Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxía Francesa, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os fundamentos da comunicación como interacción dentro dun contexto socio-cultural.
- Recoñecer a existencia da diversidade no xeito de xestionar a interacción comunicativa eficaz.
- Identificar a diversidade de expectativas e estratexias comunicativas propias das distintas comunidades culturais.
- Analizar situacións comunicativas concretas argumentando a configuración dos significados intencionais e describindo os mecanismos de interpretación.
- Evaluar os factores desencadenantes de malentendidos por diferencias de cultura comunicativa.
- Propoñer estratexias comunicativas que propicien unha comunicación intercultural adecuada.
- Conseguir competencias plurilingües e pluriculturais aplicando o concepto de mediación nas súas facetas textual, conceptual e comunicativa.
- Identificar e desenvolver destrezas de mediación interlingüística (traductolóxica e interpretativa) en función dos distintos ámbitos da cultura.
1. Comunicación intercultural
Comunicación como interacción sociocultural. Dimensión psicolóxica e dimensión sociocultural da comunicación
Competencia comunicativa intercultural: comunicación verbal e comunicación non verbal
Factores que inciden na comunicación intercultural
Pragmática transcultural: diversos estilos e culturas comunicativas
2. Estratexias e conceptos para unha comunicación intercultural eficaz
Indirección
Cortesía verbal e netiqueta
Xestión da conversa
Linguaxe clara e lectura fácil
3. Mediación interlingüística
A mediación educativa segundo o Marco Común de Referencia para as Linguas
A mediación social
A mediación cultural
4. Estereotipos lingüísticos e culturais
Fraseoloxía e estereotipia
Prexuizos lingüísticos e conciencia fraseolóxica
A fraseoloxía contrastiva
Os culturemas
Bibliografía básica:
BOWE, Heather, Kilye MARTIN & Howard MANNS (eds.) (2014): Communication across cultures. Mutual understanding in a global world. Cambridge: University Press. 2ª edición.
CONSEJO DE EUROPA (2020): Marco común europeo de referencia para las lenguas: aprendizaje, enseñanza, evaluación. Volumen complementario. Servicio de publicaciones del Consejo de Europa: Estrasburgo [www.coe.int/lang-cefr].Traducción al español: Instituto Cervantes, enero de 2021 [https://rm.coe.int/marco-comun-europeo-de-referencia-para-las-lenguas-a…]
FERRARI, A. (1953): “Estereotipos lingüísticos y traducción”, Hieronymus Complutensis, nº6-7, p. 25-34.
GRUPO CRIT (2006) Culturas cara a cara. Relatos y actividades para la comunicación intercultural. Madrid: Edinumen. Libro + DVD.
JACKSON, Jane (2024): Introducing language and intercultural communication, 3ª ed. Abingdon: Routledge
KECSKES, Istvan & Stavros ASSIMAKOPOULOS (eds.) (2017): Current issues in Intercultural Pragmatics. Amsterdam: John Benjamins.
Bibliografía complementaria:
CANO GESTOSO, J. I. (1993): Los estereotipos sociales: el proceso de perpetuación a través de la memoria selectiva. Tesis de doctorado. Universidad Complutense de Madrid, 1993. [http://webs.ucm.es/BUCM/tesis/19911996/S/1/S1001901.pdf ]
CRIT (2003): Claves para la comunicación intercultural. Análisis de interacciones comunicativas con inmigrantes. Castellón: Universitat Jaume I.
GRAINGER, Karen & Sara MILLS (2016): Directness and Indirectness Across Cultures. Basingstoke: Palgrave MacMillan
GONZÁLEZ-REY, Mª I. (2022): “Fraseología y Estereotipia: unidad fraseológica, estereotipo y cliché”, en Cleci Bevilacqua y Ariel Novodvorski (eds.), Lingüística in focus, 15, Editora da Universidade Federal de Uberlândia, pp. 147-173.
