Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Castelán (7%), Galego (92%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia estruturase como unha introdución teórico/práctica aos SIXs, unha ferramenta que axuda a comprender e analizar o territorio. Deste xeito, é preciso coñecer a natureza dos datos xeográficos, e como estes datos se poden adquirir e tratar.
O alumnado debe rematar sabendo deseñar un SIX básico, construír a súa propia base de datos, e ser quen de presentar a información de xeito claro e preciso, tanto conceptual como visualmente.
Considerase, pois, preciso que manexen os conceptos máis básicos dos sistemas de información xeográfica: raster, vectorial, sistemas de coordenadas, xeorreferenciación….
Obxectivos:
•Amosar a importancia dos SIX na investigación en Xeografía.
•Coñecer os principios de funcionamento dos Sistemas de Información Xeográfica.
•Desenvolver competencias relacionadas coa adquisición, manipulación e análise de información xeoreferenciada.
•Saber estruturar información xeográfica que poida ser traballada cos SIX.
•Coñecer os formatos de almacenamento raster e vectorial
•Xestionar bases de datos relacionais
•Realizar análises e consultas espaciais
•Manexar software para SIX
1. A Ciencia de la Información Xeográfica (GIScience). Conceptualización e funcionalidade dun SIX. Problemas que pode resolver un SIX. O proxecto SIX e as súas fases típicas. Primeiro contacto con ArcGisPro e QGis.
2. A natureza da información xeográfica. Os compoñentes espacial e temático. A estruturación da información en capas. Os modelos de datos ráster e vectorial. A topoloxía.
3. Fontes de información xeográfica e territorial. A recompilación da información: Bases de datos espaciais de referencia, o IGN. A xeoinformación en Internet: visores e centros de descarga, infraestruturas de datos espaciais (IDE); servizos OGC.
4. A cartografía como fonte básica de información xeográfica e instrumento de análise territorial. O deseño cartográfico: linguaxe e elementos do mapa. Simbolización cualitativa e cuantitativa. O deseño de mapas en ArcGisPro e QGis.
5. Captura e integración da información xeográfica. Formatos dixitais (imáxes, shapefiles e xeodatabases). Sistemas de referencia espacial. Métodos de xeorreferenciación, dixitalización e edición de xeodatos.
6. Análise alfanumérico. O almacenamento dos datos temáticos e o modelo de datos
relacional. A procura selectiva de información: consultas SQL e seleccións por localización espacial. Unión e relación de datos, temática e por localización. Creación e manexo de bases de datos temáticas.
7. Análise espacial Vectorial. Operacións locais. Selección, extracción e superposición xeográficas. A reclasificación espacial e temática da información. As ferramentas de xeoprocesamiento: xerais, extracción e superposición. Operacións de proximidade: Xeración e análise de áreas de influencia.
8. Análise espacial Ráster. Modelos Digitais do Terreo (MDT): Cálculo de orientacións, pendentes e sombreado dixital. Álxebra e reclasificación ráster.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
OLAYA, V. (2013): Sistemas de Información Geográfica. http://volaya.github.io/libro-sig/
ROBINSON, A. H. et alia (1995): Elements of Cartography. New York: Wiley.
BARREDO;J. I. 1996: Sistemas de Información Geográfica y evaluación multicriterio del territorio., Ed. Rama.
LONGLEY, P.A.; GOODCHILD, M.F.; MAGUIRE, D.J. (1991). (Eds.) Geographical Information Systems: Principles and Applications. John Wiley & sons.
MAGUIRE, D.J., GOODCHILD, M.F. & RHIND, D.R. (2005): Geographical Information Systems and Science., Wiley.
ORSBY, T. et al. 2004: ;Getting to Know ArcGis desktop, ERSI Press.
PRICE, M. (2019): Mastering ArcGIS Pro, McGraw Hill
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BUZAI, G.D. y BAXENDALE, C.A. (2006): Análisis socioespacial con sistemas de información geográfica. Ed. Lugar, Buenos Aires. 397 pp.
CHRISMAN, N. (2002): Exploring geographic information systems. John Wiley. Nueva York, 305 pp.
COMAS, D. y RUIZ, E. (1993): Fundamentos de los Sistemas de Información Geográfica. Ariel, Barcelona. 295 pp.
KRAAK, M., ORMELING, F. (2020): Cartography: Visualization of Geospatial Data, CRC Press
MORENO JIMÉNEZ, A. (Coor.) (2006): Sistemas y análisis de la información geográfica: manual de autoaprendizaje con ArcGIS. RA-MA, Paracuellos del Jarama. 895 pp.
