Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 54.5 Horas de Titorías: 8 Clase Interactiva: 15 Clínicos EEES: 35 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Optometría
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é proporcionar ao alumno a experiencia clínica necesaria en atención primaria en saúde visual e ocular, para afrontar con garantías de éxito, a práctica profesional.
O finalizar a asignatura o alumno deberá ter alcanzado os seguintes obxectivos:
•Desenvolver habilidades de comunicación, de rexistro de datos e de elaboración de historias clínicas.
•Adquirir as habilidades clínicas necesarias para o exame e tratamento dos pacientes.
•Adquirir a capacidade para examinar, diagnosticar e tratar anomalías visuais con especial énfase no diagnóstico diferencial.
•Coñecer a natureza e organización dos distintos tipos de atención clínica.
•Coñecer os distintos protocolos aplicados aos pacientes.
•Coñecer e aplicar as novas tecnoloxías no campo da clínica optométrica.
•Capacidade para actuar como axente de atención primaria visual.
•Habilidade para prescribir, controlar e de seguimento das correccións ópticas.
•Adquirir a destreza para a interpretación e xuízo clínico dos resultados das probas visuais, para establecer o diagnóstico e o tratamento máis axeitado.
•Adquirir destreza nas probas instrumentais de avaliación das funcións visuais e de saúde ocular. Saber realizar unha anamnesis completa.
Seminarios
Exposición, comentario e discusión de casos clínicos. Redacción de informes de remisión.
Con contidos teóricos de apoio:
-Test Preliminares
-Refracción
-Visión Binocular
-Valoración do polo anterior e posterior do Ollo (Biomicroscopía e Oftalmoscopía)
-Secuencias de exame
-Análise de casos
-Informes
Prácticas clínicas
Práctica clínica, baixo supervisión, en análise visual, atención ao paciente e procedementos optométricos: lentes de contacto, visión binocular e rehabilitación visual.
•Martín R, Vecilla G. Manual de Optometría. Ed. Panamericana, 2010
•Nancy B. Carlson, Daniel Kurtz, David A. Heath, Catherine Hines. Procedimientos Clínicos en el Examen Visual. Ed. Génova, 1992.
•González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
•Edwards K, Llewellyn R. Optometría. Ed, Masson-Salvat, 1993.
•Grosvenor T. Optometría de atención primaria. Ed. Masson, 2004.
•Pickwell, D., Anomalías de la visión binocular: Investigación y tratamiento. Ed. JIMS, 1996.
•Scheiman, M. H. y Wick, B., Tratamiento clínico de la visión binocular, disfunciones heterofóricas, acomodativas y oculomotoras. Ed. Ciagami, 1996.
•Goss, D. A., Ocular accommodation, convergence & fixation disparity. Ed. Butterworths-Heinemann, 1995.
•Rosenbloom AA y Morgan MW. Vision and aging. 2ª edition. Ed. Butterworth-Heinemann, 1993.
•Zadnik K. The ocular examination. Measurements and findings. Ed. W.B. Saunders Company, 1997.
•García G. Manual de refracción. Ed. Masson-Salvat, 1992.
•Benjamin WJ. Borish,s Clinical Refraction. 2ª edition. Ed. Butterworth Heinemann, 2006.
•Rosenbloom AA y Morgan MW. Principles and Practice of Pediatric Optometry. J.B. Lippincott Company. 1990.
•Milton M. Hom and Adrian S. Bruce. Prescripción y Adaptación de Lentes de Contacto. Elsevier Mason. 2007
•González-Cavada Benavides J. Atlas de Lámpara de Hendidura. Ed, Complutense, 2000.
