Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Presentar unha visión histórica da evolución económica do mundo.
2. Alcanzar unha comprensión do proceso de formación do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos, na perspectiva temporal propia da análise histórica.
3. Percibir os mecanismos do crecemento económico, entre os que destacan e son decisivos os cambios institucionais e as innovacións tecnolóxicas.
4. Proporcionar os coñecementos da evolución da economía no pasado que poidan facilitar a comprensión do mundo actual.
TEMA 1. ECONOMÍAS AGRARIAS E PROCESOS DE INDUSTRIALIZACIÓN (1750-1870).
TEMA 2. SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E PRIMEIRA GLOBALIZACIÓN (1870-1914).
TEMA 3. GUERRAS, CRISE E DESINTEGRACIÓN ECONÓMICA INTERNACIONAL (1914-1945).
TEMA 4. DA RECONSTRUCCIÓN Á 'IDADE DOURADA' (1945-1973).
TEMA 5. CRISIS ECONÓMICAS E FINANCIERAS, CRECEMENTO E GLOBALIZACIÓN (1973-2014).
Bibliografía básica:
FELIU, G. e SUDRIÀ, C. (2013): Introducción a la historia económica mundial. Valencia (Universitat de València).
TELLO, E. (Ed.) (2012). Cómo hemos llegado hasta aquí. Una introducción a la historia económica global. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. http://hdl.handle.net/10609/62305
Bibliografía complementaria:
ALLEN, R.C. (2013). Historia económica mundial. Una breve introducción, Madrid: Alianza Editorial.
EICHENGREEN, B. (2000): La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona (Antoni Bosch editor).
FRIEDEN, J.A. (2007): Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona (Crítica).
GALLEGO D. (2022): Los caminos del progreso. Una historia del desarrollo económico. Comares:Granada.
GONZÁLEZ DE MOLINA, M., TOLEDO, V. (2011). Metabolismos, naturaleza e Historia. Hacia una teoría de las transformaciones socio-ecológicas. Barcelona: Icaria.
MADDISON, A. (2002): La economía mundial. Una perspectiva milenaria. Madrid (Ediciones Mundi-Prensa).
PALAFOX, J. (edit.) (2014): Los tiempos cambian. Historia de la Economía. Valencia, Tirant Humanidades.
SCHEIDEL, W. (2018). El gran nivelador. Violencia e historia de la desigualdad desde la Edad de Piedra hasta el siglo XXI”. Barcelona: Crítica.
WILLIAMSON, J, O’ROURKE, K. (2006). Globalización e historia: la evolución de la economía atlántica en el siglo XIX. Zaragoza: PUZ.
ZAMAGNI, V. (2016): Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la crisis del euro. Barcelona (Crítica).
* Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
Participar no traballo en equipo
* Competencias específicas da materia:
Alcanzar unha comprensión do proceso de configuración do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Historia Económica, da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos para a análise da realidade social e económica, todo isto na perspectiva temporal propia da análise histórica.
Desentrañar os mecanismos da evolución da economía, manifestos, especialmente, nos cambios na organización económica e nas grandes transicións tecnolóxicas da Humanidade.
Coñecer a relación entre os sucesos ocorridos no pasado e as súas consecuencias actuais.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, en grupo grande, e de docencia interactiva, en grupos máis reducidos, todas elas de carácter presencial. A Aula Virtual da materia será un importante soporte, na que se irán poñendo a disposición dos alumnos e alumnas os materiais e actividades a desenvolver ao longo do curso.
As clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos do programa, recalcando os aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles.
As clases interactivas dedicaránse a profundizar en aspectos máis concretos que, por falta de tempo, non poden ser abordados nas expositivas. Nas clases interactivas requírese a participación activa do alumnado, que deberá presentar os resultados dos traballos encargados previamente polo profesorado sobre os temas que se van desenvolvendo na materia [comentarios de texto sobre lecturas previamente preparadas, debates breves sobre textos curtos presentados na aula, respostas a cuestionarios, análises interpretativos sobre materiais diversos (textos históricos, vídeos, series de datos cuantitativos a longo prazo...)]. O profesorado aproveitará para corrixir os erros e problemas que vaia detectando nas exposicións dos estudantes e para completar aspectos relevantes dos temas abordados.
O alumnado que siga o sistema de avaliación continua realizará as actividades propostas e entregaraas nos prazos e polos medios que indique en cada caso o profesorado da materia (ben na clase, ben a través do Campus Virtual).
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, e, máis puntualmente, poderán resolverse algunhas dúbidas a través da Aula Virtual ou da plataforma Teams.
A cualificación do alumnado levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa nas actividades expostas (comentarios de texto, análises interpretativas sobre materiais e datos de carácter histórico escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios presentación e exposición de traballos, realización do exame de contidos, etc.).
A avaliación continua incluirá:
a) A participación en clase, as prácticas, traballos e probas realizadas ao longo do semestre (40% da cualificación final). Unha asistencia mínima ó 75% das sesións interactivas é requisito para aprobar esta parte.
b) Un exame realizado ao final do curso (60% da cualificación final).É necesario aprobar este exame para aprobar a materia.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a clase deberá realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades.
Así mesmo, unha vez finalizado o curso académico, o alumnado que non supere a materia terá que seguir as normas que se establezan na programación do curso seguinte. Por tanto, non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
Para aprobar en calquera das opcións hai que obter unha nota de 5 puntos ou máis nunha escala de 10.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supón que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e horario establecidos pola Facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carné de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Outros matices sobre estes criterios básicos facilitaranse ao longo do curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O total de horas de traballo presencial do alumno na aula será de 51 horas, e as estimadas para o seu traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, … ) serán 99.
Aínda que a materia non esixe requisitos previos, considérase recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet...).
Maria Del Carmen Espido Bello
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811564
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.espido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Varela Vazquez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811695
- Correo electrónico
- pedro.varela.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Dios Vicente
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- adrian.dios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Bruno Esperante Paramos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Correo electrónico
- b.esperante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 20 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
18:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula A |
21.05.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula A |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_3 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_1 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_5 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_4 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_2 | Aula B |
15.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_6 | Aula B |