Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.5 Clase Expositiva: 23 Clase Interactiva: 12 Total: 37.5
Linguas de docencia Galego (0.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable
Coñecementos básicos dos pequenos mamíferos introducidos recentemente como animais de compañía, centrados na anatomía comparada e orientados á súa aplicación clínica e/ou de produción.
Completar a formación anatómica do estudante de veterinaria interesado nas especies que se indican.
Contidos
PROGRAMA TEÓRICO
Tema-1. Roedores de laboratorio: rata, rato e cobaia. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento, alimentación, necesidades e benestar (5 horas).
Tema-2. Outros roedores de interese veterinario. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica. Manexo, comportamento, alimentación, necesidades e benestar (6 horas).
Tema-3. Lagomorfos. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento, alimentación, necesidades e benestar (2 horas).
Tema-4. Mustélidos. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica e á experimentación animal. Manexo, comportamento, alimentación, necesidades e benestar (2 horas).
Tema-5. Outros mamíferos exóticos de interese veterinario. Principais características anatómicas e fisiolóxicas. Aspectos aplicados á exploración clínica. Manexo, comportamento, alimentación, necesidades e benestar (8 horas).
PROGRAMA PRÁCTICO
Lb1: Disección do roedores de laboratorio y de lagomorfos. Disección de mustélidos e doutros pequenos mamíferos (suxeita á dispoñibilidade de cadáveres) (4 horas. Impartirase na aula de disección do departamento de Anatomía, Pavillón 3, planta baixa).
Lb2: Técnicas de manexo de novos mamíferos de compañía (3 horas. Impartirase no Laboratorio de Embrioloxía, Pavillón 3, 2º andar).
SEMINARIOS:
S1: Recoñecemento de detalles morfolóxicos propios das especies estudadas
S2: Exposición dos traballos
Básica
• Martín Ortí, R, P. Marín García y J. González Soriano. 2004. Atlas de anatomía de animales exóticos. Masson, Barcelona.
• McCracken, T.O. and R.A. Kainer with D. Carlson. 2008. Color Atlas of Small Animal Anatomy: The Essentials. Blackwell Publishing, Oxford.
• Olds, R.J. & Olds, J.R. 1979. A colour atlas of the Rat - dissection guide. Wolf medical publications. Londres.
• O´Malley, B. Anatomía y fisiología de animales exóticos. 2007. Servet, Zaragoza.
• Popesko, P, V. Rajtová and J. Horák. 1992. A Colour atlas or the Anatomy of Small Laboratory Animals. Volume One: Rabbit, Guinea Pig. Wolfe Publishing Ltd, London.
• Popesko, P, V. Rajtová and J. Horák. 1992. A Coour atlas or the Anatomy of Small Laboratory Animals. Volume Two: Rat, mouse, Golden Hamster. Wolfe Publishing Ltd, London.
Complementaria
• Flecknell, P. 2002. Manual de medicina y cirugía del conejo. Ediciones S
• Hebel, R y Stromberg, MW. (1986) Anatomy and Embryology of the Laboratory Rat. BioMed Verlag. Alemania.
• Hillyer, E.V. y Quesenberry, K.E. 1997. Ferrets, Rabbits and Rodents. Clinical Medicine and Surgery. Saunders Co. Philadelphia, USA.
• Krinke, G.J. 2000. The laboratory rat. Academic Press. Boston.
• Mitchel, M.A. and T.N. Tully Jr. 2009. Manual of Exotic Pet Practice. Saunders Elsevier, Missouri.
• Waynforth, H.B. & Flecknell, P.A. 1992. Experimental and surgical technique in the rat. Academic Press. London.
Reconstrucións 3D, gratis para estudantes: IVALA Learn | 3D Veterinary Anatomy & Clinical Learning: https://www.ivalalearn.com/
Anatomía do coello 3D: https://norecopa.no/norina/rabbit-anatomy-3d-model
Mouse disection: https://www.youtube.com/watch?v=KYSRjtYjiHA
Porco guineano:
https://sketchfab.com/3d-models/guinea-pig-internal-anatomy-c57a816cfba…
https://www.turbosquid.com/es/3d-model/animal-anatomy
Chinchilla: https://sketchfab.com/3d-models/3d-chinchilla-chinchilla-chinchilla-c37…
Bibliografía de acceso electrónico dispoñible na Biblioteca da USC A BUSC EN LIÑA https://busconline.gal. Ademais, a través do pórtico (http://sfx.bugalicia.org/san/az) e EZproxy (https: // ezbusc), xestionados por BUGalicia, será posible buscar revistas científicas e libros electrónicos (coas credenciais de USC).
