Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O solo é unha parte esencial dos servizos ambientais e na ordenación do territorio, en tanto que realiza funcións ambientais e produtivas imprescindibles para a vida na Terra e para a sostebilidade das sociedades humanas, constituíndo un recurso non renovable que precisa ser protexido e conservado e, polo tanto, ser tido en conta nos procesos de xestión ambiental e territorial.
Ó longo do curso preténdese que as/os estudantes adquiran coñecementos básicos sobre:
- A composición, organización e propiedades do solo, os diferentes tipos de solos do mundo, os factores e procesos que gobernan a súa formación, distribución e evolución, así como o seu papel no medio ambiente e na ordenación e uso dos recursos.
- Os aspectos metodolóxicos máis importantes para a caracterización dos solos e a súa interpretación.
- As ferramentas máis significativas para á utilización da información de solos para a súa aplicación aos estudios de xestión ambiental e ordenación do territorio proporcionando nocións básicas sobre cartografía e avaliación dos solos.
De forma xeral preténdese espertar o interese das/os estudantes pola ciencia do solo, o seu carácter aplicado e inculcar a necesidade de compromiso coa autoaprendizaxe.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
I. A NATUREZA DO SOLO
1. A ciencia do solo. Desenvolvemento histórico e relación con outras ciencias. 1 hora
2. Concepto de solo. O solo como sistema. Funcións produtivas e ambientais do solo. Ameazas. 2 horas
3. Organización do solo. Da edafosfera á microestrutura. Pedión, perfil e horizontes. Nomenclatura dos horizontes do solo. 3 horas
4. Compoñentes do solo. Natureza, composición, propiedades e métodos de estudio. Fase sólida: compoñentes minerais e orgánicos. Fase líquida: a auga do solo. Fase gasosa: a atmosfera do solo. A biota do solo. 3 horas
II. PROPIEDADES DO SOLO
1. Propiedades físicas. Cor. Textura. Estrutura. Densidade. Porosidade. Permeabilidade. Temperatura. 2 horas
2. Propiedades físico-químicas. Fundamentos da reactividade do solo. Reaccións de disolución-precipitación. Interaccións superficiais: Cambio iónico y retención de ións. Reaccións ácido-base: pH e acidez do solo. Procesos de oxidación-redución. 4 horas
III. A FORMACIÓN DO SOLO: FACTORES E PROCESOS
1. Factores de formación. Influencia na formación e características do solo dos factores ambientais: material de partida, clima, relevo, organismos e tempo. A influencia humana. 4 horas
2. Procesos de edafoxénese. Tipos de procesos de edafoxénese. Horizonación e edafoturbación. Maduración. Meteorización e evolución da materia orgánica. Procesos en medios con hidromorfía: condicións redutoras e alternancia de condicións redox. Transferencias en disolución. Transferencias en suspensión: arxiluviación, podzolización. Metaedafoxénese. 6 horas
IV. CLASIFICACIÓN DE SOLOS
1. A clasificación de solos. Principios e problemática. Evolución histórica da clasificación de solos. Tipos de clasificacións de solos. 1 hora
2. Clasificacións modernas. Base Referencial Mundial do Recurso Solo (FAO, IUSS, ISRIC). Taxonomía de Solos (USDA). 1 hora
3. A Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Estrutura e regras de uso. Horizontes, propiedades e materiais de diagnose. Grupos de referencia e unidades de segundo nivel. 2 horas.
V. TIPOLOXÍA E DISTRIBUCION DE SOLOS
1. Grupos de referencia da Base Referencial Mundial do Recurso Solo. Descrición, distribución, manexo e uso (6 horas):
2. Ordes da Taxonomía de Solos: Alfisols, Andisols, Aridisols, Entisols, Xelisols, Histosols, Inceptisols, Mollisols, Oxisols, Spodosols, Ultisols, Vertisols. Equivalencia coa Base Referencial Mundial do Recurso Solo. 2 horas
VI. O SOLO E A ORDENACION DO TERRITORIO. CARTOGRAFÍA E AVALIACIÓN DOS RECURSOS EDÁFICOS.
1. Cartografía de solos. Unidades cartográficas. Tipos de mapas de solos. 1 hora
2. Avaliación de solos. A necesidade de avaliar os solos: funcións ecolóxicas, produtivas e aspectos socio-económicos. Parámetros intrínsecos e extrínsecos para a avaliación. Tipos de sistemas de avaliación de solos: metodoloxía e obxectivos. 2 horas
3. Exemplos de sistemas de avaliación: Clases Agrolóxicas do USDA. Soil Fertility Capability Classification. O Esquema FAO de Avaliación de Terras. Sistemas de avaliación para fins non agronómicos. 2 horas
PROGRAMA DE CLASES INTERACTIVAS
A docencia interactiva ten como obxectivo fundamental capacitar ao alumnado no coñecemento das técnicas básicas de caracterización morfolóxica e físico-química dos solos, a interpretación e a valoración das súas propiedades e o uso da información de solos para a súa aplicación á interpretación do medio físico e a ordenación do territorio, así como o seu recoñecemento no campo. Para o seu desenvolvemento porase especial énfase nos solos máis representativos da cobertura edáfica de Galicia.
