Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Formular estratexias para localizar, avaliar, seleccionar e recuperar documentos válidos e contrastados para crear activos audiovisuais rigorosos e innovadores. Identificar materiais e ferramentas útiles para a elaboración do guión e as súas distintas fases. Identificar materiais e ferramentas útiles para a localización dos medios técnicos, artísticos e humanos para o desenvolvemento da obra audiovisual (personaxes, localizacións, vestiario, decorados, atrezzo, etcétera).
Incidencia da documentación no proxecto audiovisual, dixital e/ou analóxico, desde a preprodución, produción e posprodución. Estudo e análise dos diferentes sistemas de información (arquivos, bancos de imaxes, bases de datos académicas e especializadas) para manexar fontes dixitais, impresas e orais, imprescindibles para construír coñecemento audiovisual ético e legal.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Introdución: documentación e comunicación audiovisual
1.1. Documentación audiovisual: definición, funcións, utilidade
1.2. O perfil de documentalista nos medios audiovisuais
TEMA 2. A ciencia da documentación
2.1. Orixe e desenvolvemento
2.2. O documento e as fontes: orixe, evolución, clasificación, avaliación
2.3. A cadea documental: entrada, análise e difusión dos documentos
2.4. Do analóxico ao dixital: preservación, difusión e público
TEMA 3. A sociedade da información e a explosión informativa na era da Internet
3.1. A sociedade da información e o fluxo informativo global
3.2. A natureza dos documentos na era dixital
3.3. Big data, visualización e novas narrativas multimedia
TEMA 4. A procura da información
4.1. Espazos de busca: arquivos, museos, bibliotecas, bases de datos, repositorios
4.2. Estratexias de procura. Sistemas de recuperación da información
4.3. Linguaxes documentais. Sistemas de clasificación, tesauros
TEMA 5. A documentación para televisión
5.1. Servizos de documentación en televisión
5.2. Políticas de arquivo, selección e análise
5.3. Fluxos de traballo
TEMA 6. A documentación para cinema
6.1. Funcións da documentación nun filme
6.2. Dossieres e informes de documentación
TEMA 7. Documentación gráfica, sonora e fotográfica
7.1. Tipos e linguaxes
7.2. A imaxe fixa: principais bases de datos e arquivos
7.3. O documento sonoro: principais bases de datos e arquivos
CONTIDOS PRÁCTICOS
A parte práctica da materia combina dous obxectivos básicos. Por unha banda, procura familiarizar ao alumnado con algúns dos recursos e técnicas fundamentais da documentación, como o traballo con bases de datos, arquivos ou bibliotecas para a procura de información; a organización e clasificación de documentos ou a realización de entrevistas. Pola outra, busca formalo en varias das aplicacións básicas da documentación no ámbito da comunicación, incluíndo as orientadas á investigación científica e aquelas relacionadas coa realización de pezas audiovisuais. En resumo, podemos dividir a práctica en dous grandes bloques:
1. Documentación para a investigación científica
1.1. A investigación científica: principios, métodos, tipoloxías e procesos
1.2. Fases do traballo de investigación
1.3. Selección, citación e bibliografía
1.4. Localización e avaliación de fontes científicas
1.5. A entrevista como instrumento de documentación
2. Documentación para pezas audiovisuais
2.1. A documentación na ficción
2.2. Localización e avaliación de fontes e documentos especializados
2.3. O oficio de film researcher: funcións e recursos
Deste xeito, as sesións interactivas organizaranse arredor dunha serie de proxectos (tanto individuais como en grupo) a realizar ao longo do cuadrimestre para superar a materia. A sesión de presentación de cada un destes proxectos incluirá a explicación dos recursos e o visionado ou lectura de exemplos de cara á titorización do proxecto e a realización de clases prácticas nas semanas seguintes.
