Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
O coñecemento dos diferentes elementos técnicos propios da fotografía, analóxicos e dixitais.
Manexo das cámaras dixitais con criterios informativos, sen esquecer os criterios estéticos.
Coñecer os procesos técnicos e as técnicas narrativas propias do fotoxornalismo.
Coñecemento de diferentes procedementos profesionais: planificación, produción e edición fotográfica.
Elaboración de pezas informativas, utilizando a foto como elemento protagonista do relato.
A fotografía como elemento informativo. Análise da imaxe como discurso fotográfico-xornalístico. Xénese histórica, función e aplicación da foto nos medios. Xéneros e propostas narrativas no fotoxornalismo. Historia do fotoxornalismo. Evolución da fotografía no contexto informativo. Edición e presentación de material gráfico para os medios de comunicación escritos, audiovisuais e dixitais. Tratamento da imaxe desde o punto de vista xornalístico. As diferentes técnicas fotográficas e as súas aplicacións en prensa. Narrativa visual e edición fotográfica. A fotografía xornalística como elemento de comprensión, coñecemento e interpretación da realidade. O tratamento informativo da imaxe e os códigos deontolóxicos.Técnicas de traballo e estratexias informativas para fotoxornaliodistas nas contornas dixitais.
Para iso a materia organizarase do seguinte xeito:
CONTIDOS TEÓRICOS. Evolución, debates e formatos do fotoxornalismo
Tema 1. A fotografía para a prensa: a conformación dos códigos
1.1. A foto como foto para a prensa: ben público, mediación técnica e conquista da instantánea
1.2. O "efecto-verdade" e as regras do discurso xornalístico
1.3. Punto de vista e toma de posición: da fotografía de documentación social e da foto documental: Jakob Riis, Lewis Hine e Ruth Matilda Anderson
1.4. Xornalismo fotográfico: os inicios da súa idade de ouro na República de Weimar
Tema 2. A xeración da Leica: as revistas ilustradas, as fotoxoreportaxes e os realismos
2.1. A xeración da Leica e os inicios da idade dourada do fotoxornalismo
2.2. Da candid-photo e da fotomontaxe como variacións: Paul Strand, John Heartfield e Aleksander Rodchenko
2.3. O sentido da "posta en páxina". Os novos modelos: AIZ e Berliner Illustrierte Zeitung. De Europa a América: VU, Life
2.4. Fotografía documental: o proxecto da Farm Security Administration
Tema 3. Fotoxornalismo e conflitos (I): a guerra como acontecemento, a creba do século da Guerra Civil española á II Guerra Mundial
3.1. A primeira guerra fotoxornalística: a Guerra Civil española
3.1.1. O colectivo Robert Capa: Andrei Friedman e Gerda Taro
3.1.3. O fotoxornalismo de guerra en Galicia e Cataluña: Pacheco e Centelles
3.2. A Segunda Guerra Mundial
3.2.1. Reporteiros, cineastas e soldados
3.2.2. Lee Miller: do surrealismo á foto bélica
3.2.3 Retratar o horror: as imaxes dos campos de concentración (Boix)
Tema 4. De profesión "reporter": a fundación de Magnum, o ensaio fotográfico e a liña de autor na fotoxornalismo
4.1. A protección da autoría: a fundación da Axencia Magnum e a convención de Berna
4.2. Eugene Smith e o foto-ensaio. Cartier-Bresson e o instante decisivo
4.3 Da fin da foto humanista aos novos fotógrafos documentais
4.3.1. Steichen e The Familiy of Man
4.3.2. Robert Frank e os Os Americanos
4.3.3. William Klein, Friedlander e Winogrand
Tema 5. Fotoxornalismo e conflitos (II): Do “efecto Vietnam” á crise do fotoxornalismo
5.1. O "efecto-Vietnam"
5.2. Censura e guerras "non declaradas". I e II Guerra do Golfo: A fronte fotográfica. Foto de guerra contra xornalismo
5.3 Revulsivos: Gervasio Sánchez nos Balcáns, James Nachtway en Ruanda e Sebastiao Salgado
Tema 6. Documentalismo fotográfico contemporáneo e posfotografía
6.1. Anna Turbau, Cristina García Rodero, Pilar Aymerich e Colita
6.2. Graham Smith, Paul Graham, Martin Parr, Anna Fox, Karen Knor, Chris Killip
6.3. Posfotografia, hiperrealismo e función da fotografía de prensa: o caso de Jonas Bendiksen
Tema 7. O fotoxornalista perante os novos medios
7.1. Formatos, estéticas, xéneros e novas vías de distribución
7.2. Prácticas e procesos no fotoxornalismo contemporáreno: Samuel Aranda, Emilio Morenatti, Manu Brabo, Maysun
7.3. Novas vías no fotoxornalismo galego: o colectivo Ollo
CONTIDOS PRÁCTICOS: O proceso de creación fotoxornalística no contexto contemporáneo
1. Introdución á técnica fotográfica
Parámetros básicos da cámara: diafragma, obturación, ISO. Ópticas. Distancia focal. Exposición e enfoque. Profundidade de campo. Equipo básico fotoxornalístico
2. A mirada: fundamentos de encadre e composición
A fotografía antes do disparo: realidade e espazo; horizonte, volume, profundidade. O centro de interese, puntos e liñas de fuga, simetría, contraste lumínico e cromático. Perspectiva e punto de vista: na procura dun estilo propio
3. Posta en escena, verdade, veracidade
Fotografía narrativa e fotografía de síntese no contexto das fotoreportaxes e da foto documental. Persoas e personaxes: o retrato informativo, o retrato interpretativo, a noticia-retrato. A fotografía de viaxe. A posta en páxina da fotoreportaxe
4. O fotoxornalismo, presente e futuro
Fotoxornalismo e postverdade. Integridade profesional no entorno tecnolóxico. A “democratización da fotografía” e o “cidadán fotoxornalista”. As RRSS, novos escenarios de comunicación fotoxornalística. O smartphone: unha arma cargada de intimidade
5. O proxecto fotoxornalístico: idea, planificación e desenvolvemento
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Baeza, P. (2021)Por una función crítica de la fotografía de prensa. Barcelona, Gustavo Gili.
