Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- A Historia de Galicia no período moderno non só é unha materia académica, senón que é o campo de investigación preferente do profesorado da USC que a imparte, polo que nesta materia se pretende acadar os seguintes obxectivos:
1. Que o estudante obteña uns coñecementos fundamentais da evolución de Galicia na Época Moderna
2. Un dominio básico das fontes documentais
3. Unha base de referencia das liñas historiográficas e da bibliografía máis significativa e actualizada.
4. Unha transversalidade dos coñecementos que permitan encuadrar Galicia no contexto da Historia da Europa occidental na Epoca Moderna.
5. Obter uns coñecementos transversais que permitan achegarse a outras materias afins dentro das Humanidades e Ciencias Sociais -Historia da Arte, Angtropoloxía, Socioloxía, etc.
1. Introducción á época. Líneas evolutivas e fin do Antigo Réxime
2. A poboación galega
3. O sistema agrario
4. As actividades industriais, a pesca e o comercio
5. A sociedade galega do Antigo Réxime
6. Organización político-administraiva e goberno
7. Cultura popular e cultura letrada
Bibliografía básica:
CASTRO REDONDO, R. CARTOGRAFÍA DIGITAL DE GALICIA EN 1753: Jurisdicciones, provincias y Reino, Santiago de Compostela, 2019.
DUBERT, I.: Historia de la Galicia moderna, Santiago, 2012.
DUBERT, I. (ed.), Historia das historias de Galicia, Vigo, 2016.
DUBERT, I. (ed.), A morte de Galicia, Vigo 2019.
REY CASTELAO, O.: A Galicia Clásica e Barroca, Ed. Galaxia, Vigo, 1998.
REY CASTELAO, O. & RIAL GARCIA, S., Historia das Mulleres. Idade moderna, Santiago, 2010.
SAAVEDRA, P.: La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Ed. Crítica,Barcelona, 1994.
SAAVEDRA VAZQUEZ, M.C.: Historia de Galicia. Galicia na Idade Moderna IV. Vía Láctea, A Coruña, 1995.
Bibliografía complementaria:
REVISTA: OBRADOIRO DE HISTORIA MODERNA
WEBS:
https://revistas.usc.gal/index.php/ohm/index
https://www.usc.es/hmoderna/blog/
https://galiciadigital1753.wixsite.com/proyecto
https://piculturban.wixsite.com/culturban
BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.: A Galicia do Antigo Réxime. O encino, a Ilustración e a Política. A Coruña, 1993
COSTA, A., Historia da Educacion e a Cultura en Galicia no contexto europeo, Vigo, 2004.
DUBERT, I: Cultura popular e imaginario social en Galicia, 1480-1900, Santiago, 2007.
EIRAS ROEL, A.: Estudios sobre agricultura y población en la España Moderna, Santiago, 1990
EIRAS ROEL, A.: La historia social de Galicia en sus fuentes de Protocolos, Santiago, 1981.
EIRAS ROEL, A.: La población de Galicia, 1700-1860. Santiago, 1996.
GARCIA QUINTELA, M.V. (edt.): Las religiones en la Historia de Galicia, Santiago, 1996.
REY CASTELAO, O., Libros y lectura en Galicia. Siglos XVI-XIX, Santiago, 2003
SAAVEDRA, P.: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e sociedade, edit. Hércules, A Coruña, 1992, vol. III.
SAAVEDRA, P. & SOBRADO; H., A Gran Historia de Galicia. Volumes referidos ao Antigo Réxime. Ed. Recife, 2007.
VARIOS: Atlas histórico de Galicia, Vigo, 1998.
VILLARES, R., Historia de Galicia, Vigo, 2003.
A través da docencia teórica e práctica preténdese:
1. Que os alumnos acaden o dominio do programa teórico
2. Obtención dun dominio básico da bibliografía e das correntes actuais en Historia Moderna de Galicia
3. Coñecemento elemental das principais fontes documentais —localizalas, ver as súas posibilidades de emprego—.
4. Iniciación á investigación con fontes primarias
5. Orientar a aplicación dos coñecementos obidos á práctica docente ou ao traballo en arquivos, bibliotecas, museos e en todas as actividades relacionadas coa a conservación e difusión do patrimonio histórico-cultural de Galicia.