•Nathan Efron. Butterworth-Heinemann. Complicaciones de las Lentes de Contacto. Elsevier España, S.A. Madrid, 2005
As competencias que o alumno debe adquirir na materia Clínica Optométrica II, de acordo á memoria oficial de Grao en Óptica e Optometría, son:
Básicas e xerais
CB1 - Que os alumnos demostraran coñecementos e comprensión nun campo de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e é normalmente a un nivel que, aínda que sexa apoiado por manuais avanzados, inclúe algúns aspectos de coñecemento de vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes poidan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan as competencias que se demostran normalmente a través da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu campo de estudo
CB3 - Que os alumnos teñan a capacidade de recoller e interpretar datos relevantes (normalmente dentro do seu campo de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os alumnos poidan trasnmitir información, ideas, problemas e solucións, a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 - Que os alumnos desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía
CG1 - Que los estudiantes tengan capacidad para abordar su actividad profesional y formativa desde el respeto al código deontológico de su profesión, que incluye, entre otros más específicos los principios del respeto y la promoción de los derechos fundamentales de las personas, la igualdad entre las personas, los principios de accesibilidad universal y diseño para todos y los valores democráticos y de una cultura de paz
Trasversais
CT1 - Que adquiran capacidade de análise e de síntesis.
CT2 - Que adquiran capacidade de organización e de planificación.
CT3 - Que adquiran capacidade de comunicación oral e escrita na lingua nativa.
CT4 - Que adquiran o coñecemento dunha lingua extranxeira.
CT5 - Que adquiran coñecementos de informática relacionados coa área de estudo.
CT6 - Que adquiran capacidade de xestión da información.
CT7 - Que adquiran capacidade para a resolución de problemas.
CT8 - Que adquiran capacidades na toma de decisions.
CT9 - Que sepan traballar en equipo.
CT10 - Que sepan traballar nun equipo de carácter interdisciplinar.
CT12 - Que adquiran habilidades nas relacions interpersonais.
CT14 - Que o alumno adquira habilidades para a emisión dun razoamento crítico.
CT15 - Que o alumno manteña un compromiso ético.
CT16 - Que o estudante sexa capaz de realizar un apendizaxe autónomo
CT17 - Que sexan capaces de adaptarse a novas situacions.
CT22 - Que estean motivados pola calidade
Específicas
CE4 - Que o alumno sexa capaz de reflexionar criticamente sobre cuestións clínicas, científicas, éticas e sociais implicadas no exercicio profesional da optometría, comprendendo os fundamentos científicos da Óptica-Optometría, e aprendendo a valorar de maneira crítica a terminoloxía, os ensaios clínicos e a metodoloxía da investigación relacionada coa Óptica-Optometría.
CE5 - Que o alumno sexa capaz de expresar opinións, informes e enquisas sempre que sexa necesario.
CE6 - Que o estudante poda avaliar e incorporar os avances tecnolóxicos necesarios para o bo desenvolvemento da súa actividade profesional.
CE9 - Que o estudante poda ampliar e actualizar as súas capacidades para o exercicio profesional mediante a formación continuada
CLASES INTERACTIVAS DE SEMINARIO
Realizánse 20 seminarios/curso. Nestes seminarios, expoñeranse, comentaranse e analizaranse os aspectos mais relevantes de diferentes casos clínicos. Preténdese realizar unha docencia participativa na que o alumno interveña activamente.
CLASES INTERACTIVAS DE PRÁCTICAS
Debido a que as instalacións o permiten, o número de alumnos por grupo manterase no 100% durante o transcurso da materia. Para a súa realización, os alumnos, en grupos reducidos, asisten durante sesións de 3 horas/día ó Servizo de Optometría, de acordo ao horario académico establecido. Nas clases prácticas os alumnos terán que vestir obrigatoriamente bata branca. Non se permitirá pantalón curto nin roupa deportiva. Material necesario: Linterna de luz puntual, Reglilla de 20 cm. Esta materia está asociada os proxectos APS “Prestacións visuais a nenos e mozos en risco de exclusión social “ e "o cribado visual na contorna educativa" polo que parte das practicas deselvolveránse no ámbito de estes proxectos
TITORIAS
Realizadas de forma telemática utilizando o chat da plataforma Moodle da aula virtual e/ou Teams.
Desde o inicio do curso académico estará activada a aula virtual da materia
- Avaliación de Contidos teóricos e seminarios: O examen final terá lugar de modo presencial, dacordo ao calendario establecido pola Xunta de Centro, e será mediante exame en formato test, desenvolvemento de preguntas curtas, temas e caso práctico ou problema que mostre a habilidade do alumno para aplicar os coñecementos relacionados coa materia. Este exame pode ser substituído por exercicios de presentación ou traballos escritos ao longo do semestre; de ser este o caso, esta substitución será informada polo profesorado da materia, sendo a nota obtida nestes exercicios interactivos a nota final desta sección de avaliación. Representará un 20% da nota final (2 puntos). O alumno deberá alcanzar un nivel mínimo de 1 punto na avaliación de seminarios para sumar coas calificacións correspondentes ós demais apartados.
