Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Identificar as diferentes tipoloxías documentais existentes en arquivos e bibliotecas.
- Coñecer o marco xurídico-legal e normativo da dixitalización
en arquivos e bibliotecas.
- Aprender a deseñar, planificar e implementar un proxecto de dixitalización.
- Coñecer e manexar as ferramentas de
dixitalización.
- Analizar as políticas de dixitalización a nivel nacional e internacional.
BLOQUE I: O documento de arquivo e o documento de biblioteca.
Tema 1: Definición de documento de arquivo vs documento de biblioteca.
Tema 2: A clasificación, ordenación e descripción do documento de arquivo e do documento de biblioteca.
BLOQUE II: O marco normativo.
Tema 3: A lexislación en materia de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
BLOQUE III: O deseño dun proxecto de dixitalización.
Tema 4: A xestación dun proxecto de dixitalización.
Tema 5: O desenrolo dun proxecto de dixitalización.
Tema 6: A xestión de arquivos e bibliotecas dixitais.
BLOQUE IV: As políticas de dixitalización de arquivos e bibliotecas.
Tema 7: As políticas e proxectos de dixitalización a nivel internacional.
Tema 8: A política e proxectos de dixitalización en España.
BIBLIOGRAFÍA SOBRE ARQUIVOS E BIBLIOTECAS:
- AUXILIAR de archivos y bibliotecas: temario general. María Eugenia Díaz Pérez … [et alii]. Sevilla, 1994
- Barbadillo Alonso, Javier: Las normas de descripción archivística: qué son y cómo se aplican. Gijón, 2011
- Blasco Díaz, José Luis; Fabra Valls, Modesto J.: El documento electrónico. Aspectos jurídicos, tecnológicos y archivísticos. Castelló de la Plana, 2008
- Cordón Arroyo, Ana María: Empresas documentales de gestión de archivos: estudio, análisis y descripción de servicios. Gijón, 2004
- Cruz Mundet, José Ramón: Manual de Archivística. Madrid, 1994
- DICCIONARIO de terminología archivística. Madrid, 1995
- Heredia Herrera, Antonia: Archivística general. Teoría y práctica. Sevilla, 1991
- Idem: ¿Qué es un archivo?. Gijón, 2007
- Iglésias Franch, David: La fotografía digital en los archivos. Qué es y cómo se trata. Gijón, 2008
- López Yepes, José; Osuna Alarcón, María Rosario (coord.): Manual de Ciencias de la Información y Documentación. Madrid, 2011
- Ruiz Rodríguez, Antonio Ángel: Manual de Archivística. Madrid, 1995
- Tarrés Rosell, Antoni: Márquetin y archivos. Gijón, 2006
BIBLIOGRAFÍA SOBRE DIXITALIZACIÓN:
-Bescós Ramón, Juan; Navarro, Juan: “La digitalización como medio para la preservación y acceso a la información en archivos y bibliotecas.” En Educación y biblioteca, año n.º 9, n.º 80, 1997, pp. 28-41
-Caldentey, Rocío; Schmid, Carolina; Nazar, Mariana: “La digitalización como parte de un plan integral de conservación. Notas sobre el doble filo de la digitalización en los Archivos.” Disponible en https://www.academia.edu/43087140/La_digitalizaci%C3%B3n_como_parte_de_…
-Carrato Mena, María Antonia: “Las colecciones digitales en España: situación actual y perspectivas de futuro.” En: El profesional de la información. Vol. 17, n. 4, 2008, pp. 418-421
-Cousins, Jill: “Europeana: el patrimonio cultural de Europa disponible en línea para todo mundo.” Boletín de la ANABAD, T. 63, n. 3, 2013, pp. 33-46
-Crespo Muñoz, Francisco Javier: La digitalización de documentos de archivo: manual práctico. Madrid, 2022
-Directrices para proyectos de digitalización de colecciones y fondos de dominio público en particular para aquellos custodiados en bibliotecas y archivos. Madrid, 2005
-Fraile Sastre, Alberto: “Recomendaciones para la correcta digitalización del patrimonio bibliográfico y fotográfico.” Archivamos. Boletín ACAL. N. 123, 2022, PP. 24-26"
-González Mesa, Elda: “La digitalización de documentos, ¿amiga o enemiga?.” Bibliotecas. Anales de investigación. N. 2, 2006, pp. 150-154
-Pereira Uzal, José Manuel: “Uso de tecnologías 3D en la digitalización y difusión de documentos de alto valor patrimonial” En: El profesional de la información, vol. 22, n. 3, 2013, pp. 215-223
-Pérez, Dora: “La biblioteca digital.” BIBLIODOC: Anuari de Biblioteconomia, Documentació i Informació. 1999, pp. 75-88
