo en grupo) e 20% (participación nas clases interactivas, seminarios…)
O alumnado tená unha lectura obrigatoria sobre a que se preguntará no exame.
A nota final da materia alcanzarase coa suma da cualificación de docencia interactiva máis a do exame final. Para aprobar a materia o alumno terá que obter polo menos o 50% da nota de exame final e o 50% da docencia interactiva.
Debido a que a avaliación é continua, a asistencia á aula é obrigatoria. A falta de asistencia presencial continuada á aula, non xustificada, podería ser obxecto de penalización na nota final da materia.
Os alumnos que faltasen a máis do 30% das clases interactivas terán que examinarse na opción de xullo de todos os temas tratados nelas.
Na segunda oportunidade da convocatoria (xullo):
1. Nesta convocatoria conservaráselles a cualificación interactiva e só terán que examinarse da materia impartida nas clases expositivas.
2. Aqueles alumnos que non realizasen as actividades correspondentes á docencia interactiva, ou non superasen o 50% da súa nota, terán que realizar un exame no que terá cabida tanto a materia exposta nas clases expositivas como nas clases interactivas.
Dispensa:
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta e/ou plaxio de exercicios ou probas, aplicaranse as disposicións do Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.
TEMPO PRESENCIAL DO ALUMNO: 51 horas
Asistencia ás clases expositivas: ............ 32 "
Asistencia ás clases interactivas: ............ 16 "
Titorías: ...................................................... 3 "
TEMPO DE ESTUDO E ACTIVIDADE PERSOAL: 103 horas
Estudo da materia impartida nas clases expositivas: 60 horas
Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca, etc: .... 28 horas
Preparación de presentacións, debates, etc ................... 8 horas
Outras tarefas propostas polos profesores....................... 7 horas
- Preparación da materia impartida a través dos apuntamentos recolleitos na aula e completalos valéndose da bibliografía recomendada así como da información adicional fornecida polo profesor na aula virtual da materia.
- Asistencia ás sesións interactivas, algo imprescindible para a superación da materia
- Lectura detida dos textos que se indiquen na aula.
- O alumnado deberá realizar todas as actividades recomendadas polo profesorado (análise de casos, revisión de bibliografía e exercicios prácticos) para superar con éxito a materia.
Programaranse actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc.
Poderanse programar actividades complementarias para un desenvolvemento máis completo da materia: visitas a museos e exposicións temporais, asistencias a conferencias, etc., dependendo da oferta cultural existente.
Pedro De Llano Neira
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Correo electrónico
- pedro.dellano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |