Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia son:
Coñecer os referentes na construción da mensaxe xornalística. Coñecer os elementos da redacción da información. Coñecemento dos factores determinantes da noticiabilidad e dos procedementos profesionais conducentes á elaboración e á escritura de textos informativos. Análise e comprensión das técnicas e formas de expresión do sistema informativo, da mensaxe xornalística e das variables de xénero e modelos.
O obxectivo prioritario da materia é, por tanto, que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas alcancen a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer os pormenores do funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración das mensaxes.
Os contidos inclúen:
A redacción para os medios de comunicación. O valor da actualidade como elemento central do discurso informativo. Estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas en medios impresos e electrónicos. Teoría e técnica do tratamento da mensaxe xornalística e as súas variantes por soportes e por modalidade expresiva. Elementos do estilo xornalístico e técnicas de expresión e redacción. Aproximacións á realidade dos xornalistas galegos e doutros xornalistas de referencia. A construción integral da mensaxe xornalística de acordo coa ética e a deontoloxía profesional.
Os contidos do curso xirarán, pol tanto, arrededor do estudo e capacitación na tecnoloxía, a análise e a expresión de formas e medios impresos e electrónicos. O programa inclúe cuestións relativas á teoría e á técnica do tratamiento da mensaxe xornalística.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Elementos da cultura xornalística: o sistema comunicativo e a industria cultural
1.1. Como funciona a sociedade. Quen é quen. O papel dos medios de comunicación
1.2. O ecosistema informativo galego. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios. Actores periféricos no campo xornalístico 1.3. O ecosistema informativo europeo. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios. Actores periféricos no campo xornalístico 1.4.Teorías do discurso: dos medios como espello e dos medios como construtores do real
TEMA 2. A redacción xornalística hoxe
2.1. Os xornalistas e a súa actividade
2.2. Ética e deontoloxía xornalística
2.3. O secreto profesional
2.4. Normas de obrigado cumprimento: os libros de estilo
TEMA 3. A noticia: na procura dunha definición actual
3.1. Como nacen as noticias
3.2. Valores noticia ou criterios de “noticiabilidade”
3.3. Tipos de noticias
3.4. Información e propaganda
TEMA 4. Compoñentes da noticia
4.1. Os " topoi" e a "lei do interese decrecente"
4.2. Estrutura das noticias
4.3. A redacción do texto por parte do profesional
4.4. O texto, o contexto e o usuario
TEMA 5. O lid/ lead/entrada
5.1. Funcións e definición
5.2. Orixe histórica e proxección actual
5.3. Tipoloxías
5.4. Normas para redactar un bo lid/ lead/entrada
5.5. Claves para diferenciar o lid/ lead/entrada da entradilla
TEMA 6. O corpo da noticia.
6.1. A articulación de cada unidade informativa
6.2. A noticia tipo: comezo-desenvolvemento ou explicación-contextualización ou background
6.3. Unicidade e multiplicidade na noticia: a cuestión dos subtemas 6.4. Modelo segundo as tipoloxías das noticias
TEMA 7. A titulación
7.1. Orixe e funcións
7.2. A cabeza de titulación e os seus elementos
7.3. Clasificación, estilos e técnicas de titulación
7.4. Consellos para unha boa titulación
TEMA 8. As fontes informativas no relato
8.1. Definición e clasificación
8.2. Localización, usos e atribución
8.3. Recollida, selección e verificación: o paradigma das tres fontes 8.4. A súa función na construción das mensaxes
TEMA 9. Valoración das noticias
9.1. Proceso de selección e axenda temática
9.2. Práctica profesional e sedimentación de rutinas
9.3. Organización da redacción e produción da información
9.4. Elementos para unha elección e xerarquización actual na planificación informativa dos produtos
9.5. Presentación gráfica da noticia. A identidade das noticias e a imaxe segundo os soportes
TEMA 10. A trama entre información, interpretación e opinión
10.1. Tipoloxía dos textos informativos
10.2. O tratamento dos materiais nos medios informativos
10.3. O papel dos principios editoriais
10.4. Os xornalistas e o seu papel nas redes sociais
10.5. O papel do xornalista na sociedade actual
TEMA 11. A influencia das tecnoloxías actuais na construción das mensaxes
11.1. Características das ferramentas actuais e aplicación na industria dos medios de comunicación
11.2. O impacto social da innovación tecnolóxica nas redaccións
11.3. Os cibermedios e os novos modelos de organización das redaccións
11.4. Tecnoloxías actuais e participación dos usuarios na construción das mensaxes
11.5 A influencia dos diversos soportes na mensaxe. O risco da manipulación
11.6. A mensaxe adaptada aos diferentes soportes de comunicación
TEMA 12. A influencia das técnicas e estilos literarios no xornalismo escrito
12.1. Novo xornalismo e narración de non-ficción
12.2. O retorno da subxectividade aos medios
12.3. A figura dos escritores nos medios
12.4. Tendencias nos territorios fronteirizos de xornalismo e literatura
* Prácticas de campo (o programa presentarase durante o curso, segundo dispoñibilidade económica)
CONTIDOS PRÁCTICOS
Os contidos prácticos centrais virarán ao redor da redacción de noticias para os medios de comunicación. O alumno elaborará pezas informativas para todos os soportes, para o que deberá contar con materiais funxibles e produtos de apoio para elaborar pezas multimedia, de realidade virtual e de xestión de bases de datos. Traballará con software para produtos multimedia e con hardware existente nas aulas de informática para producir textos, sons, imaxes e vídeos. Pode precisar apoio para algunha peza de estudio. A peza final editarase e difundirase. Estes contidos prácticos están relacionados cos contidos teóricos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Armentia, J.I & Caminos, J.M (2003). Fundamentos de periodismo impreso. Ariel.