6. Dominio da exposición oral de traballos e da intervención en debates.
As clases expositivas consisitirán no desenvolvemento do temario.
As clases interactivas consistirán na elaboración e comentario de táboas, gráficos, cadros, mapas... e no comentario de textos históricos.
Cada alumno/a fará un traballo práctico sobre bibliografía ou documentación de arquivo.
As prácticas de campo consistirán na visita a arquivos, bibliotecas, museos e exposicións.
A cualificación final obterase da superación de probas escritas ou orais periódicas e nunha proba final escrita na data oficial nas que os estudantes deberán responder a varias cuestións ou comentarios relacionados coas clases expositivas. Estas probas computarán ata o 70% da nota final e para que esta se teña en conta, obterase alomenos 5 sobre 10 puntos. O 30% restante da nota repartirase así: a) realización e exposición dun ou varios traballos ; b) participación en debates nas clases interactivas, ou en seminarios de discusión, ou comentarios de textos, ou prácticas que se programen. Para que a nota desta parte poida facer media coa do exame, deberá acadar unha media de alomenos 5 sobre 10.
Na segunda oportunidade deberanse cumplir os mesmos criterios que para a primeira, mais:
1.- Os/as alumnos/as que entregaran tódolos traballos prácticos e obtiveran neles unha cualificación media global de alomenos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Xa que logo, deberán de superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.
2.- Os/as alumnos/as que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non acadasen a nota mínima requerida ao longo do curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria un mínimo de dous terzos das práticas desenvolvidas durante o curso. Caso de non facelo, o seu exame non será avaliado.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e non teña entregado os traballos prácticos.
Os estudiantes con dispensa oficial de asistencia deberán presentar os traballos programados nas mesmas datas que os demáis e superar os exámenes oficiais. A cualificación será dun 60% para o examen e un 40% para o traballo ou traballos de curso. Para aprobar será imprescindible acadar alomenos un 5 sobre 10 en cada unha desas probas. Para o demáis aplicarase o que se aplica ao resto de estudiantes
Traballo presencial:
1. Actividades en grupo completo: clases expositivas, conferencias: 30 horas
2. Actividades en grupo reducido: coloquios, debates, exposición de traballos, visitas de arquivo, etc.: 15 horas
3. Titorías en grupo muy reducido: consultas de obras publicadas, organización de grupos de traballo, orientación de traballos, preparación de exposicións: 3 horas
Total: 50 horas
Traballo personal:
1. Estudio: 40 horas
2. Redacción de traballos: 30 horas
3. Preparación de actividades en grupo reducido ou individuais: lecturas, búsquedas bibliográficas e de materiais, etc.: 30 horas
Total: 100
A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporcionará o profesorado xunto co programa, pero tamén aquela máis específica que se dará con cada tema, para acadar unha visión máis completa que a que é posible acadar nas clases expositivas. Nesas lecturas deben incluirse a consulta de revistas como Obradoiro de Historia Moderna, Cuadernos Feijonianos, Cuadernos de Estudios Galegos, etc.
E necesaria a lectura e consulta de bibliografía específica para dominar as técnicas de comentario de textos, gráficas ou táboas e a elaboración de traballos.
Recoméndase a consulta de páxinas web como, por exemplo, as dos arquivos e bibliotecas de Galicia ou de fóra.
"En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial".
Roberto Javier Lopez Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812612
- Correo electrónico
- robertojavier.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ofelia Rey Castelao
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812610
- Correo electrónico
- ofelia.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mario Sixto Puente
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- mario.sixto.puente [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Antonio Gonzalez Lopez
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- antoniogonzalez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | G5021329/CLE_02 | Castelán | Aula 05 |
Mércores | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |
Venres | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 12 |