GONZÁLEZ-REY, Mª I. (2022): “Estereotipos, prejuicios y conciencia fraseológica”, en C. A. Garcia Muniz, Elizabete Aparecida Marques, Thyago José da Cruz (ed.), Fraseología y Paremiología: Múltiples Abordajes, UFMS - Universidade Federal de Mato Grosso do Sul, pp. 24-56.
GUTIÉRREZ RUBIO, E. (2013): “Fraseología y estereotipos en español. ¿Una relación bidireccional?”, Language Design, nº15, p. 119-136.
HEITMAYER, Maxi & Robin SCHIMMELPFENNIG (2023): Netiquette as Digital Social Norms, International Journal of Human–Computer Interaction. DOI: 10.1080/10447318.2023.2188534
HERNÁNDEZ SACRISTÁN,Carlos (1999): Culturas y acción comunicativa. Introducción a la pragmática intercultural. Valencia: Octaedro.
HERRERO CECILIA, J. (2006): “La teoría del estereotipo aplicada a un campo de la fraseología: las locuciones expresivas francesas y españolas”, Espéculo. Revista de estudios literarios. [http://www.ucm.es/info/especulo/numero32/teoreste.html]
HUANG, Yan (ed.) (2017): The Oxford Handbook of Pragmatics. Oxford University Press
KOTTHOFF, Helga & Helen SPENCER-OATEY (eds.) (2007): Handbook of Intercultural Communication. Berlin: Mouton de Gruyter.
LUQUE DURÁN, J. de D. & MANJÓN POZAS, F. J. (2002): “Claves culturales del diseño de las lenguas: fundamentos de tipología fraseológica”, Estudios de Lingüística en Español, nº 16, p. 1-10.
MARTIN, Judith, Thomas NAKAYAMA & Lisa FLORES (eds.) (2001): Readings in Intercultural Communication: Experiences and Contexts. Boston: McGraw Hill.
NOLAN, Brian (2022): Language, culture and knowledge in context: A Functional-Cognitive Approach. Sheffield: Equinox
PAN, Yuling, Suzanne Wong SCOLLON & Ron SCOLLON (2002): Professional Communication in International Settings. Malden, Massachusetts: Blackwell.
PILLER, Ingrid (2011): Intercultural Communication: A Critical Introduction. Edinburgh: Edinburgh University Press.
RAGA GIMENO, Francisco (2022): Teoría y práctica de la interacción comunicativa intercultural. Castelló: Universitat Jaume I
RODRIGO ALSINA, M. (1999): Comunicación intercultural. Barcelona: Anthropos.
SCOLLON, Ron, Suzanne Wong SCOLLON & Rodney H. JONES (2012): Intercultural Communication: A Discourse Approach. Oxford: Wiley-Blackwell, 3ª edición.
SANCHEZ MORILLA, C. M. (2015): “Estereotipos despectivos en la fraseología española”. In E. BRAVO-GARCÍA & E. J. GALLARDO SABORIDO (org.) Los estereotipos culturales hispánicos y sus implicaciones didácticas. Monografías MarcoELE, Revista de Didáctica Español Lengua Extranjera, p. 108-125.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2015): The Routledge Handbook of language and culture, London/N. York: Routledge.
SHARIFIAN, Farzard (ed.) (2017): Advances in Cultural Linguistics. Singapore: Springer
SPENCER-OATEY, Helen & Dániel Z. KÁDÁR (2021): Intercultural Politeness. Managing Relations across Cultures. Cambridge: Univ. Press.
