Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Latina
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
-Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio literario na súa vertente material e inmaterial.
-Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, filosóficos, sociais e artísticos do patrimonio literario inmaterial, como portador de diversos coñecementos, ideas e valores.
-Comprender e interpretar os procesos de pervivencia (recepción, revisión, reinterpretación e recreación) do patrimonio literario inmaterial.
-Analizar e sintetizar información procedente de distintas teorías e metodoloxías interpretativas, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
-Reunir e interpretar datos constitutivos do patrimonio literario inmaterial que sirvan para emitir xuízos e inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica o ética.
-Comunicar información e ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e eficaz.
-Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Contidos a desenvolver nas clases expositivas
-Definición e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista dos xéneros narratolóxicos
-Definición e historia dos termos: mito, lenda, conto.
-Delimitación da materia: Historia, Relato tradicional e Ficción literaria: narratio, poiesis, fictio, argumentum, fabula, historia.
-Definicións e clasificación da literatura de transmisión oral dende o punto de vista da historia das relixións, da ciencia, da lingua e da cultura: mýthos frente a lógos; mýthos frente a historia.
-A interpretación dos relatos tradicionais: puntos de vista e problemas: Simbolismo, Historicismo, Astralismo, Ritualismo, Estructuralismo, Comparatismo, Feminismo...
-Tipoloxía de relatos: Teogonías e cosmogonías, Antropogonías e orixes das especies naturais, Etnoxéneses, Historia da civilización (relixión, leis, artes, ciencias), Didácticos-morais...
Contidos a desenvolver nas clases interactivas
-A exéxese do relato tradicional a partir de diferentes teorías, métodos e técnicas de estudio (simbolismo, historicismo, arqueoastronomía, ritualismo, folklorismo, estruturalismo, feminismo, etc).
-A análise dos procesos de recreación e reintepretación iconográfica, filosófica, literaria, escénica (audiovisual), lúdica (videoxogos) o comercial (publicidade) dos mitos.
-A análise comparada de narracións orais tradicionais (contos) co obxecto de identificar os seus elementos funcionais (estrutura, motivos, arquetipos), e comprobar a súa vixencia e operatividade.
-Aarne, A: Verzeichnis der Märchentypen, Helsinki 1928, ampliada y traducida al inglés en Thompson, S: The Types of the Folktale, Helsinki 1961 = Aarne-Thompson, Los tipos del cuento folklórico, Helsinki 1995; y Motif-Index of Folk Literature, Bloomington 1955-58, 6 vols.
-Bayet, J.: La religión romana. Historia política y psicológica, Madrid 1984
-Burkert, W: Religión griega, arcaica y clásica, Madrid 2007
-Contreras Valverde, J.-Ramos Acebes, B.-Rico Rico, I.: Diccionario de mitología romana, Madrid 1992.
-Davidson Reid, J.: The Oxford Guide to Classical Mythology in the Arts (1330-1900), 2 vols., Oxford 1993.
-Dumèzil, G.: Mito y epopeya, 3 vols., México 1996.
-Eliade, M: Aspects du mythe, Paris 1963.
-Eliade, M: Historia de las creencias y las ideas religiosas, Madrid 1978-1983 (5 vols.)
-Fontenrose, J.: Python, Berkeley 1980
-Frazer, J.G., The Golden Bough, 12 vols, 1907-1914= La rama dorada, México 1944.
-Gantz, T.-Hazel, J.: Early Greek myth: a Guide to Literary and Artistic Sources, London 1996.
-García Gual, C.: Diccionario de mitos, Barcelona 1997.
-García Gual, C.: Introducción a la mitología griega, Madrid 2005.
-Graves, R.: Los Mitos griegos, Madrid 1996 (2 vols.).
-Grimal, P.: Diccionario de mitología griega y romana, Barcelona 1982.
-Kirk, G. S.: El mito. Su significado y funciones en las distintas culturas, Barcelona 1973.
-Lexicon Iconographicum Mythologiae Classical (LIMC)
-Martín, R. (dir.): Diccionario de la mitología griega y romana, Madrid 1996
Olmo Lete, G. (dir.): Mitología y religión del Oriente antiguo, vol. I: Egipto y Mesopotamia; vol. II/1-2: Semitas Occidentales; vol. III: Indoeuropeos, Sabadell 1993-1999
-Lamas, M.: Mitologia geral, vol. I: Mitologias dos primitivos actuais, das Américas, egípcia, suméria, asírio-babilónica, hitita, fenícia, pré-helénica, grega e romana; vol. II: Mitologias germânica, eslava, báltica, ugro-finlandesa, celta, ibérica, persa, indiana, budista, chinesa e japonesa, Lisboa 2000
-Preller, L.-Robert.C.: Griechische Mythologie, Berlin 1964 (4 vols.)
-Roscher, W.H., Ausführliches Lexikon der greichischen und römischen Mythologie, Hildesheim 1977-1978 (10 vols.)
