Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de docencia Castelán (22%), Galego (77%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ao completar a materia o/a alumno/a será capaz de:
- Coñecer e comprender a contabilidade como sistema de información.
- Coñecer e comprender os conceptos económicos básicos utilizados na xestión empresarial (patrimonio, resultado, ingresos, gastos, activo, pasivo, etc.).
- Identificar os feitos contables, así como aprender a rexistralos seguindo o método contable.
- Comprender o ciclo contable da empresa e as bases de presentación da información de síntese básica: balance e conta de perdas e ganancias.
- Fundamentar o uso das contas anuais como instrumentos dos que se serve a contabilidade para resumir e comunicar información ao conxunto de usuarios da información.
Introdución á contabilidade.
A estrutura patrimonial da empresa. ·
O método contable. O ciclo contable. Valoración e rexistro contable das transaccións. ·
A determinación do resultado e a elaboración dos estados financeiros.
ALCARRIA JAIME, J.J. (2012): "Introducción a la contabilidad". Publicaciones de la Universitat Jaume I. Disponible en http://dx.doi.org/10.6035/Sapientia66
ALCARRIA JAIME, J.J. (2008): "Contabilidad Financiera". Ed. Prentice Hall.
CAMACHO MIÑANO, M.ªM. & RIVERO MENÉNDEZ, M.ªJ. (2010): “Introducción a la Contabilidad Financiera”. Pearson. Educación. Madrid.
GARCÍA BENAU, M.A.; VICO MARTINEZ, A. (2011): "Introducción a la contabilidad financiera". Ed. UDIMA
LARRAN JORGE, M. (2009): "Fundamentos de contabilidad financiera. Teoría y práctica". Ediciones Pirámide.
MATA MELO, J. (2015): "Introducción a la contabilidad financiera de las PYMES". Ed. Paraninfo.
MONTESINOS JULVE, V. (COORD.)(2021): "Fundamentos de contabilidad financiera". Ed. Pirámide
MUÑOZ JIMÉNEZ, J. (Coord.) (2008): “Contabilidad Financiera”. Prentice Hall. Madrid.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2010): “Introducción a la contabilidad”. Ediciones académicas, S.A. Madrid.
MUÑOZ MERCHANTE, A. (2010): “Prácticas de introducción a la contabilidad”. Ediciones académicas, S.A. Madrid.
PLAN GENERAL DE CONTABILIDAD, R.D. 1514/2007 de 16 de noviembre, BOE 20-11-2007. Texto consolidado
SERRA SALVADOR, V.; GINER INCHAUSTI, B.; VILAR SANCHIS, E. (2010): "Sistemas contables de información financiera. Una introducción a la contabilidad". Tirant Lo Blanch.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións.
TRANSVERSAIS
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado poñerá ao dispor dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, propoñeranse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir a elas ben de forma física ou ben conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos alumnos e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: realización e participación activa nos casos prácticos, debate das lecturas recomendadas, procura e análise de información, etc.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada sexa superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades, tanto para o alumnado de primeira matrícula como para o alumnado repetidor, recóllese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua, combinada cun exame final.
A. Avaliación continua: realización de actividades diversas, individuais ou en grupo (probas na aula, entrega de exercicios, procura e análise de información, debates, …). Peso na cualificación final: 40%.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG2, CT2, CT5, CT6, CE2, CE13.
B. Exame final teórico-práctico: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, principalmente o dominio dos conceptos teóricos adquiridos, así como a súa aplicación a casos prácticos. Peso na cualificación final: 60%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG2, CT2, CT5, CE2.
O exame final teórico- práctico será presencial.
Para poder sumar B e A é necesario que o estudante obteña como mínimo un 2,4 sobre 6 no exame final teórico-práctico. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións expositivas e interactivas só poderá obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final teórico-práctico, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación supoñerá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que supoñerá o 100% da nota.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia é de 6 créditos.
As horas de traballo total distribúense da seguinte maneira:
- Sesións presenciais: 12 horas
- Titorías en grupos reducidos: 6 horas
- Exame presencial: 3 horas
- Traballo autónomo do alumnado: 129 horas.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que os estudantes antes de cada sesión presencial, revisen os materiais didácticos do tema correspondente dacordo co cronograma da materia.
Por outra banda, é importante que participen activamente en todas as actividades propostas polo profesorado, consulten a bibliografía e outro material recomendado.
As titorías son un recurso moi útil que o alumnado debe utilizar as veces que sexan necesarias. Para facilitar a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos, é necesario o acceso ao Campus Virtual e ao correo institucional de maneira que poida estar informado das distintas cuestións que xurdan ao longo do curso.
O idioma no que se imparte a materia é o español.
Manuel Veiga Carballido
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Correo electrónico
- mvcarb.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Venres | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 24.05.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 25.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA CARBALLIDO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA CARBALLIDO, MANUEL | Castelán |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA CARBALLIDO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| VEIGA CARBALLIDO, MANUEL | Galego |