ZORNOZA, C. (1985): “Auto y heteroestereotipo étnico en estudiantes preuniversitarios de Lima metropolitana”, Revista De Psicología, nº4, vol.2, p. 157-166. [http://revistas.pucp.edu.pe/index.php/psicologia/article/view/4528]
- Con08: Identificar os distintos niveis de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cultural
- Con09: Recoñecer a diversidade de culturas comunicativas e desenvolver estratexias para facilitar a comunicación entre colectivos humanos diversos
- H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética
- H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun modo claro e eficaz
- Comp01: Comprometerse cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
- Comp08: Defender o papel da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos problemas principais das sociedades contemporáneas
A materia consta de 24 horas de docencia expositiva e 24 horas de docencia interactiva, distribuídas en tres horas presenciais á semana. Nas sesións expositivas o docente presentará os contidos básicos da materia mediante "leccións maxistrais" e debates. Nas sesións interactivas faranse e corrixiranse as actividades planificadas de traballo autónomo do alumnado: análise e comentarios críticos de documentos, estudos de caso, traballos en grupo e individuais que requiran da busca e selección de información, presentacións orais de traballos en grupo, etc.
Algunhas destas actividades de traballo autónomo realizaranse a través da aula do campus virtual da USC. Periodicamente irán fixándose as datas para a realización das 3 horas de titorías programadas, nas que se resolverán problemas e dúbidas e se fortalecerá o dominio de ferramentas de aprendizaxe. Contémplase a posibilidade de programar saídas de campo de carácter complementario e voluntario.
PRIMERA OPORTUNIDADE: Mediante avaliación continua e o exame final complementario.
Nesta primeira oportunidade o 40% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados nas sesións interactivas. Para poder desfrutar deste sistema de avaliación continua é preciso entregar, como mínimo, a metade das tarefas programadas.
Un 20% da cualificación final procederá da asistencia e, fundamentalmente, da participación activa nas clases.
O outro 40% da nota final corresponderá á nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e realizarase na data fixada pola Secretaría do Centro. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 neste exame final.
Todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media mínima esixida en cada unha das partes para superar a asinatura.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos da primeira oportunidade: 40% exame, 20% valoración da participación activa en clases e 40% avaliación das tarefas entregadas. Nesta segunda oportunidade o alumnado terá a ocasión de volver entregar, ou facer por primeira vez, un máximo de dúas das tarefas programadas para poder mellorar a súa cualificación no criterio de avaliación continua.
Neste caso, tamén, todas estas porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media mínima esixida en cada unha das partes para superar a asinatura.
O alumnado que teña concedida polo decanato a DISPENSA de ASISTENCIA a clases tamén será avaliado de forma continua con exame complementario. O 60% da cualificación final corresponderá ás actividades e traballos programados e o 40% procederá da nota do exame final, de realización obrigatoria, que versará sobre os contidos da materia e que se realizará na data fixada pola Secretaría do Centro. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación mínima de 4 sobre 10 neste exame final.
Tamén aquí todas as porcentaxes serán repartidas ao 50% entre as áreas que impartan a materia e o alumnado deberá acadar a media en cada unha das partes para superar a asinatura.
CONVOCATORIAS POSTERIORES
O alumnado repetidor, que xa cursara a materia, será avaliado co mesmo sistema establecido para o alumnado de primeira matrícula tanto na primeira oportunidade como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
SESIÓNS EXPOSITIVAS 24 (horas presenciais) + 10 (horas non presenciais) Total 34
SESIÓNS INTERACTIVAS 24 (horas presenciais) + 60 (horas non presenciais) Total 84
SESIÓNS TITORÍA GRUPO 3 (horas presenciais) Total 3
SESIÓNS AVALIACIÓN 4 (horas presenciais) + 25 (horas non presenciais) Total 29
TOTAL 55 (horas presenciais) 95 (horas non presenciais) Total 150
Os ritmos de aprendizaxe non son os mesmos en todos os alumnos, e tampouco será idéntico o esforzo que esixan as actividades de traballo autónomo programadas nos distintos temas, pero vai requirir do alumnado o compromiso para asistir de maneira proveitosa ás clases e o traballo constante e continuado.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por razóns de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria).
URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html
Miguel González Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Correo electrónico
- miguel.gonzalez.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Gonzalez Rey
- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Francesa
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 16 |
23.05.2025 12:30-15:00 | CLE_01 | Aula 12 |
03.07.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 14 |