Obxectivos da materia
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, os seus procedementos de preparación, estructura, propiedades e reactividade.
Contido
PROGRAMA TEORICO
Tema 1. Compostos de coordinación. Xeralidades, nomenclatura. Enlace, cor, e propiedades magnéticas dos complexos de metales de transición.
Tema 2. Hidróxeno.
Tema 3. Elementos do Grupo 1. Li, Na, K, Rb, Cs, Fr.
Tema 4. Elementos do Grupo 2. Be, Mg, Ca, Sr, Ba, Ra.
Tema 5. Elementos do Grupo 12. Zn, Cd, Hg.
Tema 6. Elementos do Grupo 13. B, Al, Ga, In, Tl.
Tema 7. Elementos do Grupo 14. C, Si, Ge, Sn, Pb.
Tema 8. Elementos do Grupo 15. N, P, As, Sb, Bi.
Tema 9. Elementos do Grupo 16. O, S, Se, Te, Po.
Tema 10. Elementos do Grupo 17. F, Cl, Br, I, At.
Tema 11. Características xerais dos elementos de transición. Elementos da primeira serie. Compostos representativos e nocións bioinorgánicas.
PROGRAMA EXPERIMENTAL
Práctica 1.- Conceptos teóricos e desenvolvemento experimental do Programa.
Práctica 2.- Preparación dun xel de hidróxido de aluminio e valoración da súa capacidade antiácida.
Práctica 3.- Química redox do ferro. Obtención de alume de ferro.
Práctica 4.- Preparación e identificación de acetilacetonato e glicinato de cobre(II).
Práctica 5.- Termocromatismo en complexos de cobalto(II).
Bibliografía básica e complementaria
Básica (manual de referencia).
G. Rayner-Canham. Química Inorgánica Descriptiva. Segunda edición. Pearson/Prentice Hall, 2000.
Complementaria.
Shriver&Atkins. Química Inorgánica. Cuarta edición. McGraw-Hill, 2008.
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe. Química Inorgánica. Segunda edición. Pearson/Prentice Hall, 2006.
Competencias
XERAIS:
1. Comprensión dos conceptos, métodos e resultados máis relevantes da Química Inorgánica.
3. Saber aplicar o método científico e adquirir habilidades no manexo de fontes de información, bibliografía, elaboración de protocolos.
11. Avaliar os efectos toxicolóxicos de sustancias e deseñar e aplicar as probas e análises correspondentes.
ESPECÍFICAS:
Q03. Levar a cabo procesos de laboratorio estándar incluíndo o uso de equipos científicos de sínteses e análises, instrumentación apropiada incluída.
Q07. Coñecer e comprender as propiedades características dos elementos e os seus compostos, así como a súa aplicación no ámbito farmacéutico.
MF13. Coñecer a natureza, mecanismo de acción e efecto dos tóxicos, así como os recursos en caso de intoxicación.
TRANSVERSAIS:
CI08. Capacidade para buscar e seleccionar información no ámbito da Química Inorgánica e para presentala adecuadamente, tanto de modo oral como escrito.
CI03. Coñecementos xerais básicos.
CS01. Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
CS03. Capacidade de aprender.
CP01. Capacidade crítica e autocrítica.
CI01. Capacidade de análise e síntese.
Metodoloxía da ensinanza
A docencia da materia organízase en clases teóricas, seminarios, titorías e clases prácticas.
Ao longo dun cuadrimestre impartiranse 30 horas de clases teóricas, nas que se utilizarán medios audiovisuais que axudarán ao alumno a un mellor seguimento das explicacións do profesor. Nestas clases explicaranse os epígrafes de cada tema, os cales deberán ser ampliados polo alumno no manual recomendado. Propoñeranse exercicios que o alumno deberá resolver e, no seu caso, entregar. Estes e outros exercicios serán resoltos e comentados nos seminarios correspondentes.
As clases prácticas de laboratorio impartiranse en grupos; o número de alumnos por grupo non será superior a 20.
