Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 12 Clase Expositiva: 34 Clase Interactiva: 14 Total: 60
Linguas de docencia Castelán (50%), Galego (50%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa, Lingüística Xeral
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Esta materia contribúe á consecución dos seguintes obxectivos, de xeito que, unha vez cursada, o alumnado debe ser capaz de:
1. Recoñecer a diversidade das linguas orais e de signos no mundo actual e argumentar sobre a importancia de preservala e revitalizala como patrimonio cultural
2. Comprender e aplicar os distintos modos de clasificar as linguas por criterios xenéticos, tipolóxicos e de función social.
3. Debater sobre a valoración social das variedades lingüísticas e o papel da variedade estándar
4. Coñecer e valorar as distintas políticas de xestión da diversidade lingüísticas desenvolvidas internacionalmente, así como as circunstancias específicas que definen a súa aplicación nos distintos contextos nos que foron deseñadas e executadas
5. Coñecer e valorar as estratexias de planificación lingüística en Galicia a partir da instauración da democracia no Estado español, con especial atención por aquelas que presentan un compoñente ligado a actuación no eido da cultura
6. Recoñecer e analizar as relacións entre as políticas culturais e as políticas lingüísticas en ámbitos como a política editorial, a política de tradución, a política de espectáculos teatrais e musicais, as políticas destinadas a públicos específicos, etc.
TEMA 1. XESTIÓN DE LINGUAS: FUNDAMENTOS TEÓRICOS E METODOLÓXICOS
Distintas dimensións da linguaxe. A Lingüística Aplicada. A Política e a Planificación Lingüísticas.
TEMA 2. DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA : PRINCIPAIS RETOS E SOLUCIÓNS
Panorama das linguas orais e de signos no mundo actual e criterios para a súa clasificación. Multilingüísmo e dereitos lingüísticos. Modelos de xestión territorial das linguas. Linguas e educación. Procesos de estandarización.
TEMA 3. PLANIFICACIÓN LINGÜÍSTICA DO GALEGO: DO PARADIGMA DA NORMALIZACIÓN AO PARADIGMA DA DINAMIZACIÓN
Normativizar vs. dinamizar, definición e cronoloxía para o caso galego. Dinamización e cultura en Galicia: os eventos culturais. Programacións culturais e lingua galega: institucións públicas e iniciativa privada. Estudos de caso.
TEMA 4. O DESAFÍO DA INTERNACIONALIZACIÓN DA CULTURA GALEGA
A cultura galega no contexto internacional. A divulgación dos produtos culturais galegos no exterior: literatura, cine, teatro, outros. Estratexias de internacionalización da literatura: traducións, premios literarios e outras. Estratexias de internacionalización doutros produtos culturais. Estudos de caso.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Fernández Paz, A; Lorenzo Suárez, A. M & Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2ª ed., 2008.
Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000). La dignidad e igualdad de las lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.
Moure, Teresa (2000). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. Universidade da Coruña: Servizo de Publicacións.
Wright, Sue (2005). Language Policy and Language Planning: From Nationalism to Globalisation. Houndmills: Palgrave Macmillan.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Amorós Negre, Carla (2014). Las lenguas en la sociedad. Madrid: Síntesis.
Bernárdez, E. (2004). ¿Qué son las lenguas? Madrid: Alianza.
Cabeza, Carmen (2000): “Comunicación visual e linguas de signos”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez (eds.), Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 139-172). Vigo: Xerais, cap. 6.
Esteban, M. L. y Ramallo, F. (2019): “Derechos lingüísticos y comunidad sorda: claves para entender la minorización”. Revista de Estudios de Lenguas de Signos REVLES: Aspectos lingüísticos y de adquisición de las lenguas de signos, 1, pp. 20-52.
González Abelaira, Cristina (2016): “Unha lingua de signos galega?”. Estudos de lingüística galega, 8, pp. 89-106.
Lamuela, Xavier & Henrique Monteagudo (2000): “Planificación lingüística”. En M. Fernández Pérez (coord.), Avances en Lingüística Aplicada (pp. 229-302). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Falcón, Xabier (2000): “Planificación lingüística”. En F. Ramallo, G. Rei-Doval e X.P. Rodríguez Yáñez, Manual de Ciencias da Linguaxe (pp. 409-442). Vigo: Xerais, cap. 10.
Haugen, Einar (1966): Language Conflict and Language Planning. The Case of Modern Norwegian. Cambridge: Harvard University Press.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG2 – Adquirir a capacidade de análise e crítica necesaria para aportar solucións e novas ideas, así como para transmitir información e coñecementos
CG4 – Recoñecer a e asumir un sólido compromiso cos valores democráticos e cos dereitos fundamentais do ser humano, atendendo, especialmente, á igualdade de xénero, á multiculturalidade e á non discriminación de persoas con diversidade funcional
CB3 – Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB 5– Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun elevado grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 – Adquirir habilidades para analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e o seu interese
CT2 – Coñecer a norma e o uso coherente, correcto e adecuado da lingua española, tanto de xeito oral como escrito
CT3 – Coñecer a norma e o uso coherente, correcto e adecuado da lingua galega, tanto de xeito oral como escrito
CT9 – Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 – Coñecer e poñer en valor o patrimonio cultural, nas súas vertentes material e inmaterial
CE4 – Coñecer as posibilidades que ofrecen as linguas para a transmisión de contidos culturais, tanto na súa dimensión oral como escrito e nos distintos niveis (local, nacional e internacional) de traballo no mundo da cultura
A docencia da materia desenvolverase mediante 26 horas de actividade presencial. Están planificadas, por unha banda, 14 horas que se dedicarán a sesións semanais dunha hora , sesións que se poderán seguir de xeito presencial, na aula fixada para tal fin, ou ben de maneira síncrona mediante tecnoloxía de streaming (MSTeams), coa que se compartirá a sesión docente. A este respecto, os diferentes materiais e recursos empregados durante as sesións presenciais poñeranse a disposición do alumnado a través da aula virtual da materia.