-Prol Castro, Aurelio: “Digitalización y archivos.” En: Nuevas tecnologías en bibliotecas y archivos. Narón, 2011, pp. 57-87
-Vives, Josep: Digitalización del patrimonio: archivos, bibliotecas y museos en la red. Barcelona, 2009
-Serra, Jordi: Los documentos electrónicos: qué son y cómo se tratan. Gijón, 2008
-Soler, Joan: La preservación de los documentos electrónicos. Barcelona, 2008
BÁSICAS E XERAIS:
CG1-Amosar flexibilidade e dinamismo e, por tanto, ser capaces de adaptarse a novas situacións, mantendo unha actitude positiva e proactiva.
CG2-Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG3-Organizar o traballo, con iniciativa e capacidade de liderazgo, e tengo en conta as características do proxecto e a súa función nunnha estructura organizativa.
CB2-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5-Que os estudantes desenrolasen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
TRANSVERSAIS:
CT5-Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e execicio profesional.
CT6-Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT7-Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo, á organización e á sociedade.
CT9-Manter un compromiso ético e amosar sensibilidade hacia temas sociais ou ambientais.
ESPECÍFICAS:
CE1-Coñecer e por en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial.
CE3-Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE12-Coñecer as posibilidades que os novos entornos dixitais ofrecen para a reinterpretación da experiencia cultural, tanto en termos de difusión e xeración de materiais complementarios, como propiamente de creación dixital.
CE15-Comprender o funcionamento dos repositorios culturais (museos, arquivos, bibliotecas, etc.) e aplicar os procedementos da cultura dixital á súa xestión.
Neste apartado cómpre sinalar o seguinte:
- haberá 14 horas de docencia presencial. Esta hora semanal de clases presenciais poderá seguirse na aula fixada para tal fin nos horarios oficiais dentro da Facultade de Humanidades ou ben mediante a conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) que se empregará para compartir a sesión docente.
- todos os materiais e recursos empregados nas sesións presenciais poñeranse a disposición do alumnado na aula virtual da materia.
- asimesmo programaranse outras 12 horas de titorías en grupo reducido co obxecto de dar orientacións teórico-metodolóxicas e resolver dúbidas. Estas 12 sesións planificaranse en 12 semanas diferentes e atendendo ás franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado.
- nestas sesións de titorías en grupo reducido empregarase a tecnoloxía de streaming (MSTeams).
- o docente atenderá axeitadamente as consultas realizadas polo/a alumno/a mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 72 horas de días lectivos, sempre e cando non se atope disfrutando dalgún permiso.
- finalmente o docente cualificará as actividades e tarefas propias da avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
No que se refire á metodoloxía da ensinanza, esta materia para a súa impartición combinará unha serie de recursos dos cales destacaremos os seguintes:
a) As leccións maxistrais a cal finalidade é a de fornecer ao alumnado dos contidos teóricos da materia, fundamentais para o desenrolo doutras actividades prácticas.
b) As presentacións mediante diversos materiais tales como recursos dixitais, documentos bibliográficos, esquemas, ppt etc. como apoio das leccións maxistrais.
c) A lectura, análise e comentario crítico de certos artigos cos que fornecer os contidos impartidos ao alumnado.
d) A confección de traballos individuais ou en grupo sobre determinados aspectos tratados na materia e que requiran da búsqueda, selección e contraste da información.
e) A realización de pequenos proxectos, estudos de casos ou resolución de problemas para a súa exposición e posterior debate na aula.
f) E, finalmente, empregarase a aula virtual como unha ferramenta auxiliar para a docencia e á que se subirán os contidos e resto de materiais da materia.
