Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer o rol da economía dixital na economía
-Identificar e explicar as políticas públicas para o desenvolvemento da economía dixital
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais relacionadas co economía dixital
1. Economía dixital: conceptos e características.
2. Teoría da política económica. A interdependencia entre política, economía dixital e estrutura económico-empresarial.
3. Políticas de competencia e de mercados na UE, España e Galicia.
4. O papel do sector financeiro na economía dixital.
5. Efectos da economía dixital nos sectores produtivos, o emprego, a distribución da renda e o comercio exterior.
Bibliografia básica e recomendada
-Barefoot K, Curtis D, Jolliff W, Nicholson J, Omohundro R (2018) Defining and Measuring the Digital Economy, Bureau of Economic Analysis, Working Paper https://www.bea.gov/sites/default/files/papers/defining-and-measuring-t…
-Buitrago Esquinas, E.M.; Romero Landa, L.B. (2013) Economía de la UE: análisis económico del proceso de integración europeo. Pirámide.
-Cuadraro Roura, J. R. (dir.) (2010) Política Económica: Objetivos e instrumentos, McGraw-Hill, Madrid.
-Robles JM (Coord) (2017) Las desigualdades digitales. Los límites de la sociedad de la Red. Panorama Social 25. https://www.orientamartamouliaa.es/wp-content/uploads/2017/09/Las-desig…
Ademais da anterior bibliografía, ao inicio do curso o profesor facilitará outras fontes bibliográficas para o estudo da materia.
Páxinas web
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
Banco Mundial: www.bancomundial.org
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fondo Monetario Internacional: www.imf.org
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Fundación de las Cajas de Ahorro: www.funcas.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX): www.comercio.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Universitario de Predicción Económica (I.R. Klein): https://www.uam.es/otroscentros/klein/
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas: http://www.ivie.es/es_ES/
Ministerio de Economía y Hacienda: www.meh.es
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
BÁSICAS Y GENERALES
CB1. Que os estudantes demostren comprender o coñecemento nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecemento procedentes da vanguarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecemento a seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar dados relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabelos comunicar ao resto do equipo e da organización
CT9. Capacidade para a aprendizaxe autónomo e autoavaliación
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais do entorno social e económico a nível macro e micro, e en particular o comportamento do consumidor, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análise e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropriadas para dar apoio á toma de decisións.
CEX. Coñecer a evolución dos sectores produtivos nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
A docencia impartirase de xeito semipresencial, empregando como apoio as plataformas corporativas da USC: Campus Virtual (Moodle) e Office 365.
O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada tema, que o profesorado facilitará a través do Campus Virtual.
b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Estas actividades, detalladas na guía docente da materia, deberán ser entregadas nas datas fixadas polo profesorado dacordo co cronograma establecido. A información e entrega destas materias articularase a través do Campus Virtual.
c) Participación activa do estudantado en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate).
d) Sesións presenciais. Estas sesións, que de desenvolverán nos horarios establecidos pola facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de xeito síncrono a través de MS Teams. Nestas sesións levarase a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada tema e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de xeito individual polo alumnado, orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O profesorado establecerá un horario de atención ao alumnado para a orientación do traballo autónomo do alumnado. Estas titorías desenvolveranse de xeito preferente a través de MS Teams
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (60% da puntuación total).
b) A realización das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (40% da puntuación total).
Nas convocatorias oficiais de exame ordinaria e de recuperación serán obxecto de exame os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilite. Os criterios de avaliación serán idénticos nas dúas convocatorias. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco pontos sobre dez. Estes dez pontos distribúense en dúas partes: 6 corresponden ao exame final, e os 4 pontos restantes reflectirán as outras actividades académicas desenvolvidas.
Os alumnos repetidores poden conservar a cualificación obtida no curso anterior na parte correspondente á avaliación continuada se así o desexan. Deberán informar ao profesor na primeira semana de curso.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun ou máis exames finais específicos que supoñerán o 100% da cualificación. A tal fin deberán informar ao profesor dentro da semana seguinte á resolución oficial.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
A materia é de 4,5 créditos ECTS, o que supón unha carga de traballo de 112,5 horas en total. Estas distribúense do seguinte xeito:
Sesións presenciais. Presentación de contidos básicos e aulas prácticas: 9 horas
Titorías en grupos reducidos: 4 horas
Exame presencial e revisión: 3 horas
Aprendizaxe virtual, estudo persoal, resolución de casos prácticos/traballos: 58 horas
Preparación de traballos: 14 horas
Preparación de exames: 24,5 horas
Recoméndase contar con coñecementos básicos de ferramentas de análise económico, matemática e administración de empresas.
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, e o estudo da bibliografía básica, preferiblemente de forma previa ao desenvolvemento de cada tema do programa.
Aconsellase a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas, así como algún dos principais xornais económicos.
Lembrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Juan Alberto Turnes Abelenda
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Raul Rios Rodriguez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
| Xoves | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 16.01.2024 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 21.06.2024 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| RIOS RODRIGUEZ, RAUL | Galego |
| TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| TURNES ABELENDA, JUAN ALBERTO | Galego |