Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O estudantado obterá unha visión contextualizada das industrias culturais a partir dos seguintes obxectivos.
1. Conceptualizar a produción cultural como actividade industrial.
2. Identificar a estrutura e composición do sector.
3. Interpretar a importancia das industrias culturais nas sociedades desenvolvidas.
4. Coñecer os subsectores, a concentración e os fenómenos de transnacionalización.
5. Analizar os procesos de produción e consumo das distintas industrias culturais: procesos de creación e canles de comercialización.
6. Relacionar as industrias culturais cos medios de comunicación.
Tras cursar esta materia, o alumnado ha de ser capaz de:
- Conceptualizar a produción cultural como actividade industrial, identificando a estrutura e composición do sector.
- Interpretar a importancia das industrias culturais nas sociedades contemporáneas.
- Recoñecer a relevancia das TIC nas industrias culturais e creativas.
- Contextualizar as industrias culturais no ámbito da xestión cultural.
- Avaliar criticamente a mellor alternativa para difundir unha mensaxe ou para deseñar e implementar unha campaña.
A materia apróximase ao concepto teórico das industrias culturais e creativas por medio dunha perspectiva diacrónica. Atende ás ramas das industrias da cultura: editorial, fono-gráficas, medios de comunicación, cine e publicidade, no contexto da globalización e os fenómenos de concentración no panorama español e galego. Así mesmo, afondarase sobre o impacto tecnolóxico sobre o concepto actual das industrias culturais e creativas.
1. Aproximación ao concepto teórico das industrias da cultura.
2. Economía e contextualización das industrias culturais. Valor simbólico da cultura e a comunicación. Industrias culturais e industrias creativas.
3. Ramas das industrias da cultura: editorial, fonográfica, medios de comunicación, cine e publicidade. Novas tecnoloxías. Mapa simbólico das industrias culturais en Galicia.
4. Produción e consumo das industrias da cultura. Especificidades.
5. Ámbito legal das industrias da cultura. Dereitos de autor. Políticas culturais.
6. Novas formas de organización. Os grupos empresariais. Estratexias. Grupos multimedia. Transnacionalización e globalización das industrias culturais.
7. Impacto tecnolóxico nos procesos de produción e comercialización das industrias da cultura.
Bibliografía básica:
Bustamante, E. (ed). (2011). Industrias creativas. Amenazas sobre la cultura digital. Barcelona. Gedisa.
Davies, R. y Sigthorsson, G. (2013). Introducing the creative industries: From theory to practice. London: SAGE.
Delgado Porras, A (2015). Propiedad intelectual. Madrid. Civitas.
Freixanes, V.F; Meixide, A (ed).(2010) O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Santiago de Compostela. Fundación Caixa Galicia. Santiago de Compostela
Mattelart, A. (2005). Diversidad cultural y mundialización. Barcelona. Paidós Comunicación.
Bibliografía complementaria:
Adorno, T., Horkheimer, M. (1994). Dialéctica de la Ilustración. Trotta. Madrid.
Álvarez Monzonillo, J.M. (1993). La industria cinematográfica española 1980-1993. Madrid: Fundesco /Ministerio de Cultura.
Cebrián Herreros, M. et al. (ed) (2011). Industrias culturales. El modelo nórdico como referencia para España. Zamora. Comunicación Social.
Consello da Cultura Galega (2013). A comunicación en Galicia. Santiago de Compostela.
Diaz Nosty, B.(1989-1999-2001).Informe Anual de la Comunicación. Barcelona: Zeta
Hallin, D.C., Mancini, P. (2004): Comparing Media Systems. Three ModelsofMedia and Politics. Nueva York: Cambridge University Press
Outeiriño. M. (comp.) (2011). Globalización e imperialismo cultural, Vigo, Galaxia.
Reig, R. (2011). Los dueños del periodismo. Claves de la estructura mediática mundial y de España. Barcelona: Gedisa.
Throsby, D., 2011. Economía y Cultura. Cambridge University Press. Madrid.
Vogel, H.(2004). La industria de la cultura y el ocio. Un análisis económico. Madrid: Fundación Autor.
VV.AA. (2002). Comunicación y Cultura en la era digital. Madrid: Fundación Alternativas.
Zallo, R., (2013). Estructuras de la comunicación y la cultura. Gedisa. Barcelona.
Zallo R.(director) (1995). Industrias y políticas culturales en España y el País Vasco. Servicio Editorial de la Universidad del País Vasco. UPV-EHU.
• Coñecer e comprender as novas achegas que a industria cultural incorpora á sociedade da comunicación no seu conxunto.
• Coñeccer e comprender a cultura en canto que organización, forma de socialización e formas de desenvolvemento económico nas sociedades avanzadas.
• Coñecer e comprender das transformacións que se producen e veñen producindo nas últimas décadas verbo das vías de creación cultural e a comunicación.
• Identificar o variado espectro de vías de expresión cultural, organizadas en formas e procesos industriais, que configuran o mapa simbólico da comunicación nas sociedades contemporáneas.
• Coñecer e comprender a significación de todas e cada unha das industrias da cultura en canto que formas ou fenómenos novos da creación cultural e contidos simbólicos.
• Coñecer e comprender a súa significación na configuración das sociedades contemporáneras, moi especialmente na sociedade de masas, nas sociedades postindustriais e na sociedade da globalización.