-Rose, H.J., Mitología Griega, Madrid 1973
-Ruiz de Elvira, A.: Mitología Clásica, Madrid 1988.
-Seznec, J.: Los dioses de la Antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, Madrid 1983.
-Talbert, J. A., (ed.): Atlas of Classical History, London-Sydney 1985
-Vernant, J. P.: Mito y pensamiento en la Grecia antigua, Barcelona 1991
-Vernant, J. P.: El Universo, los dioses, los hombres: el relato de los mitos griegos, Barcelona 2000.
Básicas
CB1: Que os estudantes afonden os coñecementos adquiridos durante a educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que amosen ser orixinais no desenvolvemente e na aplicación de ideas, sobre todo nun contexto de investigación.
CB2: Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e teñan a capacidade de resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
CB3:Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir de esta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social , científica ou ética.
CB4: Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5: Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar a súa formación dun modo que haberá de ser, en gran medida, autodirixido ou autónomo.
Xerais
CX2: Adquirir a capacidade de análise y crítica necesaria para achegar solucións y novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CX3: Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CX4: organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
Transversais
CT1: Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan
CT2: Coñecer a norma e uso coherente, correcto e axeitado da lingua española, tanto de forma oral como escrita
CT6: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Específicas
CE1: Coñecer e poñer en valor as diversas áreas do patrimonio cultural na súa vertente material e inmaterial.
CE2: Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto a eles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE4: Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrita e nos distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura
CE5: Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
Haberá 24 horas de docencia expositiva e outras tantas de docencia interactiva. Tamén hai programadas 3 horas de titorías en grupo reducido. O desenvolvemento das clases e da preparación da materia levarase a cabo do xeito seguinte. Na parte teórica:
-Lección maxistral dos contidos teóricos do programa
-Lectura de documentos escollidos para ilustrar as definicións, clasificacións, evolucións, metodoloxías e tipoloxías explicadas nas leccións.
-Comentario das lecturas, audicións o documentos iconográficos.
As actividades da parte práctica consistirán en:
-Recompilación dos materiais obxecto de estudo directamente das fontes primarias.
-Análise baseado na lectura directa das fontes (en traducións), na bibliografía dispoñible, e nas distintas ferramentas metodolóxicas amosadas na parte teórica.
-Seguimento e análise da pervivencia e evolución de elementos constitutivos de literatura inmaterial e as súas recreacións e reinterpretacións filosóficas, literarias ou artísticas
-Análise comparada de narracións tradicionais e dos seus elementos constitutivos.
-Presentacións para debates por parte do alumnado de temas de súa escolla.
Utilizarase o Campus Virtual da USC para a presentación de materiais e contidos, e para a realización dalgunhas actividades.
- O 20% da cualificación corresponderá á asistencia e á participación activa nas clases presenciais e nas actividades delas derivadas. - Para a avaliación da participación activa, tomarase en consideración tanto a contía coma o nivel das intervencións.
-Un 40% da cualificación basearase nun control dos coñecementos teóricos e a capacidade de análise adquiridos ao longo do curso, mediante un exame final.
-O outro 40% da cualificación basearase na avaliación dun traballo escrito e unha exposición oral, de carácter individual, que os alumnos deberán presentar ao longo do curso. O tema do traballo e da exposición será escollido polos alumnos, e darán lugar a un debate aberto posterior. O traballo deberá ser entregado nas datas sinaladas e seguir os criterios establecidos en canto a forma en contido.
-Estes criterios serán de aplicación tanto na primeira como na segunda oportunidade.
-No caso do alumnado que teña dispensa de asistencia, o único sistema de avaliación será o exame.
-Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- A materia consta de 6 créditos (3 teóricos e 3 prácticos) equivalentes no sistema ECTS a 148 horas de traballo.
- Destas 148 horas, 55 corresponden a actividades presenciais: 24 horas expositivas, 24 horas interactivas, 4 horas de exame e 3 de titorización individual.
- O resto, 95 horas, corresponde ao traballo persoal do alumnado e outras actividades
- Asistencia continua ás clases expositivas e interactivas.
- Uso regular do campus virtual, que será o medio para facilitar os materiais.
- Participación voluntaria e proactiva nas actividades propostas en clase.
- Traballo de repaso dos contidos e actividades vistas na aula co obxecto facilitar a súa asimilación conceptual e acadar unha praxis para a resolución de problemas e exercicios propostos.
- Recorrer ás titorías como forma de apoio, reforzo e guía para o correcto desenvolvemento das actividades propostos.
- Á parte de bibliografía básica da materia, sinalada no apartado pertinente, os distintos apartados do temario inclúen cadansúa bibliografía complementaria que se irá facilitando ao alumnado progresivamente a través do Campus Virtual.
Jose Maria Anguita Jaen
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Correo electrónico
- josem.anguita [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Xoves | ||
| 09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 31.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| 10.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| ANGUITA JAEN, JOSE MARIA | Castelán |