Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Medieval
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Logo de cursar esta materia, o alumnado terá que ser capaz de:
• Desenvolver unha capacidade de análise crítico e construtivo de situacións pasadas e presentes (manexo do tempo histórico)
• Afondar na lectura e interpretación de todo tipo de fontes históricas e soportes documentais.
• Formular unha comprensión global dos procesos históricos pasados e presentes, integrando elementos políticos, económicos, sociais e culturais, con especial atención ao culto xacobeo e as súas manifestacions e resultados espirituais, culturais, turísticos e económicos.
• Aplicar os coñecementos adquiridos á interpretación, investigación e posta en valor do patrimonio histórico-cultural, con especial atención ao Camiño de Santiago e as súas diversas rutas e variantes.
Os contidos desta materia artéllanse arredor de tres eixes temáticos interconectados entre si. O primeiro bloque de contidos céntrase nas orixes, evolución e adaptación ós tempos do culto xacobeo e da peregrinaxe a Santiago de Compostela, dende as súas orixes ata os tempos presentes. O segundo bloque analiza o papel do Camiño como vehículo de transmisión cultural, como elemento de identidade de Galicia e como aportación a un discurso común europeísta e universal. O terceiro bolque temático estruturase arredor do Camiño na actualidade como patrimonio cultural da Humanidade e como fenómeno turístico, proporcionando claves de interpretación, investigación e posta en valor das rutas xacobeas.
-Luis VÁZQUEZ DE PARGA, José María LACARRA y Juan URÍA, Las peregrinaciones a Santiago de Compostela, Pamplona, Gobierno de Navarra, 1992, 3 vols.
-Ofelia REY CASTELAO Los mitos del Apostol Santiago, Santiago de Compostela, NigraTrea, 2006.
-Paolo CAUCCI (editor), Santiago: la Europa del peregrinaje, Barcelona, Lunwerg, 1993,
-Ricardo POLÍN Camiño Primitivo de Santiago (Guía histórica), Lugo, Concello, 2003.
- Klaus HERBERS, Política y veneración de santos en la Península Ibérica. Desarrollo del “Santiago político”, Pontevedra: Fundación Cultural Rutas del Románico, 1999.
- Fernando LÓPEZ ALSINA, La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2013.
-Antón M. PAZOS (ed.), Translating the Relics of Saint James. From Jerusalem to Compostela, Londres/Nueva York, Routledge, 2017,
- Con01: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural nas súas vertentes material e inmaterial.
- Con12: Identificar estratexias para un desenvolvemento sostiible do territorio mediante actividades culturais (turismo,
xestión e conservación do patrimonio, espectáculos, etc.).
- H/D06: Desenvolver unha actitude crítica respecto dos fundamentos históricos, antropolóxicos e artísticos dos
procesos culturais, cunha especial atención á igualdad de xénero.
- Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudio como en
entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
A docencia estruturase en 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e 3 horas de titorías en grupo reducido.
A ensinanza da materia participa dun sistema mixto que orienta o proceso de aprendizaxe, de acordo coa súa propia división en créditos de carácter teórico e de carácter práctico. Deste xeito, unha parte dos contidos (os de carácter máis básico e xeral ou aqueles de carácter máis complexo), son impartidos polo docente recorrendo á fórmula da "clase maxistral", apoiada no emprego de medios audiovisuais e no manexo de mapas, gráficos e estatísticas, na lectura de textos axeitados ao tema tratado e na realización de comentarios na propia aula, a partir de materiais previamente entregados. Unha parte substancial da materia desenvólvese a partir do traballo dos alumnos/as realizado fóra do horario lectivo (actividade academicamente dirixida fóra da aula), consistente na realización (tanto individual como en grupo) de actividades diversas: lectura e recensión de libros, a visión de películas alusivas ao tema que se está a tratar, excursións formativas, asistencia a cursos e conferencias. Especificamente, para fomentar a personalización da súa formación intelectual e a xeración dun espírito crítico, o alumno/a ten que realizar, para a plena superación do proceso de aprendizaxe, unha recensión crítica dunha obra dentro da bibliografía e a temática suxeridas polo docente da materia. Así mesmo, como unha actividade máis dirixida á súa formación transversal, realizanse prácticas dirixidas de exposición de epígrafes da materia na aula, incitando así aos alumnos/as a enfrontárense a un público pendente das súas explicacións, ao tempo que deste xeito se produce unha socialización de coñecementos da que participa todo o grupo de estudo.
A avaliación global da materia comprenderá:
a) Unha proba teórica (Exame), consistente no desenvolvemento dun tema extraído do programa da asignatura e a realización dun comentario de texto histórico axeitado ós seus contidos. A súa cualificación aportará o 25% da nota final.
b) Unha proba práctica (Avaliación continua), consistente na realización dun traballo personal e individual (poderíanse admitir traballos colectivos de demandalo os obxectivos propostos, pero sempre con determinación do traballo específico de cada un dos autores), consistente na presentación dun proxecto de aplicación práctica dos contenidos teóricos da materia ao coñecemento e difusión dos Camiños de Santiago e o fenómeno xacobeo ou un caso práctico de posta en valor daqueles. A súa cualificación equivalerá ó 65% da nota final.
c) Asistencia e participación activa en actividades na aula. A súa calificación supoñerá o 10% da nota final.
La realización de ambas probas é precisa para superar a materia. A data límite para a admisión dos traballos será a do exame final e a súa ausencia comporta a calificación de "Non Presentado".
O sistema de cualificación é válido tanto para a primera oportunidade como para a segunda. A avaliación positiva de certas actividades (exame, traballos individuais e actividades prácticas) poderá ser conservada para a segunda oportunidade e/ou durante dous cursos académicos (alumnos repetidores), sempre que así o solicite o alumno interesado e o profesor déa a súa aprobación.
Docencia expositiva
24 horas.
Docencia interactiva / seminario
24 horas
Titorización individual do alumnado
3 horas.
Exame e prácticas avaliadas
4 horas
Traballo personal do alumnado e outras actividades
95 horas.
Tendo en conta a amplitude e relativa complexidade dos contidos da materia, é altamente recomendable o dedicar un tempo diario á súa preparación, que debería facerse recorrendo á realización de esquemas que permitan unha ordenación e xerarquización dos contidos para facilitar o seu estudo e asimilación. De igual xeito, é case imprescindible o recurso á bibliografía de apoio xeral e a específica de cada tema para complementar e suplementar a docencia maxistral, así como as suxestións de lectura do profesor e o manexo de atlas, dicionarios especializados e outras fontes informativas editadas ou informatizadas, sen excluír a lectura, visión e análise dos medios de comunicación diaria, como un xeito de relacionar coñecementos e procesos históricos. Así mesmo, convén, na realización do traballo bibliográfico obrigatorio e do traballo de grupo, coidar tanto a expresión como a presentación no aspecto formal, ao igual que a creatividade persoal e o rigor crítico no eido dos contidos.
NOTA: A detección de plaxio nos traballos académicos será penalizada segúndo indica o art. 16 da "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e Revisión de Cualificacións".
Jose Carlos Baliñas Perez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Medieval
- Correo electrónico
- carlos.balinas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | CLE_01 | Galego | Aula 16 |
Martes | |||
12:30-14:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 16 |
10.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 16 |
06.06.2025 10:00-12:00 | CLE_01 | Aula 13 |