No caso de ser posible, realizaranse prácticas de campo centradas nas visitas a bibliotecas, arquivos ou centros documentais. Nalgún caso, poderá ser preciso o uso de material técnico da facultade como gravadoras de son ou cámaras de vídeo para a realización de entrevistas. Para o desenvolvemento das propostas de traballo desta materia, pode ser preciso o emprego de ordenadores conectados a rede, o acceso a recursos e bases de datos incluídos na suscrición da biblioteca, e o emprego de diversos softwares para o tratamento, a xestión e a busca documental: dende todo tipo de buscadores (xeralistas, especializados, metabuscadores), ata bases de datos, catálogos ou aplicacións de xestión de contidos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Caridad Sebastián, M.; Hernández Pérez, T.; Rodríguez Mateos, D. & Pérez Lorenzo, B. (2011). Documentación audiovisual: nuevas tendencias en el entorno digital. Síntesis.
De la Cuadra, E. (2013). Documentación cinematográfica. Roles y fuentes del documentalista en el cine. Universitat Oberta de Catalunya.
López de Solís, I. (2013). El film researcher. Universitat Oberta de Catalunya.
Mases Blanch, N. & Duran i de Haro, P. (2016). Documentación audiovisual: documentación en la creación, producción y difusión de contenidos multimedia. Universitat Oberta de Catalunya.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Buckland, M.(2017). Information and Society. MIT Press.
Caldera-Serrano, J. & Arranz-Escacha, P. (2012). Documentación audiovisual en televisión. Universitat Oberta de Catalunya.
Cherchi Usai, P. (2005). La muerte del cine : historia y memoria cultural en el medioevo digital. Laertes.
Cid Leal, P.; Perpinyà Morera, R. (2013). Cómo y dónde buscar fuentes de información. Servei de Publicacions Universitat Autònoma.
Del Valle Cappa, C. (coord.) (2019). Nitrato argentino : una historia del cine de los primeros tiempos. Museo del Cine "Pablo Ducrós Hicken".
Giménez Rayo, M. (2007). Documentación audiovisual de televisión: la selección del material. Trea.
Guardiola, I. (2019). El ojo y la navaja. Un ensayo sobre el mundo como interfaz. Arcadia.
López Yepes, J. (2011). La sociedad de la documentación: seis calas en el ámbito de la Teoría de la Documentación, del documento y de las fuentes de información. Fragua.
Prat Ferrer, J.J. & Peña Delgado, Á. (2015). Manual de escritura académica. Paraninfo.
Sánchez Vigil, J.M. & Salvador Benítez, A. (2013). Documentación fotográfica. Universitat Oberta de Catalunya.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS (CB e CX)
CG1 – Adquirir e comprender os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas pólas da comunicación, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 – Reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, así como obter conclusións e emitir informes razoados.
CG3 – Aplicar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos, así como a capacidade de análise e de abstracción, tanto na definición e formulación de problemas como na procura das súas solucións en contextos académicos e profesionais.
CB2 – Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 – Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 – Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 – Capacidade de organización e planificación
CT02 – Capacidade de xestión da información
CT03 – Traballo en equipo
CT04 – Aprendizaxe autónoma
CT05 – Creatividade
CT06 – Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 – Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE13 – Coñecer a incidencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento dos produtos audiovisuais
CE14 – Capacitar o manexo das tecnoloxías vinculadas á produción e á documentación audiovisual
Na materia empregaranse a lección maxistral, o estudo de casos e a aprendizaxe orientada a proxectos, aplicadas a tres tipos de actividades: análise colectiva na aula, actividades individuais e actividades en grupo.
