Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de docencia Galego (100%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumno unha visión xeral da xestión comercial no ámbito dixital de forma que o alumnado adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os alumnos que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e do márketing dixital e de seu contorno que condicionan a súa xestión.
- Comprender a cultura da orientación ao mercado.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos elección dun posisionamento adecuado.
- A función comercial na empresa
- Definición da estrategia de márketing na era dixital
- Comportamento do consumidor dixital
- Segmentación de mercados e identificación do buyer persoa
- Posicionamiento
Básica:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 1ª ed. Pirámide
Complementaria:
- Florido, M.A. (2020): Curso de Marketing Digital. Ed. Anaya Multimedia
- Kerin R.A. (2018): Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2017): Fundamentos de marketing, 13e, Pearson
- Kotler, P., Kartajaya, H., Setiawan, I.: (2019). Marketing 4.0. Ed. LID
- Macía Domene, F. (2013): Marketing online 2.0, Ed. Anaya Multimeedia
- Martín Jiménez, M. (2019): Marketing digital. Ed. S.A. Marcombo
- Martrat, F.; Martrat, J. (2018): Menos Likes, más leads. Ed. Pearson
- Santesmases, M. (2012): “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide.
- Shahafraquel Oberlander, R. (2020): El AVC del marketing digital. Planeta
- Somalo, N. (2017): Marketing digital que funciona. Ed. LID
BÁSICAS E XENERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de maneira efectiva, tanto nas linguas propias como en inglés.
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas.
CE6. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio.
CE7. Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT7. Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CT11. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado porá a disposición dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, proporanse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir a elas ben de forma física ou ben conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos alumnos e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a tutorías. Estas tutorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MSTeams.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artículos ou temas de actualidade, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a una segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: resolución e participación na análise de casos, debates, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades.
Peso na calificación final: 50%.
Las actividades evaluables estarán recollidas na aula virtual así como a súa ponderación.
Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: CB1, CB5, CG2, CG4, CT1, CT6, CT7, CT11, CE6, CE7
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluir preguntas de respuesta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseandose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre.
Peso na calificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CT5, CE1, CE2, CE3
A proba final terá carácter presencial.
Para poder engadir á nota do exame/proba de contenidos a puntuación acadada na avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 2,5 puntos sobre 5 no exame final de contenidos e ter participado como mínimo na elaboración do 75% das actividades (casos, exercicios, debates, etc) propostos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta do NON PRESENTADO.
De acordo co “Regulamento para o desenvolvemento da docencia semipresencial na Facultade de Administración e Dirección de Empresas” aprobado pola Xunta de Facultade de Administración e Dirección de Empresas o 13/09/2021, será obrigatoria a asistencia polo menos ao 75% das sesións presenciais. No caso de que o/a alumno/a non cumpra este mínimo establecido perderá o dereito á avaliación continua, que lle será cualificada cun cero con independencia da nota alcanzada.
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Se o alumno/a non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar (75%), a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades, non se agregará a nota do exame. Se o alumno/a non alcanza a nota mínima no exame (2,5 sobre 5), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Se o alumno non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
O alumnado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase seguindo a Instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 6 créditos. As 150 horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
a) Sesións presenciais para presentación de contidos básicos, actividades prácticas, etc: 12 horas
b) Tutorías en grupos reducidos (asistencia física ou por MS Teams): 6 horas
c) Exame presencial: 3 horas
d) Traballo autónomo do alumno: 129 horas.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado, antes de cada sesión presencial, revise previamente os materiais didácticos do tema correspondente de acordo co cronograma da materia. Por outra banda, é importante que participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso frecuente ao campus virtual e ao correo institucional é imprescindible para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Sandra Castro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
| Venres | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 03.06.2024 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| 27.06.2024 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASTRO GONZALEZ, SANDRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASTRO GONZALEZ, SANDRA | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| CASTRO GONZALEZ, SANDRA | Galego |