Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Aplicar a visualización de datos e a infografía á información ofrecida nos distintos soportes. Comprender a cultura visual e a organización e estrutura da información analizando a súa historia, os seus movementos e as súas tendencias e aplicacións. Valorar a importancia da visualización de datos nas narrativas actuais dos medios de comunicación e empregar recursos e solucións para visualizar datos de forma gráfica, animada ou interactiva. Comprender o proceso creativo e de construción da mensaxe nos sistemas dixitais de información, xunto coa infografía e visualización de datos.
1. Arquitectura da información, visualización e xornalismo
1.1. Orixes e definición da arquitectura da información.
1.2. Arquitectura da información e produción de contidos para Internet.
1.3. Bases de datos e xornalismo: unha aproximación.
1.4. Modelos de bases de datos para a produción de sitios web xornalísticos
2. Deseño e organización de estruturas para a presentación visual de contidos.
2.1. A linguaxe hipertextual.
2.2. Modelos de hipertexto.
2.3. Vocabularios visuais e terminoloxía de preprodución dixital.
2.4. Do vocabulario visual ao guión: integración de elementos de produción.
3. Xestión da complexidade dende o xornalismo interactivo e visual
3.1. A complexidade de datos na sociedade da información.
3.2. Que son os Big Data e como xestionalos desde o xornalismo.
3.3. Visualización de grandes fluxos de datos.
3.4. Técnicas de interpretación e procesado de grandes fluxos de datos.
3.5. Deseño de asistentes documentais automáticos para o xornalismo.
4. Intelixencia artificial e arquitectura da información
4.1. Fundamentos da Intelixencia Artificial en relación ás estruturas de representación de datos
4.2. Tipos de intelixencia artificial na organización, tratamento e produción de contido
4.3. Intelixencia artificial e aplicacións en sistemas xornalísticos de información.
5. Creatividade e métodos para a construción de coñecemento visual
5.1. Formatos de visualización da complexidade e relación entre contidos
5.2. Metodoloxías para producir creatividade aplicada a visualización de medios.
6. Arquitectura visual da conversa e das redes sociais informativas
6.1. Arquitectura de información nas comunidades e redes sociais
6.2. O usuario: perfil e estrutura de datos
6.3. Conversa e diálogo: procesado e almacenamento de información
6.4. Redes sociais e xornalismo: distribución viral de contido.
Bibliografía básica
Gray, J., Bounegru, L. (2021) The data journalism handbook 2. Centre for European Journalism / Google News Initiative. URL: https://datajournalism.com/read/handbook/two
López García, Xosé., et al. (2006), Sistemas digitales de información. Pearson, Madrid.
Garret, Jesse James (2002), “A visual vocabulary for describing information architecture and interaction design” in jjgarret.com.
Díaz Noci, Javier, & Salaverría, Ramón (Eds.). (2003). Manual de Redacción Ciberperiodística. Madrid: Ariel.
Rosenfeld, L., Morville, P., Arango, J. (2015), Information Architecture, 4th Edition. O'Reilly Media.
Scolari, Carlos (2013), Narrativas transmedia: cuando todos los medios cuentan, 2013.
Yunquera, J. (2016). Revistas y diarios digitales en España. Historia de una evolución. Editorial UOC. Barcelona.
Witchsge, T; Anderson, C.W.; Domingo, D.; Hermida, A. (2016) The SAGE Handbook of Digital Journalism. Sage, Londres.
Bibliografía recomendada
Armentia Vizuete, José Ignacio, Pérez, Juan Carlos, & Elexgaray Arias, Jon. (1999).
Diseño y periodismo electrónico. Bilbao: Servicio Editorial, Universidad del País
Vasco.
Armentia Vizuete, José Ignacio, et al. (2000). El diario digital. Barcelona: Bosch.
Baofu, Paul. (2008). The Future of Information Architecture: A Preface to a New Theory of
Taxonomy, Network and Intelligence. Neal-Schuman Publishers.
Barbosa, Susana. (2007a). Jornalismo Digital em Base de Dados (JDBD) - Um
paradigma para produtos jornalísticos digitais dinâmicos. Salvador: Universidade
Federal da Bahia
Bastos, Helder (2006). Ciberjornalismo e narrativa hipermédia. Prisma. Recuperado a partir de
http://prisma.cetac.up.pt/artigos/ciberjornalismo_e_narrativa_hipermedi…
Batley, Sue (2007). Information Architecture for Information Professionals. Neal-Schuman
Publishers.
