Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (40.51%), Galego (59.49%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Prehistoria
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecer os principais aspectos da evolución cognitiva e social da especie humana, os modelos (arqueolóxicos e antropolóxicos) asociados ao seu coñecemento, así como as súas principais manifestacións: a fala, a relixión e a arte por unha banda, e os modelos de sociedade por outra.
Tema 1. Evolución e cognición: “arqueoloxía da mente”. Rexistro fósil, artefactos, modelos: posibilidades e limitacións. A arqueoloxía e o acceso á complexidade social e de pensamento.
Tema 2. A linguaxe. A adquisición do fala no proceso evolutivo humano. O debate sobre o Neandertal. A escritura.
Tema 3. O pensamento simbólico: a “arte”. Teorías sobre a arte prehistórica.
Tema 4: O pensamento simbólico: a “relixión” e o comportamento ritual. As teorías da relixión “primitiva”. Relixión e arqueoloxía.
Tema 5. Modelos aplicados ao estudo da Prehistoria: etoloxía humana, modelos primates e etnoarqueoloxía.Os modelos antropolóxicos: das sociedades de bandas ás organizacións estatais. Aplicación arqueolóxica.
Bibliografía básica:
S. Mithen, Arqueología de la mente, Barcelona, Crítica, 1998.
C. Renfrew e E. Zubrow (eds.), The ancient mind. Elements of cognitive archaeology, Cambridge, Cambridge University Press, 1994.
A. Rivera Arrizabalaga, Arqueología del lenguaje, Madrid, Akal, 2009.
Leroi-Gourhan, A., 1985, Los primeros artistas de Europa. Introducción al arte parietal paleolítico, Ed. Encuentro.
Llinares García, Mar, 2012, Los lenguajes del silencio. Arqueologías de la religión, Madrid, Akal.
Bibliografía complementaria:
Ofrecerase para cada tema na aula, presencial ou telematicamente.
Comprender as posibilidades e limitacións do coñecemento arqueolóxico.
Aprender a analizar o material arqueolóxico (desde o punto de vista da sociedade e a mentalidade).
Desenvolvemento da capacidade de cruzar datos e observacións procedentes de distintas disciplinas.
Docencia expositiva: exposición en aula do contido do temario por parte do profesor. Elaboración e exposición entre 2/3 persoas dun traballo titorado sobre algún dos contidos da materia. O traballo exporase e entregarase a presentación no espazo habilitado na Aula Virtual.
Docencia interactiva: sobre as lecturas indicadas, e o visionado de películas e documentais, posta en común na aula e elaboración dun traballo individual. Os materiais estarán dispoñibles na Aula Virtual. O traballo entregarase no espazo habilitado na Aula Virtual
Elaboración e exposición do traballo sobre os contidos da docencia expositiva: ata 7 puntos. A valoración do traballo será colectiva, pero haberá tamén valoraciones individuais (expresión, capacidade de resposta a preguntas...)
Elaboración do traballo individual sobre os contidos das clases interactivas: ata 3 puntos.
A non realización do traballo sobre os contidos expositivos suporá un Non presentado
Datas límite de entrega das tarefas: data do exame oficial
Na convocatoria extraordinaria de avaliación, manterase a puntuación obtida nos ítems que foran superados e repetirase ou entregarase a parte non superada ou non realizada
Dispensa de asistencia: o traballo individual sobre os contidos expositivos suporá o 100% da cualificación.
Horas expositivas: 32
Horas interactivas: 16
Titorías: 3
Total horas presenciais: 51
Tempo de estudio e preparación da materia: 70
Total: 121 horas
Combinar a asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas co estudo persoal, procurando levar a materia ao día.
É recomendable o manexo funcional dalgunha das principais linguas estranxeiras.
Teaching Language:Galician.
Maria Del Mar Llinares Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Teléfono
- 881812571
- Correo electrónico
- mar.llinares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Ramón Rabuñal Gayo
- Departamento
- Historia
- Área
- Prehistoria
- Correo electrónico
- joseramon.rabunal [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a: Programa Juan de la Cierva
| Luns | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| Martes | ||
| 11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 23.05.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 06 |
| 23.05.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
| 23.05.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
| 02.07.2024 18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RABUÑAL GAYO, JOSÉ RAMÓN | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LLINARES GARCIA, MARIA DEL MAR | Galego |