Seminarios
- Interpretación da descrición e morfoloxía de solos. 3 horas
- Interpretación de propiedades físicas e físico-químicas de solos. 3 horas
- Interpretación e clasificación de solos. 3 horas
- Os mapas de solos. Información e uso. 1 horas
Práctica de campo
1 xornada de traballo de campo (6 horas). Orientada á interpretación de factores de formación, morfoloxía, propiedades e procesos de formación de diferentes tipos de solos de Galicia. Sempre que sexa posible, sincronizarase a saída coa doutras materias de 4º curso do grao relacionadas.
TITORÍA
- Orientada á resolución de dúbidas do alumnado. 1 hora
Bibliografía básica
- DRIESSEN PM, DECKERS, JA. SPAARGAREN, OC AND NACHTERGAELE FO (Eds.). 2001. Lecture Notes on the Major Soils of the World. World Soil Resources Reports 94. Food and Agriculture Organization of the United Nations, Rome. http://www.isric.org/Isric/Webdocs/Docs/Major_Soils_of_the_World/start…
ftp://ftp.fao.org/agl/agll/docs/wsrr94e.pdf
- IUSS Working Group WRB, 2015. Base referencial mundial del recurso suelo 2014, Actualización 2015. Sistema internacional de clasificación de suelos para la nomenclatura de suelos y la creación de leyendas de mapas de suelos. Informes sobre recursos mundiales de suelos 106. FAO, Roma. https://www.fao.org/3/i3794es/I3794es.pdf
- PORTA, J., LÓPEZ-ACEVEDO, M., POCH, R.M. 2019. Introducción a la Edafología. Uso y protección del suelo. Mundi-Prensa 4ªEd. (Biblioteca da Facultade de Bioloxía e Biblioteca da Facultade de Farmacia)
Bibliografía complementaria
- EUROPEAN SOIL BUREAU NEWORK. 2005. Soil Atlas of Europe. European Comission, Office for Official Publications of the European Communities, Louxemburg.
http://eusoils.jrc.ec.europa.eu/projects/soil_atlas/Download.cfm
- MACÍAS, F. & CALVO, R. 2001. Atlas de Galicia. Solos. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia.
Xerais e Básicas
CX2 - Coñecer, comprender e interpretar o territorio
CX3 - Interrelacionar o medio físico e ambiental coa esfera social e humana
CX4 - Combinar un enfoque xeneralista cunha análise especializada
CX5 - Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
CX8 - Analizar e interpretar as paisaxes
CX9 - Xerar sensibilidade e interese polos temas territoriais e ambientais
CB2 - Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT3 - Coñecer os principios da Ordenación do territorio
CT5 - Relacionar e sintetizar información territorial transversal
CT6 - Xerar acordos en equipos interdisciplinares
CT7 - Xestionar a complexidade
CT8 - Ordenar e sintetizar a información
Específicas
CE2 - Coñecer as técnicas de traballo de campo e de captura de datos sobre a terreo
CE3 - Utilizar Sistemas de Información Xeográfica
CE4 - Expresar información cartograficamente
CE6 - Realizar análises e propostas de xestión territorial
CE7 - Realizar análises e propostas de xestión ambiental
Clases expositivas:
Alternancia de clases maxistrais, que ofrecen a posibilidade de incidir no máis importante de cada tema, con debates e cuestións. Estas clases centraranse na comprensión dos conceptos propios da materia e ofrecerán unha visión global do tema tratado. Actividades apoiadas en medios audiovisuais e informáticos, e con diferentes formatos (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia), promovendo a participación. Analizaranse exemplos do medio natural galego relacionados cos temas de estudo. Este proceso de aprendizaxe reforzarase intercalando probas de avaliación ao final de cada bloque; estas probas forman parte da avaliación continua. Tamén se indicarán aqueles recursos máis recomendables para a preparación posterior do tema en profundidade.
Clases interactivas:
Seminarios: traballo do alumnado, de forma individual e/ou en grupos reducidos, baixo a tutela e dirección do profesorado. Neles, propóñense, para a súa resolución, actividades (exercicios, estudos de caso, simulacións, etc.) de aplicación dos coñecementos teóricos na súa resolución, afondando na aplicabilidade dos coñecementos adquiridos na caracterización do medio natural e na comprensión dos procesos ambientais e as súas repercusións territoriais. Estas actividades esixirán dunha participación activa do alumnado. Traballarase especificamente no adestramento na caracterización e clasificación de solos que permitan abordar a resolución de problemas e aspectos aplicados da ciencia do solo.