Battelle, John (2006). The Search: How Google and Its Rivals Rewrote the Rules of Business
and Transformed Our Culture. Portfolio Trade.
Coutín Domínguez, Adrián. (2002). Arquitectura da información para sitios web. Madrid:
Anaya Multimedia.
Cuerda Garcia, Xavier, & Minguillón Alfonso, Julià. (s.d.). Introducción a los Sistemas de Gestión de Contenidos (CMS) de código abierto. Mosaic.
Curtis, Hillman. (2002). MTIV: Process, Inspiration and Practice for the New Media Designer
(illustrated edition.). New Riders.
Larrondo, Ainara, & Serrano, Ana. (2007). Diseño periodístico en Internet. Leioa: Servicio
Editorial de la Universidad del País Vasco
Salaverría, Ramón, & Negredo, Samuel. (2008). Periodismo integrado: convergencia de
medios y reorganización de redacciones. Barcelona: Sol90Media
Salaverría, R. (2016): Ciberperiodismo en Iberoamérica. Fundación Telefónica (Madrid), Ariel. Barcelona.
Wodtke, Christina., & Govella, Austin (2009). Information Architecture: Blueprints for the Web (2nd Edition) (2º ed.). New Riders Press
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Competencia contextual básica da orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o periodismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúen as competencias que suelen demostrar polo medio da elaboración e defensa do argumento e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xustos que incluyan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tan especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes hai desarrollados aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender studies posteriores cun high degree de autonomia.
TRANSVERSAIS
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprender de forma autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
ESPECÍFICAS
CE26 - Capacitar para o desenvolvemento profesional do deseño e organización de elementos nos medios de comunicación.
CE27 - Coñecer a dimensión do impacto das novas tecnoloxías no desenvolvemento profesional da comunicación.
CE28 - Capacitar para a elaboración narrativa de produtos infográficos.
O curso estrutúrase en leccións teóricas e en diferentes accións prácticas, tanto reflexivas como de creación, orientadas á asimilación progresiva dos conceptos necesarios para xestionar de forma eficiente procesos e fluxos relacionados coa sociedade da información, visualización da información e deseño visual de interfaces para a navegación por contido. A materia conta con tres métodos de ensinanza: as leccións maxistrais, a resolución de exercicios e problemas e a aprendizaxe orientada a proxectos.
A avaliación será continua.
O sistema de avaliación consistirá na realización dun exame teórico (50%), a elaboración dun traballo práctico en grupo (20%) e a realización de prácticas individuais (30%). Para aprobar a materia é necesario superar tanto a parte teórica como a práctica, coa entrega de todas as prácticas requiridas polo profesor.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de ‘Non Presentado’.
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás clases interactivas porque requírense exercicios individuais e/ou en grupo que implican a colaboración entre varios alumnos, así como a presenza na aula do profesor para comprobar a súa evolución. Ademais, é necesaria a utilización dos espazos específicos da Facultade onde se imparten os laboratorios. O temario teórico avaliarase unicamente con exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou práctica da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade.
No caso de alumnos da materia previa á extinción, deberán realizar un exame teórico que puntuará un 50% acompañado dun traballo práctico, realizado a partir do diálogo previo co profesor, que puntuará outro 50%. O traballo práctico deberá ser entregado na data máxima da data oficial de avaliación do exame teórico.
En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
O tempo de estudo e de traballo persoal que o alumno deberá adicar á materia será de 51 horas presenciais e 99 de traballo individual do alumno.
Dominar alomenos a bibliografía básica.
Configurar un conxunto de fontes informativas de actualidade para coñecer a evolución do sector.
Analizar criticamente sitios web e aplicacións móbiles en termos de arquitectura da información.
Manuel Gago Mariño
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- manuel.gago.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 17:00-18:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| Martes | ||
| 17:00-18:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| Mércores | ||
| 18:00-19:00 | Expositivo 1 | Aula 4 |
| 11.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 11.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 13.06.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| GAGO MARIÑO, MANUEL | Galego |