Todo o material didáctico necesario estará ao dispor do alumnado no Campus Virtual da USC.
Sistema de avaliación
A materia está dividida en dous partes, teórica e práctica, que se avaliarán por separado.
A parte teórica da materia será avaliada cunha proba final que estará formada por cuestións tipo test (4 puntos sobre 10) e reaccións e preguntas curtas (6 puntos sobre 10). Calquera reacción ou pregunta curta que conteña un erro de formulación será considerada incorrecta e valorada como cero (0). O exame supoñerá o 80% da cualificación final.
A avaliación da parte teórica complementarase coa valoración do alumno na avaliación continua. Para iso terase en conta a asistencia e o traballo realizado nas clases interactivas (titorías e seminarios). Para a súa avaliación, realizaranse controis durante os seminarios ou titorías. Á avaliación continua só poderán acollerse aqueles alumnos/ as que asistan aos seminarios e titorías e serán avaliados proporcionalmente ás súas asistencias. Estes aspectos supoñerán, como máximo, o 15% da cualificación final. Os alumnos repetidores que o manifesten por escrito ao principio do cuadrimestre conservarán por un único curso a cualificación obtida na avaliación continua realizada no curso anterior.
Para avaliar a parte práctica terase en conta a opinión obtida sobre o alumno nas sesións de traballo, a elaboración do seu diario de laboratorio e a realización dunha proba. Este apartado supoñerá un 5% da cualificación final. Os alumnos repetidores conservarán a cualificación da parte práctica durante un período de cinco anos.
O alumno debe obter cinco puntos sobre dez e realizar prácticas de laboratorio para aprobar a materia. O alumno que non realice as prácticas de laboratorio será cualificado como non presentado.
A avaliación das competencias adquiridas na materia será realizada a través das seguintes vías:
-Exame final: Coñecemento adquirido do programa (competencias específicas Q07, Q03 e MF13 e competencias transversais CI03, CS03, CP01, CI01)
-Prácticas de laboratorio: Inclúen procesos de laboratorio estándar que permiten preparar diferentes compostos inorgánicos sinxelos (competencias específicas Q03 e transversais CS01 e CS03)
-Asistencia e traballo realizado nas clases interactivas (competencias xerais 1, 3, 11 e todas as competencias transversais).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Tempo de estudo e traballo persoal
As actividades presenciais desta materia comprenden un periodo de 60 horas. Estímase que o alumno debe realizar, ademáis, un traballo persoal que comprenda 90 horas para complementar estas actividades.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
-Clases expositivas en grupo grande: 30 h
-Clases interactivas en grupo reducido: 6 h
-Titorías en grupo moi reducido: 2 h
-Prácticas de laboratorio: 20 h
-Exames e revisión: 2 h
-Total horas traballo presencial na aula ou no laboratorio: 60 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
-Estudo autónomo individual ou en grupo: 51,5 h
-Resolución de exercicios, ou outros traballos: 12 h
-Orientación e resolución de dúbidas: 7,5 h
-Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas: 9 h
-Realización e revisión do exame: 10 h
-Total horas traballo persoal do alumno: 90 h
Recomendacións para o estudo da materia
E aconsellable que, despois da asistencia ás clases expositivas, o alumno revise os contidos de cada tema seguindo o manual recomendado. A elaboración dun resumen no que identifique os puntos importantes serálle útil para unha revisión posterior do tema, para relacionar os contidos de cada tema cos dos restantes e, por último, para facilitarlle a súa participación activa na resolución das cuestións que se plantexarán nos seminarios. Esta participación activa e continuada ao longo do curso é altamente recomendable no caso desta materia.
No traballo no laboratorio, antes da realización de cada experimento, o alumno debe ler con calma o guión que se lle proporcione e procurar comprende-los conceptos teóricos nos que se basea. Deberá levar a cabo o traballo experimental con atención e pulcritude e anotar todas as observacións no seu diario de laboratorio.
Observacións
As clases impartiranse en castelán.