A metodoloxía docente busca desenvolver no alumnado a noción dos roles da documentación nos diferentes procesos de traballo do audiovisual. Para iso, as clases expositivas combinarán a lección maxistral e o estudo de casos, apoiados sempre na formulación de cuestións para o debate, procurando a formación dunha capacidade crítica e analítica sobre cuestións como as tipoloxías de documentos, a preservación do patrimonio fílmico, as fontes dispoñibles para a documentación dun produto audiovisual… As clases interactivas estarán orientadas á realización de actividades individuais e grupais, nas que se buscará poñer en práctica os coñecementos adquiridos traballando directamente coa documentación de cara a proxectos como a redacción dun artigo científico, a realización dunha entrevista ou a elaboración dun dossier para unha ficción. Algún destes proxectos pode requirir o uso de equipos de gravación de audio e vídeo.
O Campus Virtual acollerá os materiais empregados nas aulas, e o seu foro servirá como espazo de debate complementario no que compartir casos de interese ou ampliar información, ao fío do visto nas clases e da actualidade da documentación audiovisual.
De ser posible, o desenvolvemento da materia incluirá visitas a centros de documentación, arquivos ou bibliotecas.
A cualificación final ponderará un 50% a parte teórica e un 50% a parte práctica. Ambas partes terán que estar aprobadas para poder acceder ao cómputo.
A parte teórica da materia avaliarase mediante exame.
A parte práctica da materia avaliarase a través de dous proxectos a realizar ao longo do cuadrimestre:
• Elaboración dun artigo científico (proxecto individual). 50%.
• Entrevista a unha fonte experta sobre o traballo co arquivo e a investigación no audiovisual (proxecto grupal). 50%.
Poderán proporse actividades complementarias ao alumnado para mellorar a nota.
Segunda oportunidade
O alumnado que non supere a parte teórica deberá presentarse de novo en xullo ao exame. Quen non supere a parte práctica da materia na convocatoria ordinaria deberán repetir as actividades suspensas para aprobala en segunda oportunidade, salvo no caso de tratarse de traballos grupais, que serán substituídos por unha tarefa individual equivalente. As notas dos traballos aprobados manteranse entre a convocatoria de maio e a de xullo, pero non para o curso seguinte.
• No caso de dispensa, a parte teórica valerá un 50% e avaliarase igualmente mediante exame, e a parte interactiva (tamén cun valor dun 50%) valorarase mediante dous proxectos individuais, sendo o primeiro a elaboración dun artigo científico sobre o rol da documentación nun filme de ficción histórica e o segundo a realización dun dossier de documentación para un filme. Cada un destes traballos suporá a metade da nota interactiva.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
• Clases expositivas: 20 horas
• Seminario: 15 horas
• Traballo con textos: 5 horas
• Titorías de traballos de curso: 2 horas
• Actividades de avaliación: 3 horas
• Exame final: 3 horas
• Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas
• Lecturas recomendadas: 15 horas
• Preparación de presentacións orais, debates, etc: 10 horas
• Planificación do seminario: 20 horas
Ademais da lectura crítica dos textos, recoméndase o traballo con fontes documentais e persoais e a exploración (tanto en liña como presencialmente) dos diferentes arquivos, repositorios e proxectos propostos na materia. Entre eles, pódense destacar os seguintes:
A/V GEEKS: http://avgeeks.com/
BNE - Biblioteca Digital Hispánica: http://www.bne.es/es/Catalogos/BibliotecaDigitalHispanica/Colecciones/
BRITISH PATHÉ: https://www.britishpathe.com/
EUROPEANA: https://classic.europeana.eu/portal/en
GALICIANA: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do
FILMOTECA ESPAÑOLA: https://www.rtve.es/filmoteca/
NITRATO ARGENTINO: http://nitratoargentino.org/
PASOU O QUE PASOU – CRTVG: https://pasouoquepasou.crtvg.gal/
PRELINGER ARCHIVES: https://archive.org/details/prelinger
PROXECTO SOCHEO: https://proxectosocheo.wordpress.com/
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cibran Tenreiro Uzal
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cibran.tenreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Martes | ||
|---|---|---|
| 13:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Xoves | ||
| 13:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| 29.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 29.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 03.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TENREIRO UZAL, CIBRAN | Galego |