• Coñecer e comprender as distintas formas de organización que as industrias da cultura amosan na actualidade, enmarcadas na tradición da produción cultural e proxectadas cara ao futuro das novas tecnoloxías, analizando a súa repercusión nos procesos xerais de socialización.
• Coñecer e comprender a organización das industrias culturais tanto no plano da comunicación como no discurso político e socioeconómico.
A. Básicas e xerais
CG2 – Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para achegar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos.
CG4 – Recoñecer e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional.
CB3 – Que o estudantado teña a capacidade de reunir e intepretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B. Transversais
CT1 – Adquirir habilidades para anlizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
CT5 – Coñecer e aplicar correctamente as ferramentas informáticas e manexar as novas tecnoloxías relacionadas cos campos do coñecemento propios do grao, tanto para finalidades de investigación como de docencia e exercicio profesional.
CT6 – Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
CT8 – Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
C. Específicas
CE2 – Comprender e interpretar os fundamentos históricos, antropolóxicos, sociais e artísticos dos procesos culturais, desenvolvendo unha actitude crítica respecto deles e cunha especial atención á igualdade de xénero.
CE3 – Coñecer os principais conceptos relacionados coas actuacións en materia de patrimonio e cultura, examinándoos dende unha perspectiva crítica e con miras á súa aplicabilidade no traballo cultural.
CE5 – Coñecer e comprender os procesos culturais así como as últimas tendencias no mundo da cultura tanto en contextos próximos como internacionais.
CE6 – Comprender o funcionamento das industrias culturais e creativas así como o seu marco lexislativo.
A materia estrutúrase en clases teóricas e clases de laboratorio, todas elas relacionadas coa actualidade dos procesos culturais.
1) Clases teóricas. Componse dun primeiro ciclo da materia no que se desenvolverá a parogramación teórica e un segundo ciclo no que a elaboración e exposición de traballos por parte do alumnado completará o apartado teórico. O estudantado, organizado en grupos e orientado pola docente, elaborará traballos de recompilación, organización da información, sistematización e análise das distintas áreas ou actividades da industria cultural.
2) Clases laboratorio. O alumnado achegarase ás industrias culturais de xeito práctico. Nestas clases, cada grupo traballará sobre un proxecto monográfico centrado nunha industria cultural.
Metodoloxías docentes
Modalidad semipresencial: utilización da aula virtual como ferramienta principal para a docencia
Modalidad semipresencial: presentacións con audio explicando contidos del programa
Modalidad semipresencial: utilización de recursos e fontes bibliográficas, se é posible proporcionadas polo profesorado en formato dixital
Modalidad semipresencial: elaboración de proxectos, estudios de casos e trabajos de curso, individualmente ou en grupo, a través da aula virtual
Modalidad semipresencial: utilización de tecnoloxía streaming para o desenvolvemento de encontros entre o alumnado e profesorado
Modalidad semipresencial: Vídeos breves nos que se profundiza en algún aspecto concreto dos contidos
Modalidad semipresencial: enlaces dixitais que dean acceso a materiais audiovisuais
Modalidad semipresencial: utilización e activación de calquera outro recurso didáctico que permita a aprendizaxe aprendizaje do alumnado en remoto
Modalidad semipresencial: presentación oral de traballos
Modalidad semipresencial: traballo colaborativo a través de debates en foros e chats, así como debates moderados polo/a docente a través de tecnoloxías de videoconferencia
Haberá 14 horas de docencia presencial (unha hora semanal), que se poderán seguir ou ben na aula fixada para tal fin na facultade ou mediante conexión síncrona á tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para compartir a sesión docente. Todos os recursos e materiais utilizados nestas sesións presenciais estarán á disposición do alumnado a través da aula virtual.
Planificaranse 12 sesións de titoría en grupo reducido destinadas a dar orientacións teórico-metodolóxicas e a resolver dúbidas. Estas 12 sesións de titoría programaranse en 12 semanas distintas buscando franxas horarias que favorezan a participación maioritaria do alumnado. Para a realización destas titorías utilizarase a mesma tecnoloxía de streaming (MSTeams) empregada para as clases presenciais ou calquera outro procedemento de comunicación virtual.
A través da aula virtual farase chegar a avaliación das tarefas nun prazo non superior a un mes desde a data límite de entrega. As consultas realizadas polo alumnado terán un correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún permiso oficial.
A avaliación será continua.
A nota final calcularase a partir do resultado do exame final, o traballo monográfico en grupo e as exposicións realizadas na clase.
1. Exame final: 40%.
2. Traballo monográfico: 40%
3. Exposicións: 20%
Valorarase a achega individual ao grupo, a participación nos debates da clase, o seguimento do traballo e a capacidade expositiva.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado coa docente da materia.
Cincuenta e unha horas de traballo presencial e noventa e nove de traballo individual do alumnado.
O seguimento da materia obriga á atención permanente de información sobre o macrosector nos medios, dende as iniciativas lexislativas e os movementos empresariais ata os informes de comportamento e de consumos.
Recoméndase un achegamento a estas cuestións dende a óptica económica e empresarial, sen perder de vista a influencia no deseño de produtos.
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Tania Fernandez Lombao
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- tania.fernandez.lombao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 14 |
| 31.05.2024 10:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
| 27.06.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 15 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ LOMBAO, TANIA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ LOMBAO, TANIA | Galego |
| VEIGA IZAGUIRRE, MARTA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| FERNANDEZ LOMBAO, TANIA | Galego |