- Avaliacion de contidos Prácticos: A avaliación das destrezas do alumno no manexo de todos os contidos prácticos que compoñen a materia realizarase mediante avaliación continua e exame de prácticas.
- A avaliación continua, que suporá un 50% da nota (5 puntos), realizarase a través nas sesións presenciais no Servizo de Optometría.
- O exame de prácticas, que suporá un 20% (2 puntos) da nota, realizarse de modo presencial.
- O alumno debe alcanzar un nivel mínimo de 4,5 puntos no total da avaliación práctica para sumar coas cualificacións correspondentes os demais apartados.
- As prácticas non realizadas por ausencia do alumno, terán unha cualificación de cero para o calculo da nota continua. No caso de solicitar a recuperación dunha práctica perdida ou o cambio puntual de grupo, isto debe facerse sempre baixo unha causa correctamente xustifica; no caso de cambio puntual de grupo, este será baixo intercambio con outro compañeiro para respectar o ratio alumno/docente marcado pola Memoria de Grado en Óptica e Optometría dentro das practicas clínicas, e sempre a aprobación dos docentes afectados (o non cumprimento de este requisito ou o non contar con a aprobación explícita de permiso de asistencia dos docentes afectados, pode implicar o abandono da practica ao inicio da mesma). Así mesmo, a non asistencia a mais de 2 sesións de práctica clínica suporá a perda o dereito de poder realizar o exame final de prácticas.
- Participación/actitude: Sumarán 1 punto á nota final.
Para que a puntuación por participación/actitude se incorpore á nota final, o alumno deberá ter, polo menos, a puntuación mínima requirida nas avaliacións de contidos teóricos e de prácticas. O punto repartirase da seguinte maneira: 0,7 prácticas + 0,3 seminarios.
A calificación global na primeira convocatoria do curso será, sempre que se alcancen os mínimos establecidos para cada apartado, a resultante de sumar a calificación obtida nas probas de prácticas, de seminarios e de participación/asistencia/actitude.
A puntuación obtida en prácticas supón un 70% (50% evaluación continua e 20% exame) da calificación final, a avaliación de seminarios un 20% e participación/asistencia/actitude o 10%.
Na segunda convocatoria do curso académico, o alumnos deberá examinarse de/as parte/s (prácticas e/ou seminarios) que teña suspensa/s, conservándose a calificación correspondente a participación/asistencia/actitude obtida durante o curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As horas totais de traballo persoal do alumno son 54,5 distribuidas da seguinte maneira:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 22 h.
- Escritura de exercicios, conclusións ou otros traballos: 7 h.
- Programación, experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 8h.
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 9,5 h.
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 8 h.
Para poder integrar adecuadamente os conceptos impartidos en Clínica Optométrica II, é especialmente recomendable que o alumno coñeza e comprenda os conceptos explicados nas asignaturas Fundamentos de Optometría, Optometría I, II y III, Contactología I e II, Anomalías de la visión binocular e Rehabilitación visual, e Clínica Optométrica I.
Maria Jesus Giraldez Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Teléfono
- 881813526
- Correo electrónico
- mjesus.giraldez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gonzalo Garcia Dominguez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- gonzalo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Eva Punín Dorrio
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- eva.punin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Dolores Purificación Ferreiro Figueiras
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- dolores.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Silvia García Montero
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- silvia.garcia.montero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alexander Dubra Fernandez
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- alexander.dubra [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Carlos Garcia Resua
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- carlos.garcia.resua [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Hugo Pena Verdeal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- hugo.pena.verdeal [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Jacobo García Queiruga
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- jacobogarcia.queiruga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Veronica Noya Padin
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Optometría
- Correo electrónico
- veronicanoya.padin [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 2 |
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 3 |
30.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 2 |
08.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 3 |
30.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 1 |