PEREÑA, J.G. 1992: Introducción Conceptual a los Sistemas de Información Geográfica (S.I.G.), Estudio Gráfico Madrid
SANTOS PRECIADO, J.M. (2004): Sistemas de Información Geográfica. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid, 460 pp.
XERAIS
CG1 - Asegurar unha formación xeneralista e de carácter integrado sobre os contidos fundamentais dos diversos ámbitos temáticos da Xeografía, o seu desenvolvemento epistemolóxico e os seus métodos de investigación.
CG2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CG3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CG4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CG5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CG6 - Explicar a diversidade de lugares, rexións e localizacion
CG7 - Comprender as relacións espaciais. Valorar os aspectos culturais na súa interpretación
CG8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CG9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
BÁSICAS
CB1 - Que o alumnado demostrara posuir e comprender coñecementos na súa área de estudo, que parte da base da educación secundaria xeral,e que inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que o alumnado sepa aplicar os seus coñecementos ao traballo de forma profesional
CB3 - Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica o ética
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que o alumnado desenvolva habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía
TRANSVERSAIS
CT4 - Combinar as dimensións temporal e espacial na explicación dos procesos socioterritoriais
CT7 - Xestionar a complexidade
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT8 - Ordear e sintetizar a información
CT9 - Expoñer e transmitir os coñecementos xeográficos
ESPECÍFICAS
CE1 - Realizar análises integradas do territorio
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
As clases teóricas teñen por obxecto orientar a adquisición dos coñecementos e resolver aspectos de comprensión complexa. Presentaranse as liñas xerais de cada tema e proporcionaranse os recursos e referencias bibliográficas necesarias para que os/as alumnos/as sexan quen de completar os contidos da materia.
As clases interactivas serán adicadas á adquisición de habilidades no desenvolvemento instrumental dos SIX. Contémplase a posibilidade de recibir a expertos na materia tratada.
As titorías centraranse en aclarar conceptos e definir traballos. En suma, en orientar ao alumnado no seu ensino/aprendizaxe.
Usarase a Aula Virtual da USC como ferramenta de comunicación cos/as alumnos/as ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso, e materiais básicos e complementarios para o estudo da materia.
Realizaranse prácticas de campo.
Basearase en de dous apartados:
1.- Realizacion dunha proba: 60 % da nota. A avaliación final consistirá nun exame que terán que resolver os discentes empreñando as ferramentas six aprendidas ao longo do curso.
2.- Traballos prácticos de entrega obligatoria: 40% da nota. Neste apartado están incluídas as prácticas, os libros ou artigos de lectura obrigatoria, e a avaliación das prácticas de campo.
Para superar a materia é necesario acadar un 30% da nota en cada unha das partes para poder compensar as cualificacións obtidas no exame e nos exercicios prácticos.
A asistencia as aulas será obrigatoria.
Os alumnos con dispensa académica de asistencia a clase terán que facer os traballos prácticos de entrega obligatoria, e terán dispoñibles na aula virtual os materiais necesarios.
Na segunda oportunidade a avaliación farase do mesmo xeito que na primeira.
En ambas convocatorias, para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académicos dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Na USC un crédito ECTS equipárase a 25 horas de traballo do estudante (estas horas contemplan todas as actividades formativas dunha materia: clases maxistrais, clases de seminario e laboratorio, traballo autónomo do estudante, avaliación).
Dado o carácter práctico da asignatura é necesaria unha adicación continuada ao longo da semana.
• Dedicar de forma continua ao longo do curso un tempo de estudo axeitado aos contidos prácticos.
• Para dúbidas sobre a materia, están dispoñibles as titorías.
• Revisar o Campus Virtual de xeito frecuente para estar ao día co material e as tarefas asignadas.
• Entregar as tarefas en tempo e forma a través do Campus Virtual.
• Si se asiste ás aulas con un ordenador portátil, é preciso dispoñer dun rato.
• Realización dos Cursos de Competencias da Biblioteca da Facultade: https://www.usc.gal/gl/servizos/biblioteca/servizos/competencias.html
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rubén Boga González
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- ruben.boga.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
| Mércores | ||
|---|---|---|
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
| 15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
| Xoves | ||
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
| 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
| 27.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 04 de Informática |
| 27.05.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
| 05.07.2024 09:00-11:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 de informática |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Boga González, Rubén | Castelán |
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Boga González, Rubén | Galego |
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| Boga González, Rubén | Galego |
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| PIÑEIRO ANTELO, MARIA DE LOS ANGELES | Galego |