Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Castelán (57.14%), Galego (42.86%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Comprender e asimilar conceptos e nocións básicas relativos ás principais institucións políticas e estatais. Introducir nocións sobre organizacións e procesos políticos, eleccións e partidos. Construír un marco de interpretación e análise dos fenómenos políticos actuais. Coñecer a natureza e a evolución histórica dos principais movementos políticos contemporáneos, incluídos os de nova creación. Entender os textos seminais destes movementos e os seus principais características para ser capaz de expresalas con claridade en xuízos de valor informados.
O proceso político e a análise da política. A política como ciencia social. O Estado e as institucións de goberno. Descrición e análise dos trazos dos estados modernos e das institucións que o compoñen no seu tres dimensións de executivo, lexislativo e xudicial. Análise dos procesos e organizacións subxacentes á dinámica institucional, como eleccións e partidos políticos, sempre adecuándoos ás necesidades dosprofesionais da información. Definición do concepto de movemento social e a súa influencia no proceso político. Descrición detallada dos principais movementos do noso tempo, salientando na súa evolución e a súa deriva cara a novas formas. Análise dos movementos en cada momento histórico
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. O ESTADO
1.1 Definición de Estado e elementos constitutivos do Estado
1.2 A distribución territorial e funcional do poder
1.3 A estrutura do Estado español
TEMA 2. ACCIÓN COLECTIVA
2.1 Os modelos de comportamento colectivo
2.2 Grupos de interese e movementos sociais
2.3 Os partidos políticos
TEMA 3. OUTROS ASPECTOS BÁSICOS DA CIENCIA POLÍTICA
3.1 Enfoques
3.2 Ideoloxías
3.3 Participación e cultura política
TEMA 4. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTOS SOCIAIS DA MODERNIDADE
4.1 Nacionalismo
4.2 Socialismo
4.3 Liberalismo e conservadurismo
TEMA 5. IDEOLOXÍAS E MOVEMENTO SOCIAIS DA POSMODERNIDADE
5.1 Ecoloxismo
5.2 Feminismo
5.3 Identidade LGTBI
5.4 Dereitos dos animais
CONTIDOS PRÁCTICOS
Existirán contidos prácticos a través de seminarios, talleres, visionados de material audiovisual ou debates co obxectivo de seguir as explicacións teóricas e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o Traballo con textos, orientada á adquisición de habilidades.
BÁSICA
-Anton, J. y Torréns, X. (eds.) (2020). Ideologías y movimientos políticos contemporáneos. Tecnos.
-Del Águila, R. (ed.) (1997). Manual de Ciencia Política. Trotta.
-Della porta, D. (2011). Los movimientos sociales. CIS.
-Esplugas Boter, A. (2008). La comunicación en una sociedad libre. Instituto Juan de Mariana.
-Jasay, A. (1996) El Estado. Alianza.
-Menéndez, M. C. (2009), Política y medios en la era de la información. Crujía.
-Mouchon, J. (1999). Política y medios. Gedisa.
-Pasquino, G. et al. (1993). Manual de Ciencia Política. Alianza Editorial.
-Tarrow, S. (2012). El poder en movimiento: Los movieminetos sociales, la acción colectiva y la política. Alianza.
-Tilly, C. (2009). Los movimientos sociales, 1768-2008: desde sus orígenes a facebook. Crítica.
-Vilas Nogueira, X. et al. (1994). O sistema político galego. As institución. Xerais.
Complementaria
O profesor facilitará bibliografía complementaria ao alumnado nos que temas que teña interese en desenvolver.
BÁSICAS E XENERAIS
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as
competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grao de autonomía
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS (CT)
CT01 - Capacidade de organización e planificación
CT02 - Capacidade de xestión da información
CT03 - Traballo en equipo
CT04 - Aprendizaxe autónoma
CT05 - Creatividade
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT07 - Coñecementos básicos da profesión
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS (CE)
CE23 - Comprender o contexto económico e político no que se desenvolve a comunicación na actualidade.
CE24 - Capacitar para a comprensión de informes e datos estatísticos para a súa interpretación nos medios de comunicación.
CE25 - Adquirir os coñecementos necesarios para comprender a dimensión da comunicación de masas
O seu desenvolvemento combina exposicións maxistrais por parte do profesorado, traballo con textos (estudos de casos) e tutorías onde desenvolver o resto dos compoñentes da aprendizaxe orientada á realización de proxectos. Parte da docencia utilizará como ferramenta de traballo a USC virtual. Fomentarase a asistencia a clase, a participación e a diversificación dos ambientes de aprendizaxe, na medida do posible. As clases expositivas servirán para que o profesor explique o marco teórico xeneral da materia. As tutorías e clases prácticas servirán para ordenar a confección dos traballos e facilitar a súa exposición e avaliación, así como para resolver as cuestións persoais que o alumno necesite. A asistencia ás clases é obrigatoria, salvo nos casos de dispensa establecidos na normativa da USC, e formará parte da cualificación na forma en que se explica no apartado correspondente. O profesor fará controis de asistencia, diarios ou aleatorios, e aplicará os seus resultados á cualificación.
O traballo para os tipos de clases será o seguinte:
Clases expositivas e clases prácticas (traballo con textos e planificación de seminarios): desenvólvese o contido do programa, secuenciado en bloques temáticos. Para seguir as explicacións e integrar os diversos recursos e materiais (bibliografía, documentación, etc.). Nas mesmas existirá espazo para o Traballo con textos, orientada á adquisición de habilidades; tamén para a preparación de seminarios.
Estudo autónomo, individual ou en grupo, lecturas recomendadas e preparación de presentacións a realizar por conta propia ou en tutorías, axudados pola Contorna Virtual de Aprendizaxe (EVA): recomendarase a lectura de artigos, libros ou manuais que complementen ás clases de expositivas. Igualmente, empregarase a aula virtual. O profesor porá a disposición do alumnado todo o material utilizado nas clases, así como aqueloutro que considera relevante para a materia.
Exame final 50%
Comentario ensaístico de textos 50%
No caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado"
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia. O sistema de avaliación constará dun programa adaptado para ás condicións de cada caso concreto. O plan comporase da realización dun exame (50%) e da presentación en tempo e forma (na data do exame) dos traballos individualizados (50% restante).
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
- Clases expositivas: 30 horas
- Traballos con textos: 15 horas
- Exame final: 3 horas
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas.
- Lecturas recomendadas: 25 horas.
- Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5
- Búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio: 12
Asistir a clase e ler con regularidade os textos facilitados polo profesor a principio de curso
Miguel Anxo Bastos Boubeta
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815167
- Correo electrónico
- miguelanxo.bastos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alfonso Antonio Lopez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- alfonsoantonio.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Martes | ||
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 12.01.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 14.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Castelán |
| LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Castelán |
| LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Castelán |
| LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| BASTOS BOUBETA, MIGUEL ANXO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ RODRIGUEZ, ALFONSO ANTONIO | Galego |