-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Dereito Público e Teoría do EstadoÁreas:
Dereito AdministrativoCentro
Facultade de Relacións LaboraisConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Sen docencia (En extinción)Matrícula:
Non matriculable (Só plans en extinción) -
Prioritariamente perséguese que o alumno, empregando a terminoloxía e o vocabulario-técnico pertinente, sexa capaz de:
- describir o concepto e fases do procedemento administrativo.
- describir o concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez dos actos administrativos.
- describir o réxime xurídico do silencio administrativo.
- describir as principais características dos procedementos de revisión dos actos administrativos na vía administrativa.1.- O procedemento administrativo: concepto e fases.
2.- O acto administrativo: concepto, elementos, eficacia, execución e invalidez.
3.- O silencio administrativo: natureza e consecuencias.
4.- A revogación dos actos administrativos: a revisión de oficio e os recursos.BIBLIOGRAFÍA BÁSICA IMPRESCINDIBLE:
COSCULLUELA MONTANER, Luis, Manual de Derecho Administrativo, Thomson-Civitas, Madrid, última edición.
GAMERO CASADO, Eduardo y FERNÁNDEZ RAMOS, Severiano, Manual Básico de Derecho Administrativo, Tecnos, Madrid, 17º ed., 2020.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
SANTAMARÍA PASTOR, Juan Alfonso, Principios de Derecho Administrativo, volumes I e II, Iustel, Madrid, última
edición.Perséguese que o alumno:
- manexe, correcta e productivamente, as ferramentas de busca de información xurídica, tradicionais (repertorios lexislativos e xurisprudenciais, fontes doctrinais, etc..) e modernas (bases de datos e buscadores especializados).
- sexa capaz de seleccionar e sistematizar a información obtida.
- estea en condicions de planificar e conducir o propio aprendizaxe, e a actualización de coñecementos, no seo dunha materia cuxos contidos e fontes cambian a grande velocidade.Empregaranse os seguintes métodos docentes:
- A lección maxistral programada con implicación dos alumnos.
- As clases prácticas.
A avaliación dos alumnos levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
- A realización dun exame teórico-práctico suporá, como mínimo, un 80% da cualificación final.
- A resolución de casos prácticos, exposicións orais ou outras actividades programadas polo profesor, que poderá supoñer ata un 20% da cualificación final.
Para os efectos do previsto no artigo 5.2 da Normativa sobre permanencia nas titulacións de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, nesta materia só se considera actividade académica avaliable o exame final, polo que ós alumnos que non concorran a ningunha das dúas oportunidades oficiais do mesmo se lles fará constar na acta a mención de "Non presentado".
Os alumnos que teñan concedida exención de docencia poderán suplir a falta de asistencia e participación nas
clases interactivas coa elaboración e presentación dunha memoria de prácticas de acordo coas instruccións que
lles imparta o profesor nas correspondentes titorías.Horas presenciais: 48 (nas que se atopan comprendidas as clases teóricas e interactivas).
Horas de traballo do alumno: 102.Ter cursado Dereito Administrativo I.
ACONSÉLLASE DISPOÑER DESDE O INICIO DO CUADRIMESTRE DA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA INDISPENSABLE.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-
José Antonio Sarmiento Méndez
- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- xa.sarmiento@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Alejandro Villanueva Turnes
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público e Teoría do Estado
- Área
- Dereito Administrativo
- Correo electrónico
- alejandro.villanueva@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
-