Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de docencia Galego (100.00%)
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Os obxectivos da materia son:
Coñecemento e comprensión dos grandes momentos da historia da comunicación como factor básico para o desenvolvemento das civilizacións e das sociedades. Referencia especial á significación da comunicación nas sociedades contemporáneas, especialmente condicionadas polas novas formas tecnolóxicas.
Coñecemento e comprensión dos distintos desenvolvementos da comunicación ao longo da historia, tanto no plano filosófico como no plano tecnolóxico. Identificación dos principais eventos ou achegas.
Coñecemento, identificación e comprensión das principais etapas do desenvolvemento da comunicación na historia da humanidade, con especial atención á súa significación na construción das culturas e as colectividades.
Coñecemento e identificación das distintas etapas que configuran, sobre todo, as sociedades desenvolvidas de carácter
postindustrial, no marco do que denominamos Sociedade da Información e o Coñecemento.
Coñecemento e identificación dos principais momentos da historia da comunicación referida tanto ás distintas especializacións da mesma (desde as sociedades orais ás novas tecnoloxías) como no marco sociocultural específico en que a perspectiva histórica desenvólvese: Galicia, España, Europa, Occidente, planeta.
Coñecemento das principais metodoloxías e estudos sobre a historia da Comunicación e sobre a súa significación no desenvolvemento social e cultural.
Os contidos inclúen:
Coñecemento e comprensión da comunicación como factor básico constitutivo das sociedades. Coñecemento e comprensión da historia do xornalismo. Especial atención aos grandes momentos da historia da comunicación, tanto desde unha perspectiva sociolóxica e filosófica como desde a perspectiva do progreso tecnolóxico, así como ao coñecemento en profundidade da evolución histórica do xornalismo en Galicia. Consideración específica á construción histórica da denominada Sociedade da Información e o Coñecemento.
Temas
Tema 1. Da linguaxe á escritura.
1.1. O mito da escritura.
1.2. A opinión na Grecia arcaica e clásica.
1.3. A lectura e a escrita na Idade Media.
1.4 As formas e canles de difusión de mensaxes.
Tema 2. A aparición da imprenta e o seu impacto na Comunicación.
2.1. A ponte entre os libros manuscritos e os libros impresos.
2.2. A aparición das primeiras publicacións impresas de periodicidade irregular.
Tema 3. A aparición das gacetas.
3.1. O século XVII e a aparición da periodicidade.
3.2. As gacetas do XVII.
3.3. O xornalismo do século XVIII.
Tema 4. A loita pola liberdade de prensa.
4.1.De Locke a Robespierre.
4.2. A revolución francesa.
4.3. Características dos medios que emerxen na época.
Tema 5. O primeiro xornalismo liberal.
5.1. O despegue da prensa.
5.2. As primeiras axencias de noticias.
5.3. A prensa na sociedade burguesa.
5.4.O nacemento da prensa popular.
Tema 6. A prensa
6.1 A prensa nos principais países occidentais: Alemaña, Francia, Inglaterra, España e Portugal.
6.2. A prensa en Estados Unidos de Norteamérica.
6.3. A prensa en América Latina.
Tema 7. Orixe e evolución da radio.
7.1. Estratexias informativas da radio.
7.2. Orixe e evolución da televisión.
7.3. Estratexia informativa da televisión.
7.4. A convivencia entre medios.
Tema 8. A prensa española do XIX.
8.1. A prensa da Restauración (1874-1921).
8.2. Os medios de comunicación en España no século XX.
8.3. Nomes relevantes do xornalismo español.
Tema 9. Xornalistas e escritores que deixaron pegada da súa traxectoria mediática.
9.1. Joseph Pulitzer, William Randolph Hearst, Albert Camus, Emile Zola, Mariano José de Larra …
Tema 10. Medios de comunicación e propaganda.
10.1. Medios de comunicación e compromiso.
10.2. Debates xornalísticos da primeira metade do século XX.
10.3. O xornalismo na dictadura.
10.4. O xornalismo na restauración democrática.
Tema 11. O xornalismo galego: orixes e evolución.
11.1.O xornalismo en galego.
11.2. As principais publicacións na historia de Galicia.
11.3. Os principais medios na historia de Galicia.
Tema 12. Xornalistas galegos con opinión.
12.1. A relación entre xornalismo e literatura en Galicia.
Contidos da parte das sesións interactivas
Nas sesións interactivas analizaranse textos, prepararase material para a súa análise, elaboraranse pezas a partir de documentos históricos recolleitos en bases de datos e fontes de acceso libre e organizaranse debates sobre os temas suxeridos logo das exposicións teóricas. O alumno realizará traballos de reconstrución histórica, de acordo con as indicacións que se establezan en cada seminario. O obxectivo final é elaborar pezas con material histórico para interactuar nos debates e fomentar o intercambio de puntos de vista con medios actuais e metodoloxías construtivistas.
Bibliografía básica
Barrera, C. –coord.- (2004): Historia del Periodismo Universal. Ariel.
Balsebre, A. (2001): Historia de la Radio en España. 1874-1939/1939-1985. Tomos I y II. Editorial Cátedra.
Cal, R./Pérez Pais, C. (1993): Repertorio bibliográfico sobre a prensa galega. Edicións Lea.
Fuentes, J.F./Fernández Sebastián, J. (1997): Historia del Periodismo Español. Síntesis.
Gómez Mompart, J.Ll./Marín, E. –ed.- (1999). Síntesis.
Palacio, M. (2009): Historia de la televisión en España. Gedisa.
Timoteo Álvarez, J. (1991): Del viejo orden informativo. Actas.
