Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
-Aproximarse ao funcionamento da economía actual.
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais para a economía do sector cultural.
-Determinar a contribución da cultura á economía da UE, España e Galicia.
-Coñecer as técnicas de valoración económica dos servizos culturais.
-Identificar e explicar os cambios estruturais do sector cultural.
-Ser capaz de realizar un estudo sobre un sector cultural desde o punto de vista económico.
1. Introdución á economía
A economía como ciencia social
O método estrutural en economía
2. A economía mundial, da UE, España e Galiza
Os principais agregados económicos
Estrutura económica de Galiza no marco español e europeo
3. Introdución á economía da cultura
Economía da cultura. Ideas iniciais
Definición de bens culturais e bens artísticos. Valor artístico e cultural
A economía da cultura na historia do pensamento económico
4. Fundamentos teóricos da economía da cultura
A cultura na economía actual. A terciarización da economía
A cultura como ben superior
Innovación e destrución creadora nas industrias culturais
A cultura como ben público
5. As contas do sector cultural
Estatísticas culturais. Fontes e metodoloxías estatísticas
As contas económicas do sector da cultura. Europa, España e Galiza
6. Infraestruturas e equipamentos culturais. Promoción cultural
As infraestruturas culturais
O patrimonio cultural material
Infraestruturas culturais e patrimonio en cifras
7. Economía do turismo
Sector turístico: conceptos básicos
Demanda turística
Oferta turística
As contas económicas do sector turístico
8. Metodoloxías de avaliación económica dos servizos culturais
Políticas públicas culturais
Indicadores para a medición e avaliación das políticas culturais
Bibliografía básica
-Afundación-Obra social Abanca (varios anos). A economía galega. Informe ... A Coruña: AFundación (informes anuais publicados desde 1986).
-Alonso Rodríguez, J.A. (Dir.) (2019). Lecciones sobre economía mundial. Introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Thomson-Civitas: Madrid.
-Barbieri, N., Partal, A., Merino, E. (2011). Nuevas políticas, nuevas miradas y metodologías de evaluación. ¿Cómo evaluar el retorno social de las políticas culturales?. Papers 96(2), pp. 477-500 https://doi.org/10.5565/rev/papers/v96n2.139
-García Delgado, J.L., & Myro, R. (Dir.) (2019). Lecciones de Economía Española. Cizur Menor (Navarra): Editorial Aranzadi.
-Ginsburg, V.A., Throsby, D. (Eds.) (2006). Handbook of the Economics of Art and Culture. Amsterdam: North Holland.
-López Iglesias, E. (2016). Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato. En Dubert, I. (Ed.), Historia das historias de Galicia. Vigo: Xerais.
-Mochón Morcillo, F. (2004). Economía y turismo. Madrid: McGraw Hill.
-Prada Blanco, A. & Lago Peñas, S. (2009). Galicia, unha economía europea 1986-2006. Vigo: Editorial Galaxia.
-Tamames, R. (2008). Estructura Económica de España. Madrid: Alianza Editorial.
Alén da anterior bibliografía, ao longo do curso o profesor facilitará outras fontes bibliográficas para o estudo da materia.
Páxinas web:
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Galego de Estatística (IGE): www.ige.gal
Instituto Universitario de Predicción Económica (I.R. Klein): https://www.uam.es/uam/klein
Ministerio de Economía y Hacienda: https://portal.mineco.gob.es/
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
Competencias Básicas:
B1. Que os estudiantes profundicen nos coñecementos adquiridos durante la educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que demostren ser orixinais no desenvolvemento e na aplicación de ideas, sobre todo en un contexto de investigación.
B2. Que os estudiantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos más amplos o multidisciplinares.
B3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
G1. Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
G2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
G3. Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
Competencias Transversais:
T1. Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
T3. Coñecer a norma e uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de forma oral como escrita.
T5. Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
T6. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
T7.Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabelos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
T9. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara temas sociais ou ambientais.
Competencias Específicas:
E1.Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, tanto material como inmaterial.
E6.Comprender o funcionamento das industrias culturais e creativas así como o seu marco lexislativo.
E7.Coñecer o valor da cultura como ferramenta de transformación social e resposta aos principais problemas das sociedades contemporáneas.
E10.Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Na modalidade presencial haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titoría en grupo reducido.
A docencia expositiva está orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral. Estas exposicións irán acompañadas por lecturas por parte dos alumnos de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Tamén se pode utilizar un modelo híbrido combinando a clase presencial con outros recursos didácticos e audiovisuais a través do Campus Virtual.
A docencia interactiva presencial de seminario estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e a achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos do caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público.
Titorías en grupo
Actividades de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como revisión de prácticas ou problemas (3 horas).
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma detallada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumno oriéntase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
A asistencia é obrigatoria, sendo requisito acudir como mínimo ao 80% das sesións programadas para superar a materia. Non é permitido o uso de dispositivos electrónicos na aula sen autorización previa por parte do profesor. Eventualmente, será posible realizar individualmente traballos ou lecturas monográficas sobre algún aspecto do programa.
Os alumnos repetidores e aqueles que non puideren asistir con regularidade deberán contactar co profesor para abordar a súa situación na primera semana do cuadrimestre.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en dúas compoñentes:
a) A proba final de carácter obrigatorio, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (40% da puntuación total).
b) A realización das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (60% da puntuación total).
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Estes dez puntos distribúense en dúas partes: 4 corresponden ao exame final, e os 6 puntos restantes reflictirán as outras actividades académicas desenvolvidas. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a que faga media ponderada (mantendo o peso do 40% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Ao alumnado ao que lle for concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliaráselle cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación final. A tal fin deberán informar ao profesor dentro da semana seguinte á resolución oficial.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
O alumnado repetidor que xa tivera aprobada a parte da materia correspondente á avaliación continua en convocatorias anteriores ten dúas opcións de avaliación. En primeiro lugar, pode manter a nota de avaliación continua obtida na convocatoria anterior e presentarse unicamente ao exame final se así o desexar. En segundo lugar, pode volver realizar as actividades prácticas e obter unha nova nota de avaliación continua, que substituirá ás de convocatorias anteriores. En calquera caso, o peso da nota final segue sendo do 40% para o exame escrito e do 60% para as actividades de avaliación continua. O alumnado repetidor debe porse en contacto co profesor na primeira semana do cuadrimestre para abordar a súa situación e elixir o sistema de avaliación que desexe (que non poderá ser modificado a posteriori).
Docencia expositiva: 24 horas
Docencia interactiva/seminario: 24 horas
Titorización individual do alumno: 3 horas
Exame: 4 horas
Traballo persoal do alumno e outras actividades: 95 horas
Non se require de coñecementos económicos específicos previos.
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, e o estudo da bibliografía básica, preferiblemente de forma previa ao desenvolvemento de cada tema do programa.
Aconséllase a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas, así como algún dos principais xornais económicos.
Lémbrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
| Martes | ||
|---|---|---|
| 09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Mércores | ||
| 12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 16 |
| 10.01.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 19.06.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS RODRIGUEZ, RAUL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS RODRIGUEZ, RAUL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS RODRIGUEZ, RAUL | Galego |