Adquirir:
1.- Capacidade de aprendizaxe e adaptación (GVUSC 01).
2.- Capacidade de análise e síntese (GVUSC 02).
3.- Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica (GVUSC 05).
4.- Capacidade de traballar de forma autónoma e en equipo (GVUSC 06).
Competencias específicas disciplinarias:
- Adquirir o coñecemento sobre a estrutura e función dos animais sans (CEDVUSC 02).
Competencias específicas académicas:
- Ser consciente da necesidade de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes das competencias profesionais mediante un proceso de formación permanente (CEAVUSC 08).
Competencias transversais:
- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e internet, e anali zala dun xeito crítico (CTVUSC 02).
- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible (CTVUSC 03).
- Sesións expositivas con apoio de TIC. Os alumnos asistirán ás sesións expositivas e poderán intervir nos debates que se susciten.
- Traballo práctico autónomo e supervisado polo profesor. As sesións interactivas realizaranse en grupos reducidos, utilizando o material biolóxico e/ou os modelos anatómicos correspondentes a cada bloque temático e servíndose das guías ou manuais que se lles proporcionen, así como de canta bibliografía se considere oportuna.
- Seminarios nos que se realizarán diversas tarefas: conversas por profesionais invitados, proxeccións de vídeo, debates e / ou exposición dos traballos.
- Elaboración de traballos. Os alumnos deberán elaborar un traballo relacionado co contido da materia que será defendido polos autores nun tempo de 10 minutos ao final do semestre, durante un dos seminarios.
- Estudo independente de cada alumno. Para iso o alumno poderá recorrer á bibliografía recomendada e a calquera outro material recompilado durante as clases maxistrais e as sesións prácticas.
- Titorías. Nestas sesións resolveranse cuestións relativas á elaboración do traballo e dúbidas sobre o contido da materia. As titorías serán de carácter presencial,
- Asistencia regular ás sesións expositivas e asistencia obrigatoria ás sesións interactivas. A ausencia dunha ou máis sesións prácticas e /ou seminarios implica a perda do dereito a ser examinado e, polo tanto, o suspenso da materia, tanto na oportunidade ordinaria como na oportunidade de recuperación.
- Realizarase un exame presencial escrito do total da materia constituirá o 70% da nota final. Para aprobar a materia será necesario responder correctamente o 50% das preguntas deste exame. Este exame será complementario á avaliación continua.
- A nota obtida na avaliación continua (sesións interactivas e traballo) constituirá o 30% da nota final: o 15% corresponderá as sesións interactivas e o outro 15% ao traballo.
- O alumnado repetidor só terá a obriga de repetir o exame presencial. Manterase a nota de avaliación continua obtida en cursos anteriores salvo que expresen expresamente a súa vontade de repetir as prácticas e o traballo, caso en que a nota de avaliación continua que se terá en conta será a obtida no curso 22-23.
- Non hai dispensa para asistir a clases ou clases interactivas.
No caso de plaxio, fraude ou uso indebido das tecnoloxías durante a realización das probas telemáticas, será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala
TRABALLO PRESENCIAL:
- Sesións expositivas : 23 horas
- Sesións interactivas: 7 horas
- Seminarios: 5 horas
- Titorías: 2,5 horas
Horas totais de traballo presencial do estudante: 37.5 horas
TRABALLO AUTÓNOMO:
- Estudo independente: 29 horas
- Elaboración do traballo: 3,5 horas
- Busca bibliográfica, consulta en biblioteca, etc.: 2 horas
- Presentación oral: 1 hora
- Exame: 2 horas
Horas totais de traballo autónomo do estudante: 37,5 horas
HORAS TOTAIS: 75
Asistir ás sesións expositivas e interactivas. Consulta do material referido na bibliografía básica e aplicada.
Non hai dispensa para asistir a clases ou clases interactivas.
Roberto Bermudez Pose
- Departamento
- Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas Veterinarias
- Área
- Anatomía e Anatomía Patolóxica Comparadas
- Teléfono
- 982822341
- Correo electrónico
- roberto.bermudez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| 21.05.2024 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 8 |
| 09.07.2024 18:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BERMUDEZ POSE, ROBERTO | Galego |