Bull, Stephen (2020) A companion to Photography. Newark: Wiley
Freund, G. (2010) La fotografía como documento social. Barcelona, Gustavo Gili..
Good, J e Lowe, P. (2017) Understanding Photojournalism. Routledge
Kobré, K. (2006) Fotoperiodismo: el manual del reportero gráfico. Barcelona, Omega..
Ledo, M. (1998)Documentalismo fotográfico. Madrid, Cátedra, 1998.
Sousa, J.P. (2000) Uma história crítica do fotojornalismo ocidental. Chapecó, Grifos.
Varios autores(2006) Fotoperiodismo y edición. Madrid, Editorial Universitas.
Yapp, Nick autor; Hopkinson, Amanda (2012) Photojournalism. Postdam : H.F.Ullmann Publising
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Addario, L. (2016) En el instante preciso. Vida de una fotógrafa en el amor y en la guerra.Roca.
Barthes, R. A. (2003) cámara clara. Reflexión sobre a fotografía. Santiago de Compostela, Laiovento.
Benjamin,W.(1973) Discursos interrumpidos. Madrid, Taurus.
Bourdieu, P. (2003) Un arte medio: ensayo sobre los usos sociales de la fotografía. Barcelona, Gustavo Gili.
Didi-Huberman, G. (2014)Pûeblos expuestos, pueblos figurantes. Buenos Aires, Manantial.
Easterby, J. (2006) 150 proyectos de fotografía: técnicas esenciales, ejercicios y proyectos. Barcelona, Blume..
Fontcuberta, J. (2010) La cámara de Pandora. Barcelona, Gustavo Gili.
García de Cortázar, F. (2010) Las fotos que hicieron historia. 1900-2011. Madrid, JdeJ Editores.
Golden, R. (2011) Fotoperiodismo. Los fotógrafos de noticias más importantes del mundo. Madrid, Lisboa.
Jeffrey, I. (1999) La fotografía. Barcelona, Destino, 1999.
Lebrun, B., Lefebre, M.(2011) Robert Capa. Las huellas de una leyenda. Barcelona, Lunwerg.
Ledo, M. (1988)Foto-xoc e xornalismo de crise. Sada-A Coruña, Do Castro.
Pastoriza, F.(2014) Qué es la fotografía. Barcelona, Lunwerg.
Payne, S. (2005) Imágenes inéditas de la Guerra Civil (1936-1939). Las mejores fotos de la Agencia EFE. Madrid, Agencia EFE.
Pogue, D. (2009) Fotografía digital. Madrid, Anaya Multimedia.
Salked, R. (2014) Cómo leer una fotografía. Barcelona, Gustavo Gili.
Sontag S. (2003) Olhando o sofrimento dos outros. Algés, Gótica.
Yapp, N., Hopkinson, A. (1995) 150 years of photo journalism. The Hulton Deutsch Collection. Köneman.
COMPETENCIASBÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia
CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoxornalismo e do documental
Ao longo da materia empregaranse diferentes metodoloxías docentes que incluirán a lección maxistral, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos. A participación activa do estudantado é fundamental para o desenvolvemento das sesións.
Para a realización das actividades prácticas os estudantes aprenderán a manexar a cámara fotográfica réflex no seu modo manual, empregarán obxectivos diferentes (angulares, teleobxectivos, normais) e eventualmente traballarán con paneis difusores de luz, iluminación artificial e trípode.
A avaliación contempla unha distribución do 50% para a parte teórica e un 50% para a parte práctica, é imprescindible ter aprobadas ambas partes para que fagan media. De non ser así, poderase recuperar unha das partes na segunda oportunidade (gardándose a nota da outra) ou ambas se fose preciso. A parte teórica avaliarase cun exame e a parte práctica con diversas entregas distribuídas ao longo do cuadrimestre e cun proxecto final.
Para os casos de avaliación fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. A USC no artigo 16 da normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Consello de Goberno 15-06-2011 BOE 21-07-2011) establece que “a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas (presencial)
Prácticas de laboratorio: 20 horas (presencial)
Traballos con textos:4 horas (presencial)
Titorías: 1,5 horas (presencial)
Actividades avaliación: 1,5 horas (presencial)
Exame final: 1 hora (presencial)
Estudo autónomo ou en grupo: 40 horas (non presencial)
Lecturas recomendadas: 12 horas (non presencial)
Busca, rexistro e preparación de material de apoio: 50 horas (non presencial)
Recoméndase a participación activa nas aulas, o traballo continuado sobre os materiais do Campus Virtual, a lectura da bibliografía recomendada e a exploración de exposicións, actividades e eventos fotográficos, isto facilitará moito a adquisición de competencias. Do mesmo xeito, recoméndase o visionado de documentais sobre fotoxornalismo, a análise diaria da foto de prensa e o seguimento en redes sociais de fotógrafos en activo.
Jose Antonio Cascudo Rodriguez
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- jose.cascudo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Luns | ||
|---|---|---|
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Martes | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Venres | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 27.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 01.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BARREIRO GONZALEZ, MARIA SOLIÑA | Galego |
| CASCUDO RODRIGUEZ, JOSE ANTONIO | Galego |