Traballo de Campo: o traballo persoal do alumnado orientarase á fomentar a capacidade de observación e a descrición e interpretación de solos, a través da análise dos factores de formación, á morfoloxía, ás propiedades e os procesos de edafoxénese de diferentes tipos de solos de Galicia
Tanto os seminarios como o traballo de campo buscan reforzar a aprendizaxe de conceptos, e desenvolver competencias instrumentais, sistémicas e interpersonais necesarias para a resolución de problemas.
Titorías: individuais ou en grupo moi reducido, para aclarar dúbidas, fornecer información ou orientar ó alumnado, así como para coñecer o progreso na adquisición de competencias.
Para facilitar a preparación e seguimento de todas as actividades por parte do alumnado, empregarase a aula virtual na plataforma Moodle do campus virtual da USC e MS Teams onde se porán a disposición:
GUÍA DOCENTE: a guía docente aprobada para a materia.
PRESENTACIÓNS: as presentacións usadas polo profesorado nas clases expositivas.
PROBLEMAS: material para a interpretación e clasificación de solos (as solucións discutiranse nos seminarios).
Canles de comunicación co alumnado
MS Teams: na aula da materia, conversas individuais para titorías personalizadas.
Aula Virtual da materia
Correo electrónico (exclusivamente o institucional da USC)
Os coñecementos, competencias e destrezas adquiridos avaliaranse mediante un conxunto de actividades que comprenden un exame final e unha avaliación continua. A avaliación continua levarase a cabo a través de probas periódicas dos contidos tratados (aproximadamente 1 proba cada dous temas impartidos) mediante test multi-resposta, cuestións e/ou preguntas curtas a desenvolver presencialmente na aula ou a través da aula virtual e traballos entregados ou presentados, actividades de seminarios, campo e titorías. Nas actividades de seminarios e campo valorarase a asistencia, a realización das actividades e as achegas asociadas.
a) Avaliación continua (50% da cualificación final). Valorárase en función da asistencia, e participación nas actividades presenciais (10% da cualificación final), as respostas a cuestionarios e problemas que se entregarán aos estudantes a través da aula virtual (20% da cualificación final) e a realización dun traballo individual (20% da cualificación final). O alumnado deberá entregar un traballo que consistirá na interpretación, avaliación e clasificación de solos tipo a partir de fichas de solos reais; que será valorado en función da calidade da memoria, a claridade na presentación dos resultados e a súa correcta interpretación.
b) Proba final (50% da cualificación final). Constará de cuestións sobre o programa de teoría e sobre as actividades interactivas.
Criterios xerais
1ª oportunidade:
Para superar a materia será obrigatorio ter realizadas as actividades correspondentes a avaliación continua (seminarios, campo, probas) acadando en cada unha delas unha puntuación de polo menos 1/3 do seu valor. É necesario obter no exame final unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) para que se poidan sumar o resto das cualificacións da avaliación continua, polo que a cualificación final será a desta proba.
2ª oportunidade:
Haberá que realizar as probas non superadas na primeira opción. Se o alumnado opta por realizar unicamente a proba final, a cualificación máxima só poderá ser de aprobado.
As cualificacións da avaliación continua, en caso de ter superada a puntuación mínima, conservaranse ata o final do seguinte curso académico.
No caso de que sexa concedida oficialmente dispensa de asistencia ás aulas, o alumnado terá que facer un traballo específico (70% da cualificación) e realizar probas asíncronas de avaliación a través da aula virtual (30% da cualificación), acordado co profesorado.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
A avaliación das competencias levase a cabo do seguinte modo:
No exame avalíanse as competencias: CE2, CE3, CT5, CT7, CT8
Coas probas periódicas avalíanse as competencias: CE4, CE6, CE7, CT3, CT7, CT8
Nos seminarios avalíanse as competencias: CE2, CE3, CE7, CT6, CT8
No campo avalíanse as competencias: CE2, CE6, CE7, CT3, CT5, CT7
Traballo presencial na aula:
- Docencia teórica en aula: 32h
- Traballo de campo: 6h
- Seminarios: 10h
- Titorías: 3h
- Realización de exame: 2h
Traballo persoal:
- Estudio individual e preparación do exame final: 60h
- Elaboración do traballo individual: 20h
- Lecturas recomendadas, actividades de biblioteca ou similares: 6h
Total: 136 h
Asistencia e participación activa nas actividades docentes expositivas e interactivas.
Co obxectivo de fomentar a participación nas clases, recoméndase a realización das actividades requiridas ao longo do curso e, en especial, o traballo coa información subministrada a través da aula virtual, antes das clases expositivas e interactivas.
Uso de bibliografía especializada, non só dos libros de texto, senón tamén de artigos de investigación e de divulgación científica.
Distribuír o traballo persoal (estudio, realización de traballos, lecturas recomendadas, etc.) ó longo do semestre.
Uso das horas de titorías para resolver calquera dúbida que xurda durante o estudio da materia.