Diezhandino, M.P. (2009). El quehacer periodístico ante el desafío digital. Criterio noticioso. Pearson.
Fontcuberta, M. (2011). La noticia. Pistas para percibir el mundo. Ediciones Paidós. (Nova edición revisada e ampliada).
López, X.&García Orosa, B. (2009). Construíndo a realidade. Edicións Lea.
Lyon, W. (2014). La escritura transparente. Cómo contar historias. Libros del K.O.
Núñez Ladevéze, L. -coordinador- (2015): Periodismo en la red: Géneros, estilos y normas. Editorial Universitas.
Pallás, José (2021). Redacción web. Manual de redacción "SEO". Independently published.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Díaz Noci, J.&Salaverría, R. (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Ariel.
Diezhandino, P. -Coord.- (2012). El periodista en la encrucijada. Ariel. Colección Telefónica.
Martínez Albertos, J.L. (2002). Curso general de redacción periodística. Editorial Paraninfo.
Roitberg, G& Piccato, F. -Comps.- (2015). Periodismo disruptivo. La Crujía Ediciones.
Sampedro, V. (2014). El cuarto poder en red. Icaria
O obxectivo prioritario da materia é que o alumno adquira coñecementos que lle permitan entender como se producen os acontecementos e os “ seudo-acontecementos” na sociedade, como se converten en noticia e que pasos debe dar para a construción das mensaxes e para que estas alcancen a eficiencia comunicativa. A materia fomentará no alumno a curiosidade por coñecer os pormenores do funcionamento da complexa sociedade actual, a necesidade de buscar aqueles acontecementos que teñen maior interese para os cidadáns, os criterios de valoración e as técnicas de elaboración das mensaxes.
A materia debe contribuír a que o alumno teña competencias e habilidades para a redacción de noticias e a construción de pezas informativas desde feitos de actualidade.
As competencias básicas e xerais son:
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
As competencias transversais son:
CT1 - Capacidade de organización e planificación
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 – Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
As competencias específicas son:
CE04 - Coñecer as técnicas para a correcta redacción de textos en medios de comunicación
CE05 - Coñecer os mecanismos para transmitir mensaxes informativas a través dos medios de comunicación audiovisuais.
CE06 - Coñecer os modelos de creación de información nos medios de comunicación de masas.
CE07 - Coñecer as técnicas para a creación de produtos multimedia CE08 - Aprender as técnicas narrativas do fotoperiodismo e do documental.
A metodoloxía docente combinará diferentes técnicas (incluirá clases maxistrais teóricas, clases de seminario teóricas, clases de seminario prácticas, traballos individuais e grupais titorizados, estudos de caso…), propiciando en todo momento a implicación do estudante no seu proceso formativo. Ademais, o estudante realizará prácticas de laboratorio en salas de redacción. E, se hai financiamento, unha práctica de campo. Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua, polo que haberá un seguimento constante dos coñecementos que vai adquirindo o alumno. Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
a.Exame/ s teórico/ s. 50%
b. Prácticas realizadas durante as clases prácticas. 50%
Para a exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas interactivas porque require exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente co exame final.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O alumnado terá as seguintes actividades formativas programadas:
Clases expositivas: 20 horas
Traballos con textos: 4 horas
Prácticas laboratorio: 20 horas
Exame final: 2 horas
Titorias de traballos: 1,5 horas
Actividades de avaliación: 1,5 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 40 horas
Lecturas recomendadas: 12 horas
Planificación, búsqueda, rexistro e preparación de material de apoio (textos, imaxes, audio, etc.): 50 horas
Seguimento da actualidade nos medios de comunicación, seguimento das actividades programadas e seguimento do material que se actualizará na páxina da materia (www.novosmedios.org/periodismo) e na plataforma do campus virtual da USC.
A planificación das exposicións e debates organizarase nas dúas primeiras semanas de clase.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Hermenegildo Jose Casás García
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- j.casas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Beatriz Gutiérrez Caneda
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- beatriz.gutierrez.caneda [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Tania Forja Pena
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- tania.forja.pena [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
| Luns | ||
|---|---|---|
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Mércores | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Xoves | ||
| 10:00-11:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 20.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 20.05.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 08.07.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| FORJA PENA, TANIA | Galego |
| Gutiérrez Caneda, Beatriz | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| FORJA PENA, TANIA | Galego |
| Gutiérrez Caneda, Beatriz | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| FORJA PENA, TANIA | Galego |
| Gutiérrez Caneda, Beatriz | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| FORJA PENA, TANIA | Galego |
| Gutiérrez Caneda, Beatriz | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASÁS GARCÍA, HERMENEGILDO JOSE | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |