Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia ten como obxectivo proporcionar ao alumnado unha primeira aproximación á análise económica de datos no eido da xestión cultural, de xeito que os futuros egresados coñezan as principais fontes e ferramentas dispoñibles para avaliar o impacto socieeconómico dun proxecto cultural. Desta forma, os resultados de aprendizaxe agardados son:
1. Coñecer as principais ferramentas da análise económica.
2. Coñecer as principais fontes de información socieconómica e cultural.
3. Coñecer os distintos tipos de avaliación e as principais ténicas para levalos a cabo.
4. Analizar os custes e beneficios de todo proxecto cultural
5. Avaliar o impacto dun proxecto cultural, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.
6. Elaborar informes de avaliación
Esta materia proporcional aos alumnos as ferramentas para poder avaliar dende un punto de vista socieconómico calquera proxecto cultural. A perspectiva fundamental consiste na comparación dos beneficios (económicos e sociais) e os custes (directos e de oportunidade), a partir da información proporcionada por diversos indicadores.
Os contidos son:
1. Principais conceptos: beneficios, custes, custes de oportunidade, impacto económico directo, indirecto e total, impacto social, e criterios de avaliación.
2. Fontes de información estatística.
3. Creación e selección de indicadores.
4. Metodoloxías de avaliación.
5. Elaboración de cadeas produtivas.
6. Elaboración de informes de avaliación.
Fest Galicia (varios anos): Informes de impacto. Impacto de festivales. Dispoñibles en: https://festgalicia.gal/es/informes-impacto/
Krugman, P. (2022): Fundamentos de economía. 5 ª edición. Reverté.
Núñez Alonso, F. J. (2018): De la medición del impacto a la mejora. Metodología de evaluación de eventos culturales. El caso del Festival de Cans. AGADIC.
Roselló i Cerezuela, D. (2017): Diseño y evaluación de proyectos culturales : de la idea a la acción. 10 ª edición. Ariel.
Esta materia contribúe a acadar as seguintes competencias establecidas na memoria da titulación:
CB1. Que os estudantes profunden nos coñecementos adquiridos durante la educación secundaria xeral nunha área de estudo determinado e que demostren ser orixinais no desenvolvemento e na aplicación de ideas, sobre todo en un contexto de investigación.
CB3. Que os estudantes sexan capaces de reunir e interpretar datos relevantes para que, a partir desta información, poidan emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes saiban comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados de xeito claro e sen ambigüidades.
CG1. Mostrar flexibilidade e dinamismo e, polo tanto, ser capaces de adaptarse a novas
situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CG2. Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG3. Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderado, e tendo en conta as características do proxecto e a súa función nunha estrutura organizativa.
CE3. Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE8. Coñecer os aspectos básicos de planificación, deseño, organización e difusión de proxectos culturais, tanto no ámbito privado como no público e tanto na súa vertente física como dixital.
CE9. Coñecer os aspectos básicos da planificación, deseño, organización e difusión de eventos culturais, , tanto no ámbito privado como no público e tanto na súa vertente física como dixital.
CE10.Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Ao tratarse dunha materia impartida en modalidade semipresencial, haberá 14 horas de docencia presencial e se programarán 12 horas de titorías en grupo reducido.
Nas sesións presenciais realizaranse tarefas de reforzo dos materiais cubertos en cada un dos temas, e que serán postos a disposición do alumnado por parte do profesorado coa suficiente antelación.
A ensinanza combinará o traballo na aula co profesor encargado da materia co traballo autónomo por parte do alumnado. Cada semana, o profesor irá subindo á aula virtual da materia diferente material para que o alumnado poida traballar de xeito autónomo. Este material consistirá nun documento de ideas chave, un boletín de actividades e información adicional en forma de enlaces a vídeos, artigos de prensa, artigos especializados, etc.
Nas clases presenciais, que serán retransmitidas por streaming a través da plataforma Teams, o profesor repasará de xeito resumido os principais contidos da materia, e resolverá de xeito conxunto co alumnado os boletíns de actividades.
En canto ás sesións de titorización, planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Hai que sinalar que estas 12 sesións de titoría se planificarán en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Estas titorías poden ser presenciais ou a través de Teams.
As consultas realizadas polo alumnado serán atendidas mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso. O profesorado cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes dende a súa realización.
A avaliación da materia terá en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do semestre así como a participación activa. A nota final do curso estará composta por un 5% de participación activa, un 80% de avaliación continua e un 15% que corresponderá ao exame final a celebrar nas datas fixadas polo centro.
A avaliación continua resultará dos resultados obtidos nas actividades e tarefas realizadas nas clases ou de forma autónoma ao longo do curso e contemplará distintos medios e modalidades de avaliación: exercicios, cuestionarios tipo test, preguntas de resposta curta, entrega e presentación de traballos. Estas cualificacións serán válidas tan só para curso vixente, e non serán gardadas para cursos posteriores. Todas as competencias sinaladas serán avaliadas no exame final así como na avaliación continua.
Ao alumnado que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase con un ou máis exames finais específicos que suporán o 100% da cualificación.
A cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou calquera tipo de proba avaliable será de aplicación o recollido na "Normativa de Avaliación do Rendemento Académico dos Estudantes e de Revisión de Cualificacións".
Ademais das horas de traballo presencial, o alumno deberá dedicar 124 horas de traballo persoal, que inclúe o estudo autónomo (individual ou en grupo), lecturas, realización de exercicios e traballos, a análise de casos, e a preparación de presentacións orais.
Sería recomendable ter coñecementos de conceptos básicos de economía a nivel de bacharelato e un nivel básico no uso de follas de cálculo.
Recoméndase levar a materia ao día para asimilar correctamente os contidos teóricos e técnicos presentados ao longo do curso e poder avanzar paseniño na realización das tarefas e traballos a avaliar.
Roberto Bande Ramudo
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 982824436
- Correo electrónico
- roberto.bande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
| 24.05.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 11.07.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BANDE RAMUDO, ROBERTO | Castelán |