Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Introducir aos e ás alumnas no coñecemento dos principais procesos demográficos, económicos, sociais, políticos e culturais da Europa do séculos XVI y primeira metade do XVII.
-Adquirir conciencia crítica das coordenadas espacio-temporais.
O programa da materia estruturase en tres bloques, que comprenden: a) as bases socioeconómicas; b) o pensamento e a cultura e c) o goberno, a política interior e as relacións internacionais. Cada un dos bloques temáticos inclúe catro temas.
A- As bases socioeconómicas:
-1. O réxime demográfico do Antigo Réxime e evolución da poboación nos séculos XVI e XVII
-2. Economía. Agricultura e industria nos séculos XVI e XVII
-3. Comercio e técnicas capitalistas. O Mercantilismo
-4. A sociedade europea da Idade Moderna. Estructura e evolución
-
B- O pensamento e a cultura:
-5. Os conductos difusores da cultura
-6. Renacemento e Humanismo: as bases intelectuais e culturais do mundo moderno
-7. As reformas relixiosas
-8. Oríxes da Ciencia Moderna
C-O goberno, a política interior e as relacións internacionais
-9. Os oríxes do Estado Moderno
-10.O nacemento das novas monarquías e a pluralidade de formas políticas en Europa
-11. O avance do absolutismo no s. XVII. O Reino de Inglaterra e a República Holandesa
-12. As relacións internacionais (1500-1650)
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
EIRAS ROEL, A., Historia Universal, 12. Siglo XVII, Barcelona, 1994.
FLORISTÁN IMIZCOZ, A. (coord.), Historia Moderna Universal, Barcelona, Ariel, 2015.
FORTEA PÉREZ, J.I., Historia Universal. 11. Siglo XVI, Barcelona, 1994.
HINRICHS, E., Introducción a la Historia de la Edad Moderna, Barcelona, Ariel, 2001.
MOLAS RIBALTA, P. et al., Manual de historia moderna, Barcelona, Ariel, 1993.
TENENTI, A., La Edad Moderna: siglos XVI-VIII, Barcelona, Crítica, 2000.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
BARDET, J.-P. y DUPÂQUIER, J. (dirs), Historia de las poblaciones de Europa, Síntesis, Madrid, 2001.
BÉLY, L., Lárt de la paix en Europe. Naissance de la diplomatie moderne XVIIe-XVIIIe siècle, Paris, 2007.
BURKE, P., El Renacimiento europeo, Crítica, Barcelona, 2000.
DEWALD, J., La nobleza europea, 1400-1800, Valencia, 2004.
DUPLESSIS, R.S., Transiciones al capitalismo en Europa durante la Edad Moderna, Zaragoza, 2001.
ELLIOT, J.H., Europa en la época de Felipe II (1559-1598), Crítica, Barcelona, 2000.
GONZÁLEZ ENCISO, A., El nacimiento del Capitalismo en Europa, Ed. Eunate, Madrid, 2011.
KAMEN, H., La sociedad europea, 1500-1700, Madrid, 1986.
LUTZ, H., Reforma y Contrarreforma: Europa entre 1520 y 1648, Alianza, Madrid, 2009.
MACKENNEY, R., La Europa del siglo XVI. Expansión y conflicto, Akal, Madrid, 1996.
MARAVALL, J.A., La cultura del Barroco: análisis de una estructura histórica, Barcelona, 2008.
MARTÍNEZ MILLÁN, J.; CARLOS MORALES, J., Religión, política y tolerancia en la Europa Moderna, Polifermo, Madrid, 2011.
REINHARD, W. (ed.), Las élites de poder y la construcción del Estado, Madrid, 1996.
RIVERO RODRÍGUEZ, M., Diplomacia y relaciones exteriores en la Edad Moderna. De la cristiandad al sistema europeo, 1453-1794, Madrid, 2000.
ROSSI, P., El nacimiento de la Ciencia Moderna en Europa, Crítica, Barcelona, 1997.
SCHULTZ, H., Historia económica de Europa (1500-1800). Artesanos, mercaderes y banqueros, Siglo XXI de España, Madrid, 2001.
Competencias específicas:
-Coñecer e analizar as principais claves explicativas da Historia Moderna Universal desde o século XVI ata a primeira metade do XVII.
-Comprender e interpretar mapas, gráficos, textos e fontes históricas.