Timoteo Álvarez, J. –coord-. (1989): Historia de los Medios de Comunicación en España. Periodismo, imagen y publicidad (1990-1990). Ariel.
Williams, R. –ed.- (1992): Historia de la Comunicación. Vol. 1 y 2. Bosch Comunicación.
Bibliografía complementaria
Barthes, R. (2012): El grado cero de la escritura. Siglo XXI.
Jonson, B. (2002): El comercio de noticias. Noticias del Nuevo Mundo descubierto en la Luna. Introducción y notas de Javier Díaz Noci. Universidad del País Vasco.
Berlin, I. (2002): La traición de la libertad. Seis enemigos de la libertad humana. Fondo de Cultura Económica.
Bermeosolo, P. (1962): El origen del periodismo amarillo. Rialp.
Bloom, H. (2002): El canon occidental. Anagrama.
Camus, A. (1996): En Obras completas. Alianza Editorial.
Cavallo, G./Chartier, R. (1997): Historia de la lectura en el mundo occidental. Taurus.
Díaz, L. (1993): La radio en España. Alianza editorial.
Hernández Les, J. A. (2010): Dramas y debates del periodismo. Andavira.
Joly, M. (2002): Diálogo en el infierno entre Maquiavelo y Montesquieu. El Aleph editores.
Larra, M. J. (1971): Artículos de costumbres. Espasa Calpe.
Llera, J. A. (2004): El humor en la obra de Julio Camba. Biblioteca Nueva.
Pizarroso Quintero, R. (1994): Historia de la prensa. Fundación Areces.
Seoane, M. C. (1983): Historia del periodismo en España. Alianza editorial.
Vázquez Montalbán, M. (1989): Historia y comunicación social. Alianza Editorial.
Weill, G. (1979): El periódico: orígenes, evolución y funciones de la prensa periódica. Limusa.
Competencias básicas e xerais
Os alumnos exercitaranse no coñecemento da historia mediante a lectura de textos, a procura de documentos e a análise de traballos históricos. A materia debe contribuír a que o alumno coñeza a historia da comunicación, as súas principais etapas e o contexto político, social e económico que as caracterizou, e a que teña unha perspectiva comparada entre a historia da comunicación en Galicia e a historia da comunicación nos principais países do mundo.
As competencias son:
CG1-Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
CG2 - Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Transversais
CT2 - Capacidade de xestión da información
CT3 - Traballo en equipo
CT4 - Aprendizaxe autónoma
CT5 - Creatividade
CT6 - Iniciativa e espírito emprendedor
CT7 - Coñecementos básicos da profesión
CT1 - Capacidade de organización e planificación
Específicas
CE15 - Interpretar as complexidades da comunicación ao longo da súa historia
CE16 - Comprender a dimensión que adquire na actualidade a participación cidadá en procesos de produción da informaci
A metodoloxía que se empregará é construtivista. Haberá exposicións do profesor, en sesións maxistrais, que se completarán con estudos de casos e exposicións dos alumnos.
Os alumnos realizarán traballos de lectura e interpretación de textos vinculados directamente á historia da Comunicación.
Haberá combinación da exposición teórica e de rolda de intervencións dos alumnos.
Están previstas actividades en remoto, a través do campus virtual.
A avaliación será continua. Na parte de teoría, haberá exame final, cun peso do 50 por cento da nota final. Na parte interactiva, haberá avaliación continua, nas diferentes actividades, e a presentación dun traballo final. É requisito para superar a materia ter realizadas todas as actividades programadas.
A parte interactiva supón un 50% na avaliación da materia. Nesta parte, teranse en conta dous traballos realizados en varias entregas. O primeiro, a investigación dun medio histórico de proximidade, terá un peso do 60%. O segundo, a exposición e debate de figuras clave na historia do xornalismo, terá un peso do 40%. Para aprobar a materia é preciso superar as dúas partes, a de teoría e a interactiva.
Os instrumentos de avaliación de contidos e actitudes serán basicamente:
Exame/ s teórico/ s. 50%
Actividades realizadas durante as clases prácticas. 50%
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Segunda oportunidade
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada unha parte (teoría ou seminario da materia), gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En caso de dispensa de asistencia a clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesor da materia.
Nos casos de exención de docencia, o plan de traballo do alumno será o recollido neste programa. O alumno examinarase do programa teórico e na parte interactiva terá que facer catro traballos que explicará o profesor na primeira sesión e serán similares aos que fan os alumnos que asisten ás clases. O seguimento farase en sesións de titoría. A avaliación será 50 por cen teoría e 50 por cen parte interactiva.
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 30 horas
Traballos con textos: análise, síntese e Discusión: 15 horas
Exame final: 3 horas
Estudo autónomo individual ou en grupo: 60 horas
Lecturas recomendadas: 25 horas
Preparación de presentacións orais, debates, etc: 5 horas
Planificación e execución da práctica: 12 horas
- Ler os textos recomendados polos profesores.
-Seguir os temas pola bibliografía e polas fontes documentais que se darán logo de cada exposición.
A planificación dos traballos para o seminario farase nas primeiras sesións regradas.
Xose Lopez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816536
- Correo electrónico
- xose.lopez.garcia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Lopez Carballeira
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- alopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
| Luns | ||
|---|---|---|
| 12:00-13:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Mércores | ||
| 11:00-12:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Xoves | ||
| 09:00-10:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| 12.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
| 12.01.2024 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
| 14.06.2024 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |
| Docente | Idioma |
|---|---|
| LOPEZ CARBALLEIRA, ALEJANDRO | Galego |
| LOPEZ GARCIA, XOSE | Galego |