O sistema de avaliación da aprendizaxe desta materia contempla os seguintes criterios:
- A participación activa na aula virtual equivalerá a un 20% da cualificación final.
- As actividades de avaliación continua tales como traballo, exposicións equivalerán a un 40% da cualificación final.
- O exame equivalerá a un 40% da cualificación final.
Con respecto ao sistema de avaliación cómpre facer unha serie de precisicións:
- Para a valoración da participación na aula virtual tomaranse como referencia as notas do docente sobre o grao de satisfacción coas respostas do alumno e o seu grao de participación nas cuestións plantexadas.
- Para a superación da avaliación continua baseada en traballos, exposicións etc. será necesario que o alumno realice correctamente e entregue o 75% das actividades que se lle plantexen ao longo desta materia.
- O exame constará de dúas partes claramente diferenciadas: unha parte teórica en forma de preguntas sobre diversos conceptos da materia e unha parte práctica que será a máis valorada e na que se plantexará ao alumnado un caso práctico, parecido a algún dos vistos na clase ou aos resoltos nas tarefas de avaliación continua.
- Estes criterios de avaliación serán os que se terán en conta tanto para a primeira como para a segunda oportunidade.
En canto ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas cómpre advertir o seguinte: "Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións."
O tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar esta materia é o seguinte:
- presentación de contidos básicos e clases prácticas: 14 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- titorías para orientar en temas teórico-metodolóxico: 12 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- exame presencial: 4 horas e, polo tanto, o 100% da presencialidade.
- traballo persoal do alumnado e outras actividades: 120 horas.
As recomendacións para a superación da materia baséanse na propia experiencia persoal do docente e resúmense no seguinte:
- uso regular do campus virtual pois a traverso del facilitaranse os materiais desta materia.
- asistencia continua ás clases para familiarizarse tanto coa terminoloxía como coa práctica na resolución dos exercicios.
- repaso diario dos conceptos teóricos que se vaian explicando durante as sesións expositivas.
- participación activa e voluntaria.
- o docente levará un control exhaustivo das intervencións de cada alumno, anotando a data de intervención e o grado de satisfacción na resolución da actividade plantexada.
- tanto o repaso da teoría como a elaboración dos exercicios resultan fundamentais para a superación da materia.
- recurrir ás titorías sempre que haia dúbidas a fin de resolvelas.
A asignatura á que se refire o presente programa, denominada “Dxitalización de arquivos e bibliotecas”, é unha materia de carácter obrigatorio e implementada no primeiro semestre do segundo curso do Grao en Xestión Cultural que se imparte na Facultade de Humanidades da USC sita no campus de Lugo. O número de créditos dos que consta é de 6 ECTS
A docencia desta materia será impartida polo Profesor Dr. Gonzalo Francisco Fernández Suárez, docente do Departamento de Historia, Área de Ciencias e Técnicas Historiográficas, da USC. A lingua empregada nas súas intervencións na clase será o galego, sen desbortar tampouco o emprego do castelán cando as circunstancias así o aconsellen.
O horario de titorías será os martes de 11:00h a 13:00h e os xoves de 11:00h a 12:00h. Fóra deste horario, o docente tamén poderá atender as consultas do alumnado, sempre e cando as súas obrigas ocupacionais e a súa disposición llelo permitan. Neste caso será recomendable que o alumno se poña en contacto mediante teléfono, e-mail ou entrevista directa a fin de acordar o día e a hora para unha cita.
Dado o pouco espazo dado para a bibliografía básica e complementaria, sempre e cando se considere convinte o docente facilitará ao alumnado unha escolma bibliográfica para cada tema do programa.
Gonzalo Francisco Fernandez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Correo electrónico
- gonzalofrancisco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Martes | ||
|---|---|---|
| 19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 18.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 20.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ SUAREZ, GONZALO FRANCISCO | Galego |