Competencias transversais:
-Traballar de forma autónoma con responsabilidade e iniciativa, desenrolando capacidades de xestión da información, organización e planificación.
-Aplicar pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de innovación.
-As clases expositivas serán presenciais e consistirán básicamente na explicación do temario da asignatura polo profesor co apoio de diferentes materiais didácticos e co emprego de TIC.
-As clases interactivas permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumno –estudios, traballos, lecturas, exercicios, exposicións..., serán orientadas polo profesor e conducirán á realización e exposición de traballos en grupo ou individuais.
-Nas tutorias individualizadas ou en grupo moi reducido, atenderáse aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas tarefas oo para tratar de resolver cualquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa asignatura.
-A práctica de campo consistirá nunha actividade que será comunicada ao longo do curso, con antelación suficiente.
A cualificación final obterase da superación dunha proba final escrita na data oficial, nas que os estudantes deberán responder a varias cuestións ou comentarios relacionados coas clases expositivas. Estas probas computarán ata o 70% da nota final e para que esta se teña en conta, deberá obterse ao menos 5 sobre 10 puntos. O 30% restante da nota repartirase así: a) 25% procederá da realización e exposición de diferentes traballos e exercicios; b) 5% da participación en debates nas clases interactivas, en seminarios de discusión, ou comentarios de textos. Terase en conta a posible participación nas actividades de carácter historiográfico organizadas no marco do curso.
Para que a nota desta parte poda facer media coa do exame, deberá obterse unha media de ao menos 5 sobre 10 puntos.
Na segunda oportunidade deberán cumprirse os mesmos criterios que para a primeira, pero:
1.- Os alumnos que entregaron todos os traballos prácticos e obtiveron neles unha cualificación media global de ao menos 5 sobre 10, non terán a obriga de volver a presentalos. Deberán superar só un exame sobre a materia impartida nas clases expositivas na convocatoria correspondente.
2.- Os alumnos que non tiveran entregado os traballos prácticos ou que non alcanzaran a nota mínima requirida durante o curso ordinario, terán que entregar no momento do exame da segunda convocatoria as prácticas feitas durante o curso. No caso de non entregalas, o seu exame non será avaliado.
Considerarase como "non presentado" na cualificación final a todo aquel alumno que non se presente ao exame e que non tivera entregado ningún dos traballos prácticos.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia deberán presentar os traballos programados nas mesmas datas que os demais e superar os exames oficiais. A cualificación será de 70% para o exame e 30% para o traballo ou os traballos do curso. Para aprobar será imprescindible obter ao menos un 5 sobre 10 en cada unha desas probas. Para o demais, aplicarase o mesmo que ao resto de estudantes.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas dúas horas.
Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
Tendo en conta a carga docente da asignatura e as previsións antes indicadas, considerase que o tempo de traballo persoal de cada alumno debería rondar as 150 horas.
- A recomendación básica é a lectura da bibliografía xeral ou especializada que proporciona o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se subministra con cada tema para obter unha visión máis completa que a que é posible ofrecer nas clases expositivas.
- É conveniente, así mesmo, a realización persoal de comentarios de texto, cadros, gráficas, táboas estatísticas, etc., para obter un dominio nesas materias e unha mellor comprensión do contido da materia.
- Consulta de atlas históricos e dicionarios de termos históricos.
- A asistencia regular á clase considerase imprescindible para acadar un bo resultado para unha avaliación positiva.
- Aclarar con preguntas na clase, ou nas titorías, as dúbidas que poidan xurdir durante o período de aprendizaxe ou no transcurso da resolución dos casos prácticos anteriormente mencionados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Fica prohibido o emprego durante as clases, tanto de docencia expositiva como interactiva, de teléfonos móbiles, tablets, computadores portátiles ou de calquera outro dispositivo electrónico que permita a conexión a internet. O seu emprego só estará permitido naquelas actividades docentes nas que, expresamente, así o indique o responsábel da materia.
Camilo Jesus Fernandez Cortizo
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812552
- Correo electrónico
- camilojesus.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isidro Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812617
- Correo electrónico
- isidro.dubert [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Tomas Manso Fraga
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812707
- Correo electrónico
- tomas.manso.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Alex Valledor Arostegui
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Correo electrónico
- alex.valledor.arostegui [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral_Outros Programas
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Mércores | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 11 |
Xoves | |||
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |
Venres | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 08 |