Por outra banda, están planificadas 12 sesións de titorías en grupo reducido, que estarán destinadas a orientar ao alumnado e a resolver dúbidas sobre os contidos da materia e as actividades programadas. As sesións fixaranse de mutuo acordo cos estudantes, en 12 semanas diferentes, nun horario que favoreza a participación maioritaria do alumnado. Nestas sesións farase uso de todos os recursos tecnolóxicos dispoñibles para promover a participación a interacción síncrona entre o docente e o alumnado, fundamentalmente a tecnoloxía de streaming (MSTeams), o foro da aula virtual (no que compartir dúbidas e solicitar aclaracións), o chat e o correo electrónico.
Empregaranse, deste xeito, metodoloxías diferentes e variadas que, en conxunto, posibilitan o seguimento a distancia da materia e o traballo autónomo do alumnado. A aula virtual empregarase como ferramenta principal para a docencia e nela poñeranse a disposición do alumnado desde as presentacións en audio, explicando os contidos do programa, ata diferentes materiais bibliográficos e recursos, preferentemente en formato dixital, vídeos breves, ligazóns dixitais coas que acceder aos materiais audiovisuais e, en definitiva, o emprego de diferentes recursos didácticos que permitan a aprendizaxe autónoma do alumnado en remoto. Neste sentido, o uso da tecnoloxía de streaming para o desenvolvemento dos encontros entre profesorado e alumnado servirá para a exposición oral de traballos e o traballo colaborativo, para o que tamén se empregarán activamente os foros e os chats, promovendo a participación dos estudantes en debates moderados polo docente e incentivando a elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de diferente tipo, sexan individuais ou en grupo.
Os docentes da materia, ademais, comprométense a atender axeitadamente as consultas, dúbidas e solicitudes de información ou aclaración realizadas a través do correo electrónico nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, sempre e cando o docente non estea desfrutando dalgún tipo de permiso. Así mesmo, os docentes tamén se comprometen a avaliar e cualificar as diferentes tarefas e actividades programadas no marco do sistema de avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
1ª OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante avaliación continua. Na primeira oportunidade (maio-xuño) o 50% da cualificación final será resultado da avaliación das activades, tarefas e traballados programados nos distintos temas da materias. Terase e conta o interese e a participación regular e activa dos estudantes nas clases, a actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender e a corrección expresiva e a consistencia argumental nos traballados escritos e nas exposicións orais. O alumnado só terá dereito a este sistema de avaliación continua, podendo obter total ou parcialmente este 50% da cualificación final, se entrega, cando menos, catro tarefas programadas (unha por cada tema).
En segundo lugar, o 10% da cualificación final correspóndese coa participación activa dos estudantes na aula virtual: desde as titorías, chats, foros e debates, ata outras ferramentas virtuais que puntualmente poidan ser empregadas.
O 40% restante da cualificación provén da realización do exame final, na data fixada pola Secretaría do Centro, que consistirá nunha proba escrita coa que se comprobará a asimilación dos contidos e o desenvolvemento das competencias por parte do alumnado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación na segunda oportunidade realizarase tamén empregando un sistema de avaliación continua, de tal xeito que os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados. O alumnado de segunda oportunidade terá a posibilidade de entregar até catro tarefas programadas (unha por cada tema), antes da data oficial da realización do exame fixada pola Secretaría do Centro.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que deba asistir a convocatorias posteriores deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continúa que se acaba de describir para os estudantes que acudan á 1ª e 2ª convocatoria: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
Por unha banda, o alumnado deberá dedicar un total de 30 horas para as actividades presenciais: 14 horas para as clases a distancia, nas que se presentarán os contidos básicos e se impartirán clases prácticas, 12 para as titorías, nas que aportar aos estudantes orientacións teórico-metodolóxicas, e 4 para a realización do exame. Por outra banda, estas horas presenciais implican ata 120 horas de traballo autónomo por parte dos estudantes, horas que se empregarán para a realización das tarefas e actividades programadas, o aproveitamento das lecturas obrigatorias e a preparación do exame final. En total, pois, cada estudante debe dedicar en torno a 150 horas de estudo e traballo persoal para superar con éxito a materia.
A pesar das diferenzas nos ritmo de aprendizaxe de cada estudante, a participación activa nas actividades presenciais ou a través dos recursos electrónicos destinados ao aproveitamento da docencia en remoto (aula virtual, foro, chat, correo electrónico...), a consulta e aproveitamento das lecturas obrigatorias e a realización motivada e con interese das diferentes actividades de traballo autónomo programadas son parámetros indicativos do compromiso e esforzo do alumnado e redundan moi positivamente no seu beneficio, cun seguimento regular e constante das clases.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de adaptacións o apoio específico, por motivos de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente. Porén, só se terán en conta a estes efectos os casos que teñan sido valorados e informados, previamente, polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). Máis información na URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
M Carme Silva Dominguez
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Iván Enríquez Martínez
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 982821026
- Correo electrónico
- ivan.enriquez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
| 22.01.2024 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
| 05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Enríquez Martínez, Iván | Castelán |
| Silva Dominguez, M Carme | Galego |